miércoles, 19 de agosto de 2009

TOMATES RECHEOS

Excedente de tomates. Que facemos con eles? Pois un xantar. Con esta receira fixen un pouco coma os de “Comando Cheff”, un programa da galega no que lle dan unha sorpresa a alguén levándolle a cear á súa casa un famoso/a. A cea faina un cociñeiro que pon o propio programa e amáñase co que hai na neveira. Pois eu fixen o mesmo, hai moitos tomates, calabacíns, sobra de carne, cenorias… A ver que sae. Saíron uns deliciosos tomates recheos. Hai que apuntar a receita porque isto débese repetir e despois non me acordo.

Ingredientes
5 tomates (dous grandes e tres medianos)
150 grs de carne (neste caso era sobra de carne, pero poderíase facer con carne picada, dado que ensume, sobre uns 200 grs)
Medio calabacín mediano ou 1 pequeño
2 lonchas de xamón serrano
2 lonchas de xamón cocido ou pavo
1 cenoria mediana
1 cebola mediana
3 dentes de allo
1 ovo cocido
1 culleradiña de sal
1 culleradiña de azucre
6 culleradas de aceite
Queixo para gratinar, pode ser en pó, rilado, lonchas de fundir.
Elaboración
- Cortámoslle a tapadeira ós tomates (por onde estiveron enganchados á pranta). Baleirámolos quitándolle a polpa, déixase unha pouca, arrimada á pel, para que teña consistencia. Sácanselle as pebidas e reservamos.
- Doramos a cebola e o allo en cinco culleradas de aceite. Cando vemos que está doradiño engadimos o calabacín e a cenoria picados moi finos ( a cenoria piqueina na picadora, o calabacín cun coitelo, en anaquiños moi pequenos). Eu neste paso salgo un pouquiño. Mesturamos ben as hortalizas e tapamos ata que solte a auga e o calabacín estea brandiño.
- Ó anterior engadímoslle a polpa dos tomates (feita puré, paseina pola picadodora) limpa de pebidas e deixámolo ata que se consuma a auga ( que quede sen auga dos tomates porque o recheo non pode ser aguado). Agora sen tapa para que se consuma máis rápido. Salgar e engadirlle o azucre por mor da acidez do tomate.
- Cando vemos que queda unha salsa espesa engadimos a carne, os xamóns e o ovo, todo ben picadiño. En caso de que fose carne picada crúa engadiríamola canda o tomate para que se fose facendo na salsa. Integramos ben todo o conxunto.
- Xa podemos rechear os tomates, que introducimos nunha fonte apta para forno, da cal engraxamos, previamente, o fondo coa cullerada de aceite que nos falta.
- Cando estean recheos os tomates espolvorexamos queixo rilado ou en pó ou poñémoslle un anaco dunha loncha de queixo para fundir (tipo tranchetes). Eu púxenlle un pouco de queixo en pó e por encima un anaco dunha loncha de tranchetes (chegoume cunha loncha para os cinco).
- Metémolos ó forno prequentado uns 15-20 minutos (eu despisteime e deixeinos media hora, estaban xa bastante brandiños, aínda que pode haber quen os prefira así)
- Pódense servir con arroz blanco.




2 comentarios:

  1. me llevo uno para comer ...que a estas horas aun no he comido nada desde las 9 y esos tomates aperecen ...

    ResponderEliminar
  2. mmmmmm...menuda pinta...e as croquetas...ñam...ñam...;-)

    ResponderEliminar

Cóntame que che parece

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...