martes, 11 de agosto de 2009

BISCOCHÓN

Abstéñanse persoas con colesterol alto porque isto é unha bomba “overil”.
Meu pai levaba un tempo piando por un biscoito daqueles de antes, daqueles que eran coma unha esponxa. Pois, mans á obra. Miña nai xa o fixera nalgunha ocasión e eu sabía que o sacara do libro “La cocina gallega” de Álvaro Cunqueiro. Dalí quitei a receita, pero, como non, tamén andiven de pescuda pola rede e para a miña sorpresa, atopeime con que é un postre típico canario, canto se aprende coa “interné”. Sempre pensei que era un postre galego, na miña zona, non sei no resto de Galicia, estilábase, antes, cando aínda non había as tartas tan sofisticadas das que desfrutamos agora, ter este doce para o día “da festa”, para mollar no café despois dun bo xantar.
Como é lóxico, na rede atopei moitas variantes, pero tamén atopei o mesmo que fixen eu e ese parece ser que é o típico canario.
Considero que non é un biscoito que se poida facer a miúdo, unha porque te arruínas a ovos e outra porque o colesterol terá que quedar resentido. Eso si para mollar no café, do melloriño.


Ingredientes
7 ovos
7 culleradas de azucre
7 culleradas rasas de fariña


Realización
-Separar as xemas das claras.
- Bater as xemas co azucre ata que blanqueen e queden ben montadas. Eu fíxeno co batedor eléctrico, a man pode quedar o brazo fino.
- Bater as claras a punto de neve forte.
- Mesturar todo con movementos envolventes sin que perda o aire.
- Incorporar a fariña pouco a pouco tamizada. Seguir con movementos suaves e envolventes.
- Meter no forno prequentado a 180º os 10 primeiros minutos e logo baixar a 160º, con calor arriba e abaixo, ós 20 minutos poñer ventilador. Ós 40 min está cocido.


NOTA: Pódese facer todo o grande ou todo o pequeno que se queira aumentando a proporción dos ingredientes. Este tamén o uso como base das tartas, pero con dous ovos. Na receita orixinal era de 6 ovos

10 comentarios:

  1. Saliuche de foto eh??

    Tes razón que leva ovos pero.... e os bolos industriais?? esos sí son perxudiciais.... o teu non ;)

    Biquiños.

    Laura

    ResponderEliminar
  2. eu teño o colesterol alto, aisss,mejor escribo en castellano, jajajja, bueno, pues, que, aunque tengo el colesterol alto, a veces me paso y, éste bizcocho tan buenísimo es un buen motivo para pasarse un día, jejeje, separando las claras de los huevos y batiendo cada cosa aparte queda un bizcocho muy esponjoso, riquísimo, yo, no tomo café porque no me gusta, pero, el bizcocho me lo como a palo seco, jajajaja
    Un abrazo gordo, me encanta venir a tu blog, ¡¡que recuerdos me trae de Lugo!!

    ResponderEliminar
  3. Hola wapa coñecin o teu blog grazas a Ana de y un toque de pimienta , co que me teras mais veces pola tua cociña , aviso de que o meu galego non he moi correcto ainda que vivo en galiza donde eu vivo no sen fala moito galego , espero que perdoes a miñas faltas .
    Ummmmmmmmmm o bizcoxon saliuche de foto ademas de ter una pinta impresionante ,cando vivia a miña aboa nunca faltaba un distes na sobremesa pa acompañar o cafe nos dias de festa.
    Como vexo que ainda non andas moi convencida ca empanada de maza deixote o link da que fago eu amin persoalemte gostame moito e si a masa queda finiña mais o recheo e o que fixeches ti asin que so tes que cambiar a masa e dache pa facer duas asinque aprobeita e fas unha salada veras como usas mais veces ista masa pois va ben pra dulce como pra salado e o dia seguinte esta igual de boa .
    Xa me contaras sa faes , este e o link onde esta a receita.
    http://siguiendoanenalinda.blogspot.com/2009/04/empanada-de-manzana.html

    Bicos mil wapa.

    ResponderEliminar
  4. Grazas Nenalinda. Eu tamén visito con frecuncia o teu blogue, o que pasa é que non comento (bueno comentei o outro día). A receita da túa empanada xa a vira, pero así non me convenceu, debeu ser pola cervexa. Pero se ti dis que está boa heina probar. Bueno debe dicirche que esta última que fixen é digna de probar, recoméndocha, por se queres probar outra, estou segura que non ten nada que ver coa túa. Creo que está ben isto de ter un fondo de masas. Unha pregunta, esta masa que fas, parécese á das pastelerías?
    MOitas grazas pola visita e non te disculpes polo galego, eu tamén teño erros, inevitablemente estamos invadimos de castelanismos porque convivimos coas dúas linguas e cando falamos ou escribimos en castelán pois tamén metemos galeguismos, pero iso non é malo, é convivencia, jeje. O meu problema é que non escribo ben ningunha das dúas linguas, pero o caso é ir tirando.
    Bicasos

    ResponderEliminar
  5. HOLA E PASADO A TU BLOG A TRAVÉS DEL DE ANY Y ME GUSTO , TE SEGUIRÉ EN TU BLOG . UN SALUDO DE JOSÉ LUIS

    ResponderEliminar
  6. Hola, Mª José. Gracias por tu comentario en mi blog, pero no soy maestra, sólo que llevo más tiempo y me encanta cocinar. Todos tenemos que aprender de los demás. Si te sobran, mándame tomates de tu padre! Un placer conocerte y me llevo un trocito de bizcocho.

    ResponderEliminar
  7. A nosa recita leva máis ovos , así que nos sí que reventamos ao colesterol hehehe.

    De todas maneiras ésta será copiada .

    Bicos guapa , isto vai en marcha .

    ResponderEliminar
  8. Desde as 16:00 horas de hoxe , sacada do forno onte as 23:oo, temos que dicer que deixou de esistir a biscoitada ...Hehehe IMPRESIONANTE , miña nai pensou que era das compradas , está boísima , queda superesponxosa ...Estamos sen palabras .
    Tesnos rendidos aos teus pés .

    http://cocinhapoetica.blogspot.com/

    ResponderEliminar
  9. Deixádesme ben contenta, oh. Que puidera contribuír un pouco á vosa felicidade, hehehe. Co de pensar que era das compradas, non sei que dicir, iso é bo ou é malo? hehehe

    ResponderEliminar
  10. Moitas felicidades polo teu blog, acabo de descubrilo e é impresionanteeeee!!!!
    Estaba buscando unha receita de bizcochón para adaptala para mín (eu son celíaca) e vou probar a túa.
    Bicoss

    ResponderEliminar

Cóntame que che parece

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...