viernes, 7 de agosto de 2009

TARTA MOUSSE DE CHOCOLATE E MASCARPONE

Está copiada de Chocolate y Pimienta. O problema foi que estaba explicada para a termomix e fixen como puiden.

Ingredientes
Base de biscoito

2 ovos
2 culleradas de azucre
2 culleradas de fariña
Mousse de chocolate
250 ml de nata
2 ovos
4 culleradas de azucre
3 follas de xelatina
Un dedo de leite (medindo nun vaso de nocilla)
200 grs de chocolate con leite nestle postres
Mousse de mascarpone
250 grs de mascarpone
250 ml de nata
2 ovos
6 culleradas de azucre
3 follas de xelatina

Elaboración
Da base de biscoito
- Prequentar o forno a 180º.
- Separar as xemas e as claras dos ovos
- Bater as xemas con dúas culleradas de azucre ata que blanqueen (axudados das barillas dun batedor eléctrico é máis fácil)
- Bater as claras a punto de neve forte
- Mesturar as claras e as xemas con coidado (con movementos envolventes) con unha espátula de silicona
- Incorporar a fariña en forma de chuvia, tamizándoa. Con coidado e con movementos envolventes.
- Engraxar e enfariñar, ou cubrir o fondo con papel de fornear, un molde desmontable. Esta masa non extende ben, polo que debemos extendela axudándonos dunha espátula ou lingua, tamén damos uns golpiños contra algunha superficie para que quede mellor extendida por todo o fondo do molde.
- Introducir no forno 10 minutos.
- Deixar enfriar.
NOTAS: Hai que engraxar ben o molde porque non o fixen e pegouse un pouco ó fondo. Non o saquei do molde, só quitei o aro, laveino e volvino a colocar, así xa sirve para logo ir introducindo a mousse da tarta.
Sería moi recomendable mollar a base de biscoito con algún almíbar porque queda moi seco.
Da mousse de chocolate
- Bater a nata con dúas culleradas de azucre ou unha, depende gustos doces.
- Bater as claras con dúas culleradas de azucre.
- Poñer a xelatina a remollar en auga fría durante 5 minutos.
- Derreter o chocolate no micro, con coidado de que non se queime, mirándoo e remexéndoo cada 20 segundos.
- Quentar o leite no micro (non ten que ferver).
- Escorrer a xelatina da auga e incorporala ó leite quente, incorporalo ben e integralo co chocolate. Neste paso tamén se poden integrar neste conxunto as xemas dos ovos.
- Mesturar as claras, a nata, e a mestura do chocolate. Amodo e con movementos envolventes.
- Introducir no molde no que está a base de biscoito e meter na neveira até que estea lista a outra mousse.
Da mousse de mascarpone
- Bater a nata con dúas culleradas de azucre ou unha, depende gustos doces.
- Bater as claras con dúas culleradas de azucre.
- Bater as xemas con dúas (ou unha) culleradas de azucre até que blanqueen.
- Poñer a remollar a xelatina.
- Incorporar o mascarpone bater ben coas xemas.
- Quentar o leite no micro (non ten que ferver).
- Escorrer a xelatina da auga e incorporala ó leite quente, incorporalo ben e integralo coa mestura de mascarpone.
- Mesturamos a nata as claras e a mestura de mascarpone. Integramos ben, con coidado e movementos envolventes.
- Incoporamos ó molde, por encima da mousse de chocolate, con coidado.
- Déixase na neveira de un día para outro.
- Decórase a gusto, neste caso con cacao puro.
NOTA: Non me gusta o efecto do cacao ó comer.

11 comentarios:

  1. Una tarta verdaderamente deliciosa y te ha quedado de profesional total.A mí tampoco me gusta el cacao sobre las tartas, me da "dentera".
    un saludo

    ResponderEliminar
  2. Buenísima la tarta,te ha quedado estupenda da unas ganas de probarla....
    gracias por pasarte por mi blog, me ha gustado mucho el tuyo.
    bsitos

    ResponderEliminar
  3. Ten unha pinta deliciosa vamos.... Esta vouna copiar. Pero voulle facer un cambio... non me convencen as bases de bizcocho así que, ou ben fágolle base de galleta e mantequilla ou ben fagoa en copas.

    Estou pensando en eso do cacao en polvo. A min non me supon un problema, pero para a proxima vez poderias pensar en facerlle unha cobertura de chocolate. Sen ser cacao. Desas que logo quedan duras....

    Bicos!!

    Laura.

    ResponderEliminar
  4. Grazas chicas polos halagos e polas suxestións.
    Con respecto ao biscoito da base fíxeno porque xa estaba aburrida da típica base de galleta, sempre parece máis cómoda, pero a min non me acaba de convencer faiseme moi pesada. Esta tivo moi boa aceptación entre os comensais. Eso si molladiña con algún licor, penso que mellor.

    ResponderEliminar
  5. Graciñas pola visita o meu rinconciño virtual...!!!O teño un pouquiño abandoado...

    Que boa pinta ten esta mousse, o cacao podelo sustituir por Nesquik, na casa gustalles mais, cando uso o cacao nos postres sempre me protestan, faiselle empalagoso...

    Voume dar un paseiño e ollar o que hai...

    Biquiños.

    ResponderEliminar
  6. Hola, me gusta mucho ésta tarta, yo, la suelo hacer también con una base de bizcocho
    Me presento, me llamo Ana, aunque mi nick es Any, soy de Lugo, pero, llevo desde pequeñaja viviendo en Bilbao, me ha hecho mucha ilusión leer tus recetas en gallego, es una lástima pero yo casi no lo se hablar, pero, lo sigo entendiendo todo o casi todo, jejejejeje, así que, me alegro mucho de haber encontrado tu
    blog, a partir de hoy, me tienes comos seguidora
    Voy a volver a leerme la receta y, si algo no entiendo, te pregunto aunque ya he visto que tienes puesto el traductor

    Un biquiño e hasta pronto

    ResponderEliminar
  7. Mmmmmmm...

    mándame un cachiño...

    Uffff!!!!cando terei tempo para facer tanta receta que teño pendiente!!! :-((

    Bo finde, biquiños.

    ResponderEliminar
  8. Deus santo, que pinta! (Eu non digo que está boísima porque non a probei, jeje) pero para o do cacao, douche unha solución; bótaslle o cacao e métela na neveira, dalí a unhas horas, o cacao está como mollado e só notas o sabor, non o tacto seco (perde en presentación pero gana en sabor e non da denteira nin repelús ningún). De tódolos xeitos, aquí estou eu para cando algo che quede feo e non queiras sacarlle foto: PROBADORADEXPERIMENTOSREPOSTEIROS a domicilio, non tires nada, que ata o máis feo está rico, seguro. Son Isa, (como hai máis: a de Vilanova).

    ResponderEliminar
  9. Grazas a todas pola visita. Encántame recibir visitas e que opinedes porque así aprendemos todos.
    Isa, a suxestión que me das xa a pensei porque iso mismo xa o fago co tiramisú e nunca me resultou desagradable o cacao, pero a esta púxenlla cando xa estaba callada e quedou todo ese po aí, máis bunitiña queda, pero... Aínda que teño que confesar que ningué se me queixou e que logo de pasar unhas horas na neveira xa non é tan desagradable. De todos xeitos grazas pola suxestión e probar xa sabes que podes vir cando queiras ou senón xa che levo eu, ti pide por esa boquiña.
    Bicos

    ResponderEliminar
  10. Ummm...pero que pinta ten tamén...esta heina de facer en canto poda, en canto teña unha excusa, jajajaja...por certo, que tamaño de molde usaches para estas cantidades? Graciñas e noraboa de novo.

    ResponderEliminar
  11. Que buena pinta, estoy por aprender gallego y to pa poder hacerla. :-)

    ResponderEliminar

Cóntame que che parece

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...