Estiven investigando e a orixinal non leva calabacín, é só con queixo, pero eu doulle un gran aplauso a quen lle incluíu o calabacín. Ademáis parece ser que é un prato típico de Nadal e para o almorzo. Nós comémolo en agosto e para xantar. Que maneira de estropear os costumes e tradicións dun país.
Ingredientes
Pasta filo
650 grs de calabacín (na receita orixinal di 2 calabacíns, pero non di a cantidade en grs. No meu caso era un só calabacín, pero polo tamaño pareceume suficiente. Supoño que a cantidade pode ser un pouco a gusto)
400 grs de queixo feta
100 grs de queixo cheddar
100 grs de manteiga
1 iogurt natural sen azucre (125 grs)
4 ovos (3 para o recheo e un para pintar)
1 vaso de auga con gas
2 culleradas de aceite de oliva
sal
Realización
- Pícanse os calabacíns con pel e todo en anacos pequenos ou en finas lonchas. Eu corteinos en tacos, pero penso que mellor en lonchas finiñas. Métese no micro con un pouco sal (pouco porque os queixos xa teñen sal) e as dúas culleradas de aceite, reméxese ben para que o calabacín quede impregnado do sal e do aceite por todo.
- Está no micro ata que ablande, poden ser 15 minutos. Eu íao mirando cada tres ou catro minutos, dáballe voltas ata que se desfacía co garfo. Este paso tamén se podería facer pochándoo na tixola, per así absorve máis aceite.
- Escórrese o calabacín nun coador porque solta moita auga e ó tempo machácase un pouco co garfo (así tamén comprobamos que está o suficientemente brandiño)
- Nun bol introducimos e mesturamos todos os ingredientes: queixos (desmenuzados), manteiga (a temperatura ambiente e desmenuzada), iogurt, calabacín e 3 dos ovos batidos.
- Encima dun papel de forno estírase unha lámina de pasta filo e no centro, ó ancho da pasta, un pouco da mestura anterior. Cérrase coma se fose un canelón e enrólase. Hai que ter coidado coa pasta que se compra, a que comprei non me gustou nada, rompíase só con mirala, tiven que poñer para cada rolo varias láminas porque con unha quedábame todo fóra. Non poñer demasiado do recheo senón non podemos enrolar. Imos facendo esta operación ata que rematemos todo o recheo. Noutras receitas que vin por aí o que fan e alternar capas de pasta filo con recheo, así é maís fácil e cómodo, pero seguro que queda menos bonito. Aínda que a min non me quedou moi bonito porque se me rompeu moito a pasta. Logo con anacos de pasta fun tapando as roturas.
-Faremos unha mestura co ovo restante e a auga con gas, coa cal pintaremos a superficie.
- Métese ó forno prequentado a 180º ata que a capa superficial se dore, arredor de 40 minutos.
Nota: O calabacín a penas se lle nota, podería ter un pouco máis, incluso. Está moi rico, para quen lle guste o queixo, claro. Ademáis é moi rápido e sinxelo de facer, non require nin gran esforzo, nin gran destreza, nin grandes coñecementos culinarios. Eso si, hai que ter sorte coa pasta filo.
Hola!!!Tienes un blog muy rico pero me cuesta leer en gallego y no se como usar el traductor.
ResponderEliminarPorfa, dame una pista.
Bssss
Hola Celes. Gracias por visitar mi blog y por hacerte seguidora a pesar de no entender del todo el gallego. Te voy a explicar como puedes traducirlo. Como puedes ver tengo dos traductores, el primero solo traduce del gallego al castellano. Pinchas donde pone aquí, tesale una página traductora, bajas hasta donde pone navegar pola weeb con traducción, en ls ventana pone español-galego, lo cambias por galego-español, donde pone enderezo da páxina web pones la dirección de mi blog (hay que borrar e http://que aparece por defecto o poner solo a partir de él la dirección del blog), le das a traducir y ya está. Este traductor es bastante bueno aunque no del todo. Es un poco lío, pero mientras no encuentro una alternativa más rápida, este por lo menos ayuda. De todas formas yo te traduzco lo que quieras. Voy a tener que poner las recetas en las dos lenguas.
ResponderEliminarMe voy a dar un paseo por tu blog que tiene muy buena pinta.
De nuevo muchas gracias y bicos mil.
¡¡Ésta para miiiiii, con queixiño!! hummmm, ya estoy toda emocionada con el queso, vamos, que no se si antes de ser una mujer , fui una ratoncita, jajajajajaa, y, el calabacín, también me gusta, lo que si es cierto que, en las recetas que lo llevan apenas se nota su sabor, es muy suave, yo, suelo hacer mucho, crema de calabacín, buenísima y, con queso, claro, juassssssss, lo de la pasta filo, me da un poquito de miedo, no la he usado nunca, jejejeje
ResponderEliminarUfff, como tengas que poner las recetas en las dos lenguas, te vas a volver locuela, jejejeje
Biquiños
Ana , si te gusta el queso, que sé que si, deberías probar esta receta. NO le tengas miedo a la filo, mi madre compra unha en el eroski que sale muy bien. Ésta la compré en el corte y yo prefería que fuese redonda, pero era rectángular y me estropeó un poco los planes. Además se rompía cosin tocarla. Por lo demás la pasta filo es muy agradecida en las recetas y muy agradable de comer, crujientita, ummm. Atrévete y ya me contarás.
ResponderEliminarapuntada queda! Ten unha pinta estupenda! Encántame o queixo! mmmm! menudo aroma tiña que haber na cociña!
ResponderEliminarO calabacin está claro que é o producto estrela deste mes! Polo menos dos que temos horta! Case nos saen polas orellas! ajjaja!
No "meu" eroski non teñen pasta filo! Menudo chasco, a ver se mañán no carrefour hai!
Un bico!
MªJosé encantoume esta receta.... calabacín e queixo, mezcla triunfal. A min ensinoume miña tía fai tempo como facer unha tortilla de calabacín e queixo facilísima, teño que facela un día...
ResponderEliminarCa pasta filo nunca traballei... e xa fai tempo que lle teño ganas...
Respecto as linguas, a min encantame o teu blog e encántame lerte en galego, é máis enxebre... Pero é unha mágoa que a xente que non entende galego non poda disfrutar da túa cociña... a verdade é que, traducir as recetas, a pesares de ser moito traballo, paréceme unha idea xenial.
Un beso enorme rula e boa fin de semana!!!
Laura.
Natatalia, guapa, se o o fas xa me contarás. A min gustoume moito. Pero miña nai, que non é moito de queixo (ten que ser suaviños), foi toda embalada a comer (porque a pinta era estupenda) e de repente ó comer deu un respingo. A meu pai encantoulle.
ResponderEliminarSorte coa busca da pasta filo.
Grazas Lauriña pola túa visita mañanera, que madrugadura (eu porque me espertaron uns que andaban berrando pola rúa, que senón...). Encántanme as túas visitas.
ResponderEliminarAnímate coa filo, que quedan uns platos moi vistosos e ricos, dalles un toque especial.