domingo, 24 de noviembre de 2013

ALUBIAS VERDES CON AMANITA CESÁREA

Un prato espectacular, saboroso, nutritivo e de categoría. A categoría danlla as setas, a amanita cesárea, aínda que buscando en internet denomínaa como caesarea. Digamos que se trata dunha seta moi apreciada polo que lin e polo que me contaron. Que como chegou esta delicia ás miñas mans? Pois teño a sorte de coñecer ás persoas adecuadas e poder gozar da súa xenerosidade.
Todas as setas chegan ás miñas mans a través de Carmen, da Asociación Micológica Sendeiriña de Negreira que comparte comigo a afección pola cociña e faime partícipe da súa outra afección, a micoloxía, aínda que á min o que se me dá mellor é degustalas. Ademas tiven a sorte de ser invitada a unha degustación que se celebrou o pasado sábado 16 de novembro en Negreira e iso si que foi gozar as setas, saborealas cociñadas de distintas formas por un gran cociñeiro e sen pisar o monte. Ofrecéronnos un martimako con setas, un arroz con codornices e setas, unha carbonara con setas e ovo escalfado e unhas tostas con setas e cabaciño, todo delicioso e perfectamente preparado, non recordo as especies. E de sobremesa arroz con leite, tartaletas con pasteleira e unha crema de limón, en todos estaban presentes as setas, non recordo de que especie, pero a súa presenza era ou ben caramelizadas ou infusionaran o leite con elas, recordo que usaron cantarelas. Espero non equivocarme cos nome dos pratos, nin esquecerme de nada. O que si podo asegurar é que me puxen as botas.
Teño moita sorte de coñecer a Carmen e non me cansarei de darlle as grazas, nunca o poderei agradecer o suficiente. Xa van dúas entradas seguidas grazas a ela,  ao final vou ter que cederlle este blogue porque me pon en movemento e fai que publique.
As alubias,  plántaas o meu pai, conxélanas e podemos degustarlas todo o inverno e facer estes pratos de culler  tan apropiados na época de frío. 



En castellano
Un plato espectacular, sabroso, nutritivo y de categoría. La categoría se la dan las setas, la amanita cesárea, aunque buscando en internet la denomina  como caesarea. Digamos que se trata de una seta muy apreciada por lo que he leído y por lo que me han contado. Que cómo ha llegado esta delicia a mis manos? Pues que he tenido la suerte de conocer a las personas adecuadas y poder disfrutar de su generosidad.
Todas las setas llegan a mis manos a través de Carmen, de la Asociación Micológica Sendeiriña de Negreira que comparte conmigo la afición por la cocina y me hace partícipe de su otra afición, la micología, aunque a mi lo que se me da mejor es degustarlas. Ademas tuve la suerte de ser invitada a una degustación que se celebró el pasado sábado 16 de noviembre en Negreira y eso si que fue disfrutar las setas, saborearlas cocinadas de distintas formas por un gran cocinero y sin pisar el monte. Nos ofrecieron un martimako con setas, un arroz con codornices y setas, una carbonara con setas y huevo escalfado y unas tostas con setas y calabacín, todo delicioso y perfectamente preparado, no recuerdo las especies. Y de postre arroz con leche,  tartaletas con pastelera y una crema de limón, en todos estaban presentes las setas, no recuerdo de que especie, pero su presencia era o bien caramelizadas o habían infusionado la leche con ellas, recuerdo que usaron cantarelas. Espero no equivocarme con los nombre de los platos, ni olvidarme de nada. Lo que sí puedo asegurar es que me puse las botas.
Tengo mucha suerte de haber conocido a Carmen y no me cansaré de darle las gracias, nunca lo podré agradecer lo suficiente. Ya van dos entradas seguidas gracias a ella, si al final voy a tener que cederle este blog porque me pone en movimiento y hace que publique.
Las alubias, las planta mi padre, las congelan y podemos degustarlas todo el invierno y hacer estos platos de cuchara tan apropiados en la época de frío. 



Ingredientes
Alubias verdes
Cogomelos (amanita cesárea)
Aceite de oliva
Unha cebola
2 dentes de allo
Un anaco de pemento verde
Dúas cenorias
Unha lata de salsa de tomate de 100 g (marca Solís) ou un tomate
sal e pementa
Auga ou caldo
En castellano
Ingredientes
Alubias verdes
Setas (amanita cesárea)
Aceite de oliva
Una cebolla
2 dientes de ajo
Un trozo de pimiento verde
Dos zanahorias
Una lata de salsa de tomate de 100 g (marca Solís) o un tomate
sal e pimienta
Agua o caldo



Elaboración
 - Cubrimos o fondo dunha pota con aceite de oliva, cando estea quente pochamos a cebola e o allo cortados moi finos (eu fágoo na picadora)
- Cando a cebola estea dourada incorporamos o pemento cortado en anacos moi pequenos. Deixamos que vaia abrandando. En caso de usar tomate natural, este sería o momento de incorporalo, sen pel e sen pebidas e ben triturado e deixamos que se consuma un pouco.
- E a continuación, a cenoria moi fina (tamén na picadora). Deixamos que se faga un pouco coa tapa posta e o lume baixo.
- Para rematar introducimos os cogomelos cortados en anacos pequenos. Deixamos que se vaian facendo, salgamos e botámoslle unhas voltas de pementa negra recén moída. Deixámolo ata que se consuma a auga dos cogomelos (os meus xa non tiñan porque estaban conxelados e xa foran cociñados). 
- Incorporamos a salsa de tomate e deixamos que se integre ben. 
- Debemos ter a parte un cazo con auga fervendo ou con caldo.
- Unha vez listo o sofrito incorporamos as alubias e a auga fervendo de xeito que as cubra un par de dedos por encima ou máis dependo do caldosas que as queiramos. Salgamos.
- Deixamos que se vaian facendo a lume baixo e coa tapa posta. Durante unha hora máis ou menos. Eu nunca controlo a hora, vou probando, e observando a salsa. Para min unhas alubias non están ben feitas hasta que a salsa estea espesiña. 



En castellano
Elaboración
- Cubrimos el fondo de una olla con aceite de oliva, cuando esté caliente pochamos la cebolla y el ajo cortados muy finos (yo lo hago en la picadora) 
- Cuando la cebolla esté dorada incorporamos el pimiento cortado en trozos muy pequeños. Dejamos que vaya ablandando. En caso de usar tomate natural, este sería el momento de incorporarlo, sin piel y sin pepitas y bien triturado y dejamos que se consuma un poco.
- Y a continuación, la zanahoria muy fina (también en la picadora). Dejamos que se haga un poco con la tapa puesta y el fuego bajo.
- Por último introducimos las setas cortadas en trozos pequeños. Dejamos que se vayan haciendo, salamos y le echamos unas vueltas de pimienta negra recién molida. Lo dejamos hasta que se consuma el agua de las setas (las mías ya no tenían porque estaban congeladas y ya habían sido cocinadas). 
- Incorporamos la salsa de tomate y dejamos que se integre bien. 
- Debemos tener a parte un cazo con agua hirviendo o con caldo.
- Una vez listo el sofrito incorporamos las alubias y el agua hirviendo de forma que las cubra un par de dedos por encima o más dependiendo de lo caldosas que las queramos. Salamos.
- Dejamos que se vayan haciendo a fuego bajo y con la tapa puesta. Durante una hora más o menos. Yo nunca controlo la hora, voy probando, y observando la salsa. Para mí unas alubias no están bien hechas hasta que la salsa esté espesita. 


viernes, 1 de noviembre de 2013

ROSQUIÑAS DE LARANXA E ANÍS

ROSQUILLAS DE NARANJA Y ANÍS
Pois case tres meses sen publicar, nunca tardei tanto. O tempo pasa sen compaixón e eu non me dou nin conta. É curioso isto do blogue, ao principio é como unha adicción, necesitas publicar todo o que fas, miras todo o que fan os demais e todo o queres probar, miras mil veces se che comentan... Pero co tempo vas perdendo interese, non sei cal é o motivo. Cociñar, claro que cociño, pero vaime pasando o tempo e despois xa non lle atopo a graza a publicalo. O que peor levo é o das fotos. Montar todo o escenario, fotografar, logo recoller, editar, lévoo mal. Dáme pena porque fago cousas que me gustan moito e non anoto e cando quero repetilo non me acordo dos detalles ou dos arranxos que fixen. Por iso decidín que esta receita non podía deixar de publicala porque é desas que non se poden perder.
Esta receita é especial, deuma Carmen, a nai dun bo amigo. Que se foi de viaxe a Almería e alí nun xornal local publican receitas. Un dos locais que frecuentaban facía ditas receitas e un día puxéronlles estas rosquiñas, gustáronlle tanto que me trouxo a folla do xornal coa receita. É ou non é especial esta receita? E Carmen un auténtico amor. Estas son as cousas boas que trae ter un blogue, atoparse con xente fantástica que comparte e que se acorda dunha cando está de viaxe. Grazas Carmen, unha vez máis.



En castellano
Pues casi tres meses sin publicar, nunca he tardado tanto. El tiempo pasa sin compasión y yo no me doy ni cuenta. Es curioso esto del blog, al principio es como una adicción, necesitas publicar todo lo que haces, miras todo lo que hacen los demás y todo lo quieres probar, miras mil veces si te comentan... Pero con el tiempo vas perdiendo interés, no sé cual es el motivo. Cocinar, claro que cocino, pero se me va pasando el tiempo y después ya no le encuentro la gracia a publicarlo. Lo que peor llevo es lo de las fotos. Montar todo el escenario, fotografiar, luego recoger, editar, lo llevo mal. Me da pena porque hago cosas que me gustan mucho y no anoto y cuando quiero repetirlo no me acuerdo de los detalles o de los arreglos que hice. Por eso decidí que esta receta no podía dejar de publicarla porque es de esas que no se pueden perder.
Esta receta es especial, me la dio Carmen, la madre de un buen amigo. Que se fue de viaje a Almería y allí en un periódico local publican recetas. Uno de los locales que frecuentaban hacía dichas recetas y un día les pusieron estas rosquillas, le gustaron tanto que me trajo la hoja del periódico con la receta. Es o no es especial esta receta? Y Carmen un auténtico amor. Estas son las cosas buenas que trae tener un blog, encontrarse con gente fantástica que comparte y que se acuerda de una cuando está de viaje. Gracias Carmen, una vez más.



Ingredientes
350 g de fariña de repostería
Un sobre de impulsor royal
8 culleradas de azucre
2 ovos
Unha cullerada de anís (licor)
4 culleradas de aceite de oliva
Unha laranxa
Unha cullerada de pasas sen sementes
Unha cullerada de sementes de anís
Un chisco de sal
Aceite de girasol para fritir
Azucre glass
Ingredientes
350 g de harina de repostería
Un sobre de impulsor royal
8 cucharadas de azúcar
2 huevos
Una cucharada de anís (licor)
4 cucharadas de aceite de oliva
Una naranja
Una cucharada de pasas sin semillas
Una cucharada de semillas de anís
Una pizca de sal
Aceite de girasol para freír
Azúcar glass



Ingredientes
- Primeiro infusionamos o aceite de oliva coas sementes de anís e cunha tira da pel de laranxa. Para iso quentamos o aceite nunha tixola coas sementes de anís e a pel de laranxa e deixamos que solten os aromas sen deixar que ferva. Tapámolo e deixámolo repousar ata que arrefríe.
- Quentamos no micro, por espazo de 10 segundos, o anís e introducimos as pasas para que se hidraten.
- Batemos os ovos co azucre ata que estean escumosos. Incorporamos a raiadura do resto da pel da laranxa, unha cullerada de zume de laranxa, o anís que tiñamos coas pasas, e o aceite frío que tiñamos infusionando, ao que lle retiramos a pel da laranxa, e se queremos as sementes de anís, eu deixeillas. Mesturamos todo ben.
- Incorporamos as pasas, a fariña mesturada co royal e o sal. Mesturamos ben coas mans ata formar unha masa. Quedará bastante pegañenta, pasamos á encimera cun pouco de fariña e facemos unha bóla coa masa. Coidado de que a masa non teña fariña senón  requemarásenos o aceite, é sempre mellor usar aceite para que a masa non se pegue, nin ás mans nin á encimera.
- Para facer as rosquiñas o mellor é que engraxemos as mans. Formamos boliñas e facémoslles un buraco central formando a rosca.
- Para rematar, fritímolas en abundante aceite quente. Debemos de ter coidado, non debe estar excesivamente quente porque se queimarán con facilidade, eu púxeno no 7 de 9. Dóuranse rapidamente, polo que debemos estar moi atentos e viralas para que se douren polos dous lados.
- Retirámolas a unha fonte con papel absorbente e cando estean frías espolvoreamolas con azucre glass.



Ingredientes
- Primero infusionamos el aceite de oliva con las semillas de anís y con una tira de la piel de naranja. Para ello calentamos el aceite en una sartén con las semillas de anís y la piel de naranja y dejamos que suelten los aromas sin dejar que hierva. Lo tapamos y lo dejamos reposar hasta que enfríe.
- Calentamos en el micro, por espacio de 10 segundos, el anís e introducimos las pasas para que se hidraten.
- Batimos los huevos con el azúcar hasta que estén espumosos. Incorporamos la ralladura del resto de la piel de la naranja, una cucharada de zumo de naranja, el anís que teníamos con las pasas, y el aceite frío que teníamos infusionando, al que le retiramos la piel de la naranja, y si queremos las semillas de anís, yo se las dejé. Mezclamos todo bien.
- Incorporamos las pasas,  la harina mezclada con el royal y la sal. Mezclamos bien con las manos hasta formar una masa. Quedará bastante pegajosa, pasamos a la encimera con un poco de harina y hacemos una bola con la masa. Cuidado de que la masa no tenga harina sino se nos requemará el aceite, es siempre mejor usar aceite para que la masa no se pegue, ni a las manos ni a la encimera.
- Para hacer las rosquillas lo mejor es que engrasemos las manos. Formamos bolitas y les hacemos un agujero central formando la rosquilla.
- Por último, las freímos en abundante aceite caliente. Debemos de tener cuidado, no debe estar excesivamente caliente porque se quemarán con facilidad, yo lo puse en el 7 de 9. Se doran rápidamente, por lo que debemos estar muy atentos y girarlas para que se doren por los dos lados.
- Las retiramos a una fuente con papel absorbente y cuando estén frías las espolvoreamos con azúcar glass.







Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...