domingo, 9 de agosto de 2009

FALDA DE TERNEIRA RECHEA

Ingredientes
500 grs de falda de terneira
200grs de carne picada ( pode ser mesturada de porco e terneira)
Medio vaso de aceite de oliva
200 ml de viño blanco
Auga quente (sobre 300 ml)
4 lonchas de beicon
2 ovos cocidos
1 cullerada de queixo parmesano relado
3 cebolas (dúas medianas 1 pequena)
4-5 cenorias pequenas
1 allo-porro
4 dentes de allo
8-10 olivas
1 tomate
Sal e pementa


Elaboración
- Cocemos os dous ovos.
- Pelamos e picamos as verduras: dúas cebolas, dous dentes de allo, o allo-porro e 3 cenorias. Pícanse en cachos grandes porque logo van a ser pasados polo batedor e tampouco é demasiado importante que vaian finiños.
- Ponse a quentar nunha tixola o aceite e cando estea quente pochanse as verduras. Primeiro a cebola e o allo e despois duns minutos o allo-porro e a cenoria. Déixanse pochar uns 15 minutos. Salgamos un pouco as verduras (un pouco entre os dedos)
- Mentras se pochan as verduras picamos finiña a outra cebola, dente de allo e a cenoria (esto sempre o fago na picadora). Poñemolas a pochar noutra tixola, primeiro a cebola e o allo e logo engadimos a cenoria. Tamén incorporamos o tomate (pelado e despebitado, eu sempre o engado xa en forma de puré, pásoo pola picadora). Cando vemos que a salsiña ten corpo engadimos a carne picada e deixamos que se vaia facendo un pouco, sobre dez minutos. Antes de apagarlle o lume engadímoslle unha cullerada de queixo rilado.
- As verduras da outra tixola sacámolas e escorremolas do aceite para a pota onde vaiamos a facer a carne. Eu puxen un coador de malla fina encima da pota e deixeinas alí escorrendo un pouco, mentras preparaba a carne.
- Abrimos a falda de xeito que nos quede coma un bistéc grande. Esto pódese pedir na carnicería (case mellor). Tamén tratamos de quitarlle a peliña fina. Salpementamos a carne xa estirada (eu nunca boto demasiada sal de cada vez, sempre un pouco entre os dedos e pementa moi pouca tamén)
- Estiramos a carne picada encima da falda, a continuación as lonchas de baicon, esparcimos, homoxénamente, as olivas e no centro colocamos os ovos cocidos.
- Enrolamos a carne coma un brazo de xitano con coidado de que non se saian os ingredentes.
- Atamos a carne, empezando por un extremo. Apretando ben.
- Quentamos o aceite onde pochamos as verduras e doramos nel o rolo de carne, dándolle voltas.
- Cando xa estea ben douradiño engadimos o viño e as verduras pochadas que tiñamos reservadas.
- Poñemos un cazo con auga a quentar e mantémolo no calor para poder empregalo coa carne máis adiante (sería estupendo que fose caldo de algo).
- Dámolle voltas, de vez en cando, ó rolo de carne para que se vaia facendo por todo. Eu tíveno un pouco tapado. Logo destapeino e cando se consumeu o viño engadín un pouco da auga quente. De xeito que chegue pola metade do rolo de carne. Á carne seguimos dándolle voltas de vez en cando.
- Cando vemos que a auga se vai consumindo e que temos unha salsiña espesa, apagamos o lume, retiramos a carne e pasamos pola batedora a salsa coas verduras. Estivo algo máis dunha hora, pero chégalle menos porque estaba bastante seca.
- Déixase enfriar un pouco a carne, córtaselle o cordel co que a atamos e cortamos en rodaxas.
NOTAS: A próxima vez engadirei unhas lonchas de queixo para que lle dea máis cremosidade ó interior.
Ter en conta que 45 minutos de cocción ten suficiente.



Foi servido cunhas pataquiñas ó forno, que fixo meu pai

5 comentarios:

  1. Gustame moito o teu blogue, xa te engadín ó meu e xa teño gardadas algunhas cousiñas para facer en breve ;)

    ResponderEliminar
  2. Ten unha pinta deliciosa.... a falda de terneira a verdá é unha carne moi boa... a miña nai faina así.... rica rica...

    Biquiños.

    Laura.

    ResponderEliminar
  3. suelo comprar carne picada mezclada, como bien dices tú, de cerdo y de ternera, me resulta más jugosa, aunque, la carne picada de pollo también me gusta mucho, es más suavecita, ahhhh, cuando lo he hecho yo, le añado lonchas de queso semicurado por dentro, ya he visto que es una opción que has valorado para la próxima vez que lo hagas, pues, verás que queda buenísimo con el queso, a mi es que, ¡¡me encanta el queso!!, riquísimo
    Una receta estupenda
    Moitos biquiños

    ResponderEliminar
  4. Grazas chicas polas vosas visitas. A verdade é que tivo éxito e os comensais eran esixentes.
    Any o do queixo creo que é un puntazo, a min tamén me gusta poñerlle queixo a todo, paréceme que lle dá un toque final cremso que non lle da nada máis, pere hai que recoñecer que hai moita xente á que non lle guata o queixo.
    A verdade é que esta receita é das antigas e moi socorridas en caso de festas e fetellos. Os recheos son do máis variado, cada un pode ir engadindo o que lle gusta que seguro que estará bo.
    Bicos

    ResponderEliminar
  5. tienes toda la razón, hay mucha gente a la que no le gusta el queso, pero, tiene que ser así, tiene que haber gustos para todo, así ya me como yo el que no le guste a los demás, jajajajaja
    Boas noites e hasta mañá ¿lo he escrito bien, jejeje?

    ResponderEliminar

Cóntame que che parece

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...