miércoles, 19 de agosto de 2009

CROQUETAS DE BACALLAO

Se teño que confesar cal é a miña comida preferida direi que as croquetas e a tortilla de patacas. Son así de simple e que se quiten outros manxares. Fixen croquetas moitas veces, se alguén me preguntaba as medidas, nin idea, sempre ía botando según me parecía. Pero hoxe, co conto do blogue, veña a medir, por fin teño unha receita de croquetas, e fíxome falta ter o blogue. Con esto do blogue estou creando un recetario, para min, moi útil, porque antes facía comidas e nunca apuntaba e despois non me acordaba ou apuntaba de calquera maneira nun anaco de papel, que ou tiraba ou ó final nin entendía.

Ingredientes
100 grs de manteiga
100 grs de fariña
½ litro de leite.
60 grs de bacallao desmenuzado
sal (o do sal é moi persoal porque hai xente que lle gusta todo moi salgado e a outras soso). Eu puxen arredor dunha culleradiña (porque o bacallao estaba desalgado).
Un pouco de noz moscada
2 lonchas de queixo que fundan ben ou 1 cullerada de queixo rilado ou en pó.
3 ovos
Pan rilado
1 culleradiña de levadura Royal
Aceite para fritir.
Realización
- Métese a manteiga ó lume nun cazo ata que se derreta.
- Engádese a fariña e reméxese ben cunhas barillas ata que este ben integrado e non haxa grumos. Deixámolo un pouco (2-3 minutos), sempre remexendo, para que se coza fariña. A calor media alta.
- Engadimos o leite e remexemos constantemente. Eu sempre poño o leite frío, ou morno porque así seguro que non me quedan grumos. Primeiro introduzo a metade do leite e logo cando vexo que vai espesando vou introducindo o resto ata conseguir a textura e espesor desexado, neste caso, das croquetas, ten que ser espesiña.
- Case o final, cando xa temos a bechamel lista, engadimos o sal e a noz moscada. Dámoslle unhas voltas e incorporamos o queixo ata que se funda coa bechamel. (se usamos queixo de fundir, tipo tranchetes, dan moi bo resultado). Esto do queixo dálle unha cremosidade incrible e se non usamos queixo forte tampouco aporta demasiado sabor.
- Apagamos o lume e añadimos o bacallao desmenuzado (xa desalgado e cocido) e dámoslle unhas voltas para que quede ben repartido pola bechamel.
- Estendemos a bechamel nunha bandexa para que enfríe. Podéselle pasar por encima un pouco de manteiga para que non críe tona.
- Unha vez fría procedemos a moldear as croquetas. Pásanse por pan rilado, ovo e pan rilado, deste xeito faiselle unha cuberta moi cruxente e resistente.
- No ovo batido poñémoslle unha culleradiña de levadura Royal, esto tamén contribúe ó efecto da cuberta mencionado antes.
- Frítense en abundante aceite.




1 comentario:

  1. coincidimos en comida preferida, la mía es , sobre todo, la tortilla de patatas, ¡¡me encanta!!, si alguien me invita a comer , lo tiene fácil, con una tortilla me quedo encantada, jajajajajaja, y las croquetas también me gustan muchísimo, las suelo hacer de pollo o de setas y bacón ahumado, de bacalao no las he hecho nunca, te han quedado geniales
    Besazos

    ResponderEliminar

Cóntame que che parece

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...