ENSALADA DE ESPINACAS, MANGO E VENTRESCA DE ATÚN
TARTAR MULTICOLOR DE SURIMI, AGUACATE E PIÑA
Esta tamén é unha receita, ou proposta, sinxela, aínda que non por iso, deixa de ser deliciosa, á vez que sanota e de rápida realización. Desde que descubrín esta combinación fago esta receita todas as semanas ou ata un par de veces.
Descubrina nun libriño que tiña a miña nai, un libro deses con dietas e propostas sans da revista Saber vivir, á cal a miña nai parece estar subscrita porque as ten todas e leas todas e vólvenos tolos a todos coas propiedades dos alimentos. Pois ben, en canto o vin, ao día seguinte xa o estaba preparando. É fresco e delicioso, ademais, curiosamente, enche moito e tardas en ter fame, eu prepároo como prato único. Se é que ao final o que vén neses libriños vai ser certo e todo.
En castellano
3 barriñas de surimi
Medio aguacate grande ou un pequeno
Unha boa rodaxa de piña natural ou 3 de piña en lata ao natural (das latas pequenas)
5 ou 6 tomates cherry
Vinagreta
Nesta ocasión fixen unha vinagreta de menta: aceite, vinagre, sal, e unhas follas de menta.
-Podemos acompañalo con salsa rosa ou maionesa
En castellano
- Primeiro preparamos a vinagreta: introducimos todos os ingrediente no vaso da bartidora e o emulsionamos un minuto.
- Cortamos en dadiños todos os ingredientes
-Dispomos un aro de emplatar nun prato e colocamos no fondo o aguacate. Bañámolo cun pouco da vinagreta. A continuación colocamos encima o surimi e para rematar a piña.
- Para coroar pomos por encima os tomate cherry cortados en cuartos e regamos coa vinagreta.
LISTO, E TAN RICO!!!
En castellano
TRES RECEITAS CON TOMATE
ENSALADA DE TOMATE E QUEIXO FETA
ENSALADA DE TOMATE Y QUESO FETA
Ingredientes
2 tomates maduros e duros
150 gr de queixo feta
Olivas negras
Para a vinagreta
25 ml de aceite de oliva virxe extra
2 dentes de allo
6 follas de albahaca
Vinagre de módena
Sal maldon
En castellano
Ingredientes
2 tomates maduros y duros
150 gr de queso feta
Aceitunas negras
Para la vinagreta
25 ml de aceite de oliva virgen extra
2 dientes de ajo
6 hojas de albahaca
Vinagre de módena
Sal maldon
- Lavamos ben os tomates e os troceamos. Troceamos o queixo feta, engadimos as olivas.
- Facemos a vinagreta: Na picadora introducimos o allo, a albahaca e o aceite e procesamos todo xunto. Eu fixen máis cantidade que a que poño nos ingredientes, porque senón a picadora non o procesa ben. Logo gárdase para outra ensadala sen problemas. Tamén se podería facer a man picando finamente a albahaca e o allo. .Engadimos un bo chorro de vinagre de módena e mesturámolo ben.
- Salgamos un pouco os tomates (se queremos), regamos a ensalada coa vinagreta e listo.
En castellano
______________________________________________________________________________
- Raiamos o queixo parmesano.
- Pomos a albahaca, os piñóns e o dente de allo na picadora ou na batidora. Trituramos. Engadimos o queixo e volvemos á mesturar. Para rematar, incorpórase o aceite e vólvese a mesturar. Salpimentamos a gusto e listo. Se lle poñemos o sal ao tomate e o queixo, non salgamos o pesto.
__________________________________________________________________________________
SALMOREJO
Ingredientes
700 gr de tomates maduros (sen pelar)
70 gr de faragulla de pan vello
1 dente de allo
6 culleradas de aceite de oliva virxe
sal e vinagre ao gusto
Para acompañar: ovo duro e xamón serrano
En castellano
Ingredientes
700 gr de tomates maduros (sin pelar)
70 gr de miga de pan viejo
1 diente de ajo
6 cucharadas de aceite de oliva virgen
sal y vinagre al gusto
Para acompañar: huevo duro y jamón serrano
Realización
- Pelamos e despebitamos os tomates.
- Introducimos todos os ingredientes nun recipiente e batemos co batedor eléctrico ata conseguir unha crema. Se queda moi espeso podemos engadir un pouco de auga ou un pouco máis de aceite.
- Tómase ben frío e podemos acompañalo con ovo duro e/ou con xamón.
En castellano
Realización
- Pelamos y despepitamos los tomates.
- Introducimos todos los ingredientes en un recipiente y batimos con la batidora hasta conseguir una crema. Si queda muy espeso podemos añadir un poco de agua o un poco más de aceite.
- Se toma bien frío y se puede acompañar con huevo duro picado y/o con jamón.
ENSALADA DE MELÓN CON VINAGRETA DE MENTA
Esta es especialmente refrescante, el melón y la vinagreta de menta le dan un toque bien fresco. Por esta razón se me antojó publicarla para que no se me olvide.Una ensalada muy propia del verano integrando productos de temporada
Lechugas variadas
Melón
Jamón serrano, mejor ibérico
Tomate
Mosarella fresca
Hojas de menta
Para la vinagreta
Aceite de oliva virgen extra (pujen 50 ml, pero me sobró)
8 hojas de menta fresca
Vinagre de vino
Sal maldon
- Disponemos todos los igredientes en un plato o fuente de servir y por encima le echamos la sal, el vinagre y el aceite de menta.
- Para hacer el aceite de menta podemos picar finita la menta y mezclarla con el aceite o meter las hojas de menta y el aceite en un recipiente y mezclar todo con un batedor eléctrico, la velocidad baja y a tiempos muy cortos para que no emulsione demasiado el aceite.
- También podemos mezclar el vinagre con el aceite y regar la ensalada con la mezcla.

ENSALADA DE PEMENTOS ASADOS E BONITO EN ACEITE
Unha ensalada é unha receita? É unha combinacion de distintos ingredientes e esas combinacións son miles. A min ocorréuseme esta, que é unha auténtica delicia.
Logo de tanta entrada doce unha ensaladita non vén nada mal.
| Este é o tan preciado agasallo. Este es el tan preciado regalo. |
- Primeiro asamos os pementos, neste caso eran dous. Lávanse, quítaselles os talos e as pebidas. Introdúcense nunha bandexa de forno e píntanse con aceite de oliva. Agrégaselles un pouco de sal e azucre por toda a superficie (só unas areas de cada). Metemos no forno prequentado a 180º, unha hora. O tempo contrólase picándoos cun garfo e comprobando que están tenros. Eu tápoos con papel de prata para que non se me manche o forno senón salpica.
- Unha vez listos os pementos xuntámolos cos outros ingredientes, salgamos un pouco, se queremos, agregamos unhas pingas de crema de vinagre de módena e listo. Seguro que tamén estará moi bo con algún aderezo, pero eu prefiro comelos así, xa ten o aceitiño que vai soltando o bonito e chégame.
- A cantidade e disposición dos ingredientes é a gusto do consumidor
ENSALADA DE AMORODOS
Os amorodos xa van escaseando e aínda tiña pendente esta receita. Poñela antes de que desaparezan porque senón ía quedar un pouco rara.
Otra receita frequiña e lixeira, ultimamente son case todas así, debe ser porque levo case un mes sen facer doces, que mono teño, pero agora a prohibición foi moi contundente e non é plan facer para min soa, así que terei que conformarme con estas receitas lexeiras, que non por elo malas ou desprezables, son todas estupendas. Esta xa fai bastante que a fixen, fíxena en máis dunha ocasión, gustoume moito desde que a vin no blogue "cocinando en mi isla amarilla" de alcantarisa. Fálteme un ingrediente, supoño que cambiará bastante, porque o ingredinte trátase de menta. Esta é a miña versión e está moi boa.
Ingredientes:
1 tomate
1 bola de mozarella
Fresas (non sei cantas, imos vendo)
Sal
Aceite
Glasé de vinagre de framboesa
Leituga, canónigos... (O que máis nos guste para acompañar)
Realización
- Primeiro pelamos e despebitamos os tomates
- Picamos en taquiños o tomate, a mozarella e as fresas (ou en láminas).
- Ponse un molde no centro do prato e primeiro colócase o tomate, logo a mozarella e por último as fresas. Cando colocamos cada capa salgamos un pouco e botámolle o aceite e unhas gotas do glasé.
- Arredor poñemos a leituga ou canónigos (para darlle o toque verde e para facela máis completa). Tamén salgamos, aceitamos e lle poñemos o glasé. Quitamos o molde con coidado.
- Está moi rica. Teño que confesar que despois da foto mesturei todo, alá vai a presentación.

ENSALADA COROA DE AMORODOS
A combinación de sabores é espectacular. Ademais non quero pensar a cara que lle pode quedar ós invitados se lle pos esta ensalada diante...
Ingredientes
5 amorodos (depende do tamaño)
200 gr. de requeixo
30 gr. de xamón serrano
Leituga
Sementes de sésamo tostadas
Vinagreta de mel (unha vinagreta como se acostume a facer con aceite, vinagre e sal, engádeselle unha culleradiña de mel)
- Preparamos a vinagreta de mel: metemos todos os ingredientes nun vaso e batemos un pouco con un garfo)
- Pomos no prato unha cullerada de vinagreta de mel. A continuación colocamos un aro de molde e imos poñendo os ingredientes: no fondo o requeixo cubríndoo ben, podemos esmagalo con unha culler.
- Cortamos os amorodos pola metade e ímolos colocando ao redor do aro enganchándoos sobre o queixo.
- No oco que queda no centro, poñemos as follas de leituga (con canónigos tamén ten que estar moi ben, para min seguro que mellor porque me gustan moito, pero o que tiña na casa era leituga)
- Regamos cun pouquiño de vinagreta e encima pomos o xamón cortado en anaquiños finos. Deixamos caer unhas sementes de sésamo.
- Retiramos con coidado o aro e listo.
- Decorei o prato con glassé de vinagre de frambuesa.
ENSALADA DE OUTONO
O mundo das ensaladas é moi amplo e variado, préstase a que poidamos experimentar cos alimentos que máis nos gustan, xuntalos e probar como sabe. Esta sorprendeume gratamente.
O outro día os da poética (blogue recomendable pola orixinalidade e autenticidade do que nos ofrecen) fixéronme o acordo dos canónigos, compreinos e hoxe abrín alacenas e xuntei o que me parecía do que había por alí.
Como se bautiza unha ensalada? Nin idea porque levan tantos ingredientes que é francamente difícil. Non sabía como chamarlle a esta e mirando para ela vin que tiña bastantes produtos propios do outono: noces, uvas, mazá (o bo é que se poden atopar todo o ano). Pois, ala, ensalada de outono lle queda.
2 puñados de canónigos
1 mazá pequena (neste caso tabardilla)
75 grs de queixo (o que máis guste, neste caso cheddar e samsoe, xa ven preparado en dadiños para ensalada)
1 puñado de pasas
6 noces
2 culleradas de aceite
1 culleradiña de vinagre
sal (media culleradiña das pequenas)
albahaca (unha pouquiña entre os dedos)
Realización
Troceamos os ingredientes que os necesiten: queixo (o meu xa viña listo), mazá, noces
Poñemos nunha ensaladeira ou prato (no meu caso) e aliñamos coa mestura do aceite, o sal, a albahaca e o vinagre.
Penso que estaría deliciosa con unha salsiña de iogur, é máis, creo que é a máis axeitada para esta ensalada.