Mostrando entradas con la etiqueta aperitivos e entrantes. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta aperitivos e entrantes. Mostrar todas las entradas
martes, 23 de diciembre de 2014

CREMA DE CABAZA CON MOUSSE DE QUEIXO DE CABRA E FOIE E CHUTNEY DE MAZÁ

CREMA DE CALABAZA CON MOUSSE DE QUESO DE CABRA Y FOIE Y CHUTNEY DE MANZANA

Puff, tanto título para unha copa tan pequeniña. Estanme afectando as miñas reunións con un grupo de amigas coas que fago visitas a restaurantes con pratos de nomes largos. Despois unha chega a casa coa cabeza tola e ponse a inventar, xa non valen as comidiñas de toda a vida. De feito este entrante tíñallo preparado para estas amigas en concreto nunha recente visita. É que claro, co que probamos por aí eu non ía ser menos. Polo que me dixeron está moi bo, aínda que ao mellor só foi por quedar ben, quen sabe. A verdade é que xogaba coa vantaxe de que sei que lles gusta probar cousas novas e combinacións de sabores diferentes. Creo que se os comensais son deste tipo o éxito está asegurado, porque a combinación invade o padal de sensacións e sabores diferentes, pero que se complementan. Animádevos a probar e a sorprender. Parece laborioso, pero en realidade non o é porque vas facendo cada cousa ao teu ritmo e con antelación e logo só é unir.
Cos ingredientes que vou poñer, tanto do chutney como da mousse, sae máis cantidade da necesaria, pero o chutney conservámolo en botes esterilizados e cerrados ao baleiro coma a marmelada e témolos para outras ocasións e o queixo co foie que sobre podermos servilo cunhas tostas coroado co propio chutney e é unha auténtica delicia.
En castellano
Puff tanto título para una copa tan pequeñita. Me están afectando mis reuniones con un grupo de amigas con las que hago visitas a restaurantes con platos con nombres largos. Después una llega a casa con la cabeza loca y se pone a inventar, ya no valen las comiditas de toda la vida. De hecho este entrante se lo tenía preparado para estas amigas en concreto en una reciente visita. Es que claro con lo que probamos por ahí yo no podía ser menos. Por lo que me dijeron está muy bueno, a lo mejor solo fue por quedar bien. La verdad es que jugaba con la ventaja de que sé que les gusta probar cosas nuevas y combinaciones de sabores diferentes. Creo que si los comensales son de ese tipo el éxito está asegurado porque la combinación invade el paladar de sensaciones y de sabores diferentes, pero que se complementan. Animaros a probar y a sorprender. Parece laborioso, pero en realidad no lo es porque vas haciendo cada cosa a tu ritmo y con antelación y luego solo es unir.
Con los ingredientes que voy a poner, tanto del chutney como de la mousse, sale más cantidad de la necesaria, pero el chutney lo conservamos en botes esterilizados y cerrados al vacío como la mermelada y lo tenemos para otras ocasiones y el queso con el foie lo que sobre podemos servilo con unas tostas coronado con  el propio chutney  y es una auténtica delicia.




Ingredientes
Crema de cabaza
Unha cebola
Unha cabaza pequena, sobre medio quilo
aceite, sal e pementa
Mousse de queixo de cabra e foie
100 g de foie
100 g de queixo de cabra
200 ml de nata
1 clara de ovo batida
Chutney de mazá
700 g de mazás
1 cebola
300 gr de azucre moreno
300 ml de vinagre de mazá (podemos poñer metade do líquido vinagre e a outra metade auga para que sexa máis suave)
Especias: canela, xenxibre, pementa, clavo, noz moscada (a cantidade ao noso gusto, eu puxen máis de canela e xenxibre e pouquiño de clavo)

En castellano
Ingredientes
Crema de calabaza
Una cebolla
Una calabaza pequeña, sobre medio quilo
aceite, sal y pimienta
Mousse de queso de cabra y foie
100 g de foie
100 g de queso de cabra (en este caso era de Touza vella)
200 ml de nata
1 clara batida
Chutney de manzana (salen dos botes)
700 g de manzanas
1 cebolla
300 g de azúcar moreno
300 ml  de vinagre de manzana
Especias: canela, jengibre, pimienta, clavo, nuez moscada (la cantidad a nuestro gusto, yo puse más de canela y jengibre y poquito de clavo)



Realización
Crema de cabaza
- Cubrimos o fondo dunha pota con aceite de oliva. Pochamos a cebola hasta que estea transparente e branda. Incorporamos a cabaza e casi cubrimos de auga ou caldo (según dispoñamos). Salpimentamos.
- Unha vez cocida a cabaza triturámola cun batedor. Debemos coller só os trozos de cabaza sen a auga, primeiro tritutamos e imos engadindo a auta hasta conseguir a textura desexada. Neste caso é convinte que quede máis ben espesiña para que se aguante a mouse na superficie. 
Mousse de queixo de cabra e foie
- Quentamos a nata hasta que ferva. Retiramos do lume e incorporamos o queixo e o foie partido en anaquiños, hasta que se desfagan na nata.
- Metemos na neveira. Esto é mellor facelo o día anterior para que nata estea ben fría.
- Unha vez fría batemos hasta montar a nata. Ao estar frío a mestura xa estará bastante compacta.
- Coas cantidades que puxen sae bastante. No meu caso como éramos cinco comensais retirei unhas catro culleradas da crema resultante e mestureino suavemente coa clara montada a punto de neve, tampouco usei toda a clara, a metade máis ou menos. O  resto da crema de nata, foie e queixo que sobrou servino para untar nunhas tostas e aseguro que é unha delicia, e máis se o coroamos con un pouco de chutney.
Chutney de mazá
- Colocamos todos os ingredientes nunha pota e esperamos a que a mazá abrande e se vaia caramelizando o conxunto, e se reduza o líquido. Arredor dunha hora, pero sempre burbullando.
- Se non queremos que sexa tan forte, en lugar de que todo o líquido sexa vinagre poñemos metade vinagre e metade auga.
- O resultado destas cantidades para o chutney é de dous botes de marmelada e un pouquiño máis. Eu esterilicei os botes e fíxenlles o valeiro, así consérvase ben e non pódese utilizar en outras ocasións.

Este es el aspecto del chutney


Montaxe
- Poñemos no fondo dunha copa un pouco de crema de cabaza morna (eu metín as copas coa crema 20 segundos no micro), encima colocamos, dándolle forma con dúas culleres, a mousse e logo un pouco de chutney.



En castellano
Realización
Crema de calabaza
- Cubrimos el fondo de una olla con aceite de oliva. Pochamos la cebolla hasta que esté blandita. Incorporamos la calabaza y casi cubrimos de agua o caldo (según dispongamos). Salpimentamos. 
- Una vez cocida la calabaza la trituramos con la batidora. Debemos coger solo los trozos de calabaza sin el agua, primero los trituramos y vamos añadiendo agua hasta conseguir la textura deseada. En este caso es conveniente que quede más bien espeso para que se aguante la mousse en la superficie.
Mousse de queso de cabra y foie
- Calentamos la nata hasta que llegue a ebullición. Retiramos del fuego e  incorporamos el queso y el foie hasta que se desagan en la nata.
- Metemos en la nevera. Esto es mejor hacerlo el día anterior para que la mezcla esté bien fría.
- Una vez frío batimos hasta que la nata esté montada. Al estár frío la mezcla ya estárá bastante compacta.
- Con las cantidades que he puesto sale bastante. En mi caso como éramos cinco comensales retiré unas cuatro cucharadas de la crema resultante y lo mezcle suavemente con la clara montada a punto de nieve, tampoco usé toda la clara, la mitad más o menos. El resto de  la crema de nata, foie y queso que sobró lo serví  para untar en unas tostas y aseguro que es una delicia, y más si lo coronamos con un poco de chutney.
Chutney de manzana
- Colocamos todos los ingredientes en una olla y esperamos a que la manzana se ablande y se vaya caramelizando el conjunto, y se reduzca el líquido. Alrededor de una hora, pero siempre burbujeando.
- Si no queremos que sea tan fuerte, en lugar de que todo el líquido sea vinagre ponemos la mitad vinagre y la mitad agua.
- El resultado de estas cantidades para el chutney es de dos botes de mermelada y un poquito más. Yo esterilicé los botes e hice el vacío, así se conserva bien y se puede utilizar en más ocasiones.
Montaje
- Calentamos un poco la crema de calabaza (en mi caso metí las copas con la crema 20 minutos en el micro). Encima colocamos la mousse, dándole forma con dos cucharas y adornamos con el chutney.

Así queda la crema de queso de cabra, foie y nata.


TOSTAS CON CREMA DE QUEIXO E FOIE E CHUTNEY DE MAZÁ
TOSTAS CON CREMA DE QUESO Y FOIE Y CHUTNEY DE MANZANA
Aproveitando o excedente, o que nos sobrou da crema que fixemos co foie, o queixo e a nata e que tamén a producción chutney foi de máis, pois presentámolo nunhas tostas e temos outro aperitivo delicioso. O pan das tostas é pan de viena, fixen tres barriñas que rebocei con sementes de papoula e quedaron con un formato ideal para estas mini tostas.



Aprovechando el exdente de producción, lo que nos sobró de la crema que hicimos con el foie, el queso y la nata y que también sobró chutney, pues lo presentamos en unas tostas y tenemos otro aperitivo delicioso. El pan de las tostas es pan de Viena, hice tres barritas que rebocé con semillas de amapola y quedaron con un formato ideal para estas mini tostas.


O chutney é ideal para acompañar calquera queixo, co azul fai un tándem perfecto. Este queixo azul, é o primeiro queixo azul galego, da casa PRESTES, chámase Lara&Sara, para o meu padal é un dos mellores azuis que probou.
sábado, 15 de noviembre de 2014

COGUMELOS CON XAMÓN SOBRE GOFRES REGADO CON REDUCIÓN DE OPORTO

SETAS CON JAMÓN SOBRE GOFRES SALADOS REGADO CON REDUCCIÓN DE OPORTO
Pois volvino a facer, volvín a esquecerme de que teño un blogue e que merece un poquito da miña atención. Xa o dixen noutras ocasións, debe ser unha síndrome ou algo que sufro, o tempo pásame demasiado rápido, case non son consciente, cando me dou conta foise un mes e eu penso que aínda estamos nos primeiros días.
Últimamente non fago case nada, pero teño unha chea de receitas pendentes. Estou pasando unha tempada na que non me apetece facer nada na cociña, non me apetece manchar e desordenar, ademais acabo pensado, "total é para engordar".
Esta receita vinme un pouco obrigada a facela porque os de marca silikomart puxéronse en contacto comigo para colaborar con eles e usar os seus moldes de silicona, aceptei e agora teño que cumprir, neste caso trátase duns moldes con forma de gofres e apaetecíame facer algo pouco convencional e non usalos para algo doce.
Ademais, Carmen volveu obsequiarme cunhas suculentas setas, e tiña moitas ganas de facer algo diferente e publicalo, que sei que Carmiña está pendente das miñas publicacións. A ver se lle gusta.

En castellano
Pues lo he vuelto a hacer, he vuelto a olvidarme de que tengo un blog y que merece un poquito de mi atención. Ya lo he dicho en otras ocasiones, debe ser un síndrome o algo que sufro, el tiempo me pasa demasiado rápido, casi no soy consciente, cuando me doy cuenta se fue un mes y yo pienso que todavía estamos en los primeros días.
Últimamente no hago casi nada, pero tengo un montón de recetas pendientes. Estoy pasando una temporada en la que no me apetece hacer nada en la cocina, no me apetece manchar y desordenar, además acabo pensado, "total es para engordar".
Esta receta me vi un poco obligada a hacerla porque los de marca silikomart se pusieron en contacto conmigo para colaborar con ellos y usar sus moldes de silicona, acepté y ahora tengo que cumplir, en este caso se trata de unos moldes con forma de gofres y me apaetecía hacer algo poco convencional y no usarlos para algo dulce.
Además, Carmen volvió obsequiarme con unas suculentas setas, y tenía muchas ganas de hacer algo diferente y publicarlo, que sé que Carmiña está pendiente de mis publicaciones. A ver si le gusta.



Ingredientes
Para a masa dos gofres
130 g de semolina
40 g de maizena
2 ovos
75 g de leite
1 dente de allo
Unhas ramiñas de perexil (creo que con albahaca tamén sería perfecto, pero non tiña)
40 g de queixo rilado (neste caso era queixo de cabra curado)
Media culleradiña de bicarbonato
2 g sal
Para o recheo
Aceite de oliva
Setas (non sei a cantidade, uns 400 g) (neste caso eran cantharellus e tricoloma columbeta)
Medio pemento verde
1 dente de allo
1 cebola
sal e pementa
Xamón serrano
Para a redución de Oporto
150 ml de viño de Oporto
3 culleradas de azucre
En castellano
Ingredientes
Para la masa de los gofres
130 g de semolina
40 g de maizena
2 huevos
75 g de leche
1 diente de ajo
Unas ramitas de perejil (creo que con albahaca también sería perfecto, pero no tenía)
40 g de queso rallado (en este caso era queso de cabra curado)
Media cucharadita de bicarbonato
sal
Para el relleno
Aceite de oliva
Setas (no sé la cantidad) (en este caso eran cantharellus y tricoloma columbeta)
Medio pimiento verde
1 diente de ajo
1 cebolla
sal y pimienta
Jamón serrano
Para la reducción de Oporto
150 ml de vino de Oporto
3 cucharadas de azúcar



Realización
Dos gofres
- Poñemos nun recipiente todos os ingredientes e facemos unha masa coa batidora. Repartimos a masa no molde de silicona con forma de gofres. A masa é xusta. Si non temos estes moldes podemos facer unhas filloas na tixola. 
- Introducimos o molde no forno, prequecido a 180º, durante 12 minutos.
- Retiramos dos moldes.
Preparación dos cogumelos
- Cubrimos o fondo dunha tixola con aceite de oliva. Douramos o allo cortado fino. Engadimos a cebola cortada en xuliana e deixámola ata que se vaia poñendo transparente e engadimos o pemento cortado en tiras finas.
- Cando o pimiento empece a estar brando engadimos as setas lavadas e cortadas en anacos. Deixamos que se consuma a auga das setas, salpimentamos e engadimos o jamón serrano cortado en tacos.
- Mesturamos ben e deixámolo uns minutos.
Redución de viño Oporto
- Cando as setas vaian estando listas, poñemos nun cazo o viño e o azucre, levámolo a ebulición. Deixamos que se reduza e imos comprobando  a súa consistencia. Temos que baixar un pouco o calor, pero sempre en ebulición. Cando fai moita espuma é que xa está. Podemos comprobalo poñendo un pouco nun prato e deixando que arrefríe. A súa consistencia é máis densa. 
Montaxe
Poñemos encima dos gofres as setas e regamos coa redución. Engadimos unhas lascas de queixo, neste caso era queixo curado de cabra, pero un parmesano ou unhas migas de queixo azul tamén lle quedarían fenomenal.



En castellano
Realización
De los gofres
- Ponemos en un recipiente todos los ingredientes y hacemos una masa con la batidora. Repartimos la masa en el molde de silicona con forma de gofres. La masa es justa. Si no tenemos estos moldes podemos hacer unas filloas en la sartén. 
- Introducimos el molde en el horno, precalentado a 180º, durante 12 minutos.
- Retiramos de los moldes.
Preparación de las setas
- Cubrimos el fondo de una sartén con aceite de oliva. Doramos el ajo cortado fino. Añadimos la cebolla cortada en juliana y la dejamos hasta que se vaya poniendo transparente y añadimos el pimiento cortado en tiras finas.
- Cuando el pimiento empiece a estar blando añadimos las setas lavadas y cortadas en trozos. Dejamos que se consuma el agua de las setas, salpimentamos y añadimos el jamón serrano cortado en tacos.
- Mezclamos bien y lo dejamos unos minutos.
Reducción de vino Oporto
- Cuando las setas vayan estando listas, ponemos en un cazo el vino y el azúcar, lo llevamos a ebullición. Dejamos que se reduzca y vamos comprobando su consistencia. Tenemos que bajar un poco el calor, pero siempre en ebullición. Cuando hace mucha espuma es que ya está. Podemos comprobarlo poniendo un poco en un plato y dejando que enfríe. Su consistencia es más densa. 

Montaje
Ponemos encima de los gofres las setas y regamos con la reducción. Añadimos unas lascas de queso, en este caso era queso curado de cabra, pero un parmesano o unas migas de queso azul también le quedarían fenomenal.



miércoles, 24 de julio de 2013

AGUACATES CON GAMBAS

Isto é receita? Pois non o sei, é comida, diso estou segura, e rica, e fácil, e ata, sa. É unha mestura sinxela que se fai moi rápido e coa que se pode quedar moi ben. 
Fai unhas semanas invitáronme a comer e este foi un dos aperitivos, gustoume tanto que agora xa pasará a formar parte dos meus habituais. É desas "receitas" que non sabes si publicar, que che parece unha chorrada, pero logo pensas e dis, " a min encantoume, eu pedín a receita, por que non? Pode interesarlle a outros". Pois aquí está, non defraudará a ninguén.
Ademais agora no verán que son habituais as comidas colectivas este aperitivo sácanos dun apuro, por fresquiño e fácil, tenas todas.
En castellano
Esto es receta? Pues no lo sé, es comida, de eso estoy segura, y rica, y fácil, e incluso, sana. Es una mezcla sencilla que se hace muy rápido y con la que se puede quedar muy bien. 
Hace unas semanas me invitaron a comer y éste fue uno de los aperitivos, me gustó tanto que ahora ya pasará a formar parte de mis habituales. Es de esas "recetas" que no sabes si publicar, que te parece una chorrada, pero luego piensas y dices, " a me me encantó, yo pedí la receta, por qué no? Puede interesarle a otros". Pues aquí está, no defraudará a nadie.
Además ahora en veranito que son habituales las comidas colectivas este aperitivo nos saca de un apuro, por fresquito y fácil, las tiene todas.



Ingredientes (as cantidades dependen dos comensais e dos gustos de cada un)
Aguacate
Gambiñas peladas cocidas (para un aguacate eu puxen un bo puñado), tamén podemos poñer no seu lugar atún ou salmón.
Unha cullerada de mahonesa
sal e pementa
Aínda que a orixinal non levaba, puxen un ovo cocido picado finiño.
En castellano
Ingredientes (las cantidades dependen de los comensales y de los gustos de cada uno)
Aguacate
Gambitas peladas cocidas (para un aguacate yo puse un buen puñado), también podemos poner en su lugar atún o salmón.
Una cucharada de mayonesa
sal y pimienta
Aunque la original no llevaba, puse un huevo cocido picado finito.



Elaboración
- A elaboración é ben sinxela. Buscamos uns aguacates no seu punto, maduriños. Cortámolos pola metade e baleirámolos. Rociamos a carne do aguacate cunhas pingas de limón para que non se oxide e cun garfo machucamos ben a polpa, salpimentamos ao noso gusto.
- Incorporamos as gambiñas cortadas finiñas (ou o atún, ou salmón) e o ovo, e a mahonesa. Mesturamos ben e introducimos nas metades baleiras do aguacate.
- A min paréceme, tamén, unha proposta perfecta presentalo con tostas para untarlas, está delicioso.



En castellano
Elaboración
- La elaboración es bien sencilla. Buscamos unos aguacates en su punto, maduritos. Los cortamos por la mitad y los vaciamos. Rociamos la carne del aguacate con unas gotas de limón para que no se oxide y con un tenedor machacamos bien la pulpa, salpimentamos a nuestro gusto.
- Incorporamos las gambitas cortadas finitas (o el atún, o salmón) y el huevo, y la mayonesa. Mezclamos bien e introducimos en las mitades vacías del aguacate.
- A mi me parece una propuesta perfecta presentarlo con tostas para untarlas, está delicioso.
jueves, 4 de julio de 2013

CREMA DE ESPÁRRAGOS TRIGUEROS

En ocasións solto reflexións aquí, case sempre son reflexións froito da observación logo de analizar determinadas reaccións e actuacións das persoas que me rodean. É curioso como producen máis impacto en nós accións negativas e daninas, fan máis cicatriz e espértanse máis sensacións. Tendemos a expresar máis o negativo e a obviar o positivo. Se analizamos o noso día a día temos máis momentos positivos que negativos, rodeámosnos de máis xente positiva que negativa, con todo desbordamos máis co negativo. Aínda así vivimos situacións deliciosas con xente fantástica que quedarán sempre no recordo e que farán que esbocemos un sorriso ou ata brote unha bágoa de nostalxia. Parecía que o meu discurso era positivo, o é, está cheo de bos sentimentos, está cheo de alegría, está cheo de moi bos momentos. Alégrome tanto de ter coñecido a algunhas persoas e de vivir con elas momentos fantásticos, que aínda que seguro que non serán os últimos serán distintos. Quedarán para sempre as bromas, os sorrisos, os abrazos e todo o agarimo que nos temos. Pasa xente pola nosa vida que nos gustaría que se quedase para sempre, pero determinadas circunstancias fan non poida ser así, o que seguro quedará será un sentimento agradable, moi agradable cando os nosos pensamentos se trasladen a todos eses bos recordos. Debo dar as grazas a esa xente que nos enche, a esas persoas ás que acabas querendo e das que tes que aprender a desprenderte, pero que che deixan chea de momentos inesquecibles. É doloroso ver como se afastan, ver como as súas vidas non poden discorrer ao teu lado, pero temos que aprender a estar sen elas e volver aprender a vivir o día a día sen a súa presenza, ao principio custará, despois quedará un recordo fantástico e ese sorriso e o afecto que nos tivemos nunca desaparecerá diso estou segura.
A receita de hoxe é moi sinxeliña, saborosa e sanota. Realmente débolla a Patt de Cocinando para Lola, un día falando que verduras nos gustaban máis faloume desta cremiña e de que as súas nenas a comían moi ben, pregunteille como facía e decidinme a probar, encantoume. Si é que a Patt sabe moito.





En castellano

En ocasiones suelto reflexiones aquí, casi siempre son reflexiones fruto de la observación después de analizar determinadas reacciones y actuaciones de las personas que me rodean. Es curioso como producen  más impacto en nosotros acciones negativas y dañinas, hacen más cicatriz y se despiertan más sensaciones. Tendemos a expresar más lo negativo y a obviar lo positivo. Si analizamos nuestro día a día tenemos más momentos positivos que negativos, nos rodeamos de más gente positiva que negativa, sin embargo desbordamos más con lo negativo. Aún así vivimos situaciones deliciosas con gente fantástica que quedarán siempre en el recuerdo y que harán que esbocemos una sonrisa o incluso brote una lágrima de nostalgia. Parecía que mi discurso era positivo, lo es, está lleno de buenos sentimientos, está lleno de alegría, está lleno de muy buenos momentos. Me alegro tanto de haber conocido a algunas personas y de vivir con ellas momentos fantásticos, que aunque seguro que no serán los últimos serán distintos. Quedarán para siempre las bromas, las sonrisas, los abrazos y todo el cariño que nos tenemos. Pasa gente por nuestra vida que nos gustaría que se quedara para siempre, pero determinadas circunstancias hacen no pueda ser así,  lo que seguro quedará será un sentimiento agradable, muy agradable cuando nuestros pensamientos se trasladen a todos esos buenos recuerdos. Debo dar las gracias a esa gente que nos llena, a esas personas a las que acabas queriendo y de las que tienes que aprender a desprenderte, pero que te dejan llena de momentos inolvidables. Es doloroso ver como se alejan, ver como sus vidas no pueden discurrir a tu lado, pero tenemos que aprender a estar sin ellas y volver a aprender a vivir el día a día sin su presencia, al principio costará, después quedará un recuerdo fantástico y esa sonrisa y el afecto que nos tuvimos nunca desaparecerá de eso estoy segura.
La receta de hoy es muy sencillita, sabrosa y sanota. Realmente se la debo a Patt de Cocinando para Lola, un día hablando que verduras nos gustaban más me habló de esta cremita y de que sus nenas la comían muy bien, le pregunté como hacía y me decidí a probar, me encantó. Si es que la Patt sabe mucho.





Ingredientes

Unha cebola pequena
Un dente de allo
Un trociño de pemento verde
Dous manoxos de espárragos verdes
Unha pataca grande
Aceite de oliva e sal
Ingredientes
Una cebolla pequeña
Un diente de ajo
Un trocito de pimiento verde
Dos manojos de espárragos verdes
Una patata grande
Aceite de oliva y sal




Elaboración

- Cubrimos o fondo dunha pota con aceite de oliva, rehogamos a cebola e o allo, ben picadiños.
- Engadimos o pemento cortado fino, deixamos que se ablande todo un pouco. 
- Incorporamos os espárragos e a pataca cortados en anacos e cubrimos con auga ou caldo e salgamos a gusto. Deixamos cocer durante uns 40 minutos.
- Unha vez cocido trituramos todo coa batidora.
- Podemos poñerlle un pouco de queixo raiado.
Elaboración

- Cubrimos el fondo de una olla con aceite de oliva, rehogamos la cebolla y el ajo, bien picaditos
- Añadimos el pimiento cortado fino, dejamos que se ablande todo un poco. 
- Incorporamos los espárragos y la patata cortados en trozos y cubrimos con agua o caldo. Dejamos cocer durante unos 40 minutos.
- Una vez cocido trituramos todo con la batidora.
- Podemos ponerle un poco  de queso rallado.
jueves, 16 de agosto de 2012

HOXALDRES CON CEBOLA CARAMELIZADA E QUEIXO BRIE

HOJALDRES CON CEBOLLA CARAMELIZADA Y QUESO BRIE
Veña unha salgadiña, un aperitivo para estes días festivo-estivais. Polos nunha mesa e cando te dás conta xa non están, gústanlle a todo o mundo, se ata á miña  compi  Patricia os comeu, iso que lle levanta a tapa á empanada para quitarlle a cebola.
Para min facer estes aperitivos sempre é unha boa desculpa para porme coa masa follada, que no fondo encántame todo o proceso. Non é obrigatorio preparar a masa follada, aínda que nunca me cansarei de recomendar elaborala na casa, para iso teño publicada unha entrada na que detallo o seu proceso. Todo é empezar, unha vez que se lle perde o medo dá menos traballo que baixar ao super a comprala.
Probeinos con varios tipos de queixo e con todos son deliciosos. A receita vinlla a Silvia de Mi dulce tentación, ela proponos con queixo de cabra, aínda que o queixo de cabra non é para todos os padais. Persoalmente dáme igual o tipo de queixo, debo confesar que o brie é a miña  perdición.



En castellano
Venga una saladita, un aperitivo para estos días festivo-veraniegos. Los pones en una mesa y cuando te das cuenta ya no están, le gustan a todo el mundo, si hasta mi compi Patricia se los comió, eso que le levanta la tapa a la empanada para quitarle la cebolla.
Para mi hacer estos aperitivos siempre es una buena disculpa para ponerme con el hojaldre, que en el fondo me encanta. No es obligatorio preparar el hojaldre, aunque nunca me cansaré de recomendar el elaborarlo en casa, para ello tengo publicada una entrada en la que detallo su proceso. Todo es empezar, una vez que se le pierde el miedo da menos trabajo que bajar al super a comprarlo.
Los he probado con varios tipos de queso y con todos son deliciosos. La receta se la vi a Silvia de Mi dulce tentación, ella los propone con queso de cabra, aunque el queso de cabra no es para todos los paladares. Personalmente me da igual el tipo de queso, debo confesar que el brie es mi perdición.



Ingredientes
1 peza de masa follada, comprada ou caseira (a miña era caseira)
3 cebolas medianas
75 ml de vinagre, poño metade de vinagre de viño e metade de módena.
1 cullerada de glasé de vinagre de frambuesa
Aceite de oliva
2 culleradas de azucre moreno
sal
Queixo brie, ou calquera outro queixo que sexa de noso agrado. Con queixo de cabra tamén quedan fantásticos
Piñóns
Herbas provenzais.

En castellano
Ingredientes
1 plancha de hojaldre, comprado o casero (el mío era casero)
3 cebollas medianas
75 ml de vinagre, pongo mitad de vinagre de vino y mitad de módena.
1 cucharada de glasé de vinagre de frambuesa
Aceite de oliva
2 cucharadas de azúcar moreno
sal
Queso brie, o cualquier otro queso que sea de nuestro agrado. Con queso de cabra también quedan fantásticos
Piñones
Hierbas provenzales.



Preparación
- Elaborar a masa follada ou cómprase no super.
- Empezamos preparando a cebola caramelizada, que podemos facela o día anterior. Para iso cubrimos o fondo dunha tixola con aceite de oliva e incorporamos as cebolas cortadas finiñas, en xuliana. Deixamos as cebolas, dándolle voltas de cando en vez ata que estean tenras e cun ton transparente.
- Nun recipiente mesturamos os vinagres e o glasé de vinagre de frambuesa que incorporamos á tixola coa cebola. Deixamos que se vaia consumindo a lume medio e removendo de cando en vez.
- Logo de media hora, engadimos un pouco de sal e as dúas culleradas de azucre.
- Deixámolo ata que se consuma todo o vinagre e a cebola teña un ton marrón. Nunca sei canto tempo necesita. Penso que en total debe estar ao redor de 50 minutos. Aínda que polo aspecto sabemos perfectamente cando está listo.
- Cortamos a masa follada ao noso gusto (en rectángulos, por exemplo) e dispomos as porcións na bandexa de forno cuberta con papel de fornear. Encima de cada porción pomos unha culleradiña de cebola confitada, encima o queixo, uns piñóns e espolvoreamos con herbas provenzais.
- Introducimos no forno prequecido a 200º ata que vexamos que a masa follada estea dourada, uns 20 minutos (supoño).
- Só queda ver as caras dos nosos convidados ao comelos, porque isto hai que facelo para invitados.



En castellano
Preparación
Elaborar el hojaldre o se compra en el super.
- Empezamos preparando la cebolla caramelizada, que podemos hacerla el día anterior. Para ello cubrimos el fondo de una sartén con aceite de oliva e incorporamos las cebollas cortadas finitas, en juliana. Dejamos las cebollas, dándole vueltas de vez en cuando hasta que estén tiernas y con un tono transparente.
- En un recipiente mezclamos los vinagres y el glasé de vinagre de frambuesa que incorporamos a la sartén con la cebolla. Dejamos que se vaya consumiendo a fuego medio y removiendo de vez en cuando.
- Después de media hora, añadimos un poco de sal y las dos cucharadas de azúcar.
- Lo dejamos hasta que se consuma todo el vinagre y la cebolla tenga un tono marrón. Nunca sé cuanto tiempo está. Pienso que en total debe estar alrededor de 50 minutos. Aunque por el aspecto sabemos perfectamente cuando está listo.
- Cortamos la plancha de hojaldre a nuestro gusto y disponemos las porciones en la bandeja de horno cubierta con papel de hornear. Encima de cada porción ponemos una cucharadita de cebolla confitada, encima el queso, unos piñones y espolvoreamos con hierbas provenzales.
- Introducimos en el horno precalentado a 200º hasta que veamos que el hojaldre esté dorado, unos 20 minutos (supongo).
- Solo queda ver las caras de nuestros invitados al comerlos, porque esto hay que hacerlo para invitados.




sábado, 2 de julio de 2011

TARTALETAS DE CABACIÑO E PESTO

TARTALETAS DE CALABACÍN Y PESTO
Vou pensar en alto, ou mellor dito, a escribir en público un pensamento, é un pensamento froito da observación, do que se escoita, do que contan, do que din, da reflexión... Hai xente á que lle gustan os batifondos, non vive, creo que non respira se na súa vida non hai conflitos, son capaces de buscalos onde non os hai, de enredar as cousas ata conseguir facer un conflito de algo simple. A que responderá que as persoas sexamos tan diferentes? Porque no lado oposto estamos os outros, os que eludimos os conflitos, os que se fai falta perder pérdese e listo, non pasa nada. As cousas que nos rodean son sinxelas, complicámolas nós, esaxerándoas, inventando, pondo en boca doutros o que non é e ata pór en boca do inocente palabras que son do acusador. Que pasa cando a unha persoa tranquila e para nada conflitiva se cruza no camiño cunha que busca problemas onde non os hai ? Complicado, de súpeto vese envolvido nunha maraña falsa da cal non sabe nin como a meteron. Hai xente que fala por toneladas, que é imprudente e un pouco inconsciente das consecuencias implícitas que poden levar as súas palabras, coas cales deben gozar e o único obxectivo, parece ser, que é facer dano. É como ir camiñando tranquilo por un camiño e de súpeto atópaste cunha pedra que fai que perdas o equilibrio, supoño que hai que sortealas e mirar sempre ao chan para non tropezar, o que significa non confiar en ninguén, penoso. Creo que hai máis xente boa que mala, pero os malos fan tanto dano que un malo vale por dez bos. Hai unha cita que di: “o peor dos malos é facer dubidar dos bos” e créoa certa, porque realmente é ao que se dedica moita xente, a desprestixiar a quen fai a súa vida tranquilamente, e empregan niso toda a súa enerxía, non sería mellor que cada un se gañase o seu prestixio cos seus actos e non desprestixiando a quen non se mete con ninguén??? Perden as súas enerxías en facer dano e ás veces ata o conseguen, iso é o peor.
Hai quen fala de envexa, non entendo ese concepto da envexa, non a entendo por máis que mo explican, non podo entender que unha persoa por non ser como outra, por non poder facer o que fai a outra ou por non poder ter o que ten a outra, estea disposto a facerlle dano de forma gratuíta sen o cheirar. Cada un ten que conformarse co que ten, co que é e se queres máis lóitao, búscao, trabállao, o outro seguro que o fixo. A min encantaríame ser alta, guapa, delgada, ter unha casa de luxo, ser graciosa e ocorrente, simpática e moitas cousas máis e non por iso odio ou lle desexo mal á xente que ten todo iso e nin moito menos faría algo para prexudicalas. Pero parece ser que hai xente que o fai, aínda que coñezo casos, ségueme custando crelo. Eu sempre penso que todo o mundo pode ser razoable e poder chegar a acordos, pero parece ser, que non todo o mundo. Que gañas de facer que a convivencia sexa difícil. Todas estas cousas decepciónanme, e fanme sentir moi mal, fanme sentir que o día a día é cruel e non querer confiar e non querer saír do caparazón, decepcionarte dos seres humanos.
Todos somos egoístas por natureza, inevitablemente pensamos primeiro en nós e seguro que en multitude de ocasións, por ese feito, facemos dano a outros, dano do que hai que saber pedir desculpas, un dano que intentaremos non repetir, pero facelo deliberadamente??? O dano polo pracer do dano?? Non podo entendelo.
Outros tamén se dedican a culpar ou desprestixiar a alguén para limpar as súa propia imaxe e para distraer a atención. Mentres centran a atención sobre alguén, botándolle cargas que non ten, ou ata que son propias, mentres fan iso, desvían a atención sobre as súas carencias, as súas faltas, o seu mal facer.
Creo, como conclusión, que cada un debe facer o seu labor o mellor que sabe e pode, deixar facer aos demais, non xulgar a ninguén sen coñecer a realidade, falar e chegar a conclusións comúns. Se cada un fai o seu traballo, se cada un fai a súa vida con ganas e con dedicación, sen meterse con ninguén, seguro que conseguiriamos unha convivencia mellor e unha vida máis agradable. Ocupémonos de nós mesmos e non esteamos mirando de esguello o que fai o outro para xulgalo, cada un ten dabondo co seu. Vive e deixa vivir!!
A receita
Buscando receitas de calabaciño, xa tomaron a nosa casa e hai que consumilos, atopeime con esta en "El día más dulce" (encántame todo o que hai nese blog). É unha bomba calórica, e como tal, deliciosa. 

 


En castellano
Voy a pensar en alto, o mejor dicho, a escribir en público un pensamiento, es un pensamiento fruto de la observación, de lo que se escucha, de lo que cuentan, de lo que dicen, de la reflexión... Hay gente a la que le gustan los follones, no vive, creo que no respira si en su vida no hay conflictos, son capaces de buscarlos donde no los hay, de enredar las cosas hasta conseguir hacer un conflicto de algo simple. A que responderá que las personas seamos tan diferentes? Porque en el lado opuesto estamos los otros, los que eludimos los conflictos, los que si hace falta perder se pierde y listo, no pasa nada. Las cosas que nos rodean son sencillas, las complicamos nosotros, exagerándolas, inventando, poniendo en boca de otros lo que no es e incluso poner en boca del inocente palabras que son del acusador. Que pasa cuando a una persona tranquila y para nada conflictiva se cruza en el camino con una que busca problemas donde no los hay ? Complicado, de repente se ve envuelto en una maraña falsa de la cual no sabe ni como le han metido. Hay gente que habla por toneladas, que es imprudente y un poco inconsciente de las consecuencias implícitas que pueden llevar sus palabras, con las cuales deben disfrutar y el único objetivo, parece ser, que es hacer daño. Es como ir caminando tranquilo por un camino y de repente te encuentras con una piedra que hace que pierdas el equilibrio, supongo que hay que sortearlas y mirar siempre al suelo para no tropezar, lo que significa no confiar en nadie, penoso, creo que hay más gente buena que mala, pero los malos hacen tanto daño que uno malo vale por diez buenos. Hay una cita que dice “lo peor de los malos es hacer dudar de los buenos” y la creo cierta, porque realmente es a lo que se dedica mucha gente, a desprestigiar a quien hace su vida tranquilamente, y emplean en ello toda su energía, no sería mejor que cada uno se ganase su prestigio con sus actos y no desprestigiando a quien no se mete con nadie??? Pierden sus energías en hacer daño y a veces hasta lo consiguen, eso es lo peor.
Hay quien habla de envidia, no entiendo ese concepto de la envidia, no la entiendo por más que me lo explican, no puedo entender que una persona por no ser como otra, por no poder hacer lo que hace la otra o por no poder tener lo que tiene la otra, esté dispuesto a hacerle daño de forma gratuita sin comerlo ni beberlo. Cada uno tiene que conformarse con lo que tiene, con lo que es y si quieres más lúchalo, búscalo, trabájalo, el otro seguro que lo hizo. A mi me encantaría ser alta, guapa, delgada, tener una casa de lujo, ser graciosa y ocurrente, simpática y muchas cosas más y no por ello odio o le deseo mal a la gente que tiene todo eso y ni mucho menos haría algo para perjudicarlas. Pero parece ser que hay gente que lo hace, aunque conozco casos, me sigue costando creerlo. Yo siempre pienso que todo el mundo puede ser razonable y poder llegar a acuerdos, pero parece ser, que no todo el mundo. Que ganas de hacer que la convivencia sea difícil. Todas estas cosas me decepcionan, y me hacen sentir muy mal, me hacen sentir que el día a día es cruel y no querer confiar y no querer salir del caparazón, decepcionarte de los seres humanos.
Todos somos egoístas por naturaleza, inevitablemente pensamos primero en nosotros y seguro que en multitud de ocasiones, por ese hecho, hacemos daño a otros, daño del que hay que saber pedir disculpas, un daño que intentaremos no repetir, pero hacerlo deliberadamente??? El daño por el placer del daño?? No puedo entenderlo.
Otros también se dedican a culpar o desprestigiar a alguien para limpiar sus propias imágenes y para distraer la atención. Mientras centran la atención sobre alguien, echándole cargas que no tiene, o incluso que son propias, mientras hacen eso, desvían la atención sobre sus carencias, sus faltas, su mal hacer.
Creo, como conclusión, que cada uno debe hacer su cometido lo mejor que sabe y puede, dejar hacer a los demás, no juzgar a nadie sin conocer la realidad, hablar y llegar a conclusiones comunes. Si cada uno hace su trabajo, si cada uno hace su vida con ganas y con dedicación, sin meterse con nadie, seguro que conseguiríamos una convivencia mejor y una vida más agradable. Ocupémonos de nosotros mismos y no estemos mirando por el rabillo del ojo lo que hace el otro para juzgarlo, cada uno tiene bastante con lo suyo. Vive y deja vivir!!
La receta
Buscando recetas de calabacín, ya han tomado nuestra casa y hay que consumirlos, me encontré con ésta en El día más dulce (me encanta todo lo que hay en ese blog). Es una bomba calórica, y como tal, deliciosa.



Ingredientes
Para a masa crebada:
250 gr de fariña
100 gr de manteiga
1 ovo
sal
Para o pesto:
12 follas de albahaca (6 gr) ou algo máis
70 ml de aceite de oliva virxe extra
25 gr piñóns
45 gr de parmesano recentemente rilado
1 dente de allo
sal e pementa
Para o resto do recheo
1 cabaciño grande
1 cebola
1 dente de allo
Aceite de oliva para rustrir a verdura
100 gr de beicon afumado cortado en tiras
2 ovos
200 ml de nata para cociñar (ou leite, ou metade e metade)
Sal



En castellano
Ingredientes
Para la masa quebrada:
250 gr de harina
100 gr de mantequilla
1 huevo
sal
Para el pesto:
12 hojas de albahaca (6 gr) o algo más
70 ml de aceite de oliva virgen extra
25 gr piñones
45 gr de parmesano recién rallado
1 diente de ajo
sal y pimienta
Para el resto del relleno
1 calabacín grande
1 cebolla
1 diente de ajo
Aceite de oliva para pochar la verdura
100 gr de beicon ahumado cortado en tiras
2 huevos
200 ml de nata para cocinar (o leche, o mitad y mitad)
Sal




Elaboración
Masa
 - Mesturar a fariña co sal. Incorporar a manteiga fregando cos dedos ata que se forme unha textura areosa. Agregar o ovo e formar a masa. Métese na neveira durante 30 minutos a 1 hora ( ou uns 15-20 min no conxelador, así é máis rápido)
- Unha vez un pouco endurecida a masa estírase. Eu fágoo encima dun papel de fornear e cubro a masa con filme para que non se pegue ao rodete.
- Colócase a masa, coa axuda do papel de fornear nun molde engraxado e enfariñado (nos moldes que eu utilizo non é necesario) . Pasamos o rodete polos bordos do molde e retiramos a masa sobrante que integramos co resto da masa e seguimos estirando para o resto das tartaletas. Picamos a masa cun garfo.
- Introducimos en forno prequentado a 180º durante 10 minutos. Podemos metelos cubertos con papel de fornear e encima uns garavanzos para facer peso (eu non o fago)
O molde ideal é un molde baixiño, estriado e de metal e se é antiadherente mellor.
Preparación do pesto:

- Torramos os piñóns nunha tixola.
- Raiamos o queixo parmesano.
- Pomos a albahaca, os piñóns e o dente de allo na picadora ou na batidora. Trituramos. Engadimos o queixo e volvemos á mesturar. Para rematar, incorpórase o aceite e vólvese a mesturar. Salpimentamos a gusto e listo.
Para facer o pesto guieime pola proposta de Isabel, de "Cocinando en mi isla amarilla". Hai mil propostas na rede e varían moito os ingredientes, neste caso a proporción dos ingredientes está adaptado ao meu gusto.





Preparación do resto do recheo
- Pomos nunha tixola a lume lento o beicon afumado, que se faga pero sen torrarse. Unha vez que estea feito colocámolo sobre un papel absorvente, para eliminar calquera tipo de graxa.
- Picamos a cebola e o dente de allo (fágoo na picadora), e o rustrimos durante 5 minutos, engadimos o cabaciño picado e seguimos rustrindo uns 20 minutos máis, póñolle unha tapa e vaise abrandando aos poucos con calor medio-baixo, salgamos a gusto. Botamos o pesto e integrámolo ben, incorporamos parte do baicon, deixamos un pouco para decorar, unha vez feito retiramos do lume.
- Nun bol batemos os ovos, engadimos a nata e cando estea todo ben mesturado, mesturámolo co anterior.
- Enchemos os moldes coa mestura e botamos por encima o beicon que reservaramos.
- Introducímolos no forno previamente quentado a 180ºC durante ao redor de media hora. Sacámolo e deixamos arrefriar sobre unha grella. Servir tépedo.
- Sobroume un pouco de recheo, metino nunha flaneira. Tamén sería unha boa opción.

Usei cinco tartaletas e tres máis pequeniñas. Paréceme unha opción ideal en pequeniño, como aperitivo.

En pequeniño, un aperitivo ideal. En pequeñito, un aperitivo ideal


En castellano
Elaboración
Masa
- Mezclar la harina con la sal. Incorporar la mantequilla frotando con los dedos hasta que se forme una textura arenosa. Agregar el huevo y formar la masa. Se mete en la nevera durante 30 minutos a 1 hora ( o unos 15-20 min en el congelador, así es más rápido)
- Una vez un poco endurecida la masa se estira. Yo lo hago encima de un papel de hornear y cubro la masa con film para que no se pegue al rodillo.
- Se coloca la masa, con la ayuda del papel de hornear en un molde engrasado y enharinado (en los moldes que yo utilizo no es necesario) . Pasamos el rodillo por los bordes del molde y retiramos la masa sobrante que integramos con el resto de la masa y seguimos estirando para el resto de las tartaletas. Pinchamos la masa con un tenedor.
- Introducimos en horno precalentado a 180º durante 10 minutos. Podemos meterlos cubiertos con papel de hornear y encima unos garbanzos para hacer peso (yo no lo hago)
 El molde ideal es un molde bajito, estriado y de metal y si es antiadherente mejor.



Preparación del pesto:
- Tostamos lo piñones en una sartén.
- Rallamos el queso parmesano.
- Ponemos la albahaca, los piñones y el diente de ajo en la picadora o en la batidora. Trituramos. Añadimos el queso y volvemos a a mezclar. Por último, se incorpora el aceite y se vuelve a mezclar. Salpimentamos a gusto y listo.
Para hacer el pesto me guié por la propuesta de Isabel, de "Cocinando en mi isla amarilla". Hay mil propuestas en la red y varían mucho los ingredientes, en este caso la proporción de los ingredientes está adaptado a mi gusto.
 Preparación del resto del relleno
- Ponemos en una sartén a fuego lento el beicon ahumado, que se haga pero sin tostarse. Una vez que esté hecho lo colocamos sobre un papel absorvente, para eliminar cualquier tipo de grasa.
- Picamos la cebolla y el diente de ajo, y lo pochamos durante 5 minutos, añadimos el calabacín picado y rehogamos unos 20 minutos más, le pongo una tapa y se va ablandando poco a poco con calor medio-bajo, salamos a gusto. Echamos el pesto y lo integramos bien, incorporamos parte del baicon, dejamos un poco para decorar, una vez hecho retiramos del fuego.
- En un bol batimos los huevos, añadimos la nata y cuando esté todo bien mezclado, lo mezclamos con lo anterior.
- Rellenamos los moldes con la mezcla y echamos por encima el beicon que habíamos reservado.
- Los introducimos en el horno previamente calentado a 180ºC durante alrededor de media hora. Lo sacamos y dejamos enfriar sobre una rejilla. Servir templado.
- Me sobró un poco de relleno, lo metí en una flanera. También sería una buena opción.
Usé cinco tartaletas y tres más pequeñitas. Me parece una opción ideal en pequeñito, como aperitivo.

Co recheo que sobrou fixen un flan, sería outra forma de presentación. Con el relleno que sobró hice un flan, sería otra forma de presentación.




Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...