Mostrando entradas con la etiqueta masa nai. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta masa nai. Mostrar todas las entradas
sábado, 28 de julio de 2012

PAN INTEGRAL DE CENTEO E ESPELTA

Xa que puxen como se facía a masa nai agora non queda máis remedio que pór pans ricos que se poidan facer con ela. Desde que me metín con isto da masa nai o que teño xa é vicio, non fago máis que probar pans con fórmulas diferentes. Cada pan que fago paréceme mellor que o anterior. Xa o dixen na entrada da masa nai, é mellor non mirar moito porque te volves tola e todo o queres probar para ver como queda e máis unha panadicta coma min, creo que me alimentaría de pan.
En realidade ás veces utilízanse métodos con moitas voltas, con moi bos resultados, está claro, aínda que o ideal é conseguir un bo pan sen moito esforzo e aí radica a miña procura. Teño que recoñecer que non son nada sibarita, non distingo matices de sabor nin de texturas. Ás veces fixen varios pans distintos a un tempo e, a verdade, non lle atopo eses matices que algúns buscan e perciben. Simple que é unha, a min con que sexa pan xa me vale. Teño que confesar que a baguette do super, quentiña pírrame. E isto que acabo de dicir para os adoradores do pan é un sacrilexio, pero é así.
Pois ben, este pan que vou publicar, é un pan sanote, fácil, moi fácil e cun resultado extraordinario. Fixen moito este pan aínda que agora, con tantas probas, deixeino de lado. Recoñezo que esta receita é para ter a man e non perdela de vista. Empecei a facer este pan antes de ter a masa nai, con fermento comercial. Así que vou pór a receita dos dous xeitos.
Descubrino  grazas a Nuria do blog Cocinarte. Esta moza sempre na procura de que o alimento sexa o noso medicamento achéganos e descóbrenos receitas marabillosas. Puxo o enlace deste vídeo en facebook e ao día seguinte xa o estaba facendo.
En castellano
Ya que puse como se hacía la masa madre ahora no queda más remedio que poner panes ricos que se puedan hacer con ella. Desde que me metí con esto de la masa madre lo que tengo ya es vicio, no hago más que probar panes con fórmulas diferentes. Cada pan que hago me parece mejor que el anterior. Ya lo dije en la entrada de la masa madre, es mejor no mirar mucho porque te vuelves loca y todo lo quieres probar para ver como queda y más una panadicta como yo, creo que me alimentaría de pan.
En realidad a veces se utilizan métodos con muchas vueltas, con muy buenos resultados, claro está, aunque lo ideal es conseguir un buen pan sin mucho esfuerzo y ahí radica mi búsqueda. Teño que reconocer que no soy nada sibarita, no distingo matices de sabor ni de texturas. A veces he hecho varios panes distintos al mismo tiempo y, la verdad, no le encuentro esos matices que algunos buscan y perciben. Simple que es una, a mí con que sea pan ya me vale. Tengo que confesar que la baguette del super, calentita me pirra. Y esto que acabo de decir para los adoradores del pan es un sacrilegio, pero es así.
Pues bien, este pan que voy a publicar, es un pan sanote, fácil, muy fácil y con un resultado extraordinario. He hecho mucho este pan aunque ahora, con tantas pruebas, lo he dejado de lado. Reconozco que esta receta es para tener a mano y no perderla de vista. Empecé a hacer este pan antes de tener la masa madre, con levedura comercial. Así que voy a poner la receta de las dos maneras.
Lo decubrí gracias a Nuria del blog Cocinarte. Esta chica siempre en la búsqueda de que el alimento sea nuestra medicina nos aporta y nos descubre recetas maravillosas. Puso el enlace de este vídeo en facebook y al día siguiente ya lo estaba haciendo.

Este está hecho con masa madre
Ingredientes
250 g de fariña integral de espelta
250 g de fariña integral de centeo
375 ml de auga tépeda (eu necesitei máis auga, pero inicalmente empezamos con esta cantidade e se vemos que non chega imos engadindo aos poucos)
1 sobre de fermento de panadería ou 200 g de masa nai activa integral de centeo
1 culleradiña de sal mariña
Sementes de cabaza ou calquera outra (a cantidade a gusto). Poden ser noces, abelás, améndoas, pasas, arándos, pipas de xirasol, mel, riladura de laranxa, substituír parte da auga por zume de laranxa... As combinacións son tantas coma nos permita a imaxinación 
En castellano 
Ingredientes
250 g de harina integral de espelta
250 g de harina integral de centeno
375 ml de agua templada  (yo he necesitado más agua, pero inicalmente empezamos con esta cantidad y si vemos que no llega vamos añadiendo poco a poco)
1 sobre de levadura de panadería o 200 g de masa madre activa integral de centeno
1 cucharadita de sal marina
Pipas de calabaza o cualquier otra. Pueden ser nueces, avellanas, almendras, pasas, arándanos, pipas de girasol, miel, ralladura de naranja, sustituír parte del agua por zumo de naranja... Las combinaciones son tantas como nuestra imaginación nos permita.

Este es con levadura comercial de panadería

Preparación
- Amornar a auga no microondas uns 20 segundos.
- Mesturar as fariñas co fermento (ou coa masa nai) e o sal. Engadir as sementes (isto é opcional). Case sempre engado pipas de cabaza e de xirasol, pero pícoas antes un pouco na picadora.
- Engadir a auga para ver como vai quedando a masa. Mesturar ben cunha culler de madeira. A fariña debe absorver a auga, se vemos que seguimos tendo fariña sen absorver, engadímoslle máis auga aos poucos ata que toda a fariña quede húmida. Só é mesturar, non hai que amasar. Cando estea integrada a fariña coa auga estará lista a masa.
- Deixar que a masa fermente durante polo menos dúas horas, nun bol tapada, cun pano ou filme transparente. O tempo é orientativo, dependendo da temperatura ambiente faralle falta máis ou menos tempo, no verán, en lugar de dúas horas pode chegar con unha, é mellor rexerse polo volume, cando a masa duplique o volume estará lista. En caso de usar masa nai, os tempos son máis prolongados e tamén varían dependendo da temperatura. Eu cando fixen este pan era inverno e deixábao fermentar unhas catro horas coa masa nai.
- Transcorrido este tempo, dispor a masa nun molde de tipo plum cake, cuberto cun papel para fornear.
- Humedecer lixeiramente as mans ou unha espátula de madeira e aplanar a superficie.
- Espolvorear a superficie con  pipas de cabaza. Eu isto nunca o fago, porque llas poño na propia masa.
- Facer cortes transversais cun coitelo.
- No vídeo meten directamente o molde coa masa no forno, eu déixoo fermentar de novo unha hora, se emprego masa nai está tres ou catro horas, e en canto dobra o volume o forneo a 220 graos, durante 25 minutos, para formar a costra. Transcorrido este tempo, baixar o lume a 175 graos e segue forneando durante 35 minutos.
- Desmóldalo, e déixalo arrefriar sobre unha grella.
- Pódese conxelar o que non se vaia a consumir. No meu caso o corto en rebanadas, envólvoo en filme e vouno sacando a medida que o necesito. Podémolo sacar a noite anterior ou desconxelalo no micro, con 30 segundos de micro é suficiente para que estea desconxelado.


En castellano
Preparación
- Templar el agua  en el microondas unos 20 segundos.
- Mezclar las harinas con la levadura (o con la masa madre) y la sal. Añadir las semillas (esto es opcional). Casi siempre añado pipas de calabaza y de girasol, pero las muelo antes un poco en la picadora.
- Añadir el agua para ver cómo va quedando la masa. Mezclar bien con una cuchara de madera. La harina debe absorver el agua, si vemos que seguimos teniendo harina sin absorver, le añadimos más agua poco a poco hasta que toda la harina quede húmeda. Solo es mezclar, no hay que amasar. Cuando esté integrada la harina con el agua estará lista la masa.
- Dejar que la masa fermente durante al menos dos horas, en un bol tapada, con un paño o film  transparente. El tiempo es orientativo, dependiendo de la temperatura ambiente, le hará falta más o menos tiempo, en verano, en lugar de dos horas puede llegar con una, es mejor regirse por el volumen, cuando la masa haya duplicado el volumen estará lista. En caso de usar masa madre, los tiempos son más prolongados y también varían dependiendo de la temperatura. Yo cuando hice este pan era invierno y lo dejaba fermentar unas cuatro horas.
- Transcurrido este tiempo, disponer la masa en un molde de tipo plum cake, sobre un papel para hornear.
- Humedecer ligeramente las manos o una espátula de madera y aplanar la superficie.
- Espolvorear la superficie con semillas de pipas de calabaza. Yo esto nunca lo hago, porque se las pongo en la propia masa.
- Hacer cortes transversales con un cuchillo.
- En el vídeo meten directamente el molde con la masa en el horno, yo lo dejo fermentar de nuevo una o dos horas, si empleo masa madre lo dejo 3 o 4 horas, y en cuanto dobla el volumen lo horneo a 220 grados, durante 25 minutos, para formar la costra. Transcurrido este tiempo, bajar el calor a 175 grados y sigue horneando durante 35 minutos.
- Desmóldarlo, y déjarlo enfriar sobre una rejilla. Cuando se enfríe, ya se puede comer.
- Se puede congelar lo que no  se vaya a consumir. En mi caso lo corto en rebanadas, lo envuelvo en film  y lo voy sacando a medida que lo necesito. Lo podemos sacar la noche anterior o descongelarlo en el micro, con 30 segundos de micro es suficiente para que esté descongelado.


martes, 3 de julio de 2012

FERMENTO NATURAL. MASA NAI. LEVADURA NATURAL.

Levo varios días dándolle voltas a esta entrada, resúltame difícil explicar todo isto da masa nai. Xa facía tempo que quería facer a miña propia masa nai e por fin me decidín. Estou totalmente entusiasmada, A-LU-CI-NA-DA. O mundo do pan é moi amplo, parece incrible con con unha base de auga e fariña poida haber tantas variantes. A masa nai que eu fixen é a máis básica, a de auga e fariña simplemente, sen máis complementos nin cousas raras. Copiei de Ibán Yarza, que o ten moi ben explicado no seu blogue e ademais atopei, creo que por casualidade, un vídeo que é moi ilustrativo. É algo que está ao alcance de calquera, non fai falta ter destrezas especiais para facer isto.
Se te pos a mirar pola rede hai moita xente entusiasta de usar os fermentos naturais e aí é de onde veñen as variantes. Na miña humilde opinión, penso que cada un debe coller o seu sistema, o que máis se adapte á súa vida, e listo, saen pans coma churros. É máis, cada un pode ir experimentando e probando.
Ademais se miramos moito podemos volvernos tolos, empezan a falarnos de tantos por cen de hidratación, disto e do outro e aí é onde podemos pensar "isto non é para min". Os nosos devanceiros fixeron pan sempre, o pan debe ser case tan antigo como o propio home. Máis próximo a nós, as nosas avoas e bisavoas facían pan na casa, todas sabían facer pan e facíano con fermentos naturais e paciencia, sen aditivos, sen présas. Todo o mundo tiña o seu fermento na casa e se a algunha desas avoas, que aínda está entre nós,  lle preguntamos polo tanto por cento de hidratación, a autolisis e non sei que máis palabros, seguro que nos miran raro. Agora todo o queremos controlar, agora todos queremos ser expertos e non por iso nos van a saír mellores pans que ás nosas avoas, eu diría que ao contrario. Antes non había básculas de precisión en gramos, non pesaban nada, todo o facían a ollo. Agora estrañamos todo o antigo, dicimos que antes era mellor, pero, iso si, con coñecemento e termos rimbombantes. Aprendamos dos maiores, da experiencia, do auténtico.
Pois ben, con todo isto quero dicir que eu a pesar de usar unha báscula de gramos, fágoo todo un pouco a ollo e non teño nin idea dos tantos por cento de hidratación, nin nada de nada, nin fago contas para facer un pan. Entón todos podemos facer un pan rico, natural coas nosas propias mans, con paciencia, un pan que dura fresco unha chea de días, un pan que sabe a pan.
Por todo isto estou entusiasmada porque me sae un pan estupendo só con auga, fariña e un pouco de sal. A pesar de que miro, leo e vexo vídeos en you tube eu sigo co meu método, fago as miñas propias mesturas e experimentacións e pásoo pipa. Ademais innúndame unha gran felicidade cando vexo saír do forno un pan auténtico.

El primer pan fruto de la masa madre


En castellano
Llevo varios días dándole vueltas a esta entrada, me resulta difícil explicar todo esto de la masa madre. Ya hacía tiempo que quería hacer mi propia masa madre y por fin me he decidido. Estoy totalmente entusiasmada, A-LU-CI-NA-DA. El mundo del pan es muy amplio, parece increíble con con una base de agua y harina pueda haber tantas variantes. La masa madre que yo he hecho es la más básica, la de agua y harina simplemente, sin más complementos ni cosas raras. He copiado de Ibán Yarza, que lo tiene muy bien explicado en su blog y además encontré, creo que por casualidad, un vídeo que es muy ilustrativo. Es algo que está al alcance de cualquiera, no hace falta tener destrezas especiales para hacer esto.
Si te pones a mirar por la red hay mucha gente entusiasta de usar los fermentos naturales y ahí es de donde vienen las variantes. En mi humilde opinión, pienso que cada uno debe coger su sistema, el que más se adapte a su vida, y listo, salen panes como churros. Es más, cada uno puede ir experimentando y probando.
Además si miramos mucho podemos volvernos locos, empiezan a hablarnos de tantos por cien de hidratación, de esto y de los otro y ahí es donde podemos pensar "esto no es para mi". Nuestros ancestros hicieron pan siempre, el pan debe ser casi tan antiguo como el propio hombre. Más cercano a nosotros, nuestras abuelas y bisabuelas hacían pan en casa, todas sabían hacer pan y lo hacían con fermentos naturales y paciencia, sin aditivos, sin prisas. Todo el mundo tenía su fermento en casa y si a alguna de esas abuelas, que todavía está entre nosotros, le preguntamos por el tanto por ciento de hidratación, la autolisis y no se que más palabros, seguro que nos miran raro. Ahora todo lo queremos controlar, ahora todos queremos ser expertos y no por ello nos van a salir mejores panes que a nuestras abuelas, yo diría que al contrario. Antes no había básculas de precisión en gramos, no pesaban nada, todo lo hacían a ojo. Ahora añoramos todo lo antiguo, decimos que antes era mejor, pero, eso si, con conocimiento y términos rimbombantes. Aprendamos de los mayores, de la experiencia, de lo auténtico.
Pues bien, con todo esto quiero decir que yo a pesar de usar una báscula de gramos, lo hago todo un poco a ojo y no tengo ni idea de los tantos por ciento de hidratación, ni nada de nada, ni hago cuentas para hacer un pan. Entonces todos podemos hacer un pan rico, natural con nuestras propias manos, con paciencia, un pan que dura fresco un montón de días, un pan que sabe a pan.
Por todo esto estoy entusiasmada porque me sale un pan estupendo solo con agua, harina y un poco de sal. A pesar de que miro, leo y veo vídeos en you tube yo sigo con mi método, hago mis propias mezclas y experimentaciones y me lo paso pipa. Además me inunda una gran felicidad cuando veo salir del horno un pan auténtico.


La miga espectacular.


PROCESO DE ELABORACIÓN
Seguramente se entende mellor no blog de Ibán Yarza e no vídeo, de todos os xeitos vou expor a miña experiencia por se alguén se contaxia do meu entusiasmo.
Todo o proceso dura catro días, no meu caso durou 3 tres porque a temperatura da miña cociña é bastante alta.
Algo moi importante neste proceso é precisamente a temperatura do lugar no que facemos a masa, non se desenvolve igual. Eu non teño nin idea da temperatura que fai na miña cociña, só sei que é bastante cálida. Aí entra a nosa intuición e o noso sentido común e non seguir sempre unhas instrucións ríxidas, ser un pouco como as nosas avoas.
Primeiro día
- A hora de comezo elíxea cada un como lle veña ben. Eu elixín as dez da noite.
- Mesturamos nun recipiente unha parte de fariña e outra de auga. O recipiente mellor de cristal, un bote de marmelada, por exemplo. No meu caso é un bote de mel, alargado, é máis grande que os de marmelada.
- A cantidade de fariña e de auga decidímola nós, no meu caso usei un vaso de yogurt de cristal (dos da leiteira). A fariña recomendan que sexa integral e mellor de centeo. No caso de que se faga con fariña branca, debe ser fariña de forza, da de pan.
- Tapámolo e queda sen tocalo ata o día seguinte. A tapa aconsellan que teña un buraco.



En castellano
PROCESO DE ELABORACIÓN
Seguramente se entiende mejor en el blog de Ibán Yarza y en el vídeo, de todas formas voy a exponer mi experiencia por si alguien se contagia de mi entusiasmo.
Todo el proceso dura cuatro días, en mi caso duró 3 tres porque la temperatura de mi cocina es bastante alta.
Algo muy importante en este proceso es precisamente la temperatura del lugar en el que hacemos la masa, no se desarrolla igual. Yo no tengo ni idea de la temperatura que hace en mi cocina, solo sé que es bastante cálida. Ahí entra nuestra intuición y nuestro sentido común y no seguir siempre unas instrucciones rígidas, ser un poco como nuestras abuelas.

Primer día
- La hora de comienzo la elige cada uno como le venga bien. Yo elegí las diez de la noche.
- Mezclamos en un recipiente una parte de harina y otra de agua. El recipiente mejor de cristal, un bote de mermelada, por ejemplo. En mi caso es un bote de miel, alargado, es más grande que los de mermelada.
- La cantidad de harina y de agua la decidimos nosotros, en mi caso usé un vaso de yogurt de cristal (de los de la lechera). La harina recomiendan que sea integral y mejor de centeno. En caso de que se haga con harina blanca, debe ser harina de fuerza, de la de pan.
- Lo tapamos y se queda sin tocarlo hasta el día siguiente. La tapa aconsejan que tenga un agujero.




Segundo día
- Nalgúns casos nesas 24 horas, non adoita pasar nada. no meu caso, si, xa estaba con burbullas a mestura.
- Sacamos un par de culleradas da mestura (tirámolas) e engadimos máis fariña e máis auga. En lugar de quitar un par de cucaharadas podemos eliminar a metade da mestura (cada un que faga como queira, o caso é quitar algo porque senón a masa non nos cabería en casa). No meu caso sigo cos vasiños de yogurt, pero nesta ocasión pola metade, a metade do vasiño de fariña e a metade de auga.
- Mesturamos ben e deixámolo tapado ata o día seguinte.
En castellano
Segundo día
- En algunos casos en esas 24 horas, no suele pasar nada. en mi caso, si, ya estaba burbujeante la mezcla.
- Sacamos un par de cucharadas de la mezcla (las tiramos) y añadimos más harina y más agua. En lugar de quitar un par de cucaharadas podemos eliminar la mitad de la mezcla (cada uno que haga como quiera, el caso es quitar algo porque sino la masa no nos cabría en casa). En mi caso sigo con los vasitos de yogurt, pero en esta ocasión por la mitad, la mitad del vasito de harina y la mitad de agua.
- Mezclamos bien y lo dejamos tapado hasta el día siguiente.


Después de 24 horas ya se veía vida, actividad. Por lo que he leído, en 24 horas puede que no pase nada. En este caso, por la temperatura cálida de mi cocina ya se produjo actividad.

Terceiro día
- Aquí é onde chegan as miñas variacións.
- Suponse que tería que esperar 24 horas, é dicir ata as dez da noite. Pois non. A miña masa pola mañá xa crecera e burbullaba moito. E ao mediodía xa baixara. Que siginifica isto de que baixara? Pois ben, a masa crece e acada un punto máximo de actividade, en canto chega a el comeza a descender, o cal non quere dicir que non estea ben, é así.
- Entón decidín facer ao mediodía o que tiña que facer pola noite. Tirei masa e volvín engadir medio vasiño de fariña e medio de auga. Mestúrase ben cunha culler, cunhas varillas, co que nos resulte máis cómodo.
- Pasaría algo se non o fixese ata a noite? Non, non pasaría nada.

En castellano
Tercer día
- Aquí es donde llegan mis variaciones.
- Se supone que tendría que esperar 24 horas, es decir hasta las diez de la noche. Pues no. Mi masa por la mañana ya había crecido y burbujeaba mucho. Y al mediodía ya había bajado. Que siginifica esto de que había bajado? Pues bien, la masa crece y alcanza un punto máximo de actividad, en cuanto llega a él comienza a descender, lo cual no quiere decir que no esté bien, es así.
- Entonces decidí hacer al mediodía lo que tenía que hacer por la noche. Tiré masa y volví a añadir medio vasito de harina y medio de agua. Se merzcla bien con una cuchara, con unas varillas, con lo que nos resulte más cómodo.
- Pasaría algo si no lo hiciese hasta la noche? No, no pasaría nada.


Esto es por la mañana, después de 10 horas de haberla refrescado, ya se puede observar que ha crecido considerablemente. Al mediodía la refresqué, no esperé a la noche.
Esta imagen es del tercer día por la noche, después de haberla refrescado al mediodía, transcurrieron unas ocho horas. Alcanzó el borde del bote. A la mañana siguiente (que ya sería el cuarto día), había bajado y la refresqué.


 Cuarto día
- No meu caso fixen o proceso de tirar masa, e engadir fariña e auga, pola mañá. Xa vemos que a masa subiu, deixou a súa marca e volveu a baixar.
- Esperamos a que volva actuar e xa temos o noso fermento natural listo para facer pan.
- En canto creza podemos empezar a facer pan. Se nese momento non nos apetece, podemos gardalo na neveira.
- Cando queiramos facer pan, sacámolo da neveira e engadímoslle fariña e auga, e deixamos actúar.
- Que significa actuar? Que teña burbullas e que medre.
En castellano
Cuarto día
- En mi caso hice el proceso de tirar masa, y añadir harina y agua, por la mañana. Ya vemos que la masa ha subido, ha dejado su marca y ha vuelto a bajar.
- Esperamos a que vuelva a actuar y ya tenemos nuestro fermento natural listo para hacer pan.
- En cuanto crezca podemos empezar a hacer pan. Si en ese momento no nos apetece, podemos guardarlo en la nevera.
- Cuando queramos hacer pan, lo sacamos de la nevera y le añadimos harina y agua, y dejamos actúar.
- Que significa actuar? Que tenga burbujas y que crezca.



Se queremos que o noso fermento sexa branco
- Retiramos unha parte do noso fermento integral e engadímoslle fariña de forza branca e auga.
- Repetimos varios días, tirando un pouco de masa e engadindo fariña branca e auga ata que consigamos a nosa masa branca. Facemos o mesmo procedemento que cando empezamos.
- Eu teño dous botes, un con fermento integral, de fariña de centeo e outro branco.


Aquí tenemos la blanca y la de centeno, después de estar una semana en la nevera.

COIDADO
- A fariña branca absorve menos líquido que a integral, polo tanto o noso fermento branco vai ser máis líquido que o integral. Para conseguir que non sexa tan líquido con engadir menos proporción e auga que de fariña, solucionado. Tampouco pasa nada por que sexa líquido.
A masa nai ten un líquido marrón - Isto non é malo, é normal. Metémola na neveira e logo dunha semana ten un líquido marrón, non pasa nada. Refrescámola normalmente e listo.
Que é refrescar a masa? - Chámaselle refrescar a darlle de comer, a engadirlle auga e fariña para que actúe.

Creo que xa está a explicación completa. A miña experiencia. Agora queda pór os pans e explicar como os fago. É máis longa e tediosa a explicación que o proceso en si. Ao min resultoume difícil facer esta explicación. Sempre penso que non está o suficientemente explicado. O caso é que tampouco ten moito que explicar, é moi simple. NON é delicada, a masa adáptase a nós, non é ríxido en tempos, nin en cantidades.
Podemos tela na neveira por tempo indefinido, penso que é bo refrescala, unha vez á semana.

A veces cuando se refresca se vuelve loca.


En castellano
Si queremos que nuestro fermento sea blanco
- Retiramos una parte de nuestro fermento integral y le añadimos harina de fuerza blanca y agua.
- Repetimos varios días, tirando un poco de masa y añadiendo harina blanca y agua hasta que consigamos nuestra masa blanca. Hacemos el mismo procedimiento que cuando empezamos.
- Yo tengo dos botes, uno con fermento integral, de harina de centeno y otro blanco.
CUIDADO
- La harina blanca absorve menos líquido que la integral, por lo tanto nuestro fermento blanco va a ser más líquido que el integral. Para conseguir que no sea tan líquido con añadir menos proporción e agua que de harina, solucionado. Tampoco pasa nada por que sea líquido.
La masa madre tiene un líquido marrón
- Esto no es malo, es normal. La metemos en la nevera y después de una semana tiene un líquido marrón, no pasa nada. La refrescamos normalmente y listo. Personalmente, tiro con ese líquido.
Que es refrescar la masa?
- Se le llama refrescar a darle de comer, a añadirle agua y harina para que actúe.

Creo que ya está la explicación completa. Mi experiencia. Ahora queda poner los panes y explicar como los hago. Es más larga y tediosa la explicación que el proceso en si. A mi me ha resultado difícil hacer esta explicación. Siempre pienso que no está lo suficientemente explicado. El caso es que tampoco tiene mucho que explicar, es muy simple. NO es delicada, la masa se adapta a nosotros, no es rígido en tiempos, ni en cantidades.
Podemos tenerla en la nevera por tiempo indefinido, pienso que es bueno refrescarla, una vez a la semana.
jueves, 29 de abril de 2010

PAN TRES CEREAIS E FROITAS SECAS

O que se ve pola rúa
Hai cousas que non son capaz de entender, debo ser diferente ó resto da humanidade, debo ser “a rara” porque vexo máis actitudes das persoas ó revés ca o dereito. O edificio no que vivo está situado na estrada principal do pobo, a ambos lados da estrada hai aparcadoiros e unhas amplas beirarrúas. Os domingos hai feira, mercadiño e polo tanto, moita xente e tráfico. Miro pola ventá e vexo unha parella, de mediana idade, collidos do brazo, camiñando decididos pola rúa, evidentemente, ata aí podíamos chegar, pola beira, como se foran pola beirarrúa, coa súa conversa animada, relaxados. Os coches fan un pequeno xiro, desviándose cara o medio da estrada, senón levaríanos por diante, e eles seguen enganchados polo brazo, facendo gala do seu consolidado amor. E digo eu, non hai unhas fermosas beirarrúas? Por que van por aí? Logo, curiosamente, este tipo de xente son as que máis protestan e se enfadan se se atopan no caso contrario. Debo ser eu que son rara. Dáme a impresión, de que moita xente da que nos rodea, e penso que máis da metade, considera que só ten dereitos, que os deberes non forman parte da súa forma de vida. Se non temos deberes non estamos respectando os dereitos dos demais. Se todos respectaramos as normas mínimas de convivencia todo sería máis sinxelo. Este tipo de historias indígnanme profundamente, non o podo evitar. Recoñezo que non é o peor que se pode ver pola rúa, pero penso que todo empeza por aí pola falta de respeto ós demais, coa consideración de todos os dereitos como propios.

Vamos con outra receita de pan coa masa nai. Un pan realmente enriquecido, case é un doce, está moi bo aínda que é contundente. Ten unha textura parecida á boroa, cunha miga apretada.



Ingredientes
Para a esponxa
100 grs de fariña de forza
100 grs de fariña de centeo
100 grs de fariña de millo
350 ml de auga mineral morna
200 grs da masa nai San Francisco (previamente alimentada con fariña de centeo)
Para a masa
A esponxa
1oo grs de fariña de forza
100 grs de fariña de centeo
100 grs de fariña de millo
1 cullerada de sal
2 culleradas de azucre moreno
2 puñados de pasas
1 puñado de noces
Figos secos ou pasos
Cirolas de california pasas (as cantidades das froitas e das noces vai a gusto)
2 culleradas sopeiras de salvado de trigo
Ron para poñer a remollo as froitas secas.


Elaboración
A esponxa
Teño unha parte da masa nai alimentada con fariña de centeo, metade de centeo e metade de forza cada vez que a alimento. Para este pan empreguei esta masa nai, que lle podemos chamar de centeo.
Nun recipiente grande poñemos todos os ingredientes e mesturámolo con unhas varillas manuais hasta que estea todo ben integrado e non haxa grumos. Cóbrese con un trapo húmido e ponse a repousar nun lugar cálido, esta vez estivo 5 horas.
- No medio do proceso de repouso da esponxa poñemos a remollar en ron as froitas secas (esto se se quere, tamén pode ser outro licor)

A masa
- A esponxa non tiña demasiadas burbullas, pero non podía esperar máis.
- Engadímoslle a metade das tres fariñas fariña, o salvado de trigo e o azucre á esponxa e mesturamos con unha culler de madeira. Para que quede ben integrado úsanse un batedor eléctrico, dos de facer masas, coas varillas (coas que se usan cando se fai un biscoito). Trabállase uns dez minutos a potencia media.
- Incorpórase o resto da fariña e o sal. Cámbianse as varillas polos ganchos de amasar, durante outros dez minutos a potencia baixa, a potencia alta outros 2 minutos. Ó final do amasado incorpóranse as noces en anacos, feitos coa man, e o resto das froitas: figos, pasas e cirolas, os figos e as cirolas corteinos en anaquiños.


A masa é moi pegañenta e moito menos elástica que noutros casos, xa que a fariña de millo non fai liga coma a de trigo. É imposible traballala coa man. Falando coa miña nai sobre o pegañenta que era a masa no pan de centeo, díxome antes a xente para traballar con estas masas, tanto de millo coma de centeo, facíao coa man mollada e así o fixen, deste xeito é posible tocarlle e traballala sen que che quede todo pegado.
- Bótase fariña no fondo do recipiente no que imos introducir a masa. Tamén se lle bota fariña á masa na superficie e cóbrese con un trapo húmido. Deixase repousar nun lugar cálido e sen correntes durante unhas tres ou catro horas.


- Dámoslle forma ó pan coas mans ben enfariñadas ou húmidas. Fixen unha bóla. Cóbrense con un pano húmido e a levedar. Deixase levedar unhas 4 horas, no meu caso queda toda a noite, unhas oito horas, cuberto con un pano húmido.
- Antes de meter o pan no forno fánselle uns cortes. No meu caso con unhas tesoiras.
- Metín o pan no forno prequentado a 220º durante uns 10 minutos e logo a 180º uns 40 minutos. Puxen no fondo do forno un recipiente con auga.



sábado, 17 de abril de 2010

PAN DE CENTEO CON PASAS E NOCES

Outro pan coa masa nai. Un pan cunha textura diferente e ben agradable. O toque das pasas e das noces aínda o fai máis gustoso e nutritivo, claro está.
Cada fin de semana me adico a facer pan e paso a semana pensando que pan vou facer. Os domingos pola mañá a miña casa cheira a pan recén feito e é unha auténtica delicia.


Ingredientes
Para a esponxa
200 grs de fariña de forza
100 grs de fariña de centeo
400 ml de auga mineral morna
200 grs da masa nai San Francisco (previamente alimentada con fariña de centeo)
Para a masa
A esponxa
200 grs de fariña de forza
100 grs de fariña de centeo
1 cullerada de sal
2 culleradas de azucre moreno
2 puñados de pasas
1 puñado de noces (a cantidade de noces e pasas vai a gusto)
2 culleradas sopeiras de salvado de trigo


Elaboración
A esponxa
A noite antes de elaborar o pan alimentei a masa nai con un pouco de fariña de centeo, a metade da fariña que empreguei para alimentala era de centeo, a outra metade, coma sempre con fariña de forza.
Nun recipiente grande poñemos todos os ingredientes e mesturámolo con unhas varillas manuais hasta que estea todo ben integrado e non haxa grumos. Cóbrese con un trapo húmido e ponse a repousar nun lugar cálido, unhas 6 horas, no meu caso.


A masa
- A esponxa estaba chea de burbullas, pero para dicir que aumentara de volume, pois non moito, ó meu parecer.
- Engadímoslle 150 grs de fariña de forza, o salvado de trigo e o azucre á esponxa e mesturamos con unha culler de madeira. Para que quede ben integrado úsanse un batedor eléctrico, dos de facer masas, coas varillas (coas que se usan cando se fai un biscoito). Trabállase uns dez minutos a potencia media. Vaise vendo como a masa se vai volvendo moi elástica, parece un chicle.
- Incorpórase o resto da fariña e o sal. Cámbianse as varillas polos ganchos de amasar, durante outros dez minutos a potencia baixa, a potencia alta outros 2 minutos. Ó final do amasado incorpóranse as noces en anacos, feitos coa man, e as pasas.
A masa é moi elástica, pero moi branda e pegañenta,moito máis pegañenta que o pan feito só con fariña branca, por iso se usa a máquina, sería imposible traballala coa man, unicamente con unha culler de pao, pero poderíase un eternizar.
- Bótase fariña no fondo do recipiente no que imos introducir a masa e nas mans porque a masa é tan pegañenta que é imposible tocarlle, hai que empregar moita fariña para manipulala. Tamén se lle bota fariña á masa na superficie e cóbrese con un trapo húmido. Deixase repousar nun lugar cálido e sen correntes durante unha hora.

- Vólcase a masa nunha superficie enfariñada e procedese a facer as dobreces: Primeiro, coas mans ben enfariñadas, estirase a masa formando un rectángulo. Dóbrase pola metade, ese rectángulo que queda dóbrase de novo, un anaco ata o centro e o outro por encima cubrindo o anterior, queda en tres, coma unha carta, coma cando se fai o hoxaldre (vese mellor nas fotos do pan ácido). Vólvese ó recipiente con un pouco de fariña por encima e volvemos a esperar outra hora, así 2 veces máis, é dicir, son 3 veces as dobreces e entre cada dobrez espérase unha hora.
- Dámoslle forma ó pan coas mans ben enfariñadas. Unha barra, estirando un pouco a masa, dóbranse os estremos cara o centro e ponse os pregues cara abaixo, afínanse os extremos e coloqueina na placa de forno, cuberta con papel de forno e enfariñado. Coa outra metade de masa fixen unha bola, arremetendo ben toda a masa cara o centro e facendo unha bóla. Cóbrense con un pano húmido e a levedar. Deixase levedar unhas 4 horas, no meu caso queda toda a noite, unhas oito horas, cuberto con un pano húmido.
- Antes de meter o pan no forno fánselle uns cortes. No meu caso con unhas tesoiras.
- Metín o pan no forno prequentado a 220º durante uns 10 minutos e logo a 180º uns 30 minutos máis. Puxen no fondo do forno un recipiente con auga.

Comentario: O de engadir azucre á masa débese a que así é menos ácido.

lunes, 29 de marzo de 2010

PAN ÁCIDO CON MASA NAI SAN FRANCISCO

Conseguido!!!!
Pensei que non ía conseguir, pensei que non ía ser posible que esa masa nai, que me enviou Lola, que con tanto mimo resucitei, daría pan, e é posible. Estou moi emocionada, un pequeno reto que fai que, aínda que so sexa por un momento, te sintas ben contigo mesma, que aínda quedan pequenas cousas que fan que un día calquera sexa un día emocionante. E todo isto porque conseguín facer pan sen levadura.
Levoume unhas 26 horas ter nas miñas mans este pan e a cada paso que daba na formación da masa, pensaba que todo ese proceso tería un resultado desastroso. Todo o sábado pendente da masa, toda a cociña chea de fariña e todo aquilo parecíame que desembocaría nun destino fatal, o lixo.
En canto levaba 10 minutos no forno aquilo tiña moi boa pinta. Cando o saquei tíñaa mellor. Non puiden esperar nin un minuto máis e tiven que cortalo, unha expresión moi ruidosa saíu da miña boca, así como un gran sorriso, unha miga elástica e chea de buratos, preciosa. Fumeando e todo, case non era capaz de collelo coas mans, probeino, un sabor realmente diferente, bastante ácido, sabía igual que o olor que desprende a masa nai, a miña Paqui. Teño que confesar que non me gusta demasiado, que ten un punto de acidez bastante pronunciado ó que non estamos acostumados. A meus pais tamén lles resultou demasiado ácido, dixéronme que sabía coma o pan de millo de antes, a broa, vamos, aquí chamámoslle boroa. Non sei se isto se pode mitigar un pouco engadindo algo de azucre á masa, a ver o que me din as expertas, de todos xeitos teño pensado probar. Paseime todo o día mirándoo, mirando aquela miga, e dicíndolles a meus pais “pero que ben quedou”. A verdade é que a eles tamén lles sorprendeu. Ácido ou non ácido fómolo baixando e probamos con todo, e con chocolate, e con chourizo..., con todo está ben bo.

Está visto e comprobado que se pode facer pan sen levadura, hai que armarse de paciencia, pero é posible. Cando lle contei a miña nai toda a historia da masa nai contoume que cando ela era pequena en todas as artesas das casas había unha cunca con fermento (chamábaselle formento), tapado con unha col. Facíase o pan na casa, era pan de millo porque o pan de trigo non era para pobres e só se comía pan de millo con mestura de centeo, o de trigo era para días de festa. Cando facían o pan usaban a metade dese fermento e logo gardaban da masa para engadir á cunca. Era bastante corrente que aparecese unha veciña pedindo “formento” e logo cando devolvían a cunca traía de novo o “formento”, nunca se perdía. Se miña avoa estivera con nós bombardearíaa a preguntas.
Paso coa receita, que aínda que é a mesma que a de Lola, vou ir relatando as miñas inquedanzas e tamén houbo algún cambio no proceso.



Ingredientes
Para a esponxa

400 grs de fariña de forza
500 ml de auga mineral morna
300 grs da masa nai San Francisco (usease Paqui)
Para a masa
A esponxa
400 grs de fariña de forza
1 cullerada de sal



Elaboración
A esponxa

Nun recipiente grande poñemos todos os ingredientes e mesturámolo con unhas varillas manuais hasta que estea todo ben integrado e non haxa grumos. Cóbrese con un trapo húmido e ponse a repousar nun lugar cálido, eu púxeno no moble do quentador envolto con unha mantiña. Deixase repousar, Lola deixouno 4 horas e eu deixeino 6 horas. Empecei a formar a esponxa ás 10 da mañá e comecei a facer a masa ás 16:00.



Nestas dúas fotos pódese ver a esponxa, a cantidade de burbullas que tiña. A primeira foi despois de 3 horas e a segunda despois das 6 horas

A masa
- A esponxa estaba chea de burbullas, pero para dicir que aumentara de volume, pois non moito, ó meu parecer.
- Engadímoslle 200 grs de fariña á esponxa e mesturamos con unha culler de madeira. Para que quede ben integrado úsanse un batedor eléctrico, dos de facer masas, coas varillas (coas que se usan cando se fai un biscoito). Trabállase uns dez minutos a potencia media. Vaise vendo como a masa se vai volvendo moi elástica, parece un chicle.
- Incorpórase o resto da fariña e o sal. Cámbianse as varillas polos ganchos de amasar, durante outros dez minutos a potencia baixa, a potencia alta outros 2 minutos.
A masa é moi elástica, pero moi branda e pegañenta, por iso se usa a máquina, sería imposible traballala coa man, unicamente con unha culler de pao, pero poderíase un eternizar.
- Bótase unha pouca fariña no fondo do recipiente no que imos introducir a masa. Tamén se lle bota fariña á masa na superficie e cóbrese con un trapo húmido. Deixase repousar nun lugar cálido e sen correntes durante unha hora (eu tíveno case 2)
- Vólcase a masa nunha superficie enfariñada e procedese a facer as dobreces: Primeiro, coas mans ben enfariñadas, estirase a masa formando un rectángulo. Dóbrase pola metade, ese rectángulo que queda dóbrase de novo, un anaco ata o centro e o outro por encima cubrindo o anterior, queda en tres, coma unha carta, coma cando se fai o hoxaldre (vese mellor nas fotos). Vólvese ó recipiente con un pouco de fariña por encima e volvemos a esperar outra hora, así 3 veces máis, é dicir, son 4 veces as dobreces. Con todo este lío eran máis das 11 da noite, eu entre dobrez e dobrez esperei máis dunha hora. Despois de facer todo isto a cada dobrez dicíame que non valía a pena, que non ía saír nada. A masa desparramábase cada vez que a metía no recipiente, estaba demasiado branda, pegábase ás mans, estaba moi decepcionada, tanto traballo e tanto lío para nada.

Na primeira foto vemos o elástica e branda que é a masa. Na segunda terceira e cuarta, o proceso de estiramento e pregado. 1º estírase coma un rectángulo, logo dóbrase pola metade e por último, en tres, un extremo cara o centro e o outro por encima. (Non sei se é así, entendín así polas explicacións de Lola)



- Pasamos a formar os pans: divídese a masa en dous porque para un é moito. Todo o que nos explica Lola neste paso, non o entendo demasiado, debe ser porque hai utensilios que eu non teño e descoñezo. Vou contar o que fixen eu. Puxen sobre a placa de forno un papel de forno e enfariñeino un pouco e o mesmo noutro recipiente. Coas mans ben enfariñadas formei os pans. Unha barra, estirando un pouco a masa, dóbranse os estremos e ponse os pregue cara abaixo, afínanse os extremos e coloqueina na placa de forno, coa outra metade de masa fixen unha bola, arremetendo ben toda a masa cara o centro e facendo unha bóla. Outro momento de desilusión porque como a masa se desparrama, ves como a forma que lle deches se medio perde. Cóbrense con un pano húmido e a levedar, Lola deixonos 4 horas
- Agora vén o levedado. O pan e para ter fresquiño do día, por iso alonguei tanto todo o proceso. Decidín deixala toda a noite levedando para poder ter pan recén feito o domingo. Que pode pasar? Que levede de máis e saia mal. Por este motivo decidín meter un dos pans na neveira para que o proceso de lévedo fora máis lento. Así podía probar a diferenza entre levedar a temperatura ambiente e máis lentamente na neveita.
Como non fun para a cama ata as tres da mañá, puiden comprobar que nesas tres horas a penas medrara e decidín sacar o pan que tiña na neveira.
- O domingo forneei o pan a iso das 11 da mañá, polo tanto, levedou 11 horas.
- Antes de meter o pan no forno fánselle uns cortes. Eu fíxeno con unhas tesoiras.
- Metín o pan no forno prequentado a 200º durante uns 45 minutos. Puxen no forno un recipiente con auga.
- O resultado xa se pode ver, un pan estupendo, con unha miga elástica, grandes ollos e unha corteza cruxiente.
Desde que empecei ata ter o pan nas miñas mans transcorreron 26 horas, moito tempo, pero compensa, vaia se compensa. É un pan coma os de antes, feito polas propias mans.


Teño que confesar chegados a este punto final, que para min foi peor a redacción desta entrada que a propia realización do pan. Deume bastante máis traballo, ou digámolo de outra forma, resultoume máis traballoso, fíxeno con menos ganas.

miércoles, 24 de marzo de 2010

REHIDRATACIÓN E RESUCITAMENTO DA MASA NAI (Paqui)

Fixen unha reportaxe da evolución da hidratación e resucitamento da masa nai. Pode que sexa un pouco larga e pesada, deberíaa ir facendo por entregas, pero agora xa está.
Xa resucitou, é posible. Agora só queda esperar a ver se pode facer pan. Teño as miñas dúbidas, ata que o vexa non o creo. Vou ser capaz de facer pan?
Mércores 17-3-10
20:54
Mesturei as escamas (a masa deshidratada), non todas, uns 30 grs (Lola mandou 50 grs) con 150 ml de leite enteira. Deixando que se fora hidratando. Remexín de vez en cando cunha culler de pao, pero tardou moito en desfacerse, de feito engadín algún chorro de leite máis, aínda que había líquido suficiente. O que me pasa é que teño medo que todo o que faga sexa malo para o seu resucitamento, por iso remexo con coidado, con culler de pao... Despois de hora e media disolveuse e engadín 2 culleradas sopeiras de iogur bifidus (medio iogur, máis ou menos) e 8 culleradas de fariña de forza. A fariña funa engadindo pouco a pouco para ir vendo a textura, o final non sei se engadín suficiente. Cando rematei todo o proceso eran as 22:50. Deixeino no mesmo recipiente no que fixen todo o proceso (de cristal) e tapeino. Quedou durmindo no armario do quentador.
Lola envioume unhas indicacións, pero creo que mas estou pasando polo forro. Recomendoume: mesma cantidade de leite que de bífidus e dobre de fariña. Creo que non é o que fixen eu. Tamén me estou guiando por Curra de la Cocina es imaginación, por julycar e por unha páxina que me enviou Curra e entre todo estou facendo un cacao que non sei en que dará isto.


Hidratadas só co leite

Xa coa mestura de iogur e fariña

Xoves 18-3-10
8:00
Mirei como evolucionaba e non notei cambios. Decido envolvela nunha manta, facéndolle coma un niño con ela e deixo unha ranura entre a tapa e o recipiente, é dicir, non o tapo ben, queda algo aberto por un lado.
18:00
Presenta como algo de líquido na superficie de cor amarronada, pero parece presentar algo de burbullas e se se lle acerca a orella óese burbullear, xa hai actividade!!
22:00
Non podo máis, a pouca paciencia faime volver a mirar. Oh!!! Sorpresa!!! Hai burbullas máis grandes que eu mesma vexo como se forman e como explotan e tamén as podo oír sen necesidade de arrimar a orella, se a arrimo, máis.
Decido alimentala de novo, ó meu xeito, que non sei se é correcto. Medio iogur bífidus, 100 grs de fariña de forza e 100 ml de leite. Remexo ben todo o conxunto cunha culler de pao. Lista para descansar, coa mantiña, no armario do quentador e coa tapa sen enganchar de todo. Segue no mesmo recipiente, non a cambiei.





Xa se poden apreciar as burbullas

Venres 19-3-10
8:45

Esto marcha!!!!! Cando a destapo, nin sequera a saquei do niño da manta xa vin que de durmir pola noite, nada, estivo esperta e traballou toda a noite, estaba chea de burbullas. Sácoa de entre as mantas e vexo que medrara bastante en só 11 horas. Mi madriña onde vai ir a parar isto. Paréceme que o proceso de resucitación está totalmente rematado. Quiteille a manta porque se ve que medra de máis, pensei que seguiría medrando, pero cando a mirei ás 12:00, encollera, que disgusto!!! Volvín a arroupala coa manta.
22:00
Nin encollera nin medrara, estaba preocupada, que fixen mal? Volvín a alimentala con 2 culleradas de iogur, 2 de leite e 2 de fariña de forza. E púxena no recipiente limpo, pensei que ó mellor non lle gustaba que a casa non estivera limpa.




Medrou considerablemente


Sábado 20-3-10
10:00
Está activa e con burbullas,medrou, pero oh! Sorpresa!! Da a impresión de que medrara máis e logo encollera, hai unha marca máis arriba da masa e vese ben porque ó estar o recipiente limpo pódese apreciar con claridade. Mándolle un correo a Lola contándolle o ocorrido, moi preocupada, por suposto, que lle pasa á miña Paqui? Que medra e encolle. Lola tranquilízame pois parece ser que é normal, ten un período de crecida importante cando se alimenta e logo dormita. O meu gozo nun pozo porque tiña pensado facer pan e se ve que é mellor no proceso de crecemento tras a alimentación.
Pregúntolle a Lola se podo alimentala a facer o pan pola tarde e dime que si. Lola ten que estar de min hasta as narices, eu aviseina, e o que avisa non é traidor, xa lle dixen que a ía molestar moito, se sabía onde se metía. Pero como é un ceo, respóndeme sempre con moita amabilidade ás miñas dúbidas.
11:45
Aliméntoa: medio iogur bifidus, 2 culleradas de leite e dúas de fariña de forza.
Ó final decido non facer o pan porque a pesares de que medrou, non a vexo moi activa, non está morta, pero medra pouco e ten menos burbullas que o 1º día. Algo debo estar facendo mal e creo que é que lle boto pouca fariña.

Parece que medrou e encolleu
Luns 22.3.10
9:00
Desde o sábado non volvín a mirar moito para ela. Cando a collo ten unha pequena costra reseca e desprende un olor máis forte que outras veces. Decido alimentala: medio iogur bifidus, 3 culleradas de leite e 5 culleradas de fariña.
17:45
Medrou moitísimo, máis que calquera día e está moi activa. Definitivamente é a fariña, está visto que o que engorda é a fariña.

Reflexións dunha ignorante: estiven lendo diversas versións de masas nai pola rede, hai de todo. En todas elas son moi precisas co da alimentación. Tras a miña experiencia e a experiencia das miñas compañeiras da irmandade da masa nai san Francisco, creada por Lola, vexo que é un pouco indiferente o da alimentación, as que levo visto: a de Lola, a de Curra e a de Julycar, cada unha a alimentou ó seu xeito e todas teñen vida. Pode que o sabor do pan non sexa o mesmo á hora de facelo coas diferentes versións, pero está visto que as masas nai non son esixentes, ou iso me parece a min, xa digo que son unha ignorante na materia. Canto máis leo máis ignorante me sinto porque non vexo que isto da masa nai sexa unha ciencia exacta. Iso si, se queremos que estea ben activa require máis fariña.



martes, 16 de marzo de 2010

PRESENTACIÓN EN SOCIEDADE DE PAQUI (masa nai)

Por fin chegou!!!!!
A historia desta masa nai xa a saben moitas blogueiras, pero a algún soaralle raro, que é isto da Paqui, da masa nai? Pois ben, Lola do blogue Chez Dashita, fai uns meses, aventurouse coa realización dunha masa nai, a cal se chama, masa nai San Francisco. Quixo compartir con todos nós esa aventura e foi realizando un caderno de bitácora no que nos ía informando da evolución. Algunhas de nós seguímolo con interés e digamos que pasamos a formar parte da vida desa masa nai, pois a maneira na que Lola nos ía contando os cambios producía nas lectoras ganas de saber máis, cal serial ou telenovela que se prece. Como xa fixemos dela un auténtico ser vivo, houbo de todo, quen a amadriñou, quen lle mandaba bicos e saúdos e quen lle puxo nome, eu non sei se alguén llo puxo tamén ou non, pero eu un día decidín chamarlle Francisquita (por ser a masa nai San Francisco)
Os resultados desa masa nai foron moi bos, dando lugar, tamén a uns pans boísimos. Tan bos que Lola xa non sabía que facer con ela, dado que o bo trato que lle daba facía que medrara e medrara, incluso se vía na obriga de tirar parte dela.




Como Lola é unha muller moi enxeñosa á par que xenerosa, decidiu compartir esa masa nai que lle sobrara con quen quixera. Algunhas de nós arriscámonos a compartir esta aventura. Como? Pois ben, secouna e así puido mandárnola por correo. Creo que todas esperamos con impaciencia a chegada dese sobre amarelo, co seu contido, con esa masa nai, tan coidadosamente embalada. Coa consecuencia de que tamén estamos formando a irmandade da masa nai e creamos, máis se cabe, esta ilusión blogueira que temos, formando un pequeno vínculo que nos une un pouquiño.
Lola mandounos instruccións de cómo debíamos tratala, sobre todo como alimentala e con que. Vou ir contando paso a paso o que vou facendo con ela e así vemos se sei tratala ben ou me morre e son unha mala nai adoptiva.
Como é unha filla da Francisquita pois decidín chamarlle Paquiña (como boa galega) ou, en confianza, Paqui.
Encantaríame poder facer uns pans tan fantásticos como os que fai ela.
Grazas Lola por ser unha persoa tan especial (internet aínda vai ter cousas boas). Teño que dicir, que persoalmente, considero que esto che engrandece moitísimo e di moito de ti, a min nunca se me tivera ocorrido. Ademais co vaga que son non me poño a mandar sobres nin tola... Menos mal que non é todo o mundo coma min senón morriamos de asco.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...