Mostrando entradas con la etiqueta empanadas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta empanadas. Mostrar todas las entradas
jueves, 9 de agosto de 2018

EMPANADA DE MILLO CON BERBERECHOS

EMPANADA DE MAÍZ CON BERBERECHOS

As tradicións é importante conservalas. Recordo de nena ver a miña avoa facer esta empanada e logo encantábame  "chuchar" dentro dos berberechos. 
Dende que teño esta afición pola cociña sempre tiven na idea facer esta empanada, pero non me cría capaz de facela coma miña avoa e decepcionarme. 
Ela deixounos hai 19 anos e daquela eu non preguntaba receitas nin me interesaba polas tradicións, só comía e listo. Os poucos anos non nos deixan ver máis alá.
Por fín atrevinme e resultou fantástica, riquísima. Encheume de felicidade ver a meus pais gozando dela e non saber parar de comer, dicíndome que quizáis era a mellor que comeran nunca. Proba superada e un recordo vivo de miña avoa á que adoraba.
Algo curioso tamén é que os berberechos vaian con cuncha e todo, pois si, así solta toda a salsiña e é moi entretido  ir comendo.
Por todas estas razóns tiña que apuntala con detalle e niso estou. Aí vai unha desas receitas que son tradición e sentimento.


En castellano
Las tradiciones es importante conservarlas. Recuerdo de niña ver a mi abuela hacer esta empanada y después a mi me encantaba comérmela.
Desde que tengo esta afición por la cocina siempre tuve la intención de hacer esta empanada, pero no me sentía capaz de mancillar el legado de mi abuela y de decepcionarme.
Ella nos dejó hace 19 años y por aquel entonces yo no preguntaba recetas, ni me interesaba por las tradiciones, solo comía y listo. Los pocos años no dejan ver más allá.
Por fin me he atrevido y ha resultado fantástica, riquísima. Me llenó de felicidad ver a mis padres disfrutándola  y no saber parar de comer, diciéndome que quizás era la mejor que habían comido nunca. Prueba superada y un recuerdo vivo de mi abuela a la que adoraba.
Algo curioso también es que los berberechos vayan con concha y todo, pues sí, así suelta toda la salsita y es muy entretenido ir comiendo.
Por todas estas razones tenía que apuntarla con detalle y a ello voy. Ahí va una de esas recetas que son tradición y sentimiento.



Ingredientes
Para o rustrido
4 cebolas xenerosas (ou máis, non lle choremos a cebola)
Aceite de oliva (xenosamente tamén, menos de 400 ml non). Ímolo necesitar.
Dúas culleradiñas de sobremesa de pimentón doce
Para a masa
400 gr de fariña de millo
500 g de auga fervendo
125 g de fariña de trigo de forza
100 g de fariña de centeo
50 g de auga
50 g de aceite do rustrido
10 g de sal
3 g levadura seca de panadería (uso a de maizena)

Só faltan os berberechos, necesitaremos sobre quilo e medio. Os berberechos teñen que estar libres de areas, para o cal hai que poñelos a remollar en auga con sal ou auga do mar (se se compran ben depurados non fará falta, aínda que nunca está de máis). E bótanse crus na empanada.

En castellano
Ingredientes
Para el sofrito
4 cebollas generosas ( o cinco)
Aceite de oliva ( unos 400 ml o algo más, no importa que sobre, generosos con el aceite, lo vamos a necesitar)
Dos cucharaditas de postre de pimentón dulce
Para la masa
400 g de harina de maíz
500 g de agua hirviendo
125 g de harina de trigo de fuerza
100 g de harina de centeno
10 g de sal
3 g de levadura seca de panadería (uso la de maizena)

Solo faltan los berberechos, necesitaremos sobre quilo y medio. Los berberechos deben estar libres de arenas, para ello se ponen en remojo con agua con sal o con agua del mar. Si se compran bien depurados ya no hará falta (aunque nunca está de más). Se meten crudos en la empanda, deben ir crudos al horno.



Elaboración
- Primeiro facemos o rustrido. Cortamos a cebola finiña e rustrímola (sen sal) en abundante aceite de oliva. Eu déixoa moito tempo con calor medio, pódese dicir que confito a cebola. Debo engadir na miña defensa que lle queda moi ben ás empanadas a cebola así, ademáis as miñas empanadas nunca me sentan mal, nunca me repite, e... empanadas feitas por outras persoas ou compradas mátanme, non podo coa dor de estómago, estou fatal bastantes horas e repíteme moitísimo. Así que se queredes que as empanadas non vos senten mal hai que pochar moito a cebola. Por este motivo uso moita cebola porque se reduce moitísimo. Non lle poño sal poque xa soltan os berberechos (se estiveron a depurar en auga con sal)
- Cando está a cebola lista (que poden ser uns cuarenta minutos, ou algo máis) incorporamos o pimentón e mezclamos ben.
- Chegados a este punto colo a cebola e reservo nun vaso o aceite e tamén reservo a cebola.
- Normalmente fago o rustrido o día antes de facer a empanada.
A masa
- Escaldamos 400 g de millo con 500 g de auga fervendo e mezclamos ben cunha culler de madeira ata que a fariña absorba toda a aufa. Deixamos a que arrefríe tapado cun pano para que non se reseque. 
- Unha vez fría a fariña engadimos a fariña de trigo, a de centeo, o sal, a auga, o aceite e a levadura. Mesturamos ben ata ter a masa final.
- Deixamos repousar a masa durante dúas horas, ou toda a noite na neveira. Esta última opción é a que fago sempre. Primeiro déixoa unha hora a temperatura ambiente e logo métoa no neveira toda a noite. Pola mañán sácoa e déixoa a temperatura ambiente, antes de usala, durante unha hora.




Montaxe da empanada
- Para estas empanadas sempre uso moldes de aluminio de usar e tirar. Son moi cómodos porque sempre as fago para levar a algún sitio e así xa as levo directamente no molde. Os que uso son de 32x26 cm.
- Primero pinto o fondo e as paredes do molde con aceite que sobrou do rustrido. Logo imos collendo pequenas porcións de masa e aplanámolas entre as mans e imos cubrindo o fondo e as paredes coa masa e imos estirando e adaptando ao molde. Para que a masa non se pegue ás mans untámolas cun  pouco do aceite que temos en reserva.
- Unha vez cuberto o fondo e as paredes do molde coa masa, extendemos a cebola, podemos engadirlle un par de culleradas do aceite.
- Agora é cando incorporamos os berberechos xenerosamente cubrindo ben o fondo e un pouco uns encima dos outro, un pouco amontoados.
- Tapamos con masa coa mesma técnica que a cobertura do fondo.
- Cerramos ben os bordos cun garfo e pintamos a superficie co aceite do rustrido que tiñamos reservado.
- Facémoslle unhas marcas, na masa, co canto dun coitelo, de maneira que queden uns cadrados. E picamos cun garfo.
- Metemos no forno a 200º durante unha hora.



En castellano
Elaboración
- Primero hacemos el sofrito. Cortamos la cebolla finita y la sofreímos en abundante aceite de oliva. Yo la dejo mucho tiempo con calor medio, se puede decir que confito la cebolla. Debo añadir en mi defensa que le queda muy bien a las empanadas la cebolla así, además mis empanadas nunca me sientan mal, nunca me repite, y... empanadas hechas por otras personas o compradas me matan, no puedo con el dolor de estómago, estoy fatal bastantes horas y me repite mucho. Así que si queréis que las empanadas no os sienten mal hay que pochar mucho la cebolla. Por este motivo uso mucha cebolla porque se reduce mucho.
- Cuando está la cebolla lista (que pueden ser unos cuarenta minutos, o algo más) incorporamos el pimentón y mezclamos bien.
- Llegados la este punto cuelo la cebolla y reservo en un vaso el aceite y también reservo la cebolla.
Normalmente hago el sofrito el día antes de hacer la empanada.

La masa
- Escaldamos 400 g de maíz con 500 g de agua hirviendo y mezclamos bien con una cuchara de madera hasta que la harina absorba toda el agua. Dejamos que enfríe tapado con un paño para que no se reseque. 
- Una vez fría la harina añadimos la harina de trigo, la de centeno, la sal, el agua, el aceite y la levadura. Mezclamos bien hasta tener la masa final.
- Dejamos reposar la masa durante dos horas, o toda la noche en la nevera. Esta última opción es la que hago siempre. Primero la dejo una hora a temperatura ambiente y luego la meto en el nevera toda la noche. La dejo atemperar una media hora antes de usarla.

Montaje de la empanada
- Para estas empanadas siempre uso moldes de aluminio desechables. Son muy cómodos porque siempre las hago para llevar la algún sitio y así ya las llevo directamente en el molde. Los que uso son de 32x26 cm.
- Primero pinto el fondo y las paredes del molde con aceite  del que sobró del sofrito. Luego vamos cogiendo pequeñas porciones de masa y aplanándolas entre las manos y vamos cubriendo el fondo y las paredes con la masa y estirando y adaptando al molde. Para que la masa no se pegue a las manos las  untamos con un poco del aceite que tenemos en reserva.
- Una vez cubierto el fondo y las paredes del molde con la masa, extendemos la cebolla, podemos añadirle un par de cucharadas del aceite.
- Ahora es cuando incorporamos los berberechos generosamente. Quedan amontonados cubriendo bien el fondo, incluso unos encima de otros.
- Tapamos con masa con la misma técnica que la cobertura del fondo.
- Cerramos bien los bordes con un tenedor y pintamos la superficie con el aceite del sofrito que habíamos reservado.
- Le hacemos unas marcas con el canto de un cuchillo, de manera que queden unos cuadrados. Y picamos  la masa con un tenedor.
- Metemos en el horno a 200º durante una hora.







sábado, 12 de febrero de 2011

EMPANADA DE DOCE DE CIDRA E XAMÓN

EMPANADA DE HOJALDRE CON CABELLO DE ÁNGEL Y JAMÓN

Seguimos con receitas que inclúen as dúas entradas anteriores, o doce de cidra e a masa follada.  Esta empanada probeina na casa de Teresa, a nai da miña comadre de Silleda. Pareceume unha deliciosa combinación, o doce do cabelo de anxo e o salgado do xamón no medio dunha rica masa follada. Quedeime con aquilo e sabía que antes ou despois a faría. O que me propuxen foi que tanto o doce de cidra como a masa follada fosen caseiros, feitos por min. Todo para que fose máis auténtico e tivese máis mérito. Compliquei unha receita que pode ser ben sinxela porque ámbolos dous ingredientes podemos compralos feitos e rapidamente temos unha deliciosa e orixinal empanada para sorprender ata ó máis esixente.
Aínda que esa primeira vez me sorprendeu, e pensei que era unha receita diferente, pois pasoume coma con outras, que todo está inventado e que xa a podemos atopar pola rede. Que eu vira, no blogue de Natalia de Cocino y difruto, que á súa vez copiou de La morena en la cocina, que follón.
Levo unha temporada un pouco apartada do blogue, estou publicando receitas pendentes. Comento pouco polas cociñas amigas, pero non me esquezo de ninguén e sempre trato de botar un vistazo a tódalas delicias que se publican. Ultimamente teño pouco tempo e ademáis tampouco quero pararme moito en todas esas delicias porque me entran unhas ganas tolas de meterme na cociña e facelo TODO, pero non se pode porque todo se instala debaixo da pel creando unhas abultacións sospeitosas que non deixan que a roupa asente correctamente, así que mellor absterse de introducir neste corpo comida de máis, que toda se queda a vivir, que lle imos a facer.




En castellano
Seguimos con recetas que incluyen las dos entradas anteriores. El cabello de ángel y el hojaldre. Esta empanada la probé en casa de Teresa, la madre de mi comadre de Silleda. Me pareció una deliciosa combinación, el dulce del cabello de ángel y el salado del jamón en medio de un rico hojaldre. Me quedé con aquello y sabía que antes o después la haría. Lo que me propuse fue que tanto el cabello de ángel como el hojaldre fueran caseros, hechos por mí. Todo para que fuera más auténtico y tuviera más mérito. Compliqué una receta que puede ser bien sencilla porque  los dos ingredientes podemos comprarlos hechos y rápidamente tenemos una deliciosa y original empanada para sorprender incluso al más exigente.
Aunque esa primera vez me sorprendió, y pensé que era una receta diferente, pues me pasó como con otras, que todo está inventado y que ya la podemos encontrar por la red. Que yo haya visto, en el blog de Natalia de cocino y difruto, que a su vez copió de La morena en  la cocina, que follón.
Llevo una temporada un poco apartada del blog, estoy publicando recetas pendientes. Comento poco por las cocinas amigas, pero no me olvido de nadie y siempre trato de echar un vistazo a todas las delicias que se publican. Últimamente tengo poco tiempo y además tampoco quiero pararme mucho en todas esas delicias porque me entran unas ganas locas de meterme en la cocina y hacerlo TODO, pero no se puede porque todo se instala debajo de la piel creando unas abultaciones sospechosas que no dejan que la ropa asiente correctamente, así que mejor abstenerse de introducir en este cuerpo comida de más, que toda se queda a vivir, que le vamos a hacer.


Ingredientes
Masa follada
Doce de cidra
Xamón serrano
1 ovo para pintar por encima
En castellano
Ingredientes
Hojaldre
Cabello de ángel
Jamón serrano
1 huevo para pintar por encima


Elaboración
Non puxen a cantidade dos ingredientes porque depende do grande que queiramos facela. No meu caso foi do tamaño dunha bandexa de forno e levou uns 400 grs de cabelo de anxo e algo máis de 200 g de xamón serrano.
Como curiosidade dicir que o hoxaldre púxenllo moi finiño. Era a metade da masa que sae dos ingredientes que puxen na entrada anterior. Quixen comprobar canto era capaz de estiralo e a verdade é que estira moito.Quedou moi ben así finiña, aínda que seguro que tamén estará estupenda coa masa máis gorda.
Para montar a empanada non ten ciencia ningunha. Poñemos unha prancha de hoxaldre nunha bandexa cubirta con papel de forno e se se excede do tamaño cortamos o que sobre, que nos pode servir para decorar por encima. Picamos un pouco o hoxaldre cun garfo e estendemos o cabelo de anxo sen chegar ben aos bordos. Encima depositamos o xamón serrano en anacos pequenos para que sexa máis fácil á hora de comer e de cortar. Eu púxenlle unha capa de xamón cubrindo todo o doce de cidra, pero non se notaba demasiado, así que aínda que teña máis xamón non estará de máis. Pintamos os bordos da masa con ovo batido ou con auga para que a masa de arriba se pegue. Para rematar cubrimos coa outra parte da masa, intentado pegar as dúas grazas a que as mollamos ou ben co ovo ou ben con auga. Se nos sobra masa recortamos para adaptalo á base. Picamos o hoxaldre e facémoslle un pequeno buraco. Decoramos como queiramos e finalmente pintamos con ovo batido.
Metemos en forno prequentado a 200º durante uns 20-30 minutos, ata que vexamos dourado o hoxaldre.
Ao ser hoxaldre caseiro, mentres se prepara a base, a outra parte de masa métese na neveira porque senón cando vaiamos collelo será imposible porque a manteiga se derrete. Para trasladar a masa ata a bandexa é moi cómodo axudarse do rodete.

Unha mostra de todo o que fun capaz de estirar a masa. Una muestra de todo lo que fui capaz de estirar la masa.

En castellano
Elaboración
No he puesto la cantidad de los ingredientes porque depende de lo grande que queramos hacerla. En mi caso fue del tamaño de una bandeja de horno y llevó unos 400 grs de cabello de ángel y algo más de 200 g de jamón serrano.
Como curiosidad decir que el hojaldre se lo puse muy finito. Era la mitad de la masa que sale de los ingredientes que puse en la entrada anterior. Quise comprobar cuanto era capaz de estirarlo y la verdad es que estira mucho.Quedó muy bien así finita, aunque seguro que también estará estupenda con la masa más gordita.
Para montar la empanada no tiene ciencia ninguna. Ponmos una plancha de hojaldre en una bandeja cubirta con papel de horno y si se excede del tamaño cortamos lo que sobre, que nos pude servir para decorar por encima. Pinchamos un poco el hojaldre con un tenedor y extendemos el cabello de ángel sin llegar bien a los bordes. Encima depositamos el jamón serrano en trozos pequeños para que sea más fácil a la hora de comer y de cortar. Yo le puse una capa de jamón, pero no se notaba demasiado así que aunque tenga más jamón no estará de más. Pintamos los bordes de la masa con huevo batido o con agua para que la masa de arriba se pegue. Por último cubrimos con la otra parte de la masa, intentado pegar las dos gracias a que las mojamos o bien con el huevo o bien con agua. Si nos sobra masa recortamos para adaptarlo a la base. Pinchamos el hojaldre y le hacemos un pequeño agujero. Decoramos como queramos y finalmente pintamos con huevo batido. 
Metemos en horno precalentado a 200º durante unos 20-30 minutos, hasta que veamos dorado el hojaldre.
Al ser hojaldre casero, mientras se prepara la base, la otra parte de masa se mete en la nevera porque sino cuando vayamos a cogerlo será imposible porque la mantequilla se derrite.Para trasladar la masa hasta la bandeja es muy cómodo ayudarse del rodillo





sábado, 6 de marzo de 2010

EMPANADA DE OURIZOS

A entrada de hoxe é, cando menos, curiosa, con un ingrediente un tanto diferente, agarrado a unha época do ano, ésta, e que non podemos atopar facilmente en tódolos mercados. Tamén pode ser que non sexa agradable á vista de algúns, a súa fisionomía particular fai que non sexa moi popular. Aínda que polo que teño oído e lido ultimamente estase convertendo nun manxar apto para os padais máis selectos e forma parte das cartas dos restaurantes máis prestixiosos.
Na zona na que vivo eu formaron parte da gastronomía popular toda a vida. Nesta época todo o mundo ía á ribeira (así lle chamamos nós a ir á praia, sobre todo cando se vai buscar algo para comer) a buscar o seu cesto de ourizos. Viven en augas pouco profundas, sobre escollos ou en chans areosos ricos en algas. Polo tanto cando baixa a marea vanse buscar. A súa época boa vai de febreiro a abril. Esta época corresponde á anterior á de reprodución polo que crecen as gónadas que constitúen a súa parte comestible.
Como calquera marisco, debe consumirse moi fresco: preferiblemente, o día da súa captura.

Sempre estivo considerado como comida de pobres porque os pobres eran os que tiñan que ir á ribeira buscar algo para poder comer. O bo de todo é que vivindo ó lado do mar comida nunca faltaba, iso é certo. É un alimento baixo en calorías e en hidratos de carbono. É rico pola contra en ferro e proteínas. Achega tamén fósforo, potasio e vitamina A.
Meu pai é un gran afeccionado a este marisco e polo tanto tódolos anos vai buscar para o seu consumo. A min e á miña nai non nos fai demasiada graza, sobre todo porque é bastante desagradable abrilo. Cócense. Logo sempre se monta unha mesa provisional, fóra da casa, con algunha táboa e uns bloques, ábrense con uns paos (rachas) en dúas metades. Dentro atopámonos coas gónadas de cor alaranxado (as máis escuras son femias e as máis descoloridas son machos, sempre máis saborosas as femias) e as tripas. O que se come son as gónadas, cun sabor moi intenso. Todo este proceso é o que resulta desagradable, escoller as gónadas e logo toda a auga que vai escorrendo... Eu en canto como dous ou tres non quero saber máis nada. Ademais cando van arrefriando xa non me gustan. Hai quen os come crus, pero nin idea de como pode saber iso.

(Esta foto é sacada de internet)

O outro día meu pai preguntoume se me apetecían, ó cal, respondín que non, queríaos el e buscara a alguén que o acompañara. Na conversa ocorréuseme dicir que nunha ocasión comera unha empanada de ourizos e que non estaba mal. Tal dixen que ó día seguinte tiña unha gran cantidade deles ós que xa lles quitara as viandas esperando a ser preparados para unha empanada.Tivemos un pequeno debate sobre se sería mellor cocelos previamente ou se sería mellor quitarlle as viandas en cru e facela empanada coas viandas crúas. Ó final concluímos esto último, polo que o pobre pegouse un traballazo dado que é máis difícil quitar as gónadas estando crus. Noutra ocasión farémola coas viandas cocidas e así poderemos valorar a diferenza.
A meu pai gustoulle moito. O primeiro día tiña un sabor moi intenso a ourizo, pero como sobrou, ó día seguinte xa era máis suave. A min particularmente gustoume máis o 2º día.
A masa déronlle defecto, dixéronme que tiña que ser máis de pan, máis gorda. Estireina de máis (defecto meu porque non me gustan as masas gordas), aínda que recoñezo que para este recheo requiría a masa máis gordiña. Queda para outra ocasión que seguro haberá máis e todo é cuestión de ir probando.


Ingredientes
Para a masa

650 grs de fariña de trigo
2 sobres de levadura de panadería marca vahiné
250 ml de auga morna
150 ml de aceite
2 culleradiñas de sal
Para o recheo
1 cebola grande
1 dente de allo
1 allo-porro
Medio pemento verde
1 culleradiña de sal
Ourizos, cantos? Non sei, os que creamos que son suficientes.


Preparación da masa
- Poñemos a fariña (uns 600 grs) nun recipiente e engadimos no centro o sal, a levadura, a auga morna e o aceite. Mesturamos ben. Cando estean tódolos ingredientes amalgamados pasamos ó mármore e formamos a masa (isto é bastante rápido, sobre uns cinco minutos). Pode que necesitemos un pouco máis de fariña. Cando a masa non se pegue ás mans e sexa elástica xa podemos introducila nun recipiente enfariñado e deixámola arredor dunha hora que levede, hasta que dobre o volume.
- Mentres a masa leveda facemos o recheo.

Realización do recheo
- Primeiro hai que conseguir os ourizos e quitarlles as viandas. Esto é o peor e máis desagradable. Eu esta parte non a fixen, fíxoa meu pai. Outra opción é cocelos e logo quitarlles as viandas cocidas, pero nós decidimos facelo en cru. Para outra vez probaremos con elas cocidas.
- Picamos finiñas tódalas hortalizas. Esto eu fágoo na picadora. É unha manía que teño, ten que estar todo moi finiño.
- Pochamos a cebola co allo, cando estea algo dourada engadimos o allo-porro e logo o pemento. Eu esto fágoo moito, queda moi pochadiño, outra manía que teño. Deste xeito non me repite tanto, nin me senta tan mal. Incluso lle poño unha tapa e o deixo un bo anaco que se faga ben.
- Por último engadimos as vaindas dos ourizos e deixámolo ata que estea a masa lista.

Montaxe da empanada
- Partimos en dous a masa (un anaco máis grande co outro) e estirámola base do grosor que queiramos, se queremos que sexa finiña sobrará masa. Eu fíxena nun molde redondo de 30 cms de diámetro, se a fixera do tamaño da bandexa de forno pode que necesitara toda a masa.
- Coa axuda do rodillo introducimos a masa no molde, previamente cuberto de papel de forno, de tal foma que cubra o fondo máis os bordos, se sobresae masa cortamos.
- Introducimos o recheo estendéndoo ben polo fondo. Estiramos o outro anaco de masa e cubrimos o recheo. Selamos os bordos xuntando a masa de arriba coa de abaixo. Fecémoslle un burato central e picamos por encima cun garfo. Tamén podemos facer tiras de masa e decorar a tapadeira.
- Pintámola con aceite e se se quere con ovo batido. Eu esto último non o fixen e recoñezo que queda moito máis bonita co ovo.
- Métese no forno prequentado a 200º durante 40 minutos.


sábado, 10 de octubre de 2009

EMPANADA DE MAZÁ (III) CON HOXALDRE CASEIRO

Un sábado gris, chovendo miudiño, un día típico da nosa terra galega. Un día perfecto, gris e sábado, combinación perfecta para min. Xa dixen nalgunha ocasión que o sábado é para min un día máxico,un día especial, un día no que o relax inunda a miña persoa. Se ademais é gris xa ten tódolos compoñentes. Xa sei que non son coma o resto da humanidade, nin tampouco quero selo, a case todo o mundo lle gusta o sol e o bo tempo, a min, non. Gústame o frío a choiva, os días metida na casa, ver chover a través dos vidros, sentir caer a auga e non me importa que sexa varios días seguidos. Pola contra, se fai calor e sol varios días seguidos empezo a poñerme irascible e dun humor de cans.
Se me tivera que definir cunha cor, sería co gris. Penso que di todo de min. Son gris. Tamén, se teño que identificarme con algunha estación é co outono, a miña estación preferida, foino sempre desde nena, desde que eu teño acordos.
Pois ben, neste día gris e sábado de outono dispóñome a facer das miñas. Hai moitas mazás, estamos no tempo delas. Que menos que facer unha empanada de mazá. Como xa comentei, tamén, ando na procura da empanada de mazá perfecta. Pensei en facela con hoxaldre, pero.. que mérito ten comprar o hoxaldre? Hai que facelo. Ardua e difícil tarefa. Mirei en varios blogues e detívenme máis en i-recetas e en webos fritos, ámbolos dous blogues de auténtico luxo e categoría. En i-recetas faino de varias maneiras (hoxaldre, hoxaldre rápido e moitos outros porque ten moitas receitas feitas con hoxaldre), dá varios consellos, pero no de webos fritos fai un paso a paso espectacular. Quedeime con este último, aínda que tamén puxen en práctica algún consello de Pepinho.
Total que eu intento seguir cada paso rigorosamente, pero non me sae, acábame saíndo a manteiga polos arredores. Algo teño que facer mal, pero o caso é que non sei o que. Debe ser que este tipo de receitas son para persoas con mans especiais e as miñas non saíron preparadas para tales especialidades.

Nesta receita vou relatar as miñas andanzas, pero para o proceso da elaboración do hoxaldre en si farei un enlace directo ó de webos fritos porque non creo que ninguén o poida explicar mellor. Ademais a reportaxe fotográfica coa que nos deleita é inmellorable. De todos xeitos pedinlle permiso a ela para poder facelo e aínda non mo concedeu porque estes días non debe conectarse, pero non podo esperar máis para publicar a receita, espero que non lle pareza mal. Si, creo que son importantes as miñas percepcións durante o amasado porque así alguén que domine máis o tema pode, incluso, asesorarme e dicirme en que estou fallando.
O hoxaldre ten a fama de ser algo moi complicado, realmente non me parece complicado, nin laborioso, si, ó mellor, un pouco prolongado no tempo, pero todo o proceso é ben sinxelo, o malo é cando se empeza a saír a manteiga...
A pesar de todo saiu hoxaldre, hoxaldre de verdade, dese que ó trincar se desfai, coma o da tenda, pero con un sabor espectacular, moito máis saboroso có da tenda. Despois desta experiencia creo que vou facelo sempre, non é para tanto. O único que levo mal e ter que limpar despois. Cando o meto no forno e miro ó meu redor é cando me pregunto quen me mandaría meterme nisto? Tendo en conta, ademais, que vou recollendo e limpando a medida que vou facendo, pero sempre queda.
Animo a todo o mundo a que faga hoxaldre, a que probe polo menos unha vez, seguro que logo non se queda nunha vez, non custa máis traballo, nin é máis revirado ca facer un roscón ou unha larpeira


Ingredientes
Para a masa

500 grs de fariña de repostería
250 ml de auga do tempo
1 cullerediña de sal
60 grs de manteiga derretida
350 grs de manteiga fría, en bloque (usei president)
Para a compota
Algo máis dun quilo de mazás
6 culleradas de azucre
1 culleradiña de canela
Para a preparación da masa antes de ir ó forno
1 ovo batido
1 cullerada de azucre cunha pouca canela mesturada

Preparación
Da masa de hoxaldre

Para isto seguín ó pé da letra os pasos que nos ofrece Su no seu blogue webos fritos.
Eu creo que o problema máis grave que teño é o calor da miña cociña. Como xa dixen é un día gris, fresco, duns 18º, 20º no exterior. Pero a miña cociña é moi quente, a pesar de que tiven a ventana aberta todo o día para que fixera fresco, penso que a temperatura é demasiado alta para facer hoxaldre
Vou ir comentando o que me aconteceu en cada paso, que non sei se é normal ou non.
1 . Na elaboración da masa, á cal ela lle chama plastón, non tiven ningún problema. É máis, é unha masa moi boa de facer, case non te pringas, faise rápido.
2 . Estirar a masa facendo a cruz tampouco houbo problema, faise ben, con facilidade.
3 . Facer o paquete coa manteiga e masa tampouco ten maior complicación. Tentei apretar ben a masa á manteiga porque Pepinho di que non debe coller aire, que non deben facerse burbullas cando estiramos a masa.
4 . No 1º estirado da masa foi cando empezaron as dificultades. 1º deille os golpes e logo no estirado empezaron a saír burbullas, que pinchei con unha agulla e seguín. Pero saía manteiga polos bordos. Seguín para diante e fixen as primeira dobrez. Na 2ª pasou o mesmo. para remediar o da saída da manteiga tentei taponalo con fariña, este consello dáo Pepinho. Logo para a neveira. Baixei a temperatura da neveira ó máximo. Estivo na neveira arredor dunha hora.
5 . Nos dous seguintes estirados da masa non pasou tanto o de saírse a manteiga, pero si, ó levantar a masa, o mármore quedaba impregnado de manteiga. De feito, entre volta e volta metina 10 minutos no conxelador porque me daba a sensación de que xa estaba demasiado branda.
6 . Unha vez dadas as 6 voltas e pasado un tempo na neveira procedo a estirala para facer as pranchas para a empanada. Aquí non sabía moi ben como facer porque en toda a explicación di que se estire nun sentido e que se lle dea golpes. Pero agora eu quería estirala ben, así que, procedín a estirala o máis que puidera en tódolos sentidos. Estirou moi ben, creo que aínda podería estirar máis, pero dábame medo, preguntábame “ a ver como a quito de aquí, vaime quedar pegada ó mármore”. Neste paso xa non hai rastro de manteiga visible, está integrada na propia masa.

Esta é a masa completamente estirada. Paréceme que aínda podería estirar máis

7 . Dividín a masa en dous, un, un pouco máis grande, que fará de base. Para despegalo presionei encima con papel de forno e fun levantando con coidado a masa. A pesar do medo non houbo problema. Coloqueina ben no molde co propio papel pola parte de abaixo, cubrindo o fondo do molde. Recortei algúns cachos que sobresaían.
8 . O gran erro foi que deixei o outro anaco da masa, alí no mármore esquecido mentres montaba a base e introducía a compota de mazá ( que fixen coma a da última empanada de mazá, poño a elaboración máis abaixo). Cando fun a coller a outra pancha de masa, estaba demasiado branda e fíxoseme bastante difícil despegala. A pesar de todo conseguino. Para o próxima o que teño que facer e metela na neveira se fago outras cousas.
9 . Cos recortes de masa fixen unhas rudimentarias palmeiras, que estaban riquísimas. Éstas quiteinas antes do forno e a miña expresión cando as metín na boca foi “ummm, é hoxaldre de verdade”

Montaxe da empanada
- Ponse a prancha de masa que fará de base sobre un papel de forno. Picar un pouco a masa cun garfo.
- Pintei o fondo cun pouco de marmelada (neste caso marmelada de ameixa caseira, ver receita aquí)
- Introducir a compota de mazá. Non a ía meter toda, pero logo envorqueina toda e listo, demasiada para o meu gusto.
- Poñer a tapadeira. Picar cun garfo a masa. Pintar con ovo batido e espolvorexar azucre mesturado con canela. A cantidade, disto último,vai un pouco a gusto. Do azucre e a canela, por encima, pódese prescindir, dado que o azucre requimase e da un aspecto pouco presentable, que non afecta para nada ó sabor.
- Metelo no forno prequentado a 200º e logo baixalo a 180º. Estivo arredor dunha hora no forno. Creo que quedou un pouco cru por dentro (aínda que cando facemos algocon hoxalder sempre qeda algo apelmazada a parte que está en contacto con algo húmido,como neste caso a compota. Non teñomoi claro se foi iso ou foi que necesitaba cocer máis). Para a próxima teño que controlar máis o forno.
- As palmeira paseinas polo ovo e reboceinas en azucre, estaban de medo.
Preparación da compota
Pícanse finiñas as mazás e engádeselle o azucre e a canela. Eu voulle engadindo o azucre despois de picar cada unha das mazás para que non se oxiden. Métese no micro durante 15 minutos, dándolle voltas de vez en cando e esmagando as mazás cun garfo, cando vemos que xa é puré estará lista.

COMENTARIOS: Penso que si vale a pena facelo, é toda unha experiencia. para min, moi agradable (menos limpar, claro). É certo que o proceso é moi longo. Trátase de estar pendente da masa durante bastante tempo, pero tempo de elaboración en si non é moito. Ademais os tempos de espera non teñen por que ser exactos e permítenche seguir coas tarefas diarias sen ningún problema.
As fotos non dan creto ó resultado, nin ó sabor. Ademais tiven certo percance (telefónico) durante a cocción que non me deixou estar o suficientemente pendente.
Teño que probar esta mesma receita, pero con láminas de mazá.
A entrada é moi extensa, pero a receita o merece.

GRAZAS SUSANA POR COMPARTIR CON TODOS A RECEITA E ESE MAGNÍFICO PASO A PASO QUE POSIBILITA QUE TODOS POIDAMOS FACER ESTA MARABILLA


sábado, 15 de agosto de 2009

EMPANADA DE BACALLAO CON PASAS

Son unha repugnante para as empanada. As que máis me gustan son as compradas. Como farán esa masa? Pois hoxe conseguín facer unha masa moi similar, riquísima. Esta masa copieina do blogue de Ana ,"Y un toque de pimienta". Sencilliña de facer, pero espectacular de sabor. Aínda que miña nai díxome que xa a fixo varias veces así, o que pasa é que ela case sempre fai as empanadas de peixe e éstas requiren masa de pan, por iso non recordo que fixera esta masa.
Teño que probar outra masa que propón Nenalinda, xa a ía probar hoxe, comprei a cervexa e todo, pero cando vin que había que fritir pan no aceite, cambiei de idea porque non tiña pan, outro día.



Ingredientes
Para a masa
1 vaso de aceite
1 vaso de leite
1 vaso de viño branco (eu puxen albariño)
1 culleradiña de sal
1 kg de fariña, da cal unha terceira parte era de forza ( non sei moi ben por qué a puxen, pero pareceume que ía quedar mellor)
1 sobre de levadura Royal ( este ingrediente non estaba na que copiei, pero púxeno, para probar se podía quedar máis esponxada, e quedou, non sei como sería sen el, pero con el quedou moi ben)
Un ovo para pintar a masa
Do recheo
500-600 grs de bacallao salgado en migas
150 grs de pasas (a gusto)
2 cebolas
3 dentes de allo
Medio vaso de aceite
Elaboración
Da masa
- Mesturamos todos os líquidos co sal
- Imos engadindo a fariña e o sobre de levadura royal, pasándoa por un tamiz, ata que a masa se poida traballar coas mans e non se pegue (en un principio fun remexendo cunha culler de madeira). Amasamos ben, dámoslle uns golpiños. Queda unha mas moi agradable de traballar, brandiña, pero que non se pega. Eu creo que non necesitei o quilo de fariña enteiro, como mesturei e fun engadindo a medida que me pedía, non sei exactamente a que usei. Sobroume, polo que se poderían diminuir as cantidades.
- Deixámola repousar un minutos.
Do recheo
- O bacallao debemos poñelo a desalgar o día antes. Cambiándolle a auga de vez en cando.
- Fervémolo uns cinco minutos. Escorremos a auga, demigámolo ben e xa está preparado para incorporar ó sofrito
- Picamos finiñas as cebolas facemos un sofrito con elas e cos allos. Cando vemos que están pochadiños engadimos o bacallao desmigado. Unimos ben coa cebola e añadimos as pasas. Unhas voltiñas e está listo. Temos que probalo de sal porque pode ser que o bacallao desalgara de máis, como foi este caso, estaba completamente soso. Necesitei salgar como calquera outra comida.


Montaxe da empanada.
- Estiramos a masa para a base. Esta masa estira moitísimo, polo que , podemos facela todo o fina que queiramos. Eu sempre a estiro encima dun papel de forno, así só é metela encima da bandexa (neste caso fíxena na bandexa do forno), estirei a masa e ó introducila na bandexa recortei o que sobresaía.
- Repartimos o recheo encima da masa.
- Por último, estiramos a masa para tapar a empanada co mesmo procedemento da base. Enroscamos ben os bordes unido as masas da base e da tapadeira Fecémoslle un burato no centro e podemos pinchar un pouco cun garfo.
- Se queremos podemos decorar con tiriñas de masa.
- Pintamos toda a superficie con ovo batido.
- Metemos no forno prequentado a 200º durante uns 45 minutos.





martes, 11 de agosto de 2009

EMPANADA DE MAZÁ II

Teño unha espiña cravada coa empanada de mazá. Ando buscando a empanada perfecta. Creo que probarei con varias receitas ata que atope a DEFINITIVA. Esta é totalmente diferente á do outro día. Para o meu gusto está bastante mellor, ésta é posible que a repita, se antes non atopo outra que me guste máis.
Hoxe quedeime soa na casa de meus pais e definitivamente, non podo estar quieta. Mirei o fruteiro e vin todas aquelas mazás. Pois hai que empregalas, pensei. Alá que me puxen. Collín o libro de receitas “La cocina gallega” de Álvaro Cunqueiro e un pouco de improvisación (o toque persoal que non falte).
Copiei a masa, á cal lle chama “masa azucarada”.
Non sei se poderei ser moi precisa cos ingredientes porque ía botando e dalgúns non recordo exactamente a cantidade, pero interésame tela apuntada para poder socorrer a ela noutra ocasión, se fose necesario. Os máis ou menos tamén saen ben, ás veces é o que mellor sae, pero despois non nos acordamos dos máis, nin do menos e non volve a saír nunca máis.


Ingredientes
Para a masa
(puxen o dobre do que dicía na receita orixinal porque me pareceu pouco para unha empanada)
500 grs de fariña
125 grs de manteiga derretida
2 ovos (deixei un pouco para pintala)
4 culleradas de azucre
1 sobre de levadura royal (na receita orixinal dicía 1 culleradiña, aquí paseime do dobre)
Algo menos de medio vaso (de nocilla) de leite morna. (na receita orixinal dicía 2 culleradas, deberían ser 4, pero como me pareceu pouco líquido, engadín algo máis)
Para o recheo
1 kl de mazás (pode ser algo menos)
8 culleradas de azucre (esto irá a gustos dulceiros)
1 culleradiña de canela
Un pouco de manteiga ou margarina.


Elaboración
Da masa
-Poñemos nun bol amplo a fariña e a levadura royal e incorporamos o azucre, os ovos bartidos, o leite morno e a manteiga derretida.
- Amasamos ata que o conxunto estea perfectamente integrado. Primeiro mesturei os ingredientes cunha culler de pau e logo coas mans.
- Amásase moi rápido e queda unha masa bastante compacta, case coma a quebrada.
- Deixámola repousar mentres preparamos as mazás.
Do recheo
- Pelamos e descorazonamos as mazás e picámolas finiñas. Mesturámolas co azucre e coa canela, remexemos ata que se mesture ben.
- Introducímolas no micro uns minutos (non sei exactamente cantos porque as ía mirando de vez en cando). Cando vemos que a mazá se defai ó presionar cun garfo e facemos puré, xa están. Xa temos coma unha compota. Sería un bo momento para probar de azucre, se se considera que non está o suficientemente doce, engadiríase máis.
Montaxe da empanada
- Partimos a masa en dous, un anaco será máis grande, para facer de base.
- Agora ben o difícil, porque a masa aínda que é fácil de estirar é moi quebradiza. Cando se intenta retirala do mármore para introducila no molde rompe. Para iso discurrín estirala encima de papel de forno. Aplastamos a bola e logo tratamos de estirar mantendo a forma circular. Estirar ben.
- Deste xeito xa nos é moi fácil introducila no molde. Incluso podemos estirala coas mans un pouco polos laterais, unha vez no molde, para adaptala ben.
- Introducimos o recheo, repartíndoo ben pola base da empanada. Poñemos uns pegotes de manteiga ou margarina encima do recheo de mazá
- Agora vén o 2º problema, estirar a tapa. Pois polo mesmo precedemento, encima dun papel de forno e logo volcámola con coidado encima do recheo.
- Cerramos os bordes e facémoslle un burato no medio. Píntase con ovo batido (o que reservamos dos ovos da masa)
- Métese no forno prequentado a 200º arredor de 40 minutos. Aquí é onde está o mundo incompresible dos fornos. Vamos a ver 200º non son 200º en tódolos lugares do mundo? (bueno, estamos falando de centígrados). Pois se poño a empanada no meu forno a 200º tórrase neses 40 min, vamos, que non hai quen a coma. No meu teríaa que poñer á 180º e seguro que a media cocción baixala a 160º e poñerlle un papel de prata por encima para que non se tostonease.
Notas: Queda unha masa bastante rica, ten un toque a quebrada. Non estaría mal probar a engadir máis líquido e menos levadura Royal porque aínda quedou bastante gordecha, ben é certo que para o recheo que tiña facíalle falta que sexa algo consistente.


lunes, 3 de agosto de 2009

EMPANADA DE MAZÁ

Estiven por non publicar esta receita porque o resultado non foi o esperado. Non é que non fose comestible, que o era, con dicir que case non pasa da tarde. Pero non saiu como eu quería, debo considerar moitos cambios. Éstes foron os que me incitaron a publicala porque deste xeito téñoa anotada e sei como non a teño que facer. Ademais, agora en quente, acórdome do que teño que modificar e así para a próxima non cometerei os mesmos erros.
Normalmente cociño sen medidas, como me vai saindo, engado máis disto ou do outro. O malo é que nunca anoto, nin as cantidades, nin o que teño que ter en corta para a próxima vez. Así á seguinte vez estou coma ó principio. Esto do blogue é bo para estas cousas, así vou anotando e tendo en conta os cambios, quedando gardadiño para sempre.
Tamén teño que engadir que é a miña 1ª empanada e que non mirei, nin copiei de ninguén, nin siquera lle pregntei a miña nai. Fun autodidacta cos meus modestos coñecementos. Pero se ve que non son suficientes.


Ingredientes
Para a masa

600 grs de fariña, puxen algo máis de 400 de forza e o resto de repostería porque non tiña máis
100 grs de manteiga
250 ml de leite
1 ovo
1 culleradiña de sal
3 culleradas de azucre
Unha culleradiña de esencia de vainilla
Algo máis de medio sobre de levadura seca de panadería (en po).
Recheo
600 grs de mazás
Unha cullerada de azucre
Unha culleradiña de café de canela
300 grs de marmelada de ameixa
25 grs de manteiga
2 ovos
100 ml de nata
Realización
Da masa

- Derreter a manteiga no micro e deixala esperando os seu turno.
- Tamizar a fariña nun bol baixo ou no mesmo mármore, un pouco menos dos 600 grs. Déixase algo de fariña por se fai falta para ir secando a masa
- Facer coma un volcán e engadir o azucre, o sal e levadura.
- Bater un pouco o ovo, engadirlle a vainilla.
-Quecer un pouco o leite (20 seg), máis ou menos a temperatura corporal (probalo na pel e comprobar que non o sentimos nin frío, nin quente)
- Incorporar os líquidos á fariña (leite, manteiga, ovo)
- Mesturar todo cunha culler de madeira. Cando se dificulte a terefa, pasar a amasar coa man. Se vemos que se pega ás mans engadimos máis fariña ata que non se pegue. Amasamos ben no mármore, dámoslle uns golpes e amasamos un anaquiño.
- Meter nun bol e tapalo con film, abrigalo un pouco e deixar que levede arredor dunha hora ou hora e media, debe duplicar o volume.
- Pasado o tempo do levedado separamos a masa en dous anacos, un deles máis grande có outro (o grande para a base porque ten que cubrir tamén as parades do molde e o pequeño para a tapa)
- Estirar a masa co rodillo e metela nun molde engraxado ou cuberto con papel de forno.
-Poñer o recheo e tapar co resto da masa que xa está estirada.
- Pintar con ovo por encima e espolborexar un pouco de azucre.

Erros cometidos e cambios para a próxima:
A masa estaba moi boa. De feito coa que sobrou fixen un boliño que estaba riquísimo. O que pasa é que non me parece que sexa a masa axeitada para a empanada de mazá porque era moito pan, eso que a estirei ben. Creo que debo poñerlle menos levadura (pode que con unha culleradiña chegará) ou probar sen ela? Mirarei outras masas.


Do recheo
- Pelar as mazás e cortalas en láminas finas. Poñerlle o azucre e a canela, deixalas un pouco macerar.
- Cando xa estea colocada a masa da base poñer unha capa de mazás, a metade. Cubrir coa metade da marmelada e poñer uns pegotes de manteiga.
- Poñer encima o resto das mazás e o resto da marmelada e outro pouco da manteiga.
- Bater os ovos. Separar un pouco de ovo para logo pintar a masa por encima.
- Engadirlle a nata ós ovos e bater un pouco.
- Introducir o líquido por encima das mazás, intentando que se cole ben por entre elas. (Este paso foi un fracaso total, quería que quedara como flan polo medio, pero para nada. Desde logo así non o volveri a facer. Ademais o líquido saiuse por fóra da masa e fixo que a masa da base estivera moi brandiña, como mollada).

- Tapar co resto da masa e pintar co ovo batido.

- Meter no forno prequentado a 200ºdurante máis ou menos 50 min.
Erros cometidos e cambios para a próxima vez:
1º O que xa comentei da mestura de ovo e nata ou leite. O resultado non foi o esperado. Quixen emular a tarta do outro día que me gustou tanto, pero o resultado foi diferente. Tamén pode ser que fora demasiado líquido e que tiven pouco coidado á hora de introducilo no recheo.
2º A mazá estaba aínda algo crúa, deberíase cociñar antes un pouco?
Vamos que así exactamente non a farei máis terei que ir probando. O peor foron o grosor da masa, que estaba moi húmida na base e o líquido.
Ademais hai que ter en conta que me sobrou masa, polo que, hai que facer menos cantidade.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...