viernes, 19 de noviembre de 2010

BÓLAS DE GRELOS E TOUCIÑO

BOLAS DE GRELOS Y BACON
Irresistiblemente boas!!!! Tiña moitas ganas de publicar esta entrada para poder compartir algo tan rico e para non esquecerme delas porque esta receita téñoa que facer moitas veces. Aínda que lles chamo bólas non deixan de ser unhas simples croquetas, creo que as mellores que comín na vida.
O outro día comprei unha monllada de grelos, pero claro son moitos para unha vez. Fixen un revolto con gambas, tamén altamente recomendable e logo sobráronme a metade dos grelos.Decidín cocelos todos e ó día seguinte, que facía con eles??? Outro revolto?? Comenteillo a miña nai e as nais sempre teñen boas ideas, e díxome que fixera  unha empanada ou unhas croquetas. Ela nunca fai croquetas porque di que leva demasiado tempo, que é unha perda de tempo e que engordan demasiado e ademais dan moito choio. Listiña é un pouco, e aínda que di todo iso das croquetas logo come nelas que dá gusto, encántanlle, o mesmo cá min, e se de paso hai alguén que as faga e só queda fritilas, pois mellor que mellor, non? Primeiro pensei na empanada, que aínda ha hei de facer, pero claro a empanada hai que comela no día e as croquetas pódense conxelar e ir degustando en varios días.
Os grelos con touciño son o matrimonio perfecto, nesta receita non é touciño estilo do país, e algo máis americanado, aínda así fan unha parella ideal.
Non sei que cantidade de grelos empreguei, era, aproximadamente, a metade dunha monllada das que soen vender no carrefur, pode que sexa sobre medio quilo, pero non o podo asegurar. Ós grelos pásalles coma a toda a verdura de folla verde que ó cocer encolle unha barbaridade así que aínda que ó principio parece moito logo queda en nada.


En castellano
Irresistiblemente buenas!!!! Tenía muchas ganas de publicar esta entrada para poder compartir algo tan rico y para no olvidarme de ellas porque esta receta la tengo que hacer muchas veces. Aunque les llamo bolas no dejan de ser unas simples croquetas, creo que las mejores que comí en la vida.
El otro día compré un manojo de grelos, pero claro son muchos para una vez. Hice un revuelto con gambas, también altamente recomendable y luego me sobraron la mitad de los grelos. Decidí cocerlos todos y al día siguiente, que hacía con ellos??? Otro revuelto?? Se lo comenté a mi madre, y las madres siempre tienen buenas ideas, y me dijo que hiciera una empanada o unas croquetas. Ella nunca hace croquetas porque dice que lleva demasiado tiempo, que es una pérdida de tiempo y que engordan demasiado y además dan mucho trabajo. Listiña es un poco, y aunque dice todo eso de las croquetas luego las come que da gusto, le encantan, lo mismo que a mi, y si de paso hay alguien que las haga y solo queda freírlas, pues mejor que mejor, no? Primero pensé en la empanada, que seguro que la haré en otra ocasión, pero claro la empanada hay que comerla en el día y las croquetas se pueden congelar e ir degustando en varios días.
Los grelos con tocino son el matrimonio perfecto, en esta receta no es tocino estilo del país, es algo más americanado, panceta ahumada, pero aún así hacen una pareja ideal.
No sé que cantidad de grelos empleé, era, aproximadamente, la mitad de un monojo de las que suelen vender en el carrefur, puede que sea sobre medio kilo, pero no lo puedo asegurar. A los grelos les pasa como la toda la verdura de hoja verde que al cocer encoge una barbaridad así que aunque al principio parece mucho luego queda en nada.



Ingredientes
100 grs de manteiga
100 grs de fariña
600 ml de leite.
1 loncha grosa de touciño (panceta afumada)
Grelos cocidos, ben escorridos (medio quilo, ou algo menos)
Sal
Un pouco de noz moscada
60 gr de queixo fundente (un tetilla ou Arzúa-ulloa, van fenomenal, ou simplemente 3 lonchas de tranchetes)
3 ovos
Pan rilado
1 culleradiña de levadura Royal
Aceite para fritir.
En castellano
Ingredientes
100 grs de mantequilla
100 grs de harina
600 ml de leche.
1 loncha gruesa de tocino (bacon ahumado)
Grelos cocidos, bien escurridos (medio kilo, o algo menos)
Sal
Un poco de nuez moscada
60 gr de queso fundente (un tetilla o Arzúa-ulloa, van fenomenal, o simplemente 3 lonchas de tranchetes)
3 huevos
Pan rallado
1 cucharadita de levadura Royal
Aceite para freír.



Realización
- Primeiro cocemos os grelos: Lávanse ben e retórcense, fregándoos, como se fose a roupa (esto según a miña proxenitora, é para quitarlle algo o verde e que non sean tan bravos). Bótanse en auga quente e nunha media hora xa están. Eu pùxenos na express e en menos de 10 minutos estaban cocidos.
- Picamos en taquiños moi pequenos o touciño e anacos, pequenos tamén os grelos.
- Pasamos o touciño nunha tixola ata que vaia perdendo a graxa. Cando estea algo torradiño engadimos os grelos para que se impregnen da graxa do touciño. Reservamos ata que estea lista a bechamel.
- Métese a manteiga ó lume nun cazo ata que se derreta.
- Engádese a fariña e reméxese ben cunhas variñas ata que estea ben integrado e non haxa grumos. Deixámolo un pouco (2-3 minutos), sempre remexendo, para que se coza fariña. A calor media.
- Engadimos o leite e remexemos constantemente. Eu sempre poño o leite frío, ou morno porque así seguro que non me quedan grumos. Primeiro introduzo a metade do leite e logo cando vexo que vai espesando vou introducindo o resto ata conseguir a textura e espeso desexado, neste caso, das croquetas, ten que ser espesiña.
- Case o final, cando xa temos a bechamel lista, engadimos o sal e a noz moscada. Dámoslle unhas voltas e incorporamos o queixo ata que se funda coa bechamel.
- Apagamos o lume e engadimos o touciño e os grelos e dámoslle unhas voltas para que quede ben repartido pola bechamel.
- Estendemos a bechamel nunha bandexa para que enfríe. Pódeselle pasar por encima un pouco de manteiga para que non críe tona.
- Unha vez fría procedemos a moldear as bólas. Pásanse por pan rilado, ovo e pan rilado, deste xeito fáiselle unha cuberta moi cruxente e resistente.
- No ovo batido poñémoslle unha culleradiña de levadura Royal, esto tamén contribúe ó efecto da cuberta mencionado antes.
- Frítense en abundante aceite.



En castellano
Realización
- Primero cocemos los grelos: se lavan bien y se retuercen, fregándolos, como se fuese la ropa (esto según  mi progenitora, es para quitarle algo el verde y que non sean tan "bravos", el grelo tiene un sabor fuerte y tirando a amargo). Se echan en auga hirviendo  y en una media hora ya están. Yo los puse en la express y en menos de 10 minutos estaban cocidos.
- Picamos en taquitos muy pequeños el bacon y trozos, pequeños también, los grelos.
- Pasamos el tocino en una sartén hasta que vaya perdiendo la grasa. Cuando esté algo torradito añadimos los grelos para que se impregnen de la grasa del tocino. Reservamos hasta que esté lista la bechamel.
- Se mete la mantequilla al fuego en uno cazo hasta que se derrita.
- Se añade la harina y se bate bien con unas varillas hasta que esté bien integrado y no haya grumos. Lo dejamos un poco (2-3 minutos), siempre batiendo, para que se cueza la harina. El calor medio alto.
- Añadimos la leche y batimos constantemente. Yo siempre pongo la leche fría, o tibia porque así seguro que no me quedan grumos. Primero introduzco la mitad de la leche y luego cuando veo que va espesando voy introduciendo el resto hasta conseguir la textura y espesor deseado, en este caso, de las croquetas, tiene que ser espesita.
- Casi el final, cuando ya tenemos la bechamel lista, añadimos la sal y la nuez moscada. Le damos unas vueltas e incorporamos el queso hasta que se funda con la bechamel.
- Apagamos el fuego y añadimos el tocino y los grelos y le damos unas vueltas para que quede bien repartido por la bechamel.
- Extendemos la bechamel en una bandeja para que enfríe. Se le puede pasar por encima un poco de mantequilla para que no crie costra.
- Una vez fría procedemos a moldear las bolas. Se pasan por pan rallado, huevo y pan rallado, de este modo se le hace una cubierta muy crujiente y resistente.
- En el huevo batido le ponemos una cucharadita de levadura Royal, esto también contribuye al efecto de la cubierta mencionado antes.
- Se fríen en abundante aceite.



jueves, 11 de noviembre de 2010

MADALENAS DE MASCARPONE RECHEAS DE MARMELADA

MAGDALENAS DE MASCARPONE RELLENAS DE MERMELADA
Ás persoas que nos gusta isto dos experimentos culinarios, a min particularmente, gústanme máis os reposteros, pasámonos horas mirando os andeis dos super en busca de algo diferente, de algo novo, de ingredientes que nos poidan inspirar para a próxima receita. Pois ben, no meu caso, é mellor que non teña nada na casa porque senón a miña cabeza dá voltas ata que o emprego, e é nese momento cando me pregunto por que o comparía, que quen me mandaría a min.
Este é o caso destas deliciosas madalenas. Tiña na neveira unha tarrina de mascarpone (que non ten nada raro a pobre) pedindo clemencia, pedindo ser convertida en algo rico. Compreina para facer un tiramisú, e como son así, comprei, dúas, unha chegoume para o tiramisú, xa o sabía, pero tiven que comprar dúas. Tamén tiña medio brick de nata aberto, que sobrou da receita anterior e unhas ganas terribles de empregar a miña marmelada de figos, da cal aínda non publiquei a receita. Tiña pensado facelo nesta entrada, pero por preguiza non o vou a facer, e tamén porque non teño fotos decentes da devandita. Noutra ocasión será porque aínda quedan uns cantos botes. Por certo, está riquísima.
Para esta receita inspireime nunha que lle vin a Natalia de Cocino y disfruto, unha bloguera cociñeira sen igual, máis simpática...
Vou coa receita, que sei que hai por aí algunha que outra esperándoa.


En castellano
A las personas que nos gusta esto de los experimentos culinarios, a mi particularmente, me gustan más los reposteros, nos pasamos horas mirando las estanterías de los super en busca de algo diferente, de algo nuevo, de ingredientes que nos puedan inspirar para la próxima receta. Pues bien, en mi caso, es mejor que no tenga nada en casa porque sinó mi cabeza da vueltas hasta que lo empleo, y es en ese momento cuando me pregunto por qué lo comparía, que quien me mandaría a mi.
Este es el caso de estas deliciosas magdalenas. Tenía en la nevera una tarrina de mascarpone (que no tiene nada raro la pobre) pidiendo clemencia, pidiendo ser convertida en algo rico. La compré para hacer un tiramisú, y como soy así, compré, dos, una me llegó para el tiramisú, ya lo sabía, pero tuve que comprar dos. También tenía medio brick de nata abierto, que sobró de la receta anterior y unas ganas terribles de emplear mi mermelada de higos, de la cual todavía no he publicado la receta. Tenía pensado hacerlo en esta entrada, pero por pereza no lo voy a hacer, y también porque no tengo fotos decentes de la susodicha. En otra ocasión será porque aún quedan unos cuantos botes. Por cierto, está riquísima.
Para esta receta me inspiré en una que le vi a Natalia de Cocino y disfruto, una bloguera cocinera sin igual, más maja...
Voy con la receta, que sé que hay por ahí alguna que otra esperándola.


Ingredientes:
250 gr. de mascarpone
4 ovos
250 gr. de fariña (non tiña de repostería e puxen normal)
200 gr. de azucre
100 ml de nata
80 gr. de aceite de xirasol
1 sobre de Royal
Un belisco de sal
Para o recheo: marmelada de arándanos e de figos.
En castellano
Ingredientes:
 250 gr. de mascarpone
 4 huevos
250 gr. de harina (no tenía de repostería y puse normal)
200 gr. de azúcar
100 ml de nata
80 gr. de aceite de girasol
1 sobre de Royal
Un pellizco de sal
Para el relleno: mermelada de arándanos y de higos.



Elaboración
- Mesturar os ovos co azucre ata que escumen.
- Engadir a nata, o mascarpone, o aceite e o sal e volver mesturar.
- Incorporar a fariña tamizada xunto co Royal.
- Repartir a mestura en moldes de papel, primeiro unha cullerada de masa (ata que se cubra o fondo do molde) unha culleradiña do recheo que máis nos guste, neste caso marmelada de arándanos e de figos. Tapamos con masa a marmelada.
- As cápsulas de papel metinas dentro de moldes de aluminio (flaneras), para que ao crecer a masa, non se deformen e suban máis.
- Podemos espolvorear con azucre por encima antes de meter ao forno.
- Metelas no forno prequecido a 180º durante unha media hora.



En castellano
Elaboración
- Mezclar los huevos con el azúcar hasta que espumen.
- Añadir la nata, el mascarpone, el aceite y la sal y volver a mezclar.
- Incorporar la harina tamizada junto con el Royal.
- Repartir la mezcla en moldes de papel, primero una cucharada de masa (hasta que se cubra el fondo del molde) una cucharadita del relleno que más nos guste, en este caso mermelada de arándanos y de higos. Tapamos con masa la mermelada.
- Las cápsulas de papel las metí dentro de moldes de aluminio (flaneras), para que al crecer la masa, no se deformen y suban más.
- Podemos espolvorear con azúcar por encima antes de meter al horno.
- Meterlas en el horno precalentado a 180º durante una media hora.




jueves, 4 de noviembre de 2010

GALLETAS RECHEAS DE MARMELO

GALLETAS RELLENAS DE MEMBRILLO
Fai unhas semanas a miña queridísima amiga Puri regaloume doce de marmelo feito por ela mesma. Unha auténtica delicia cun pouco de queixo. Aínda así, apetecíame facer algo diferente con el. Cando lle vin a Islacris esta delicia non o dubidei, pareceume unha idea estupenda. E sen dúbida que o é, están deliciosos. Ela e Mar Argentina, de quen o copiou, chámanlle cannoli, pero investigando na rede comprobei que non ten nada que ver co orixinal e tampouco sei por qué lle chaman así. Entón ante a dúbida decidín darlles un nome máis sinxelo.
Fixen a metade da receita orixinal, unha porque me quedaba pouco marmelo e outra porque todo o doce que fago quero que sexa pouco, canto menos, menos se come, non? A verdade é que é unha receita moi sinxela e moi agradecida. Ademais de ser un bocado do máis orixinal.
En castellano
Hace unas semanas mi queridísima amiga Puri me regaló dulce de membrillo hecho por ella misma. Una auténtica delicia con un poco de queso. Aún así, me apetecía hacer algo diferente con él. Cuando le vi a Islacris estos cannolis no lo dudé, me pareció una idea estupenda. Y sin duda que lo es, están deliciosos. Ella y Mar Argentina, de quien lo copió, le llaman cannoli, pero investigando por la red comprobé que no tiene nada que ver con el original y tampoco sé por qué le llaman así. Entonces ante la duda decicí darles un nombree más sencillo.
Hice la mitad de la receta original, una porque me quedaba poco membrillo y otra porque todo lo dulce que hago quiero que sea poco, cuanto menos, menos se come, ¿no? La verdad es que es una receta muy sencilla y muy agradecida. Además de ser un bocado de lo más original.



Ingredientes:
100 g de manteiga a temperatura ambiente
100 ml de nata líquida 35% de materia graxa
250 g de fariña
unha culleradiña de fermento (royal).
doce de marmelo
En castellano
Ingredientes:
100 g de mantequilla a temperatura ambiente
100 ml de nata líquida 35% de materia grasa
250 g de harina
una cucharita de levadura royal.
dulce de membrillo



Preparación:
- Bátese lixeiramente a manteiga e mestúrase coa nata. Engádese a fariña e o fermento e se amasa ata que quedan ben integrados os ingredientes.
- A masa, envólvese en filme de cociña e déixase repousar unhas horas no frigorífico ou toda a noite
- Para darlles forma: esta cantidade de masa dividina en dúas partes, se fose o dobre daría para catro. Esténdese a porción de masa sobre unha superficie lixeiramente enfariñada, e córtase un círculo coa axuda dun prato, neste caso de sobremesa, duns 20cm, e un curta pastas ou un coitelo, ou un cuter.
- Con axuda dunha regra, divídese o círculo en oito parte iguais. No bordo de cada porción, ponse un anaquiño de marmelo, apértase polos bordos e enrólase como se ve na foto.



- Como sobra masa e non é cantidade suficiente para volver estirala do tamaño do prato podemos facer empanadillas pequenas. Esténdese a masa e córtanse círculos pequenos cun vasiño ou cun cortapastas duns 6-7 cm, péchanse e sélanse con axuda dun garfo.
- Foréase a 180º durante unha media hora, da metade para arriba do forno, ou ata que comecen a dourarse. Unha vez fora do forno, déixanse arrefriar e  espolvoreanse con azucre glass


En castellano
Preparación:
- Se bate ligeramente la mantequilla y se mezcla con la nata. Se añade la harina y la levadura y se amasa hasta que quedan bien integrados los ingredientes.
- La masa, se envuelve en film de cocina y se deja reposar unas horas en el frigorífico o toda la noche
- Para darles forma: esta cantidad de masa la dividí en dos partes, si fuese el doble daría para cuatro. Se extiende la porción de masa sobre una superficie ligeramente enharinada, y se corta un círculo con la ayuda de un plato, en este caso de postre, de unos 20cm, y un corta pastas o un cuchillo, o un cuter.
- Con ayuda de una regla, se divide el círculo en ocho parte iguales. En el borde de cada porción, se pone un trocito de membrillo, se aprieta por los bordes y se enrolla como se ve en la foto.
- Como sobra masa y no es cantidad suficiente para volver a estirarla del tamaño del plato podemos hacer empanadillas pequeñas. Se extiende la masa y se cortan círculos pequeños con un vasito o con un cortapastas de unos 6-7 cm, se cierran y se sellan con ayuda de un tenedor.
- Se hornean a 180º durante una media hora, de la mitad para arriba del horno, o hasta que comiencen a dorarse. Una vez fuera del horno, se dejan enfriar y se espolvorean con azúcar glass.


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...