Mostrando entradas con la etiqueta cogumelos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cogumelos. Mostrar todas las entradas
sábado, 15 de noviembre de 2014

COGUMELOS CON XAMÓN SOBRE GOFRES REGADO CON REDUCIÓN DE OPORTO

SETAS CON JAMÓN SOBRE GOFRES SALADOS REGADO CON REDUCCIÓN DE OPORTO
Pois volvino a facer, volvín a esquecerme de que teño un blogue e que merece un poquito da miña atención. Xa o dixen noutras ocasións, debe ser unha síndrome ou algo que sufro, o tempo pásame demasiado rápido, case non son consciente, cando me dou conta foise un mes e eu penso que aínda estamos nos primeiros días.
Últimamente non fago case nada, pero teño unha chea de receitas pendentes. Estou pasando unha tempada na que non me apetece facer nada na cociña, non me apetece manchar e desordenar, ademais acabo pensado, "total é para engordar".
Esta receita vinme un pouco obrigada a facela porque os de marca silikomart puxéronse en contacto comigo para colaborar con eles e usar os seus moldes de silicona, aceptei e agora teño que cumprir, neste caso trátase duns moldes con forma de gofres e apaetecíame facer algo pouco convencional e non usalos para algo doce.
Ademais, Carmen volveu obsequiarme cunhas suculentas setas, e tiña moitas ganas de facer algo diferente e publicalo, que sei que Carmiña está pendente das miñas publicacións. A ver se lle gusta.

En castellano
Pues lo he vuelto a hacer, he vuelto a olvidarme de que tengo un blog y que merece un poquito de mi atención. Ya lo he dicho en otras ocasiones, debe ser un síndrome o algo que sufro, el tiempo me pasa demasiado rápido, casi no soy consciente, cuando me doy cuenta se fue un mes y yo pienso que todavía estamos en los primeros días.
Últimamente no hago casi nada, pero tengo un montón de recetas pendientes. Estoy pasando una temporada en la que no me apetece hacer nada en la cocina, no me apetece manchar y desordenar, además acabo pensado, "total es para engordar".
Esta receta me vi un poco obligada a hacerla porque los de marca silikomart se pusieron en contacto conmigo para colaborar con ellos y usar sus moldes de silicona, acepté y ahora tengo que cumplir, en este caso se trata de unos moldes con forma de gofres y me apaetecía hacer algo poco convencional y no usarlos para algo dulce.
Además, Carmen volvió obsequiarme con unas suculentas setas, y tenía muchas ganas de hacer algo diferente y publicarlo, que sé que Carmiña está pendiente de mis publicaciones. A ver si le gusta.



Ingredientes
Para a masa dos gofres
130 g de semolina
40 g de maizena
2 ovos
75 g de leite
1 dente de allo
Unhas ramiñas de perexil (creo que con albahaca tamén sería perfecto, pero non tiña)
40 g de queixo rilado (neste caso era queixo de cabra curado)
Media culleradiña de bicarbonato
2 g sal
Para o recheo
Aceite de oliva
Setas (non sei a cantidade, uns 400 g) (neste caso eran cantharellus e tricoloma columbeta)
Medio pemento verde
1 dente de allo
1 cebola
sal e pementa
Xamón serrano
Para a redución de Oporto
150 ml de viño de Oporto
3 culleradas de azucre
En castellano
Ingredientes
Para la masa de los gofres
130 g de semolina
40 g de maizena
2 huevos
75 g de leche
1 diente de ajo
Unas ramitas de perejil (creo que con albahaca también sería perfecto, pero no tenía)
40 g de queso rallado (en este caso era queso de cabra curado)
Media cucharadita de bicarbonato
sal
Para el relleno
Aceite de oliva
Setas (no sé la cantidad) (en este caso eran cantharellus y tricoloma columbeta)
Medio pimiento verde
1 diente de ajo
1 cebolla
sal y pimienta
Jamón serrano
Para la reducción de Oporto
150 ml de vino de Oporto
3 cucharadas de azúcar



Realización
Dos gofres
- Poñemos nun recipiente todos os ingredientes e facemos unha masa coa batidora. Repartimos a masa no molde de silicona con forma de gofres. A masa é xusta. Si non temos estes moldes podemos facer unhas filloas na tixola. 
- Introducimos o molde no forno, prequecido a 180º, durante 12 minutos.
- Retiramos dos moldes.
Preparación dos cogumelos
- Cubrimos o fondo dunha tixola con aceite de oliva. Douramos o allo cortado fino. Engadimos a cebola cortada en xuliana e deixámola ata que se vaia poñendo transparente e engadimos o pemento cortado en tiras finas.
- Cando o pimiento empece a estar brando engadimos as setas lavadas e cortadas en anacos. Deixamos que se consuma a auga das setas, salpimentamos e engadimos o jamón serrano cortado en tacos.
- Mesturamos ben e deixámolo uns minutos.
Redución de viño Oporto
- Cando as setas vaian estando listas, poñemos nun cazo o viño e o azucre, levámolo a ebulición. Deixamos que se reduza e imos comprobando  a súa consistencia. Temos que baixar un pouco o calor, pero sempre en ebulición. Cando fai moita espuma é que xa está. Podemos comprobalo poñendo un pouco nun prato e deixando que arrefríe. A súa consistencia é máis densa. 
Montaxe
Poñemos encima dos gofres as setas e regamos coa redución. Engadimos unhas lascas de queixo, neste caso era queixo curado de cabra, pero un parmesano ou unhas migas de queixo azul tamén lle quedarían fenomenal.



En castellano
Realización
De los gofres
- Ponemos en un recipiente todos los ingredientes y hacemos una masa con la batidora. Repartimos la masa en el molde de silicona con forma de gofres. La masa es justa. Si no tenemos estos moldes podemos hacer unas filloas en la sartén. 
- Introducimos el molde en el horno, precalentado a 180º, durante 12 minutos.
- Retiramos de los moldes.
Preparación de las setas
- Cubrimos el fondo de una sartén con aceite de oliva. Doramos el ajo cortado fino. Añadimos la cebolla cortada en juliana y la dejamos hasta que se vaya poniendo transparente y añadimos el pimiento cortado en tiras finas.
- Cuando el pimiento empiece a estar blando añadimos las setas lavadas y cortadas en trozos. Dejamos que se consuma el agua de las setas, salpimentamos y añadimos el jamón serrano cortado en tacos.
- Mezclamos bien y lo dejamos unos minutos.
Reducción de vino Oporto
- Cuando las setas vayan estando listas, ponemos en un cazo el vino y el azúcar, lo llevamos a ebullición. Dejamos que se reduzca y vamos comprobando su consistencia. Tenemos que bajar un poco el calor, pero siempre en ebullición. Cuando hace mucha espuma es que ya está. Podemos comprobarlo poniendo un poco en un plato y dejando que enfríe. Su consistencia es más densa. 

Montaje
Ponemos encima de los gofres las setas y regamos con la reducción. Añadimos unas lascas de queso, en este caso era queso curado de cabra, pero un parmesano o unas migas de queso azul también le quedarían fenomenal.



sábado, 31 de mayo de 2014

PASTA AL NERO DI SEPIA CON LANGOSTINOS, COGOMELOS E SALSA DE CENTOLO.

PASTA AL NERO DI SEPIA CON LANGOSTINOS, SETAS Y SALSA DE CENTOLLO
Pufff, que subidón. Acabo de entrar ao blogue para montar esta entrada e atópome cun comentario sen moderar. Léoo e debúxaseme un sorriso. É dunha anónima, por iso non podo dar as grazas personalizadas, aínda así grazas. A todos nos gusta ler este tipo de cousas: "Encantame todas as tuas recetas. Son adicta as masas dulces e o teu blog e un dos mellores,sin duda,xunto con dulce algodon q tamen e xenial. Dame moita pena q xa non escribadess tan a menudo como antes( os 2blogs son os meus favoritos)pero sempre paso por aqui,por si acaso..moitas grazas por todas as receitas q nos tes ensinado. Es maravillosa! Unha aperta"

O anterior non entraba nos meus plans escribilo, pero non puiden resistirme, é bo compartir as pequenas alegrías que ten un día calquera de forma inesperada.

Voume a centrar agora na receita de hoxe. Non podía deixar de publicala, é unha auténtica delicia, fácil e rápida e á vez ideal para sorprender, quedar ben, celebrar...
Todo empezou cun fantástico agasallo de aniversario que recibín dun gran amigo. Fíxome chegar por correo unha caixa chea de conservas, de boas conservas, das de calidade, que se poden adquirir en Santiago de Compostela, en Catrineta para ser máis exactos. Teño que confesar que aínda non os visitei, pero seguro que o farei próximamente e máis logo de preparar a receita de hoxe.
Pois ben, entre todos os produtos cos que me obsequiou había dúas latiñas de paté de marisco, unha de centolo e outra de nécora. Nin que dicir ten que son riquísimas as dúas. Abrín primeiro a de nécora, que se acabou nun tris untado en pan, e ao primeiro bocado e inhalando o delicioso cheiro veume á cabeza a posibilidade de facer unha salsiña con ese paté. Como me quedaba a outra lata, a de centolo, pois decidín probar. Miña nai, que salsa tan deliciosa e tan delicada. Eu optei por acompañala con pasta nero di sepia, pero para acompañar a un peixe tampouco ten desperdicio. 
Pois ben, que agora xa creei unha necesidade e teño que ir a por máis latas.



En castellano
Pufff, que subidón. Acabo de entrar al blog para montar esta entrada y me encuentro con un comentario sin moderar. Lo leo y se me dibuja una sonrisa. Es de una anónima, por eso no puedo dar las gracias personalizadas, aún así gracias. A todos nos gusta leer este tipo de cosas: "Encantame todas as tuas recetas. Son adicta as masas dulces e o teu blog e un dos mellores,sin duda,xunto con dulce algodon q tamen e xenial. Dame moita pena q xa non escribadess tan a menudo como antes( os 2blogs son os meus favoritos)pero sempre paso por aqui,por si acaso..moitas grazas por todas as receitas q nos tes ensinado. Es maravillosa! Unha aperta"

Lo anterior no entraba en mis planes escribirlo, pero no pude resistirme, es bueno compartir las pequeñas alegrías que tiene un día cualquiera de forma inesperada.

Me voy a centrar ahora en la receta de hoy. No podía dejar de publicarla, es una auténtica delicia, fácil y rápida y a la vez ideal para sorprender, quedar bien, celebrar...
Todo empezó con un fantástico regalo de cumpleaños que recibí de un gran amigo. Me hizo llegar por correo una caja llena de conservas, de buenas conservas, de las de calidad, que se pueden adquirir en Santiago de Compostela, en Catrineta para ser más exactos. Tengo que confesar que todavía no los he visitado, pero seguro que lo haré próximamente y más después de preparar la receta de hoy.
Pues bien, entre todos los productos con los que me obsequió había dos latitas de paté de marisco, una de centollo y otra de nécora. Ni que decir tiene que son riquísimas las dos. Abrí primero la de  nécora, que se acabó en un tris untado en pan, y al primer bocado e inhalando el delicioso olor me vino a la cabeza la posibilidad de hacer una salsita con ese paté. Como me quedaba la otra lata, la de centollo pues decidí probar. Madre mía, que salsa tan deliciosa y tan delicada. Yo he optado acompañarla con pasta nero di sepia, pero para acompañar a un pescado tampoco tiene desperdicio. 
Vamos, que ahora ya he creado una necesidad y tengo que ir a por más latas.



Ingredientes (para unha ración completiña)
Pasta ao nero di sepia
6 langostinos
Cogomelos (no meu caso, tres ou catro champiñóns port grandes)
1 ceboleta ou unha cebola pequena
1 dente de allo
125 ml de nata para cociñar
70 gr de paté de centolo
sal e aceite de oliva
En castellano
Ingredientes (para una ración completita)
Pasta al nero di sepia
6 langostinos
Setas (en mi caso, tres o cuatro champiñones port grandes)
1 cebolleta o una cebolla pequeña
1 diente de ajo
125 ml de nata para cocinar
70 gr de paté de centollo
sal y aceite de oliva




Preparación
- Cubrir o fondo dunha tixola con aceite de oliva. Cando estea quente marcamos os langostinos, ata que cambien de cor, por ambos lados, salgámolos un pouco. Ao estar listos retirámolos da tixola e reservamos e pelámolos cando estean fríos.
- No mesmo aceite salteamos as setas que previamente limpamos e laminados e salgámolas un pouquiño. Cando estean listos retirámolos e reservamos.
- No aceite que queda, si é pouco engadimos un pouco máis, pochamos a cebola e o allo, picados ben finiños, ata que quede traslúcida. Engadimos a nata, mesturamos ben e a continuación engadimos o paté e integrámolo ben ata formar a salsa. Se queremos que quede ben finiña pasámola polo batedor.
- Só temos que cocer a pasta como nos indica o fabricante e mesturar todo, regado coa deliciosa salsa.



En castellano
Preparación
- Cubrir el fondo de una sartén con aceite de oliva. Cuando esté caliente marcamos los langostinos, hasta que cambien de color, por ambos lados, los salamos un poco. Al estar listos los reitamos de la sartén y reservamos. Cuando estén fríos los pelamos.
- En el mismo aceite salteamos las setas que previamente hemos limpiado y laminado y las salamos un poquito. Cuando estén listos los retiramos y reservamos.
- En el aceite que queda, si es poco añadimos un poco más, pochamos la cebolla y el ajo, picados bien finitos, hasta que quede traslúcida. Añadimos la nata, mezclamos bien y a continuación añadimos el paté y lo integramos bien hasta formar la salsa. Si queremos que quede bien finita la pasamos por la batidora.
- Solo tenemos que cocer la pasta como nos indica el fabricante y mezclar todo, regado con la deliciosa salsa.

Y el paté untadito en una tostada también está divino.

Y mi regalazo. Menudo surtido que estoy disfrutando. Gracias Óscar, tú si que sabes hacer regalos.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...