Mostrando entradas con la etiqueta MASAS DE LEVEDAR. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MASAS DE LEVEDAR. Mostrar todas las entradas
jueves, 9 de agosto de 2018

EMPANADA DE MILLO CON BERBERECHOS

EMPANADA DE MAÍZ CON BERBERECHOS

As tradicións é importante conservalas. Recordo de nena ver a miña avoa facer esta empanada e logo encantábame  "chuchar" dentro dos berberechos. 
Dende que teño esta afición pola cociña sempre tiven na idea facer esta empanada, pero non me cría capaz de facela coma miña avoa e decepcionarme. 
Ela deixounos hai 19 anos e daquela eu non preguntaba receitas nin me interesaba polas tradicións, só comía e listo. Os poucos anos non nos deixan ver máis alá.
Por fín atrevinme e resultou fantástica, riquísima. Encheume de felicidade ver a meus pais gozando dela e non saber parar de comer, dicíndome que quizáis era a mellor que comeran nunca. Proba superada e un recordo vivo de miña avoa á que adoraba.
Algo curioso tamén é que os berberechos vaian con cuncha e todo, pois si, así solta toda a salsiña e é moi entretido  ir comendo.
Por todas estas razóns tiña que apuntala con detalle e niso estou. Aí vai unha desas receitas que son tradición e sentimento.


En castellano
Las tradiciones es importante conservarlas. Recuerdo de niña ver a mi abuela hacer esta empanada y después a mi me encantaba comérmela.
Desde que tengo esta afición por la cocina siempre tuve la intención de hacer esta empanada, pero no me sentía capaz de mancillar el legado de mi abuela y de decepcionarme.
Ella nos dejó hace 19 años y por aquel entonces yo no preguntaba recetas, ni me interesaba por las tradiciones, solo comía y listo. Los pocos años no dejan ver más allá.
Por fin me he atrevido y ha resultado fantástica, riquísima. Me llenó de felicidad ver a mis padres disfrutándola  y no saber parar de comer, diciéndome que quizás era la mejor que habían comido nunca. Prueba superada y un recuerdo vivo de mi abuela a la que adoraba.
Algo curioso también es que los berberechos vayan con concha y todo, pues sí, así suelta toda la salsita y es muy entretenido ir comiendo.
Por todas estas razones tenía que apuntarla con detalle y a ello voy. Ahí va una de esas recetas que son tradición y sentimiento.



Ingredientes
Para o rustrido
4 cebolas xenerosas (ou máis, non lle choremos a cebola)
Aceite de oliva (xenosamente tamén, menos de 400 ml non). Ímolo necesitar.
Dúas culleradiñas de sobremesa de pimentón doce
Para a masa
400 gr de fariña de millo
500 g de auga fervendo
125 g de fariña de trigo de forza
100 g de fariña de centeo
50 g de auga
50 g de aceite do rustrido
10 g de sal
3 g levadura seca de panadería (uso a de maizena)

Só faltan os berberechos, necesitaremos sobre quilo e medio. Os berberechos teñen que estar libres de areas, para o cal hai que poñelos a remollar en auga con sal ou auga do mar (se se compran ben depurados non fará falta, aínda que nunca está de máis). E bótanse crus na empanada.

En castellano
Ingredientes
Para el sofrito
4 cebollas generosas ( o cinco)
Aceite de oliva ( unos 400 ml o algo más, no importa que sobre, generosos con el aceite, lo vamos a necesitar)
Dos cucharaditas de postre de pimentón dulce
Para la masa
400 g de harina de maíz
500 g de agua hirviendo
125 g de harina de trigo de fuerza
100 g de harina de centeno
10 g de sal
3 g de levadura seca de panadería (uso la de maizena)

Solo faltan los berberechos, necesitaremos sobre quilo y medio. Los berberechos deben estar libres de arenas, para ello se ponen en remojo con agua con sal o con agua del mar. Si se compran bien depurados ya no hará falta (aunque nunca está de más). Se meten crudos en la empanda, deben ir crudos al horno.



Elaboración
- Primeiro facemos o rustrido. Cortamos a cebola finiña e rustrímola (sen sal) en abundante aceite de oliva. Eu déixoa moito tempo con calor medio, pódese dicir que confito a cebola. Debo engadir na miña defensa que lle queda moi ben ás empanadas a cebola así, ademáis as miñas empanadas nunca me sentan mal, nunca me repite, e... empanadas feitas por outras persoas ou compradas mátanme, non podo coa dor de estómago, estou fatal bastantes horas e repíteme moitísimo. Así que se queredes que as empanadas non vos senten mal hai que pochar moito a cebola. Por este motivo uso moita cebola porque se reduce moitísimo. Non lle poño sal poque xa soltan os berberechos (se estiveron a depurar en auga con sal)
- Cando está a cebola lista (que poden ser uns cuarenta minutos, ou algo máis) incorporamos o pimentón e mezclamos ben.
- Chegados a este punto colo a cebola e reservo nun vaso o aceite e tamén reservo a cebola.
- Normalmente fago o rustrido o día antes de facer a empanada.
A masa
- Escaldamos 400 g de millo con 500 g de auga fervendo e mezclamos ben cunha culler de madeira ata que a fariña absorba toda a aufa. Deixamos a que arrefríe tapado cun pano para que non se reseque. 
- Unha vez fría a fariña engadimos a fariña de trigo, a de centeo, o sal, a auga, o aceite e a levadura. Mesturamos ben ata ter a masa final.
- Deixamos repousar a masa durante dúas horas, ou toda a noite na neveira. Esta última opción é a que fago sempre. Primeiro déixoa unha hora a temperatura ambiente e logo métoa no neveira toda a noite. Pola mañán sácoa e déixoa a temperatura ambiente, antes de usala, durante unha hora.




Montaxe da empanada
- Para estas empanadas sempre uso moldes de aluminio de usar e tirar. Son moi cómodos porque sempre as fago para levar a algún sitio e así xa as levo directamente no molde. Os que uso son de 32x26 cm.
- Primero pinto o fondo e as paredes do molde con aceite que sobrou do rustrido. Logo imos collendo pequenas porcións de masa e aplanámolas entre as mans e imos cubrindo o fondo e as paredes coa masa e imos estirando e adaptando ao molde. Para que a masa non se pegue ás mans untámolas cun  pouco do aceite que temos en reserva.
- Unha vez cuberto o fondo e as paredes do molde coa masa, extendemos a cebola, podemos engadirlle un par de culleradas do aceite.
- Agora é cando incorporamos os berberechos xenerosamente cubrindo ben o fondo e un pouco uns encima dos outro, un pouco amontoados.
- Tapamos con masa coa mesma técnica que a cobertura do fondo.
- Cerramos ben os bordos cun garfo e pintamos a superficie co aceite do rustrido que tiñamos reservado.
- Facémoslle unhas marcas, na masa, co canto dun coitelo, de maneira que queden uns cadrados. E picamos cun garfo.
- Metemos no forno a 200º durante unha hora.



En castellano
Elaboración
- Primero hacemos el sofrito. Cortamos la cebolla finita y la sofreímos en abundante aceite de oliva. Yo la dejo mucho tiempo con calor medio, se puede decir que confito la cebolla. Debo añadir en mi defensa que le queda muy bien a las empanadas la cebolla así, además mis empanadas nunca me sientan mal, nunca me repite, y... empanadas hechas por otras personas o compradas me matan, no puedo con el dolor de estómago, estoy fatal bastantes horas y me repite mucho. Así que si queréis que las empanadas no os sienten mal hay que pochar mucho la cebolla. Por este motivo uso mucha cebolla porque se reduce mucho.
- Cuando está la cebolla lista (que pueden ser unos cuarenta minutos, o algo más) incorporamos el pimentón y mezclamos bien.
- Llegados la este punto cuelo la cebolla y reservo en un vaso el aceite y también reservo la cebolla.
Normalmente hago el sofrito el día antes de hacer la empanada.

La masa
- Escaldamos 400 g de maíz con 500 g de agua hirviendo y mezclamos bien con una cuchara de madera hasta que la harina absorba toda el agua. Dejamos que enfríe tapado con un paño para que no se reseque. 
- Una vez fría la harina añadimos la harina de trigo, la de centeno, la sal, el agua, el aceite y la levadura. Mezclamos bien hasta tener la masa final.
- Dejamos reposar la masa durante dos horas, o toda la noche en la nevera. Esta última opción es la que hago siempre. Primero la dejo una hora a temperatura ambiente y luego la meto en el nevera toda la noche. La dejo atemperar una media hora antes de usarla.

Montaje de la empanada
- Para estas empanadas siempre uso moldes de aluminio desechables. Son muy cómodos porque siempre las hago para llevar la algún sitio y así ya las llevo directamente en el molde. Los que uso son de 32x26 cm.
- Primero pinto el fondo y las paredes del molde con aceite  del que sobró del sofrito. Luego vamos cogiendo pequeñas porciones de masa y aplanándolas entre las manos y vamos cubriendo el fondo y las paredes con la masa y estirando y adaptando al molde. Para que la masa no se pegue a las manos las  untamos con un poco del aceite que tenemos en reserva.
- Una vez cubierto el fondo y las paredes del molde con la masa, extendemos la cebolla, podemos añadirle un par de cucharadas del aceite.
- Ahora es cuando incorporamos los berberechos generosamente. Quedan amontonados cubriendo bien el fondo, incluso unos encima de otros.
- Tapamos con masa con la misma técnica que la cobertura del fondo.
- Cerramos bien los bordes con un tenedor y pintamos la superficie con el aceite del sofrito que habíamos reservado.
- Le hacemos unas marcas con el canto de un cuchillo, de manera que queden unos cuadrados. Y picamos  la masa con un tenedor.
- Metemos en el horno a 200º durante una hora.







viernes, 1 de junio de 2018

BOLIÑOS DE LARANXA RECHEOS DE CREMA DE ABELÁS E CHOCOLATE

BOLLITOS DE NARANJA RELLENOS DE CREMA DE AVELLANAS Y CHOCOLATE

Este boliños teñen as súas voltas, certa..., ía chamarlle complicación, pero non é complicación a palabra axeitada; máis ben  necesitamos facer algunhas cousas previamente para obter o resultado final. Temos que confitar previamente as laranxas e facer a crema de abelás (esta última podemos comprala, pero non sería o mesmo). Quero dicir que a elaboración destes boliños non é para unhas prisas.
Aínda que se temos a laranxa confitada previamente xa temos parte do traballo feito e será moito máis rápido. Logo é facer unha masa común e listo.
Eu tódolos anos polo Nadal fago laranxa confitada para o roscón e porque os laranxeiros da casa están cheos de laranxas das boas. 
Vou explicar nesta entrada como se fan as laranxas confitadas e tamén a crema de abelás.
Pode resultar moi entretido todo o proceso. 



En castellano
Estos bollitos tienen sus vueltas, cierta..., iba a llamarle, complicación, pero no es complicación la palabra adecuada; más bien necesitamos hacer algunas cosas previamente para obtener el resultado final. Tenemos que confitar previamante las naranjas y hacer la crema de avellanas ( esta última podemos comprarla, pero no sería lo mismo). Quiero decir que la elaboración de estos bollitos no es para unas prisas.
Si tenemos las naranjas confitadas previamente ya tenemos parte del trabajo hecho y será mucho más rápido, El resto es hacer una masa común y listo.
Yo todos los años por Navidades hago naranjas confitadas para el roscón y porque los naranjos de casa están llenos de naranjas de las buenas.
Voy a explicar en esta entrada como hacer las naranjas confitadas y también la crema de avellanas.
Puede resultar muy entretenido todo el proceso.



LARANXAS CONFITADAS
Hai moitas receitas pola rede, probei de varias formas e esta é a mellor, practicamente non ten nada de amargor. Fun elaborando a miña propia forma de confitar as laranxas.
Ingredientes
Laranxas
Auga
Azucre
sal
Elaboración
- Lavamos as laranxas e cortámolas en rodas finas coa pel.
- Dispoñemos nunha pota ampla e cubrimos con auga fría e unha cullerada de sal.
- Deixamos que ferva durante uns cinco minutos.
- Tiramos a auga e lavamos as rodas de laranxa con moito coidado de non rompelas.
- Volvemos a dispor as laranxas na pota con auga (agora sen sal). Esperamos a que ferva e deixámolas cinco minutos, non fervendo senón rompen, só con un pequeno burbulleo.
- Volvemos a tirar a auga e lavamos as laranxas con auga fría. Repetimos a operación de ferver as laranxas e lavalas unha vez máis.
- Cando xa estean fervidas tres veces, volvemos a lavalas e pesámolas. 
- Dispomos as laranxas na pota e engadimos o mesmo peso de auga e de azucre.
- Poñemos ao calor e esperamos que ferva, logo con pequeno burbulleo durante unha media hora. Tapamos con film e repousarán por espazo de 8 ou 12 horas, sempre buscando que se adapte aos nosos horarios.
- Despois do repouso, engadimos un pouco máis de azucre, eu engadín 100 gr para algo máis de medio quilo de laranxas. Deixamos que ferva e que coza durante uns vinte minutos. Volvemos a tapar e repousar.
- Pasado o repouso, volvemos a botarlle algo máis de azucre e volve a cocer. 
- Pode ser que neste paso xa vexamos que están. A auga xa non é auga senón almíbar e as laranxas están melosas e brillantes. Se non é así volvemos a repetir. A min non me fixo falta. Neste paso xa dei por rematado o proceso.
- Necesitamos un par de días para ter as nosas laranxas confitadas, pero non necesitan moita atención pola nosa parte. 



En castellano
Ingredientes (no pongo cantidades porque depende lo que queramos hacer)
Naranjas
Agua
Azúcar
Sal
Elaboración
- Lavamos las naranjas y las cortamos en rodajas finitas con la piel.
- Disponemos las naranjas en una olla amplia y cubrimos con agua fría y con una cucharada de sal.
- Dejamos que hierva durante unos cinco minutos. Nunca debe hervir fuerte, un pequeño burbujeo.
- Tiramos a auga y lavamos las rodajas de naranja  con mucho cuidado de no romperlas.
- Volvemos a disponer las naranjas en la olla con agua (ahora sin sal). Esperamos a que hierva  y las dejamos cinco minutos, no hirviendo sino  rompen.
- Volvemos a tirar el agua y lavamos las naranjas con agua fría. Repetimos la operación de hervir las naranjas y lavarlas una vez más.
- Cando ya estén hervidas tres veces, volvemos a lavarlas y las pesamos. 
- Disponemos las naranjas en la olla y añadimos el mismo peso de agua y de azúcar que el peso de las naranjas.
- Ponemos al calor y dejamos que hierva, las dejamos con un pequeño burbujeo durante una media hora. Tapamos con film y dejamos por espacio de 8 o 12 horas, siempre buscando que se adapte a nuestros horarios.
- Después del reposo, añadimos un poco más de azúcar, yo añadí 100 gr para algo más de medio quilo de naranjas. Dejamos que hierva y que cueza durante unos veinte minutos. Volvemos a tapar y reposar.
- Pasado el reposo, volvemos a echarle algo más de azúcar y volver a cocer. 
- Puede ser que en este paso ya veamos que están. El agua ya no es agua sino almíbar e las naranjas están melosas y brillantes. Si non es así volvemos a repetir. A mi no me hizo falta. En este paso ya di por acabado el proceso.
- Necesitamos un par de días para tener  nuestras naranjas confitadas, pero no necesitan mucha atención por nuestra parte. 


 CREMA DE ABELÁS E CHOCOLATE (NUTELLA CASEIRA)
Ingredientes 
100 gr de abelás torradas 
200 gr de chocolate fondant con leite 
1 Chisco de sal 
200 ml de leite enteiro 
90 gr de azucre normal 
2 Culleradiñas de aceite de oliva 
Esencia de vainilla ou un sobre de azucre vainilla
En castellano
Ingredientes
100 gr de avellanas tostadas
200 gr de chocolate fondant con leche
1 Pizca de sal
200 ml de leche entera
90 gr de azúcar normal
2 Cucharaditas de aceite de oliva
- Esencia de vainilla o un sobre de azúcar vainilla
Preparación 
- Trituramos as abelás torradas e peladas cunha picadora ou procesador de alimentos ata formar unha pasta. Debe quedar unha pasta case líquida xa que a abelá empezará a soltar o aceite que ten. 
- Fundimos o chocolate co chisco de sal. 
- Engadimos ao procesador onde tiñamos as abelás trituradas o chocolate fundido e o leite e o azucre. Seguimos triturando. No meu caso tiven que pasar as abelás a outro recipiente máis amplo e engadir os demais ingredientes pois non me cabía no recipiente no que triturei as abelás e seguín o proceso co batedor eléctrico.
- Para rematar pomos o aceite de oliva, e a esencia de vainilla. Seguimos batendo para que se mesture todo ben. 
- Neste punto teremos unha mestura bastante líquida. Envasamos e refrixeramos unhas horas, aínda que o máis recomendable é deixar un día enteiro en frío para ter a textura correcta. 


En castellano
Preparación
- Trituramos las avellanas tostadas y peladas con una picadora o procesador de alimentos hasta formar una pasta. Debe quedar una pasta casi líquida ya que la avellana empezará a soltar el aceite que tiene.
- Fundimos el chocolate con la pizca de sal.
- Añadimos al procesador donde teníamos las avellanas trituradas el chocolate fundido y la leche y el azúcar. Seguimos triturando. En mi caso pasé las avellanas a otro recipiente y allí le añadí el resto de los ingredientes porque en el que usé para triturar las avellanas no me cabía todo. Seguí mezclando con una batidora.
- Por último ponemos el aceite de oliva y la esencia de vainilla. Seguimos batiendo para que se mezcle todo bien.
- En este punto tendremos una mezcla bastante líquida. Envasamos y refrigeramos unas horas, aunque lo más recomendable es dejarlo un día entero en frío para tener la textura correcta.




OS BOLIÑOS
Ingredientes 
500 g de fariña de forza (harimsa)
3 g de levadura de panadería (de maizena) 
O zume dunha laranxa (eran 80 g)
Leite ata completar 230 g (foron 150 g)
Raiadura de dúas laranxas
1 cullerada de almíbar de confitar laranxas
20 gr de leite en pó
2 ovos  (deixando un pouco para pintar)
8 g de sal
100 g de azucre
Esencia de vainilla ou azucre vainilla
80 g de manteiga a temperatura ambente

En castellano
Ingredientes
500 g de harina de fuerza (harimsa)
3 g de levadura de panadería (de maizena)
El zumo de una naranja (eran 80 g)
180 g de leche (en total serán 230 g de líquido)
Ralladura de dos naranjas
Una cucharada de almíbar de confitar las naranjas
20 g de leche en polvo
2 huevos (dejamos un poco para pintar)
8 g de sal
100 g de azúcar
Azúcar vainilla o esencia
80 g de mantequilla a temperatura ambiente





Elaboración
- Neste caso usei a panificadora. Introdúcense primeiro os líquidos: leite, zume, ovos, o sal, o azucre, azucre vainilla ou esencia, as raiaduras, o almíbar, o leite en pó e para rematar a fariña e a levadura. Eu doulle tres amasados no programa de só amasado. Incorporo a manteiga no segundo amasado. Cando remata quito a masa da cubeta, boleo e déixoa fermentado nun recipiente lixeiramente enfariñado.
- Deixamos fermentar por espazo dunha ou dúas horas (poden ser tres ou catro agora no inverno), dependendo da temperatura ambiente, ata que a masa duplique o seu volume. Nalgunhas ocasións meto  a masa na neveira durante toda a noite. Cando deixamos fermentar a masa sempre debe estar tapada con film.
- Se non temos panificadora: poñemos a fariña coa levadura, o leite en pó e o azucre nun recipiente amplo, mesturamos; incorporamos os líquidos e o sal. Amasamos, cando estean unidos os ingredientes pasamos á encimera e amasamos. Debemos amasar moito de xeito que a masa quede elástica.
- En canto colla textura de masa incorporamos a manteiga a temperatura ambiente e seguimos amasando. A manteiga tamén a podemos incorporar ao principio, é dicir, coa fariña, frotando cos dedos a manteiga coa fariña ata que estea totalmente incorporada, despois engádense o resto dos ingredientes.
- Unha vez fermentada a masa dividimos en pequenas porcións de uns 60 g.  aplanamos e introducimos no centro a crema de abelás. Cerramos a masa formando bola ou boliño alongado.
- Dispomos nunha bandexa cuberta con papel de forno e deixamos fermentar ata que dobren o volume (o tempo dependerá da temperatura ambiente ou da cantidade de levadura, que podemos aumentar se temos presa), sempre tapado con un paño ou con film. No inverno podemos deixalo a temperatura ambiente toda a noite.
- Encender o forno a 180º e deixar que acade esa temperatura. Mentras pintamos os boliños con ovo, cubrimos a superficie con azucre que humedecemos con un chorro de zume de laranxa e coroamos con anaquiños de laranxa confitada.
- Forneamos durante uns vinte minutos. Se vemos que se tostan moito cubrimos con papel de prata.



En castellano
Elaboración masa
- En este caso he usado la panificadora. Se introducen primero los líquidos: leche, zumo de naranja, huevos, la sal, el azúcar, el almíbar, la leche en polvo,  la esencia de vainilla o azúcar vainilla y por último la harina y la levadura. Yo le doy tres amasados en el programa de solo amasado, incorporo la mantequilla en el segundo amasado. Al acabar quito la masa de la cubeta, boleo y la dejo fermentado en un recipiente ligeramente enharinado. Tapamos la masa para que no se reseque.
- Dejamos fermentar por espacio de una o dos horas, dependiendo de la temperatura ambiente, hasta que la masa duplique su volumen, en invierno pueden ser cuatro o cinco horas. En algunas ocasiones meto la masa en la nevera durante toda la noche.
- Si no tenemos panificadora: ponemos la harina con la levadura, la leche en polvo  y el azúcar en un recipiente amplio, mezclamos; incorporamos, la leche, el zumo, los huevos, el almíbar, la esencia  y la sal. Amasamos, cuando estén unidos los ingredientes pasamos a la encimera y amasamos. Necesita mucho amasado para que nos quede una masa esponjosa, el amasado Betinet es el más indicado.
- En cuanto coja textura de masa incorporamos la mantequilla a temperatura ambiente y seguimos amasando. La mantequilla también la podemos incorporar al principio, es decir, con la harina, frotando con los dedos la mantequilla con la harina hasta que esté totalmente incorporada, después se añaden el resto de los ingredientes.
- Una vez fermentada la masa dividimos en pequeñas porciones de unos 60 g.  aplanamos e introducimos en el centro la crema de avellanas. Cerramos la masa formando bola o bollito alargado.
- Disponemos en una bandeja cubierta con papel de horno y dejamos fermentar hasta que doblen el volumen (el tiempo dependerá de la temperatura ambiente o de la cantidad de levadura, que podemos aumentar si tenemos prisa), siempre tapado con un paño o con film. En invierno podemos dejarlo a temperatura ambiente toda a noche.
- Encender el horno a 180º e dejar que alcance esa temperatura. Mientras pintamos los bollitos con huevo, cubrimos la superficie con azúcar que humedecemos con un chorro de zumo de naranja y coronamos con trocitos de naranja confitada.
- Horneamos durante unos veinte minutos. Si vemos que se doran mucho cubrimos con papel de plata.



martes, 26 de septiembre de 2017

ESPIRAIS DE NOCES.

ESPIRALES DE NUECES

Este é outro deses experimentos que tanto me gustan a min. Nin probei o orixinal, pero a min se me provocan  con algo aí estou experimentando.
 Resulta que a miña amiga Paula comprou un brioche con noces nunha cafetería de A Coruña ao cal denominaron "caroleiro", que ao parecer é moi popular dunha pasteleria de Santa Cruz. Ela díxome que era riquísimo, foi suficiente para intentar reproducilo, ao meu xeito, claro, porque eu non o probei, só vin unha foto. Por suposto,  deille a Paula una anaco, díxome que non era igual, pero que estaba mellor (encántanme as miñas amistades, sempre está mellor o meu).
Teño ganas de probar o orixinal e poder determinar se acertei en algo. Aínda que non acertara o experimento resultou espectacular e non o digo eu soa, dixérono todos os que o probaron. Pasa a ser un dos meus habituais para sempre. Merecía unha entrada para que o mundo tivera a oportunidade de poder facer esta marabilla.

En castellano
Este es otro de esos experimentos que me gustan a mi. Ni probé el original, pero a mi si me provocan con algo ahí estoy experimentando.
Resulta que mi amiga Paula compró un brioche con pasas en una cafetería de A Coruña, al que denominaron "caroleiro", que al parecer es muy popular en una pastelería de Santa Cruz. Ella me dijo que estaba riquísimo, eso fue suficiente para que intentara reproducirlo, eso sí, sin ni siquiera probarlo, solo de foto. Por supuesto, le di un trozo a Paula, y su comentario fue que no era exactamente igual, pero que estaba mejor el mío ( da gusto tener amistades que siempre me dicen que está mejor lo que hago yo).
Tengo ganas de probar el original y determinar lo que me he aproximado. De todas formas, se aproxime o no, el intento ha valido la pena porque está delicioso, y no lo digo solo yo, todos los que lo han probado lo confirman. Pasa a ser uno de mis habituales, de mis clásicos para siempre.
Esta delicia se merecía una entrada y que el mundo pueda hacerla y disfrutarla.







Ingredientes
Masa 
500 g de fariña de forza (harimsa)
50 g de masa nai (se non temos podemos facer un prefermento con 30 g de fariña e 30 g de auga e unha punta de coitelo de levadura)
2 g de levadura de panadería (de maizena) 
100 g de leite 
100 g de nata
3 ovos  (deixando un pouco para pintar)
8 g de sal
100 g de azucre
Esencia de vainilla ou azucre vainilla
100 g de manteiga a temperatura ambiente
Recheo 
80 g de manteiga a temperatura ambiente 
60 g de azucre branco
200 g de noces
Glaseado
50 g de manteiga
50 g de azucre



En castellano
Masa
500 g de harina de fuerza (harimsa)
5 g de masa madre (si no tenemos podemos hacer un prefermento con 30 g de agua, 30 g de harina y una punta de chuchillo de lavadura)*
2 g de levadura de panadería (de maizena)
100 g de leche 
3 huevos (dejamos un poco para pintar)
8 g de sal
100 g de azúcar
Azúcar vainilla o esencia
100 g de mantequilla a temperatura ambiente
Relleno
80 g de mantequilla a temperatura ambiente
60 g de azúcar blanco
Glaseado
50 g de mantequilla
50 g de azúcar



Elaboración
Masa
 Usei 50 g de masa nai porque lle teño moita querencia, pero non todo o mundo ten masa nai. A miña experiencia dime que coa masa nai queda unha masa final mellor. Se non temos masa nai, evidentemente, non a podemos usar, pero podemos elaborar un prefermento. O día antes de elaborar a masa mesturamos 30 g de auga con 30 g de fariña e unha pizquiña de levadura (unha puntiña de coitelo). Deixámolo repousar un día na neveira ou unhas dez hrs a temperatura ambiente.
- Neste caso usei a panificadora. Introdúcense primeiro os líquidos: leite, nata, ovos, masa nai ou prefermento , o sal, o azucre, azucre vainilla ou esencia e para rematar a fariña e a levadura. Eu doulle tres amasados no programa de só amasado. Incorporo a manteiga no segundo amasado. Cando remata quito a masa da cubeta, boleo e déixoa fermentado nun recipiente lixeiramente enfariñado.
- Deixamos fermentar por espazo dunha ou dúas horas, dependendo da temperatura ambiente, ata que a masa duplique o seu volume. Nalgunhas ocasións meto a masa na neveira durante toda a noite. Cando deixamos fermentar a masa sempre debe estar tapada con film.
- Si non temos panificadora: poñemos a fariña coa levadura e o azucre nun recipiente amplo, mesturamos; incorporamos, o leite, nata, ovos e o sal. Amasamos, cando estean unidos os ingredientes pasamos á encimera e amasamos. Debemos amasar moito de xeito que a masa quede elástica.
- En canto colla textura de masa incorporamos a manteiga a temperatura ambiente e seguimos amasando. A manteiga tamén a podemos incorporar ao principio, é dicir, coa fariña, frotando cos dedos a manteiga coa fariña ata que estea totalmente incorporada, despois engádense o resto dos ingredientes.
 - Unha vez fermentada estiramos a masa en forma de rectángulo nunha superficie lixeiramente enfariñada.
- Untamos a superficie da masa coa manteiga branda e por encima esparcimos as noces lixeiramente troceadas (eu trocéaoas  na propia bolsa antes de abrila, pasándolle o rodelo ou con un martelo) e espearcimos o azucre. Tamén podemos mesturar o azucre coa manteiga.




- Envolvemos a masa en forma de rulo, eu fágoo pola parte máis longa.
- O rulo formado divídoo en 12 porcións porque son as que se axeitan ao molde que uso, un molde de cristal de 24x32. Dispoñemos as porcións no molde cuberto con papel de fornear ou enmanteigado.




-  Tapamos e deixamos que fermenten, ata dobrar o seu volume. En ocasións métoo na neveira toda a noite e logo a temperatura ambiente un par de horas, todo depende da temperatura ambiente.
- Pintamos con ovo a superficie.
- Forneamos a 180º durante media hora. Si vemos que se doura demasiado na superficie cubrimos con papel de prata.
- Cando o sacamos do forno pintamos con manteiga e espolvoreamos azucre.





En castellano
Elaboración
Masa
*Yo usé 50 g de masa madre porque le tengo mucha querencia, pero no todo el mundo tiene masa madre. Mi experiencia me dice que con la masa madre queda una masa final mejor. Si no tenemos masa madre, evidentemente, no la podemos usar, pero podemos elaborar un prefermento. El día antes de elaborar la masa mezclamos 30 g de agua con 30 g de harina e una pizquita de levadura (una puntita de cuchillo). Lo dejamos reposar un día en la nevera o unas diez hrs a temperatura ambiente.

- En este caso he usado la panificadora. Se introducen primero los líquidos: leche, masa madre o el prefermento, nata, huevos, la sal, el azúcar, la esencia de vainilla o azúcar vainilla y por último la harina y la levadura. Cuando se forma la masa incorporamos la mantequilla blanda. Yo le doy tres amasados en el programa de solo amasado, incorporo la mantequilla en el segundo amasado. Al acabar quito la masa de la cubeta, boleo y la dejo fermentado en un recipiente ligeramente enharinado. Tapamos la masa para que no se reseque.
- Dejamos fermentar por espacio de una o dos horas, dependiendo de la temperatura ambiente, hasta que la masa duplique su volumen. En algunas ocasiones meto la masa en la nevera durante toda la noche.
- Si no tenemos panificadora: ponemos la harina con la levadura y el azúcar en un recipiente amplio, mezclamos; incorporamos, la leche,nata, masa madre o prefermento, los huevos, la esencia  y la sal. Amasamos, cuando estén unidos los ingredientes pasamos a la encimera y amasamos. Necesita mucho amasado para que nos quede una masa esponjosa, el amasado Betinet es el más indicado.
- En cuanto coja textura de masa incorporamos la mantequilla a temperatura ambiente y seguimos amasando. La mantequilla también la podemos incorporar al principio, es decir, con la harina, frotando con los dedos la mantequilla con la harina hasta que esté totalmente incorporada, después se añaden el resto de los ingredientes.




- Una vez fermentada estiramos la masa en forma de rectángulo en una superficie ligeramente enharinada. 
- Untamos la superficie de la masa con la mantequilla blanda y por encima esparcimos las nueces picadas y el azúcar.
- Enrollamos la masa formando un rulo, yo lo hago por la parte más larga.
- Cortamos porciones, yo hago 12 porciones porque es el número ideal para el molde que uso de 24x32, que vamos disponiendo en una bandeja de horno cubierta con papel de hornear o engrasada. Disponemos las porciones un poco separadas, al fermentar ya se unirán.
- Tapamos y dejamos que fermenten hasta doblar su volumen, el tiempo depende de la temperatura ambiente. También podemos dejarlo en la nevera durante toda la noche y sacarlo un par de horas antes de hornear.
- Pintamos con huevo.
- Horneamos a 180º durante media hora. Si vemos que se dora demasiado en la superficie cubrimos con papel de plata.
- Al sacarlo del horno lo pintamos con mantequilla y espolvoreamos con azúcar.


viernes, 11 de agosto de 2017

BOLOS BLAA

BOLLOS BLAA

Que marabilla de pans, son unha auténtica delicia. Os meus preferidos para o almorzo. Son perfectos, tanto valen para doce como para salgado. Sempre os teño no conxelador, non poden faltar.
Encántame o pan, son "panadicta", todo con pan sabe mellor.
Estes bolos descubrinos de casualidade, están en moitos blogues, son típicos irlandeses. Todas as receitas que vin pola rede son iguais. Pero a miña está un pouco cambiada, non sería eu se non cambio as receitas e as adapto ás miñas manías. Esta é a miña versión destes boliños tenros, delicados e saborosos.
En castellano
Que maravilla de panes, son una auténtica delicia. Mis preferidos para el desayuno. Son perfectos, tanto valen para dulce como para salado. Siempre los tengo en el congelador, no pueden faltar.
Me encanta el pan, soy "panadicta", todo con pan sabe mejor.
Estos bollos los descubrí de casualidad, están en muchos blogs, son típicos irlandeses, Todas las recetas son iguales. Peros la mía está un poco cambiada, no sería yo si no cambio las recetas y las adapto a mis manías. Esta es mi versión de estos bollitos tiernos, delicados y sabrosos.




Ingredientes
700 g de fariña de forza ( uso Harimsa)
390 g de agua
25 g de leite en po ( se non temos tampouco pasa nada, na receita orixinal non leva)
30 g de manteiga
10 g de sal
20 g de azucre
3 g de levadura seca de panadería (de maizena)

En castellano
Ingredientes
700 g de harina de fuerza (uso Harimsa)
390 g de agua
25 de leche en polvo (si no tenemos tampoco pasa nada, en la receta original no lleva)
30 g de mantequilla
10 g de sal
20 g de azúcar
3 g de levadura seca de panadería (de maizena)





ELABORACIÓN
- Eu fago a masa na panificadora. Primeiro os líquidos, neste caso a auga, logo o sal , o azucre, o leite en po, e a manteiga derretida. A continuación a fariña e a levadura. Amasado de quince minutos.
- Se non temos panificadora, depositamos nun recipiente amplo a fariña, o azucre, o leite en pó e a levadura e mezclamos. A continuación engadimos a auga e a manteiga derretida, e o sal. Mesturamos ben o conxunto, deixamos repousar durante unha media hr e logo amasamos. Para darnos menos traballo, dámoslle pequenos amasados e repousos, así pouco a pouco a masa vai collendo elasticidade. Debe quedar unha masa lisiña.
- Boleamos e deixamos repousar tapada ata que dobre o volume. O tempo dependerá da temperatura ambiente, no verán poden ser dúas hrs e no inverno tres. No que temos que fixarnos é no volume.
- Cando a masa está ben inchada pasámola a unha superficie de traballo e dividímola en pezas de uns 100 g e facemos boliñas (saen 12 pans)
- Depositamos as bolas de masa nunha bandexa de forno (de 42x29) cuberta con papel de forno, sin tocarse, pero que cando medren se xunten (esa é a forma característica deste tipo de pan).
- Cando dobren o volume, o tempo que lle leve volve a depender da temperatura, pode ser hora e media, dúas, tres, depende, metémolos no forno que xa temos quente a 200º  por espacio de 25 min. Antes de metelos no forno podemos pineirarlle unha pouca fariña por encima, que lle dan ese toque propio.
- Coidadiño con eles que igual nin ao conxelador van, un detrás de outro é moi difícil resistirse a estes encantadores boliños.




En castellano
ELABORACIÓN

Yo hago la masa en la panificadora. Primero los líquidos, en este caso el agua, luego la sal , el azúcar, la leche en polvo, y la mantequilla derretida. A continuación la harina y la levadura. Amasado de quince minutos.

- Si no tenemos panificadora, ponemos en un recipiente amplio la harina, el azúcar, la leche en polvo y la levadura y mezclamos, La continuación añadimos el agua y la mantequilla derretida, y la sal. Mezclamos bien el conjunto, dejamos reposar durante una media hr y luego amasamos. Para darnos menos trabajo, le damos pequeños amasados y reposos, así poco a poco la masa va cogiendo elasticidad. Debe quedar una masa lisita.
- Boleamos y dejamos reposar tapada hasta que doble el volumen. El tiempo dependerá de la temperatura ambiente, en verano pueden ser dos hrs y en invierno tres. En lo que tenemos que fijarnos es en el volumen.
- Cuando la masa está bien hinchada la pasamos la una superficie de trabajo y la dividimos en piezas de unos 100 g y hacemos bolitas (salen 12 bollitos)
- Depositamos las bolas de masa en una bandeja de horno(de 42x29)  cubierta con papel de horno, sin tocarse, pero que cuando crezcan se junten (esa es la forma característica de este tipo de pan).
- Cuando doblen el volumen, el tiempo que le leve vuelve a depender de la temperatura, pode ser hora y media, dos, tres, depende, los metimos en el forno que ya tenemos caliente a 200º por espacio de 25 min. Antes de meterlos en el horno podemos tamizarle un poco de harina por encima, que le dan ese toque propio.
- Cuidadito con ellos que igual ni al congelador van, uno detrás de otro es muy difícil resistirse a estos encantadores bollitos.
miércoles, 10 de agosto de 2016

TRENZA ALMUDÉVAR. NOVA VERSIÓN.

Miña nai, desde agosto pasado, todo un ano, como pasa o tempo e nin me dou conta. Eu tiña un blogue e gustábame telo. Eses comezos..., eran divertidos, metida de cheo no mundo dos blogues de cociña, comentando, con ansias de publicar... Onde se foi todo iso? Segue gustándome ter este espazo, estes días visiteino moito para rescatar receitas; non só visitei o meu senón o de moitas outras blogueiras, receitas que teño en vista, que me gustan. Fíxome reflexionar o necesarios son, canto aprendemos e canta xenerosidade compartir todas esas receitas. A min encántame ir rescatar esas receitas e repetilas. O que non me encanta tanto é atoparme SEMPRE erros, que si falta unha letra ou sobra, fallos de redacción, faltas de ortografía, como pode ser?? Como podo ser tan despistada? Prometo que reviso cada entrada mil veces antes de publicar e logo cando volvo, despois de tempo, vexo tantos erros que me avergonzo de min mesma (creo que é o que máis me agobia do blogue).
Este retorno tiña que ser ao grande, coa miña receita estrela, a trenza almudévar, vale..., si..., xa a teño publicada, pero é que a cambiei tanto que creo que se merecía unha nova entrada. Agora xa non ten moito que ver coa que xa está publicada.
Seguindo co tema dos blogues hai cousas curiosas, cando publiquei por primeira vez a trenza non había nada en internet sobre ela, salvo nun foro de cociña e un programa de radio no que os da pastelería a Tolosana (lugar orixinario de dita trenza) explicaban a súa elaboración. Máis tarde, publiquei a segunda versión e tampouco había nada. Co tempo empezaron a publicar nalgúns blogues, algúns dos cales facían referencia ao meu, outros non. Xa sei, nisto da cociña está todo inventado, pero hai xente que copietea e non referencia, e queda feo. O curioso é que ao principio si escribías trenza almudévar en google pois das primeiras saía a miña, quitando as orixinais, pero receita en blogue, a miña era a primeira. Agora xa non, saen moitas antes que a miña. Está visto que a popularidade non é o meu. Que non me importa, a verdade, só me resulta curioso. Aínda así é a receita máis vista do meu blogue. 
Nesta ocasión vou poñer un vídeo de Xabier Barriga no que explica como se fan os croissants. E a masa é igual. 
A verdade é que é unha auténtica delicia, hai varias persoas namoradas da dichosa trenza e non é para menos. Vai por todos eles e elas. Eu creo que me queren pola trenza, ou será pola min... ?
Así que por petición popular aí vai a nova versión da trenza que fago cada pouco, case me sae cos ollos pechados.





En castellano
Madre mía, desde agosto pasado, todo un año, como pasa el tiempo y ni me doy cuenta. Yo tenía un blog y me gustaba tenerlo. Esos comienzos, eran divertidos, metida de lleno en el mundo de los blogs de cocina, comentando, con ansias de publicar. Dónde se fue todo eso? Sigue gustándome tener este espacio, estos días lo he visitado mucho para rescatar recetas; no solo he visitado el mío sino el de muchas otras blogueras, recetas que tengo en vista, que me gustan. Me ha hecho reflexionar cuan necesarios son, cuanto aprendemos y cuanta generosidad compartir todas esas recetas. A mi me encanta ir a rescatar esas recetas y repetirlas. Lo que no me encanta tanto es encontrarme SIEMPRE errores, que si falta una letra o sobra, pero bueno, es lo que hay.
Este retorno tenía que ser a lo grande, con mi receta estrella, la trenza almudévar, vale..., si..., ya la tengo publicada, pero es que la he cambiado tanto que creo que se merecía una nueva entrada. 
 Siguiendo con el tema de los blogs hay cosas curiosas, cuando publiqué por primera vez la trenza no había nada en internet sobre ella, salvo en un foro de cocina y un programa de radio en el que los de la pastelería la Tolosana (lugar originario de dicha trenza) explicaban su elaboración. Más tarde, publiqué la segunda versión y tampoco había nada. Poco a poco se empezaron a publicar en algunos blogs, algunos de los cuales hacían referencia al mío, otros no. Ya sé, en esto de la cocina está todo inventado, pero hay gente que copietea y no referencia, y queda feo. Lo curioso es que al principio si escribías trenza almudévar en google pues de las primeras salía la mía, quitando las originales, pero receta en blog, la mía era la primera. Ahora ya no, salen muchas antes que la mía. Está visto que la popularidad no es lo mío. Que no me importa, la verdad, solo me resulta curioso. Aún así es la receta más vista de mi blog. 
En esta ocasión voy a poner un vídeo de Xabier Barriga en el que explica como se hacen los croissants. Y la masa es igual.
La verdad es que es una auténtica delicia, tengo varias personas enamoradas de la dichosa trenza y no es para menos. Va por todos ellos y ellas. Yo creo que me quieren por la trenza, o será por mi... ?
Así que por petición  popular ahí la nueva versión de la trenza que hago cada poco, casi me sale con los ojos cerrados.



Ingredientes
Masa
250 g de auga
50 g de azucre
10 g de sal
500 g de fariña
1 sobre de levadura seca de panadeiro (marca maizena)
280 g de manteiga (para os pregues)
Noces, améndoas laminadas, pasas (remolladas en viño doce)
Para a crema de xema (copiada de aquí)
50 g de auga
100 g de azucre
2 ovos
10 g de maizena
10 g de manteiga
Esencia de vainilla (se queremos)
Almíbar
100 g de azucre glass
50 g de auga



En castellano
Ingredientes
Masa
250 g de agua
50 g de azúcar
10 g de sal
500 g de harina
1 sobre de lavadura seca de panadero (marca maizena)
280 g de mantequilla (para los pliegues)
Nueces, almendras laminadas, pasas (remojadas en vino dulce)
Para la crema de yema (la saqué de aquí)
50 g de agua
100 g de azúcar
2 huevos
10 g de maizena
10 g de mantequilla
Esencia de vainilla (opcional)
Almíbar
100 g de azúcar glass
50 g de agua



Elaboración
Crema de xema
- Poñemos a ferver a auga co azucre ata que o azucre se disolva por completo, uns tres minutos. Retiramos do lume e imos preparando o resto.
- Noutro cazo mesturamos os ovos coa maizena. Imos engadindo lentamente o almíbar. Coamos a mestura e imos desfacendo posibles grumos. Eu volvo a coalo outra vez porque prefiro facer a crema no cazo onde mesturei os ovos coa maizena.
- Á mestura anterior engadímoslle a manteiga e levamos ao lume. Removendo constantemente hasta conseguir que espese. Eu empezo con máximo de calor e en canto vexo que empeza e espesar, baixo o calor e sigo removendo ata que espese totalmente.
- Cubrimos con film (tocando a crema) e deixamos que enfríe.
Masa.
Eu uso a panificadora, introducimos os ingredientes nesta orde; a auga, o azucre, o sal, a fariña e a levadura.  Se o facemos a man, mesturamos todos os ingredientes e amasamos hasta ter unha masa lisa e elástica.Unha vez rematado o amasado boleo, repousa a bola de masa, tapada, durante dez minutos. Estiramos en forma de rectángulo, depositamos nunha bandexa (cuberta con papel de fornear) e tapamos con film, metemos na neveira, durante unhas horas (unhas sete ou oito horas, tampouco pasa nada se é algunha máis)
Logo pasamos ás dobreces da masa. En principio non parece sinxelo, só hai que collerlle o truco e é moi entretido. Poñerei un vídeo de Xabier Barriga ao final para que se vexa todo o proceso e enténdese perfectamente, moito máis que nas miñas fotos.



En castellano
Elaboración
Crema de yema
- Ponemos a hervir el agua con el azúcar hasta que el azúcar se disuelva por completo, unos tres minutos. Retiramos del fuego y vamos preparando el resto.
- En otro cazo mezclamos los huevos con la maizena. Vamos añadiendo lentamente el almíbar. Colamos la mezcla y vamos deshaciendo posibles grumos. Yo vuelvo a colarlo otra vez porque prefiero hacer la crema en el cazo donde mezclé los huevos con la maizena.
-  A la mezcla anterior le añadimos la mantequilla y llevamos al fuego. Removiendo constantemente hasta conseguir que espese. Yo empiezo con máximo de calor e en cuanto veo que empieza e espesar, bajo el calor y sigo removiendo hasta que espese totalmente.
- Cubrimos con film (tocando la crema) y dejamos que enfríe.
Masa.
Yo uso la panificadora, introduciendo en este orden: el agua, la sal, el azúcar, la harina y la levadura. Si lo hacemos a mano mezclamos todos los ingredientes y amasamos hasta tener una masa lisa y elástica. Una vez hecho el amasado se bolea y se deja reposar la masa por espacio de diez minutos. Estiramos en forma de rectángulo, depositamos en una bandeja, tapamos con film, metemos en la nevera durante unas horas (unas siete u ocho, tampoco pasa nada si es alguna más)
Luego pasamos a las dobleces. En principio no es sencillo, solo hay que cogerle el truquillo y es muy entretenido. Pondré un vídeo al final, de Xabier Barriga en el cual queda perfectamente explicado el proceso, mucho más que en mis fotos.


1. Poñemos a manteiga nunha bolsa de conxelados e axudándonos dun rodelo extendémola no seu interior. 
Ponemos la mantequilla en una bolsa de congelados y ayudándonos de un rodillo la extendemos.





2. Colocamos a manteiga no medio da masa.
Ponemos el bloque da mantequilla en el medio de la masa.




3. Tapamos a manteiga coa masa.
Tapamos la mantequilla con la masa.


 4. Estiramos a masa: do medio hacia a dereita, do medio hacia esquerda e o mesmo hacia arriba e hacia abaixo (se miramos o vídeo entendémolo perfectamente).
Estiramos la masa: desde el centro hacia un extremo, luego lo mismo hacia el otro, e igual hacia arriba y hacia abajo (en el vídeo se entiende perfectamente)


5. Dobramos o lado dereito hacia o centro.
Doblamos el lado derecho hacia el centro.


6. Dobramos o lado esquerdo encima do dereito. Métese na neveira por espazo de media hr. Doblamos el lado izquierdo encima del derecho. Se mete en la nevera por espacio de media hr.



7. Ao sacalo da neveira volvemos a estiralo, pero colocámolo coa doblez hacia abaixo, é dicir, xiramos a masa 90º. Repetimos esta operación dúas veces máis. 
Al sacarlo de nevera volvemos a estirarlo, pero colocamos la doblez que estaba a la derecha hacia abajo, es decir, giramos la masa 90º. Se repite esta acción dos veces más.



8. Unha vez fixemos os dobrados e estirados tres veces da masa, dámoslle o estirado final. Custa un pouco. Eu o que fago é estiralo todo o que podo, volvo a metela na neveira durante dez-quince minutos e logo é máis fácil estirar. Cortamos todos os bordes (cos cales podemos facer unhas espirais que quedan riquísimas).
Untamos toda a superficie coa crema de xema. Engadimos noces e pasas a gusto.
 Una vez hemos doblado y estirado tres veces la masa, le damos el estirado final. Cuesta un poco. Yo lo que hago es estirar todo lo que puedo, volver a meterla en la bandeja y en la nevera unos diez-quince minutos, luego es más fácil seguir estirándola. Cortamos todos los bordes (con las cuales podemos hacer unas espirales que quedan riquísimas).
Untamos toda la superficie con la crema de yema. Añadimos las nueces y pasas a gusto.


9. Facemos un rulo coa masa. Hacemos un rulo con la masa.



10. Cortamos o rulo lonxitudinalmente pola metade. Cortamos el rulo longitudinalmente por la mitad.





11. Entrelazamos as dúas metades.
Entrelazamos las dos mitades
12. Tapamos con film e deixamos que fermente, ata que dobre o volume, podemos metela na neveira durante toda a noite.
Tapamos con film y dejamos que fermente, hasta que doble el volumen, podemos meterla en la nevera toda la noche.
13. Pintamos con ovo e cubrimos con améndoas fileteadas.
Pintamos con huevo batido y cubrimos con almendras filiteadas.
14. Introducimos no forno prequecido a 200º durante uns 10 minutos e baixamos a 180º durante 30 min máis. Cubrimos con papel de prata se vemos que se tosta moito.
Introducimos en el horno precalentado a 200º durante unos 10 minutos, luego bajamos a 180º y lo dejamos 30 min más. Cubrimos con papel de plata si vemos que se dora mucho.
15. Cando faltan 5 minutos para o final do forneado, poñemos os ingredientes do almíbar a quentar uns minutos.
Cuando faltan 5 minutos para el final del horneado, ponemos los ingredientes del almíbar y llevar a ebullición durante unos minutos.
16. Sacamos do forno e pintamos co almíbar.
Sacamos del horno y pintamos con el almíbar.



ACLARACIÓNS

- Creo necesario aclarar algunhas dificultades que poden xurdir durante o proceso:
- Cando facemos as dobleces debemos enfariñar ben a superficie de traballo. 
- O rulo que se forma é bastante grande para unha bandexa estándar de forno. Polo tanto, ás veces, córtoo pola metade e fago dúas trenzas pequenas. Outras veces corto un anaco e fago unha trenciña pequena e a outra do tamaño da bandexa. Outras corto tiras antes de poñer a crema e fago espirais, ou corto espirais do rulo ata quedar o tamaño adecuado. Son varias as opcións. O que si fago sempre é cortar os extremos do rulo para que quede máis igualado.
- Os tempos son estimativos. Unha vez formada a trenza déixoa a temperatura ambiente unha hr e logo na neveira toda a noite, antes de fornear adoito tela unha hr a temperatura ambiente. Noutras ocasións fermenta a temperatura ambiente e métoa na neveira durante media hr para que a masa hoxaldrada entre fría no horno.
- Sempre fago dúas fornadas: unha cos recortes e outra coa propia trenza.
- Nunca consigo unhas boas fotos porque a fago sempre para levar ou regalar e non teño fotos dos recortes. Procurarei facelas e editarei a entrada. A verdade é que tiña tantas ganas de publicar esta entrada que me obriguei a facer unhas fotos e a redactar a entrada (que me levou o meu).
- Son consciente de que non está perfecta, que o hoxaldrado pódese mellorar. O que si podo dicir é que é exquisita e que todo aquel que a proba namórase. A proba está no que dura na mesa.

ACLARACIONES
- Creo necesario aclarar algunas dificultades que pueden surgir durante el proceso:
- Cuando hacemos las dobleces debemos enharinar bien la superficie de trabajo. 
- El rulo que se forma es bastante grande para una bandeja estándar de horno. Pôr lo tanto, a veces lo corto por la mitad y hago dos trenzas pequeñas. Otras veces corto un trozo y hago una trencita pequeña y la otra del tamaño de la bandeja. Otras corto tiras antes de poner la crema y hago espirales, o corto espirales del rulo hasta quedar el tamaño adecuado. Son varias las opciones. Lo que si hago siempre es cortar os extremos del rulo para que quede más igualado.
- Los tiempos son estimativos. Una vez formada la trenza la dejo a temperatura ambiente una hr y luego en la nevera toda la noche, antes de hornear suelo tenerla una hr a temperatura ambiente. En otras ocasiones fermenta a temperatura ambiente y la meto en la nevera durante media hr para que la masa hojaldrada entre fría en el horno.
- Siempre hago dos hornadas: una con los recortes y otra con la propia trenza.
- Nunca consigo unas buenas fotos porque la hago siempre para llevar o regalar y no tengo fotos de los recortes. Procuraré hacerlas y editaré la entrada. La verdad es que tenía tantas ganas de publicar esta entrada que me obligué a hacer unas fotos y a redactar la entrada (que me ha llevado lo mío).
- Soy consciente de que no está perfecta, que el hojaldrado se puede mejorar. Lo que sí puedo decir es que es exquisita y que todo aquel que la prueba se enamora. La prueba está en lo que dura en la mesa.











Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...