Mostrando entradas con la etiqueta doces de culler. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta doces de culler. Mostrar todas las entradas
sábado, 19 de noviembre de 2011

CREMA DE LIMÓN

Aiiiiiiii!!!!!!!!! Que abandonadiño teño o meu "cachiño", os días pasan tan rápido que non dá tempo a nada. Quérense facer tantas cousas que todas non se poden abarcar, aos poucos. As semanas pasan demasiado rápido e o sábado pásoo cociñando e limpando todo o que ensucio, e non me queda tempo para publicar. Son tantas as receitas que me gustaría publicar que non sei por onde empezar, son moitas as que quero conservar na memoria e que mellor forma de acordarme delas que publicalas.
Esta receita é a última, un pequeno invento, encántanme as sobremesas de limón e como esta recetita é moi fácil e rápida pois tan fácil e rápida será a súa publicación e así non me esquezo de como fixen esta cremiña e de paso actualizo e manteño vivo o meu pequeno recuncho.
Esta preparación pode sacarnos dalgún apuro porque podemos facelo antes da comida (en dez minutos) e estará listo á hora da sobremesa.
En castellano
Ayyyyy!!!!!!!!! Que abandonadito tengo mi "cachiño", los días pasan tan rápido que no da tiempo a nada. Se quieren hacer tantas cosas que todas no se pueden abarcar, poco a poco. Las semanas pasan demasiado rápido y el sábado lo paso cocinando y limpiando todo lo que ensucio, y no me queda tiempo para publicar. Son tantas las recetas que me gustaría publicar que no se por donde empezar, son muchas las que quiero conservar en la memoria y que mejor forma de acordarme de ellas que publicarlas.
Esta receta es la última, un pequeño invento, me encantan los postres de limón y como esta recetita es muy fácil y rápida pues tan fácil y rápida será su publicación y así no me olvido de como hice esta cremita y de paso actualizo y mantengo vivo mi pequeño rincón.
Esta preparación puede sacarnos de algún apuro porque podemos hacerlo antes de la comida (en diez minutos) y estará listo a la hora del postre.



Ingredientes
2 iogures de limón
1 iogur grego
O zume de 1 limón (eu puxen dous, pero miña naiña, acedo, acedo, para quen lle guste que poña dous)
5 culleradas de leite condensada
2 culleradas de queixo crema
200 ml de nata.
En castellano
Ingredientes
2 yogures de limón
1 yogur griego
El zumo de 1 limón (yo puse dos, pero madre mía, ácido, ácido, para quien le guste que ponga dos)
5 cucharadas de leche condensada
2 cucharadas de queso crema
200 ml de nata.



Realización 
- Introducimos nun recipiente o zume, os iogures, o queixo crema e o leite condensado. Batémolo coa batidora e reservamos.
- Semibatemos a nata e introducimos a mestura anterior e volvemos bater ata conseguir que sexa consistente.
- Introducimos nos recipientes elixidos e metémolos na neveira por espazo dunhas dúas horas, como mínimo.




En castellano
Realización
-Introducimos en un recipiente el zumo, los yogures, el queso crema y la leche condensada. Lo batimos con la batidora y reservamos.
- Semibatimos la nata e introducimos la mezcla anterior y volvemos a batir hasta conseguir que sea consistente.
- Introducimos en los recipientes elegidos y los metemos en la nevera por espacio de unas dos horas, como mínimo.
sábado, 29 de octubre de 2011

MINI TRIFLE


Dous meses desaparecida. Nin me decatei de que pasaron dous meses, como pode pasar o tempo tan rápido?? En principio non era a miña intención, pero ás veces as cousas flúen así e sen previo aviso. Se teño que ser sincera non o botei de menos, non me apetece publicar, dáme a sensación de que nunca tiven un blogue e, a verdade, volver suponme un gran esforzo.
Cociñei moito, teño moitas receitas pendentes e outras tantas ás que nin sequera lles quitei fotos, non sei nin por onde empezar.
Nin sequera sei que pór nesta introdución para que resulte un pouco enxeñosa. Creo que o meu cerebro se quedou seco de tanto pensar ou de estar tan ocupado.
Tampouco debe parecerme mal, nin porme triste se non teño as vosas visitas e comentarios porque tamén deixei de visitarvos e de comentarvos, algunha visitiña fugaz si que fixen.
Pois nada, que a ver se volvemos á normalidade e sigo anotando as deliciosas receitas que quero recordar, que para iso abrín este blogue. Teño que recordarme por qué o abrín, para anotar todo o que vou cociñando e que me gusta, para poder repetilo noutra ocasión e así telo todo ordenadiño.
Esta receita xa é do verán. Fai uns meses as mozas que pertencen ao CWK publicaron distintas versións de trifle, e pareceume unha pasada de sobremesa, ten todo o bo que pode ter unha sobremesa, biscoito mollado, crema, nata, e a frescura da froita, non se pode pedir máis. Namoroume e en canto tiven ocasión, púxenme ao choio. O culpable foi un biscoito, que a pesar de estar bo de sabor saíume moi compacto e seco. A miña nai fixo un pudin con el e co que sobrou fixen estes mini trifle, que nos fascinaron. Na casa prohibíronme volver repetilo, con iso xa o digo todo.
Non é de todo o auténtico, pero é a miña versión, nin me quero imaxinar como sería con máis capas.


En castellano
Dos meses desaparecida. Ni me he enterado de que han pasado dos meses, como puede pasar el tiempo tan rápido?? En principio no era mi intención, pero a veces las cosas fluyen así y sin previo aviso. Si tengo que ser sincera no lo he echado de menos, no me apetece publicar, me da la sensación de que nunca he tenido un blog y, la verdad, volver me supone un gran esfuerzo.
He cocinado mucho, tengo muchas recetas pendientes y otras tantas a las que ni siquiera les he quitado fotos, no sé ni por donde empezar.
Ni siquiera sé que poner en esta introducción para que resulte un poco ingeniosa. Creo que mi cerebro se ha quedado seco de tanto pensar o de estar tan ocupado.
Tampoco debe parecerme mal, ni ponerme triste si no tengo vuestras visitas y comentarios porque también he dejado de visitaros y de comentaros, bueno alguna visitilla fugaz si que he hecho.
Pues nada, que a ver si volvemos a la normalidad y sigo anotando las deliciosas recetas que quiero recordar, que para eso abrí este blog. Tengo que recordarme por qué lo abrí, para anotar todo lo que voy cocinando y me gusta, para poder repetirlo en otra ocasión y así tenerlo todo ordenadito.
Esta receta ya es del verano. Hace unos meses las chicas que pertenecen al CWK publicaron distintas versiones de trifle, y me pareció una pasada de postre, tiene todo lo bueno que puede tener un postre, bizcocho mojado, crema, nata, y la frescura de la fruta, no se puede pedir más. Me enamoró y en cuanto tuve ocasión, me puse manos a la obra. El culpable fue un bizcocho, que a pesar de estar bueno de sabor me salió muy compacto y seco. Mi madre hizo un pudin con él y con lo que sobró hice estos mini trifle, que nos fascinaron. En casa me prohibieron volver a repetirlo, con eso ya lo digo todo.
No es del todo el auténtico, pero es mi versión, ni me quiero imaginar como sería con más capas.



Ingredientes
Un anaco de biscoito ou uns biscoitos de soletilla
Froita cortada en anacos, neste caso era melocotón, pero pode ser calquera froita, a que máis nos guste, con froitas vermellas debe ser a bomba.
400 ml de nata
4 cucharadas de azucre
Almíbar
1/2 vaso do licor que máis nos guste, eu sempre uso viño doce porque me encanta o sabor que lle dá.
Un pouco de azucre (un par de culleradas)
Un pouco de auga
Tamén podemos usar zume de froita en lugar de licor
Crema
200 ml de nata
300 ml de leite
2 culleradas de maizena
3 culleradas de azucre
3 xemas
En castellano
Ingredientes
Un trozo de bizcocho o unos bizcochos de soletilla
Fruta cortada en trozos, en este caso era melocotón, pero puede ser cualquier fruta, la que más nos guste, con frutas rojas debe ser la bomba.
400 ml de nata
4 cucharadas de azúcar
Almíbar
1/2 vaso del licor que más nos guste, yo siempre uso vino dulce porque me encanta el sabor que le da.
Un poco de azúcar (un par de cucharadas)
Un poco de agua
También podemos usar zumo de fruta
Crema
200 ml de nata
300 ml de leche
2 cucharadas de maizena
3 cucharadas de azúcar
3 yemas



Elaboración
Crema
- No orixinal pon unhas natillas, a min saíronme algo espesas, gustoume o resultado, non cambiaría nada.
- Quentar o leite e a nata no micro ata ferver e deixalo amornar.
- Nun cazo bótanse as xemas, o azucre, a maicena e unha ou dúas cucharadas de leite frío. Bater todo ata que se mesture e se forme unha crema fina.
- Cando o leite/nata estea morno, pomos no lume (baixo 4 de 9) a crema que fixemos e incorporámoslle o leite aos poucos. É mellor non botarllo todo (algo máis da metade) e que o lume non estea moi forte (medio alto). Bátese e  mézclase ben. Pódese ir subindo a temperatura aos poucos para que ferva, so que burbulle un pouco, ata que espese. Logo váiselle incorporando o resto do leite ata conseguir o espesor desexado. Reméxese continuamente cunhas varillas, e hai que ter moito coidado coa temperatura, porque se non remexemos e a temperatura é moi alta formarase unha costra no fondo e uns grumos horribles. A temperatura sempre é mellor que empecemos por pouca e vaiamos subindo pouco a pouco, aínda que se nos acabe a paciencia e teñamos que estar moito tempo remexendo (estou falando sempre da inducción, co gas é máis doado)

Almibar
- Pór todos os ingredientes a quentar nun cazo ata ferver e deixalos uns cinco minutos
Montaxe

No fondo pomos o biscoito e empapámolo co almíbar. A continuación pomos a crema e por encima os anacos de froita. Para rematar, a nata,axudados dunha manga pasteleira, que temos previamente montada co azucre.
Eu adorneino cuns fideos de chocolate.




En castellano
Elaboración
Crema
- En el original ponen unas natillas, a mi me salieron algo espesas, me gustó el resultado, no cambiaría nada.
- Calentar la leche y la nata en el micro hasta hervir y dejarlo templar.
- En un cazo se echan las yemas, el azúcar, la maicena y una o dos cucharadas de leche fría. Batir todo hasta que se mezcle y me forme una crema fina.
- Cuando la leche esté tibia, ponemos en el fuego la crema que hicimos y le incorporamos la leche poco a poco. Es mejor no echárselo todo (algo más de la mitad) y que el fuego no esté muy fuerte (medio alto). Se bate y se mézcla bien. Se puede ir subiendo la temperatura poco a poco para que hierva hasta que espese. Luego se le va incorporando el resto de la leche hasta conseguir el espesor deseado.

Se remueve continuamente con unas varillas, y hay que tener mucho cuidado con la temperatura, porque si no removemos y la temperatura es muy alta se forma una costra en el fondo y unos grumos horribles. La temperatura siempre es mejor que empecemos por poca y vayamos subiendo poco a poco, aunque se nos acabe la paciencia y tengamos que estar mucho tiempo removiendo (estoy hablando siempre dela inducción, con gas es máis fácil)
Almibar
- Poner todos los ingredientes a calentar en un cazo hasta hervir y dejarlos unos cinco minutos
Montaje
En el fondo ponemos el bizcocho y lo empapamos con el almíbar. A continuación ponemos la crema y por encima los trozos de fruta. Por último, la nata con la ayuda de una manga pastelera, que tenemos previamente montada con el azúcar.
Yo lo adorné con unos fideos de chocolate.

jueves, 26 de agosto de 2010

XEADO LIXEIRO DE LARANXA

HELADO LIGERO DE NARANJA
Levo todo o verán vendo xeados nos blogues e fáiseme a boca auga, pero cando vexo os ingredientes non son capaz de decidirme a facelo. Os ingredientes son do máis variado, pero, polo que leo, un auténtico xeado leva ovos e nata. O meu temor é que ao facelo non quede de todo ben e me lamente de estragar tantos ovos e nata. Ademais con eses ingredientes e co azucre resultan moi calóricos. Non teño xeadeira e non me seduce a idea de que cristalice e que pareza que estou comendo xeo.
Aínda así busquei e lin moito sobre os xeados. Nunha das miñas procuras, de enlace en enlace cheguei a un vídeo que nos dá indicacións sobre unha crema fría de limón feita con leite evaporada. Pareceume sencillísimo ademais de pouco arriscado. Nese momento acordeime dun xeado que publicara Su de Webos fritos, ao que chamou falso xeado de chocolate, tamén elaborado con leite evaporada. Tendo en conta tamén as propostas que nos fai Mer de Amasando que es gerundio, propostas aptas para todas as intolerancias coas que ten que pelexarse cada vez que prepara un doce. O que tomei prestado das súas propostas é a substitución do azucre por sirope de ágave. Non o pensei máis e o meu primeiro intento de xeado xa estaba en marcha.

En castellano
Llevo todo el verano viendo helados en los blogs y se me hace la boca agua, pero cuando veo los ingredientes no soy capaz de decidirme a hacerlo. Los ingredientes son de lo más variado, pero, por lo que leo, un auténtico helado lleva huevos y nata. Mi temor es que al hacerlo no quede del todo bien y me lamente de estropear tantos huevos y nata. Además con esos ingredientes y con el azúcar resultan muy calóricos. No tengo heladera y no me seduce la idea de que cristalice y que parezca que estoy comiendo hielo.
Aún así he buscado y leído mucho sobre los helados. En una de mis búsquedas, de enlace en enlace llegué a un vídeo que nos da indicaciones sobre una crema fría de limón hecha con leche evaporada. Me pareció sencillísimo además de poco arriesgado. En ese momento me acordé de un helado que había publicado Su de Webos fritos, al que llamó falso helado de chocolate, también elaborado con leche evaporada. Teniendo en cuenta también las propuestas que nos hace Mer de Amasando que es gerundio, propuestas aptas para todas las intolerancias con las que tiene que pelearse cada vez que prepara un dulce. Lo que tomé prestado de sus propuestas es la sustitución del azúcar por sirope de ágabe. No lo pensé más y mi primer intento de helado ya estaba en marcha.



Ingredientes
600 g de leite evaporada (unha lata e media)
4 culleradas de sirope de ágave ou azucre (dependendo dos gustos doces uns 100-150 g)
Medio vaso de zume de laranxa
A raiadura de dúas laranxas.

En castellano
Ingredientes
600 g de leche evaporada (una lata y media)
4 cucharadas de sirope de ágave (o azúcar, dependiendo de los gustos dulces 100 o 150 g)
Medio vaso de zumo de naranja
La ralladura de dos naranjas.


Realización
- Pór os botes de leite evaporada na neveira un día enteiro. Botar nun recipiente o leite evaporado e polo no conxelador unha hora aproximadamente, ata que empece a formar unha capa conxelada por arriba, pero siga estando líquida por abaixo.
- Raiar as laranxas e facer o zume
- Sacar o recipiente co leite do conxelador e batela cun batedor de varillas, ata conseguir que dobre o seu volume, ata un pouco máis. Engadir o sirope de ágave e sen deixar de bater ir incorporando o zume, ao que se lle engadiu a ralladura das laranxas, ata que estea perfectamente integrado. Non tiña nin idea de que o leite evaporado se podía montar. Chegou a ser catro veces o volume inicial.
- Meter no conxelador, e cada hora sacalo e batelo co batidor. Eu fíxeno tres veces e cada vez estaba máis cremoso. É unha moi boa opción servilo así sen callar do todo, xusto cando o bates a terceira vez. Queda unha crema-espuma fría moi agradable, cunha textura incrible. É máis, diría que me gustou máis nese punto que cando se converteu en xeado.
- Antes de servilo podemos telo unha media hora na neveira para que non estea tan duro.
- Sae moitísima cantidade, se o repito só porei unha lata de leite evaporada.



En castellano
Realización
- Poner los botes de leche evaporada en la nevera un día entero. Echar en un recipiente la leche evaporada y ponerla en el congelador una hora aproximadamente, hasta que empiece a formar una capa congelada por arriba, pero siga estando líquida por abajo.
- Rallar las naranjas y hacer el zumo
- Sacar el recipiente con la leche del congelador y batirla con una batidora de varillas, hasta conseguir que doble su volumen, incluso un poco más. Añadir el sirope de ágave y sin dejar de batir ir incorporando el zumo, al que se le añadió la ralladura de las naranjas, hasta que esté perfectamente integrado. No tenía ni idea de que la leche evaporada se podía montar. Llegó a ser cuatro veces el volumen inicial.
- Meter en el congelador, y cada hora sacarlo y batirlo con la batidora. Yo lo hice tres veces y cada vez está más cremoso. Es una muy buena opción servirlo así sin cuajar del todo, justo cuando lo bates la tercera vez. Queda una crema-espuma fría muy agradable, con una textura increíble. Es más, diría que me gustó más en ese punto que cuando se convirtió en helado.
- Antes de servirlo podemos tenerlo una media hora en la nevera para que no esté tan duro.
- Sale muchísima cantidad, si lo repito solo pondré una lata de leche evaporada.

viernes, 2 de julio de 2010

CREMA DE IOGUR LIXEIRA CON FRAMBOESA

Que complicado é sobrevivir neste mundo. Tentas ser correcto, cumprir coas túas obrigas, non meterte con ninguén, non molestar e ó teu arredor só ves individualismo, desprezo... Sempre pensei que todo o mundo ten o que se merece, pero resulta que a xente que máis falsa é, que máis hipócrita é, que menos cumpre, pero que logo sabe a quen facerlle a pelota, que sabe a quen ten que fundir e ten estratexias para facelo, que sabe como lucirse e facer escaparate, esa xente é a que triunfa, a que máis é querida polos demais. Que inxustiza!!!!
Acabas fundida vendo esas cousas. Sempre me sentín un ser que está neste mundo e non se sabe moi ben para que, sempre tento ser correcta e logo acabo recibindo o que eu me temía, que son un ser mediocre, que non fai nada neste mundo máis ca ocupar sitio, que as miñas accións non deben ser todo o boas que eu quero que sexan, ou os demais non o ven así porque non recibo iso, recibo que non son ninguén, que non significo nada. Teño un nó no estómago e tardará en marcharme porque mentras estea neste mundo sempre serei así e sempre recibirei, o que me merezo?? Sempre haberá alguén que me recorde que non valo nada, e que sigo ocupando sitio. É triste ser tan mediocre e non destacar en nada, nin siquera en ser mala, ás veces gustaríame polo menos ser iso e saber dicirlle a algunhas persoas catro cousas, pero nin para iso valo. É triste sentir que ninguén che quere o suficiente como para botarche de menos, é triste sentir que ti queres e aprecias e non é recíproco. O peor de todo é darte conta de que non era como ti pensabas, que estabas enganada, que non había aprezo onde pensabas que si, aí é cando a caída doe máis.
Vamos coa receita que xa está ben de lamentacións, non se vai cambiar nada con elas, seguirá sempre así... Xa pasará, hai que curtirse para a vindeira porque non será a última.
Unha receita lixeira, apta para calquera dieta, pódese tratar dunha sobremesa ou incluso dunha cea. Neste caso empreguei edulcorante, está claro que se podería empregar azucre e deixaría de ser tan lixeira, aínda que tampouco sería excesivamente calórica.
Soio facela con frecuencia tanto con xelatina coma sen ela, as dúas opcións son igual de boas.


Ingredientes350 g de framboesas
400 grs de iogur natural cremoso edulcorado 0% (eran dos de vitalinea, que xa son de 100 g cada un). Con gregos penso que tería que ser mellor ;)
200 g de queixo philadelphia light (unha terrina)
8 g de edulcorante en po (o que eu emprego vén en sobres individuais de 1 g cada un) (ou uns 100-150 g de azucre)
7 follas de xelatina
Medio vaso de auga (uns 125 ml)
Un dedo de leite nun vaso


Realización
- Trituramos as framboesas co batedor eléctrico. Poñemos a quentar o puré nun cazo con medio vaso de auga. Cando comece a ferver engadimos 5 g de edulcorante, mesturamos (ou unhas 3-4 culleradas de azucre).
- Pasamos as framboesas por un coador para retirar as pebidas. Esto leva o seu tempo porque é necesario ir aplástando ben para que só queden as pebidas no coador.
- Poñemos outra vez o cazo no lume para que colla calor e ó tempo poñemos dúas follas de xelatina a remollar durante 5 minutos (como indica o fabricante)
- Cando as framboesas empecen a ferver retirámolas do lume e escorremos a xelatina. Incorporamos a xelatina ás framboesas e remexemos para que se integre ben.




- Deixamos que arrefríe un pouco e introducímolas nuns vasiños (neste caso foron 5). Tamén pode ser nun molde grande.
- Cando a xelatina de framboesas estea fría metemos na neveira para que calle. Pode tardar entre 3 e catro horas. No meu caso como o fixen pola noite quedou toda a noite.
- En canto vemos que a xelatina de framboesas está callada facemos a crema de iogur: Poñemos nun recipiente os catro iogures, o resto do edulcorante (3-4 grs, podemos probar e se nos parece que non está moi doce incorporamos máis, temos que ter en conta que os iogures son edulcorados e tamén que a framboesa é moi ácida e imos combinar todo ) (ou o azucre, unhas 2-3 culleradas) e o queixo e mesturamos.
- Poñemos 5 follas de xelatina a remollar e ó tempo quentamos un pouco de leite no micro (arredor dun dedo de leite nun vaso). Pasados os cinco minutos que require a hidratación da xelatina escorrémola e disolvémola no leite quente (se non se disolvera ben con meter o vaso uns segundos no micro, solucionado).


- Deixamos que o contido do vaso (co leite e a xelatina) arrefríe e incorporámolo á mestura de iogur e queixo. Integramos ben.
- Incorporamos a crema de queixo ós vasos coa framboesa. Podemos practicarlle unhas pequenas incisións, cun garfo, a xelatina de framboesas antes de incorporar a crema de iogur (non sei se será mellor ou non, pero por se as moscas para que as dúas xelatinas agarren unha coa outra, non pasa nada por que se lle fagan).
-Volvemos a meter na neveira ata que estea callado.
- Se queremos desmoldalo unha vez que estea callado, introducimos o vaso en auga quente durante uns segundos e desmolda de marabilla.


Esta é a outra opción, sen xelatina, fanse o puré e a crema de iogur e vanse alternado culleradas das dúas. Ás veces entre as capas de iogur desmigo un pouco dunha galleta digestive. No caso da foto púxenlle un pouco de noz picada (eso vai a gusto e tamén dependendo do memento)



viernes, 7 de mayo de 2010

PANNA COTTA CON AMORODOS

Ou fresas con nata. Outra forma de tomar as fresas con nata. Leva un pouco máis de tempo, bueno máis ben e tempo de espera porque de elaboración tampouco é moito.
Unha auténtica delicia, un doce realmente delicado e ademais é tan fácil de facer que se pode sorprender a calquera cunhas fresas con nata, onde están as fresas? Onde está a nata? Está todo só que de xeito diferente. O tempo para preparala é practicamente o mesmo, as fresas xa había que picalas, a nata había que batela e case se acaba antes con cocela. Algo máis de tempo para preparar a xelatina de fresas. Tamén se lixa un pouco máis, pero vale a pena. Prepararei así moitas veces as fresas con nata.



Ingredientes
Para a panna cotta

400 grs de nata 35%
200 grs de leite
100 grs de azucre (poñeríalle menos, está bastante doce, con 50 grs, creo que está ben)
1 cullerada de sobremesa de azucre vainilla
Un chisco de po de vainilla (veñen en pequenas botelliñas iguais que as das esencias)
6 follas de xelatina (con 4 ou 5 ben lle chegaba)
Para a xelatina de fresa
300 grs de fresas picadas miúdas
150 grs de azucre
Medio vaso de auga
3 follas de xelatina (chega con dúas)

Elaboración
Da panna cotta
- Metemos a nata, o leite, o azucre e a vainilla nun cazo a quentar, ata que ferva.
- Retirámola do lume e deixamos que tempere uns cinco minutos
- Poñemos a xelatina a remollar en auga fría os cinco minutos e logo disolvémola na nata.
- Introducimos nos moldes que teñamos preparados para elo.
- Metemos na neveira e esperamos a que calle. Cando estea callado, despois dunha hora, hora e media introducimos na parte superior a xelatina de fresa.



Da xelatina de fresa
- Picamos miúdas as fresas e mesturámolas co azucre e o medio vaso de auga.Poñémolo ó lume ata que ferva, baixamos a temperatura e deixámolo a lume medio durante media hora, remexendo de vez en cando. A media cocción pasámoslle o batedor eléctrico para facer unhas crema fina (se nos gusta atopar os tropezóns de fresa non temos porque facelo)
- Queda unha crema fina cunha textura próxima á marmelada, máis ben coma un coulis.
- Cando estea case listo poñemos a remollar a xelatina en auga fría.
- Pasados os cinco minutos de remollar a xelatina e que as fresas temperen un pouco introducimos a xelatina integrándoa ben coas fresas.
- Deixamos arrefriar as fresas e introducímolas nos moldes nos que temos a panna cotta.
- Deixámola dun día para outro e así estará perfecta. Outra vantaxe máis porque podemos ter as fresas con nata listas o día antes e non temos que poñernos a facelas mentres os comensais esperan.
Outra alternativa e facer as fresas sen a xelatina, tamén queda moi ben a medida que comemos vaise mesturando coa panna cotta. Coa xelatina é máis axeitado para desmoldar.



Para poder desmoldala con facilidade, lin tres opcións: pintar os recipientes con aceite ou manteiga derretida, poñer os recipientes un pouco no conxelador antes de desmoldar e sumerxir os recipientes en auga quente ou envolvelos cun pano quente. Nesta ocasión non os desmoldei, pero queda anotado para outra.
viernes, 13 de noviembre de 2009

FLAN EXPRÉS

Esta receita non é miña, é de miña nai, pero pareceume boa idea anotala para acordarme en caso de que me faga falta. A verdade é que se tes invitados imprevistos ou se non tes moitas ganas ou moito tempo para facer unha sobremesa, ésta saca a calquera dun apuro. A quen non lle gusta o flan?
Fixen flan moitas veces, diría que a miña especialidade é o flan de queixo, pero iso de estar tanto tempo dando conta del... Este en 15 minutos, flan listo.
O único requisito, unha pota exprés e unha flaneira con tapa hermética dun litro.
Se teño que identificar a miña nai con un obxecto sería precisamente con unha exprés porque ela é igual, rápida e eficaz. Ademais ás veces tamén lle salta todo o vapor de repente, pero en canto o solta, xa está.
En canto ós ingredientes debo dicir que miña nai nunca é precisa con eles, pero fixemos un esforzo para ser o máis precisas posible.

Ingredientes
Para o flan

300 grs de leite condensada. Ela compra botes de 740 grs e bota como lle parece, di que algo menos da metade ( seguramente unhas veces é 300grs, outras 340...)
3 ovos
Leite (na receita aclaro a cantidade). Usa desnatado
Para o caramelo
3 culleradas de azucre
Unha de auga

Realización
- É imprescindible que teñamos unha xerra ou recipiente que nos permita medir os líquidos. As xerras dos batedores eléctricos teñen todas.
- Introducimos o leite condensado e os ovos no recipiente do batedor e batemos o conxunto ata que estea ben integrado.
- Agora ven a medida do leite. Completamos con leite ata que chegue a 750 ml e volvemos a bater.
- Preparamos caramelo, nun cazo ou tixola pequenos, con 3 culleradas de azucre e un chorriño de auga. Poñemos no lume ata que caramelice. Vertemos na flaneira cubrindo ben o fondo e un pouco as paredes. Tamén podemos usar caramelo líquido do que venden listo no super.
- A continuación introducimos na flaneira o preparado de flan. Tapámola.
- Metemos a flaneira na exprés con auga, de xeito que a auga chegue pola metade da flaneira.
- Tapamos a exprés. Deixamos que se levante a válvula e a partir de aí contamos uns 8 minutos. Deixamos saír o vapor. Destapamos, quitamos a flaneira, destapámola e deixamos arrefriar antes de desmoldar. Tamén o podemos desmoldar morno. Se o desmoldamos quente desfaisenos.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...