viernes, 21 de agosto de 2009

GALLETAS DE MAZÁ E CIROLA

O nome de cirolas resúltame un pouco, cando menos, chocante, pero é así, disque. É unha palabra que, normalmente, empregamos con outra connotación. Eu son galego-falante e defensora da nosa lingua, pero non me molestan os castelanismos que xa temos tan enquistados. O feito de empregar termos en galego normativo pode producir que ninguén o entenda ou que pareza un tanto ridículo. Pero sempre hai pedantes que en lugar de fixarse nas receitas critican algún castelanismo. Que se lle vai facer hai xente para todo.
Este non pretende ser un blogue para lingüistas senon, en primeiro lugar para min e despois para quen lle poida servir de algo, como a min me serven outros. Pero hai xente que de forma reiterada lle gusta menosvalorar ós demais e aproveita calquera ocasión para facelo.
Mellor será endulzarse cunhas galletas e non permitir que nos amarguen a vida.
Ingredientes
125 grs de manteiga
6 culleradas sopeiras de azucre morena
6 culleradas sopeiras de azucre branca
1 ovo
1 cullerada de sobremesa de esencia de vainilla
3 tazas de fariña (de té)
1 culleradiña de bicarbonato sódico
2 culleradiñas de levadora royal
15 cirolas de California
1 mazá


Preparación
1º Trocéase a manteiga e métese nun bol a temperatura ambiente durante unha hora.
2º Engádeselle o azucre. Mestúrase ben co batedor (eu fíxeno coas coitelas).
3º Cando se forme unha masa homoxénea engádeselle o ovo previamente batido e mesturado coa culleradiña de vainilla. Intégrase ben.
4º Incorporar, pouco a pouco, e tamizándoa, a fariña, a levadura e o bicarbonato sódico. Isto xa o fixen con unha espátula de silicona (unha lingua).
5º Trocear as cirolas en anacos pequechos, máis ou menos do tamaño de pasas.
6º Picar finiña a mazá (fíxeno na picadora). Poñerlle unha culleradiña de azucre e unha puntiña da culler de canela e introducila 30 segundos no micro, para que abrande un pouco.
7º Por último, engadir as cirolas e a mazá, integrándoas ben co conxunto da masa.
8º Esténdese a masa, nunha bandexa, en forma de rectángulo dun cm de grosor e introdúcese na neveira arredor dunha hora, para poder manexala mellor.
9º Cortar rectángulos e ir introducíndoos nunha bandexa de forno cuberta con papel de fornear. Deben estar separados.
10º Metémolas no forno prequentado a 160º arredor duns 20 minutos. Colocadas na rañura do medio para arriba.
Notas: Xa da última vez que fixen galletas dixen que debería probar con máis fariña e non o fixen. Teño que ter isto en conta.
A mazá case non se lle nota, poderíanselle engadir dúas.








7 comentarios:

  1. No sé lo que te habrán dicho, pero estas haciendo una labor fantastica. Yo suelo hablar castellano salvo cuando voy a Noia, que "chapurreo" en gallego. Yo misma me doy cuenta de que digo autenticas barbaridades, pero mi intención es buena. Creo que tu forma de expresarte es maravillosa y utilizas un gallego muy dulce (como tus recetas). Es una lástima que todavía quede gente que considere el gallego como algo inútil y de poca categoría. A mí me gustaría saber hablarlo la mitad de bien que tu lo escribes.
    En mi casa nunca se habló en gallego y durante mis años de estudio, no se tenía en cuenta nuestra lengua, cosa que afortunadamente ha cambiado considerablemente.
    Y de que eres un "bulto" en el mundo, de eso nada limonada!!!! Creo que vales un montón, lo demuestras en cada receta que publicas. Aunque no te deje comentarios por falta de tiempo, leo todos y cada uno de tus posts. Así que ya me estás subiendo esos ánimos que te veo un poco de bajón...
    Biquiños de Lechuza

    ResponderEliminar
  2. Grazas Pilar polos teus ánimos, eres un cielo. Tentei descargar a miña rabia de forma pública. Os desprezos non foron contra o galego precisamente, senon cara a miña forma de escribir, facendome notar algunhas faltas, o único que comenteron do blogue foi iso e deume bastante rabia, hai xente que só sabe menospreciar e fai que te vaias fundindo cada vez un pouquiño máis. Pero bueno a palabras necias...
    Bicos

    ResponderEliminar
  3. Mira, non fagas nin caso a eses comentarios. Xente rabuda hai en todas partes, incluída a rede!
    Un día no blog de pepinho dixo que lle chegaban un montón de comentarios insultándoo, chamándolle de todo, que si "pijo", que si amargado...eu alucinei! Ó que non lle guste, que non veña á túa casa!
    Bueno, que me cabreo eu tamén!jajaja!
    Moi boa pinta estas galletas, eh?
    Contesteiche no meu blog ó do caramelo: estaba moi bo, pero quedou bastante pegañento, supoño que foi porque o caramelo estaba bastante denso. Para a próxima, menos azucre e máis auga!

    Un bico!

    ResponderEliminar
  4. O peor de todo é que non foi na rede foi dos que se chaman "amigos", iso é o que me mata, e xa non é a 1ª vez. Xa está na lista negra, jejeje.
    Bicos.
    Incrible o de pepinho, as envidias son moi malas, porque a Pepiño o único que se pode facer é envidialo, pero hai dúas formas de envidia, a que a ti che gustaría ser así, e a que non soportas que ti non poidas ser así, entre ambas hai moita diferenza e aí se ve a calidade das persoas.

    ResponderEliminar
  5. holaaa! estou outra vez por aquíii! contesteiche ó do molde no blog, por se a alguen máis lle interesa!

    Viva o ikeaaa!
    mira, estas son as blondas: http://www.ikea.com/es/es/catalog/products/80133044

    e este o set de cortapastas:
    http://www.ikea.com/es/es/catalog/products/80133039

    como ves, todo baratísimo! Un bico!

    ResponderEliminar
  6. Hola María,
    acabo de descubrir o teu blog.. páreceme fantástico cheo de cousas boas e moi apetecibles...ahora bótolle unha ollada rápida pero non dubides que che seguirei a pista de cerca...

    ummm que boa pinta éstas galletiñas

    bicos

    ResponderEliminar
  7. Ola!!!

    Moito ánimo e nin caso, o que ti dis, o blog é teu e podes escribir como queiras, (iba a usar a connotación das cirolas, pero casi que non....jejeje)
    Biquiños.
    Apunto a do pan, con tetilla e marmelo caseiro....jejeje

    ResponderEliminar

Cóntame que che parece

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...