Mostrando entradas con la etiqueta Un pouco de reflexión. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Un pouco de reflexión. Mostrar todas las entradas
lunes, 17 de mayo de 2010

GALLETAS TIPO ALEMÁN. LETRAS GALEGAS

Outra receita da miña compañeira Puri. Cando lle pedín a receita das galletas de avea tróuxome esta tamén, e como non, fantástica, como todas as recomendacións que ela fai. Non cabe dúbida que se é selección dela é unha boa selección. Creo que debería ter ela o blogue e non eu, pero bueno farei o posible por poñer as máis receitas súas posibles e así a blogosfera poderá disfrutar do seu bo criterio e da súa boa selección de receitas e dos seus consellos



Ingredientes
200 grs de manteiga branda
150 grs de azucre moreno
150 grs de azucre branco (só puxen 50 grs, non me gustan demasiado doces)
2 ovos batidos
1 pizca de sal
200 grs de fariña
100 grs de pasas
80 grs de noces
80 grs de orellóns picados
80 grs de coco rilado
1 culleradiña de levadura química en po (royal)
120 grs de copos de arroz



Realización
- Picamos as noces (eu fágoo na picadora, quedando anacos visibles) e os orellóns.
- Batemos a manteiga co azucre ata que quede unha crema, engadimos os ovos batidos pouco a pouco e o sal. Integramos ben o conxunto.
- Noutro recipiente mesturamos a fariña, a levadura, as pasas, as noces, os orellóns e o coco.
- Unimos os ingredientes secos coa mestura de manteiga, azucre e ovos. Por último incorporamos os copos de arroz. Amalgamamos a mestura (eu acabei metendo a man para mesturalo ben), quedará unha masa densa.



- Facemos bólas, aplástamolas un pouco coas palmas das mans.
- Depositámolas nunha placa de forno cuberta con papel de fornear e algo separadas, puxen 14 en cada fornada.
- Introdúcense no forno prequentado a 180º un pouco máis de 15 minutos (16-17, depende dos fornos), cando as meto no forno baixo a 170º
- Collémolas con coidado porque están brandiñas e depositámolas nunha grella para que arrefríen.
- Saen unhas 40 galletas.


17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS


Hoxe é o día das letras galegas. O único que me gustraría dicir é que non deixeimos morrer a nosa lingua, que é signo de riqueza cultural, non sabemos o afortunados que somos por ter dúas linguas. Non desprecemos o galego, non o deixemos morrer. A aquelas personas que din "E para que serve o galego?" (que son moitas, por desgraza), diríalles que serve para o mesmo que as outras linguas: para comunicarnos. Ós que din que co galego non imos a ningunha parte, preguntaríalles a cantas partes foron elas, cantas veces ó ano, ou ó longo da súa vida, cantas veces saíron de Galicia?(e moitas delas seguro que fóra de España, e non lles preocupou o do idioma). Ademais temos a fortuna de que cando imos polo resto de España sabemos falar castelán. O castelán está por todas partes, tódolos días da nosa vida e polo feito de falar, de comunicarnos en galego, non imos perder o castelán nin deixar de saber falalo. Todos sabemos falar galego, e falar galego non é falar o galego dos libros, nin o normativo, nin o da tvg, falar galego é o de tódolos días, cheo de castelanismos, si, por que non? Con seseo, con gheada. Isto foi o que mantivo vivo o galego, o galego que se fala nas aldeas, o galego dos nosos avós, o galego que usamos para comunicarnos, ó fin. O que non queira USAR O GALEGO que non o faga, somos libres, pero NON O DESPRECEMOS, NON O TEÑAMOS A MENOS!!!!


Este ano adíacaselle o día das letras a Uxío Novoneyra













martes, 28 de julio de 2009

PÓDESE DICIR MÁIS ALTO, PERO NON MÁIS CLARO

Eu non o diría mellor. Tamén quero darlle as grazas a meus pais por falarme e educarme en galego. O mellor de todo é que cando saio de Galicia tamén sei falar castelán. Teño a sorte de poder comunicarme en dúas linguas.
Non subestimemos a capacidade de aprendizaxe dos nosos nenos e nenas. Os nenos e nenas que falan galego tamén saben falar castelán, pero ao revés xa non estou tan segura. Temos que estar orgullosos da nosa riqueza cultural.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...