miércoles, 5 de agosto de 2009

XUDÍAS CON TOMATE

Ás veces penso que debería terlle posto outro nome a este blogue porque cando fago comidas salgadas teño unha loita para conseguir que non sobre e facer unha soa ración. Hoxe conseguino. Ben é certo que a receita de hoxe é perfectamente adaptable.
É unha receita sinxeliña e moi sabrosa.

Ingredientes
200 grs de xudías (sen pelar)
1 pataca
5 culleradas de salsa de tomate ( neste caso caseira)
1 ovo cocido
50 grs de xamón cocido en taquiños
sal
Elaboración
- Primeiro de nada cocemos un ovo.
- Pelamos as xudías, cortándolles os extremos e quitándolles os fíos laterais.
- Poñemos a cocer as xudías coa pataca cortada en tacos, durante media hora. Próbase para ver como están. Sálgase (unha cullerada de café rasa)
- Nunha tixola poñemos a quentar a salsa de tomate. Pode ser comprada ou facela con tomates (sería necesario unha cebola pequena, 1 dente de allo, 250 grs de tomates e unha cullerada de café de sal e outra de azucre- pode ser algo menos, dependendo gustos-. Seguindo o procedemento explicado en salsa de tomate caseira).
- Picamos en taquiños o xamón cocido e incrporámolo á salsa de tomate.
- A continuación incorporamos as xudías e as patacas, xa escorridas da auga de cocelas, á salsa. Dámoslle unhas voltas para que se mezcle todo ben.
- Xa no plato troceamos o ovo.


4 comentarios:

  1. Ola!!!

    qué pinta teñen esas xudías e coa salsa de tomate caseira...mellor. Onte déronme unhas e probarei a facelas así.
    Bicos.

    ResponderEliminar
  2. A min gustáronme moito. Xa as tiña comido con salsa de tomate, pero coa caseira mellor.
    Agora en época de recolleita hai para dar e regalar. Onte fun á casa de meus pais e tiña un caldeiro delas e unha bolsa. Regalamos unhas cuantas, pero iso é un espectáculo. Este é un moi bo ano de recolleita. Hai que aproveitar e facer comidas ricas de temporada.Bicos e coma sempre grazas pola túa visita.

    ResponderEliminar
  3. Adoro as xudías!!!! Aínda que teño que decir que eu prefiroas cun pouquín de aceite de oliva rustrido con allo. Pero as pataquiñas e o ovo cocido que non falte.

    A túa salsa de tomate ten unha pinta increible... sempre teño ganas de facela pero nunca me poño... e que tamén hai que ter bós tomates e eu polo de agora non teño... terei que investigar.

    Bicos.

    Laura.

    ResponderEliminar
  4. Que razón tes Laura, a min como dis ti encántanme tamén, pero quixen probar diferente e non teñen nada que envidiar. Xa as tiña comido con salsa de tomate, pero nada que ver.
    Bicos

    ResponderEliminar

Cóntame que che parece

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...