jueves, 23 de diciembre de 2010

GALLETAS DE NADAL

GALLETAS DE NAVIDAD
Coeime con esta entrada. Funa montando durante esta semana e íaa aprazando cada día coa esperanza de poder rematala o mércores. Pero resulta que os plans, ás veces, non son como pensamos. A miña intención era estar na casa pola tarde e poder darlle fin, pero unha comida alargouse ata as 2:30 da mañá. Cando chego a casa, xa sen sono, acórdome da entrada das galletas e de que non está terminada. Dispóñome a terminala porque así non é plan para deixar unha entrada.
Nesta época os blogues están cheos de galletas, preciosas, as cales danme muuuucha envexa. Resulta que non estou capacitada para facer ese tipo de galletas, aínda así, non quixen privarme de facer algo e isto foi o que saíu. Os homiños encántanme e a idea dos bastóns saqueina do blogue de Gabriela, clavo y canela. Así como a idea da masa, a típica 3-2-1 (300 g de fariña, 200 g de manteiga e 100 g de azucre). Levaba un tempo pensando que masa podería usar e ao final decidinme por esta masa sinxela e que sempre resulta deliciosa, aos homiños engadímoslle un pouco de canela e xenxibre para darlle o seu toque especial.
Anima máis facer este tipo de galletas para nenos e ata debe ser unha gozada con eles. Como eu non teño nenos decidín facerllelas para os meus alumnos e ver as cariñas que puñan. A verdade é que lles gustaron moito e fóronse todos contentos ao recreo cos seus galletiñas. Segundo eles estaban moi ricas.

En castellano
Me he colado con esta entrada. La fui montando durante esta semana y la iba aplazando cada día con la esperanza de poder terminarla el miércoles. Pero resulta que los planes, a veces, no son como pensamos. Mi intención era estar en casa por la tarde y poder terminarla, pero una comida se alargó hasta las 2:30 de la mañana. Cuando llego a casa, ya sin sueño, me acuerdo de la entrada de las galletas y de que no está terminada. Me dispongo a terminarla.
En esta época los blogs están llenos de galletas, preciosas, las cuales me dan muuuucha envidia. Resulta que no estoy capacitada para hacer ese tipo de galletas, aún así, no quise privarme de hacer algo y esto fue lo que salió. Los hombrecillos me encantan y la idea de los bastones la saqué del blog de Gabriela, clavo y canela. Así como la idea de la masa, la típica 3-2-1 (300 g de harina, 200 g de mantequilla y 100 g de azúcar). LLevaba un tiempo pensando que masa podría usar y al final me decidí por esta masa sencilla y que siempre resulta deliciosa, a los hombrecillos le añadimos un poco de canela y jengibre para darle su toque especial.
Anima más hacer este tipo de galletas para niños e incluso debe ser una gozada con ellos. Como yo no tengo niños decidí hacérselas para mis alumnos y ver las caritas que ponían. La verdad es que les gustaron mucho y se fueron todos contentos al recreo con sus galletitas. Según ellos estaban muy ricas.


Ingredientes
Para os bastóns
300 grs de fariña
200 de manteiga
100 de azucre
1 ovo
1 pizca de sal
Colorante vermello
Para os homiños
300 grs de fariña
200 grs de manteiga
100 grs de azucre moreno ou de caña
1 ovo
1 pizca de sal
1 culleadiña de canela (das máis pequenas, do café)
1 culleradiña de xenxibre (das máis pequenas do café)

En castellano
Ingredientes
Para los bastones
300 grs de harina
200 de mantequilla
100 de azúcar
1 pizca de sal
1 huevo
Colorante rojo
Para los hombrecitos
300 grs de harina
200 grs de mantequilla
1 huevo
1 pizca de sal
1 cucharadita de canela (de las más pequeñas, del café)
1 cucharadita de jengibre (de las más pequeñas del café)


Realización
Para os homiños
- Tamizamos a fariña. Incorporamos o azucre (para os homiños o moreno) e o sal. No caso dos homiños añadimos tamén a canela e o xenxibre. Mezclamos un pouco e engadimos a manteiga cortada en dados.
- Fregamos todo coas mans ata que a manteiga se mesture ben coa fariña.
- Batemos o ovo e incorporámolo. Seguimos amasando ata que se forme a masa compacta.
- Estiramos a masa encima dun papel de forno e metémola na neveira. Pasada media hora xa a podemos cortar e ir depositando os homiños nunha bandexa de forno cuberta con papel de fornear.
- Cando acabamos de cortar, xuntamos a masa e volvemos a estirar, volvemos a cortar e así ata que acabemos a masa.



Para os bastóns:
- O procedemento é o mesmo, pero con azucre branco e sen canela e xenxibre (tamén se lle pode poñer). Unha vez formada a masa, pesámola e dividímola en dúas partes do mesmo peso. A unha delas engadímoslle o colorante e amasamos. Pode que se abrande un pouco, podemos engadir unha pouca fariña.
- Collemos porcións e facemos rulos das dúas cores, do mesmo tamaño e do tamño que queiramos que sexan os bastóns. Enrolamos os dous rulos e dámoslle forma de bastón.
- Ímolos depositando nunha bandexa de forno cuberta con papel de fornear. Metémolos un pouco na neveira.
- Métense no forno prequentado a 170º durante uns 20 minutos, na parte central do forno. Nos últimos 5 minutos subo a bandexa para que se doren por encima (supoño que isto dependerá de cada forno).


Realización
Para los hombrecitos
- Tamizamos la harina. Incorporamos el azúcar ( el moreno) y la sal. Añadimos también la canela y el jengibre. Mezclamos un poco y añadimos la mantequilla cortada en dados.
- Frotamos todo con las manos hasta que la mantequilla se mezcle bien con la harina.
- Batimos el huevo y lo incorporamos. Seguimos amasando hasta que se me forme una masa compacta.
- Estiramos la masa encima de un papel de horno y la metemos en la nevera. Pasada media hora ya la podemos cortar e ir depositando los hombrecitos en una bandeja de horno cubierta con papel de hornear.
- Cuando acabamos de cortar, juntamos la masa y volvemos a estirar, volvemos a cortar y así hasta que acabemos la masa.
Para los bastones:
- El procedimiento es el mismo, pero con azúcar blanco y sin canela y jengibre (también se le pode poner).
- Una vez formada la masa, la pesamos y la dividimos en dos partes del mismo peso.A una de ellas le añadimos el colorante y amasamos. Puede que se ablande un poco, podemos añadir un poco harina.
- Cogemos porciones y hacemos rulos de los dos colores, del mismo tamaño y del tamaño que queramos que sean los bastones. Enrollamos los dos rulos y le damos forma de bastón.
- Los vamos depositando en una bandeja de horno cubierta con papel de hornear. Los metemos un poco en la nevera.
- Se meten en el horno precalentado a 170º durante unos 20 minutos, en la parte central del horno. En los últimos 5 minutos subo la bandeja para que se doren por encima (supongo que esto dependerá de cada horno.)



sábado, 18 de diciembre de 2010

ESPIRAIS DE CABAZA E CANELA

ESPIRALES DE CALABAZA Y CANELA
Xa dixen no pastel de cabaza que o descubrimento da cabaza nos doces, foi o descubrimento do ano. Agora quéroa probar con todo. E todo o que probo está boísimo. Estas espirais vinas en Food & Cook, e non o dubidei. Están deliciosas. Ó mellor tamén é porque este tipo de masas son a miña debilidade, sigo dicindo que son unha pasada de boas. E ese toque da canela fanas inmellorables.
Non me quedaron moi bonitas e penso que foi porque non estirei suficiente a masa, debía ter présa, ademáis parece máis gorda por uns sitios que por outros, aínda así decidín publicalas igual porque valen moito a pena e para a próxima tentarei estirar máis a masa e listo. É certo que moito cómese coa vista, pero a estas unha vez que as saboreas non te acordas do seu aspecto.
En castellano
Ya dije en el pastel de calabaza que el descubrimiento de la calabaza en los dulces, fue el descubrimiento del año. Ahora la quiero probar con todo. Y todo lo que pruebo está buenísimo. Estas espirales las vi en Food & Cook, y no lo dudé. Están deliciosas. A lo mejor también es porque este tipo de masas son mi debilidad, sigo diciendo que son una pasada de buenas. Y ese toque de la canela las hacen inmejorables.
No me quedaron muy bonitas y pienso que fue porque no estiré suficiente la masa, debía tener prisa, ademas parece más gorda por unos sitios que por otros, aun así decidí publicarlas igual porque valen mucho la pena y para la próxima intentaré estirar más la masa y listo. Es cierto que mucho se come con la vista, pero a éstas una vez que las tienes en las saboreas no te acuerdas de su aspecto.




Ingredientes
Masa
300 gr de pure de cabaza
2 ovos
4 culleres de auga
60 gr de manteiga
700 gr de fariña de forza
2 cullradas de leite en po
1 culleradiña de canela
1/2 culleradiña de xenxibre en po
3 culleradas de azucre moreno
1 culleradiña de sal
2 sobres de fermento de panadería, utilicei vahiné, que son de 4,6 g cada un
Recheo
40 gr. de manteiga a temperatura ambiente
80 gr. de azucre
20 gr. de azucre moreno
8 gr. de canela, na receita orixinal dicía 20 gr, pero me pareceu tanta que parei en 8
Glaseado
1 cunca de azucre glas
leite tépedo
En castellano
Ingredientes
Masa
300 gr de pure de calabaza
2 huevos
4 cucharas de agua
60 gr de mantequilla
700 gr de harina de fuerza
2 cucharadas de leche en polvo
1 cucharadita de canela
1/2 cucharadita de jengibre en polvo
3 cucharadas de azúcar morena
1 cucharadita de sal
2 sobres de levadura de panadería, utilicé vahiné, que son de 4,6 g cada uno
Relleno
40 gr. de mantequilla a temperatura ambiente
80 gr. de azúcar
20 gr. de azúcar morena
8 gr. de canela, en la receta original decía 20 gr, pero me pareció tanta que paré en 8
Glaseado
1 taza de azúcar glas
leche templada



Elaboración
O primeiro que faremos será o puré de cabaza. Partiremos a cabaza pola metade e limparemos, quitando as pipas. Nunha bandexa con papel de aluminio colocaremos as dúas metades boca abaixo. Introducirémolas no forno previamente quentado a 160º, durante 1 hr. Hai que ter en conta o tamaño da cabaza, a que utilicei era de algo máis dun quilo. Estará cando ao picala cun grafo estea branda. Unha vez fría, sacamos, cunha culler, a polpa da cabaza e coa axuda dun coador, imos eliminando todo a auga que ten presionando cunha culler, ata conseguir que quede soa a polpa. Eu  pásoa no batidor eléctrico para que quede máis finiña. A que utilicei nestas espirais conxeleina e estaba perfectamente, só temos que acordarnos de sacala cunhas 12 hr de antelación. Unha vez desconxelada volvín a metela nun coador.
Para facer a masa: tamizamos a fariña, incorporamos o fermento, mesturamos. Engadimos a manteiga fregándoa coa fariña ata que quede ben integrada. Incorporamos a canela, o xenxibre, o leite en po e o azucre e mesturamos.
Po último engadimos os líquidos: puré, auga (lixeiramente tépeda) e ovos batidos. Amasamos ata que os ingredientes se vaian amalgamando e cando empece a formar masa engadimos o sal. Seguimos amasando ata formar unha masa elástica que non se pegue ás mans, se isto ocorre podemos engadir un pouco máis de fariña, pero sempre pouca de cada vez, espolvoreando na mesa de traballo.
Deixamos fermentar nun bol lixeiramente engraxado con aceite, e tapado cun filme ou un pano de cociña, durante 1 hora e media (ata que dobre o volume).
A nosa masa xa está lista, así que agora procedemos a estirala cun rodete de cociña enfariñado ata formar un rectángulo. Eu creo que a estirei pouco, por iso teñen poucas voltas as espirales.
Sobre a nosa masa estendida pincelamos coa manteiga e asperxémolo co azucre e a canela, seguidamente enrolámolo e cortámolo en anacos duns 2,5 ou 3 centímentros, Pasamos a unha bandexa de fornear, (colocámolos separados a unha distancia duns 2 cm, desta forma non se tocarán cando aumente a masa) e volvémolos a tapar cun pano de cociña e deixámolos que dupliquen o seu tamaño novamente.
Prequeentamos o forno a 180 graos e deixámolos fornear durante uns 15-20 minutos ou ata que estean dourados.
Deixámolos amornar e engadímoslle o glaseado, que preparariamos engadindo o leite ao azucre ata que quede disolta e cunha textura homogénea. (eu non fixen tanta cantidade como di a receita). Simplemente puxen azucre glass nun vaso e engadinlle unhas pingas de leite, non é necesaria moita enseguida faise pasta, cada un elixe o líquido que o quere.


En castellano
Elaboración
Lo primero que haremos será el puré de calabaza. Partiremos la calabaza por la mitad y limpiaremos, quitando las pipas. En una bandeja con papel de aluminio colocaremos las dos mitades boca abajo. Las introduciremos en el horno previamente calentado a 160º, durante 1 hr. Hay que tener en cuenta el tamaño de la calabaza, la que utilicé era de algo más de un kilo. Estará cuando al pincharla con un tenedor esté blanda. Una vez fría, sacamos, con una cuchara, la pulpa de la calabaza y con la ayuda de un colador, vamos eliminando todo el agua que tiene presionando con una cuchara, hasta conseguir que quede sola la pulpa. Yo la paso en la batidora para que quede más finita. La que utilicé en estas espirales la congelé y estaba perfectamente, solo tenemos que acordarnos de sacarla con unas 12 hr de antelación. Una vez descongelada volví a ponerla en un colador.
Para hacer la masa: tamizamos la harina, incorporamos la levadura, mezclamos. Añadimos la mantequilla frotándola con la harina hasta que se quede bien integrada. Incorporamos la canela, el jengibre, la leche en polvo y el azúcar y mezclamos.
Po último añadimos los líquidos: puré, agua (ligeramente templada) y huevos batidos. Amasamos hasta que los ingredientes se vayan amalgamando y cuando empiece a formar masa añadimos la sal. Seguimos amasando hasta formar una masa elástica que no se pegue a las manos, si esto ocurre podemos añadir un poco más de harina, pero siempre poca de cada vez, espolvoreando en la mesa de trabajo. El amasado tiene que ser de unos 15 minutos o más si se quiere.
Dejamos fermentar en un bol ligeramente engrasado con aceite, y tapado con un film o un paño de cocina, durante 1 hora y media.
Nuestra masa ya está lista, así que ahora procedemos a estirarla con un rodillo de cocina enharinado hasta formar un rectángulo. Yo creo que la estiré poco, por eso tienen pocas vueltas las espirales.
Sobre nuestra masa extendida pincelamos con la mantequilla y lo rociamos con el azúcar y la canela, seguidamente lo enrollamos y lo cortamos en trozos de unos 2,5 o 3 centimentros, Pasamos a una bandeja de hornear, (los colocamos separados a una distancia de unos 2 cm, de esta forma no se tocarán cuando aumente la masa) y los volvemos a tapar con un paño de cocina y los dejamos que dupliquen su tamaño nuevamente.
Precalentamos el horno a 180 grados y los dejamos hornear durante unos 15 minutos o hasta que estén dorados
Los dejamos entibiar y le añadimos el glaseado, que habremos preparado añadiendo la leche al azúcar hasta que quede disuelta y con una textura homogénea. (yo no hice tanta cantidad como dice la receta). Simplemente puse azúcar glass en un vaso y le añadí unas gotas de leche, no es necesaria mucha enseguida se hace pasta, cada uno elige lo líquido que lo quiere.



miércoles, 15 de diciembre de 2010

BOLIÑOS DE COCO (COQUIÑOS OU COCADAS)

COQUITOS
Esta delicia tan sinxela débolla a María de Cocinando con mamá. En canto os vin sabía que os faría, ao meu pai encántanlle os doces de coco e quen se pode resistir a facer estes boliños? Nun pispás xa están feitos. É que o teñen todo, sinxelísimos e bos, bos.
Na receita orixinal tiña a metade dos ingredientes, pero como me pareceron poucos pois dupliqueinas e non foron demasiados, saen sobre uns 20. Repetireinos moitas veces, sen dúbida. Grazas María por esta superreceta.
En castellano
Esta delicia tan sencilla se la debo a María de Cocinando con mamá. En cuanto los vi sabía que los haría, a mi padre le encantan los dulces de coco y quien se puede resistir a hacer estos bollitos? En un pispás ya están hechos. Es que lo tienen todo, sencillísimos y buenos, buenos.
En la receta original tenía la mitad de los ingredientes, pero como me pareció poco pues los dupliqué y no fueron demasiados, no llegaron a nada, salen sobre unos 20. Los repetiré muchas veces, sin duda. Gracias María por esta superreceta.



Ingredientes
- 250 g de coco relado
- 200 g de azucre
- 4 ovos 
Elaboración
-Batemos os ovos e engadímoslle o coco e o azucre. Mesturamos ben. Facemos boliñas ou montiños e ímolos depositando nunha bandexa de forno cuberta con papel de fornear.
- Métense en forno prequentado a 180º-200º durante non menos de 20 minutos. Debemos vixiar e cando estean douradiños xa os podemos sacar. Coidado que ninguén se escalde que co bos que están comense sos. Primeiro ten que arrefriar.



En castellano
Ingredientes
- 250 g de coco rallado
- 200 g de azúcar
- 4 huevos
Elaboración
-Batimos los huevos y le añadimos el coco y el azúcar. Mezclamos bien. Hacemos bolitas o montoncitos y los vamos depositando en una bandeja de horno cubierta con papel de hornear.
- Se meten en horno precalentado a 180º-200 durante no menos de 20 minutos. Debemos vigilar y cuando estén doraditos ya los podemos sacar. Cuidado que nadie se escalde que con lo buenos que están se comen solos. Primero tiene que enfriar.



domingo, 12 de diciembre de 2010

TORTA CHOCO-QUEIXO

TARTA CHOCO-QUESO
Teño unha chea de receitas atrasadas, ultimamente fago moitas cousiñas e todas moi ricas, non como fai unha tempada que todo o que facía saía mal. Teño que ir parando, máis que nada para que me vaia dando tempo a poder publicalo e organizalo aquí.
A pesar de que teño varias receitas esta é a última, aínda a fixen onte. Tíñamos comida na casa de Helena e sempre me como a cabeza a ver que levo e que guste a todos, a máis complicada é Helena, que non lle gusta case ningún doce, de feito este non llegustou demasiado. A verdade é que me complico porque quero dado ela con un biscoito xa é feliz, non me mato máis. Aínda que ninguén me pode negar que a torta é unha preciosidade. En canto a vin no blogue Dulce y salado souben que a ía facer e que non quedaría sen probala.

En castellano
Tengo un montón de recetas atrasadas, últimamente hago muchas cositas y todas muy ricas, no como hace una temporada que todo lo que hacía salía mal. Tengo que ir parando, más que nada para que me vaya dando tiempo a poder publicarlo y organizarlo aquí.
A pesar de tener varias recetas, esta es la última, la hice ayer. Tuvimos comida en casa de Helena y siempre me rompo la cabeza a ver que llevo y que guste la todos, la más complicada es Helena, que no le gusta casi ningún dulce, de hecho este no le gustó demasiado. La verdad es que me complico porque quiero dado ella con un bizcocho ya es feliz, no me esfuezo más. Aunque nadie me puede negar que la tarta es una preciosidad, propia de presentar en las mesas en estas fiestas. En cuanto la vi en el blog Dulce y salado supe que la iba a hacer y que no quedaría sin probarla


Ingredientes
Ingredientes para o biscoito
3 ovos
200 g. de azucre
1 iogur
200 ml. de aceite de xirasol
200 g. de fariña
2 papelinas de gasificante (branca e morada) (das que venden no mercadona, marca hacendado) 
un chisco de sal
Ingredientes para o recheo
5 follas de xelatina
500 g. de queixo crema (neste caso metade e metade de philadelphia e mascarpone)
100 g. de azucre glass
200 g. de iogur grego
3 culleradas de leite
200 g. de chocolate fondant
1 cullerada de manteiga
Almíbar
100 ml. de ron
100 ml. de auga
50 g. de azucre



En castellano
Ingredientes
Ingredientes para el bizcocho
3 huevos
200 g. de azúcar
1 yogur
200 ml. de aceite de girasol
200 g. de harina
2 papelinas de gasificante (blanca y morada) (de las que venden en el mercadona, marca hacendado)
una pizca de sal
Ingredientes para el relleno
5 hojas de gelatina de 10 g cada una
500 g. de queso crema (philadelphia + mascarpone)
100 g. de azúcar glas
200 g. de yogur griego
3 cucharadas de leche
200 g. de chocolate fondant
1 cucharada de mantequilla
Almibar
100 ml. de ron
100 ml. de agua
100 g. de azúcar



Realización
Do biscoito
- Bater os ovos xunto co azucre, ata que dobren o volume.
- Engadir o iogur e o aceite e bater suavemente, para que non baixe o volume dos ovos.
- Agregar a fariña tamizada, xunto coas gasosas e o sal, e mesturar de novo.
- Botar a mestura nun molde desmontable, que teremos untado con manteiga e fariña, e meter en forno precalentado a 170º uns 35 minutos ou ata que ao picar no centro, vexamos que o biscoito xa está seco.
- Sacar do forno e en canto amorne, desmoldar e colocar sobre unha grella para que arrefríe.

Preparación da Crema
- Pór as follas de xelatina a remollar en auga para que se hidraten.
- Fundir o chocolate xunto coa manteiga no microondas vixiando cada 20 sg para que non se queime.
- Bater o queixo co azucre ata conseguir unha mestura cremosa.
- Engadir o iogur e bater de novo.
- Quentar no microondas o leite e mesturar coa xelatina escorrida. Mesturar de novo todo o conxunto ata lograr unha crema homoxénea



Almíbar
- Quentar todo nun cazo deixando que ferva durante 5 minutos. Os líquidos podemos combinalos como queramos máis ou menos cantidade de licor ou de auga.

Montaxe da torta - Partir o biscoito pola metade e empapar as dúas capas co almíbar.
- Colocar unha das capas como base, dentro dun molde desmontable e verter a crema preparada por encima.
- Tapar coa outra capa de bizcocho e meter no frigorífico unhas horas, ata que a crema adquira consistencia. - Sacar e adornar con chocolate raiado branco e con leite e bólas de chocolate. As bólas de chocolate molleinas en chocolate derretido para que quedasen fixas e non escapasen rodando.



En castellano
Elaboración
Preparación del bizcocho
- Batir los huevos junto con el azúcar, hasta que doblen su volumen.
- Añadir el yogur y el aceite y batir suavemente, para que no baje el volumen de los huevos.
- Agregar la harina tamizada, junto con las gaseosas y la sal, y mezclar de nuevo.
- Echar la mezcla en un molde desmontable, que tendremos untado con mantequilla y harina, y meter en horno precalentado a 170º unos 35 minutos o hasta que al pinchar en el centro, veamos que el bizcocho ya está seco.
- Sacar del horno y en cuanto entibie, desmoldar y colocar sobre una rejilla para que enfríe.
Preparación de la Crema
- Poner las hojas de gelatina a remojar en agua para que se hidraten.
- Fundir el chocolate junto con la mantequilla en el microondas vigilando cada 20 sg para que no se queme.
- Batir el queso con el azúcar hasta conseguir una mezcla cremosa.
- Añadir el yogur y batir de nuevo.
- Calentar en el microondas la leche y mezclar con la gelatina escurrida. Mezclar de nuevo todo el conjunto hasta lograr una crema homogénea



Almíbar
- Calentar todo en un cazo dejando que hierva durante 5 minutos. Los líquidos podemos combinarlos como queramos más o menos cantidad de licor o de agua.

Montaje de la tarta
- Partir el bizcocho por la mitad y empapar las dos capas.
- Colocar una de las capas como base, dentro de un molde desmontable y verter la crema preparada por encima.
- Tapar con la otra capa de bizcocho y meter en el frigorífico unas horas, hasta que la crema adquiera consistencia.
- Sacar y adornar con chocolate rallado blanco y con leche y bolas de chocolate. Las bolas de chocolate las mojé en chocolate derretido para que se quedasen fijas y no escaparan rodando.




martes, 7 de diciembre de 2010

PASTEL DE CABAZA

PASTEL DE CALABAZA
Ultimamente deume a febre da cabaza, antes só a usaba para facer cremas, combinada con outras hortalizas. Pero desde que descubrín a introducción da cabaza no mundo doce é un non parar, encántame. A combinación da cabaza coas especies típicas é unha auténtica delicia. De feito descubrín un xeito distinto de facer a crema que me encanta, xa o contarei máis adiante.
Este pastel xa o fixen en dúas ocasións, a primeira foi nos moldes individuais, por medo a que non nos gustara demasiado así parece coma se fose menos, aínda que a cantidade é a mesma. A verdade é que nas tataletas individuais queda moi bonita a presentación. Esta cantidade da para uns 10 moldes de 12 cm e o molde grande é de 27 cm . Eu só teño 4 moldes dos pequenos e sobroume masa do recheo entón decidín agregarlle un pouco de fariña e de aceite e facer un delicioso biscoito.
Esta receita está copiada dun blogue que descubrín fai pouco e que me encantan todas as súas propostas e presentacións, o blogue chámase El día más dulce, á vez tamén sacou a idea de outro blogue de referencia neste mundiño Food & Cook. E o mellor de todo é que cada unha de nós con unha idea inicial dámoslle o noso toque persoal, fantástico este mundiño, non?


En castellano
Últimamente me dio la fiebre de la calabaza, antes sólo la usaba para hacer cremas, combinada con otras hortalizas. Pero desde que descubrí la introducción de la calabaza en el mundo dulce es un no parar, me encanta. La combinación de la calabaza con las especies típicas es una auténtica delicia. De hecho, descubrí una manera distinta de hacer la crema que me encanta, ya lo contaré más adelante.
Este pastel ya lo hice en dos ocasiones, la primera fue en los moldes individuales, por miedo a que no nos gustara demasiado, así parece como si fuera menos, aunque la cantidad es la misma. La verdad es que en las tataletas individuales queda muy bonita la presentación. Esta cantidad da para unos 10 moldes de 12 cm y el molde grande es de 27 cm . Yo sólo tengo 4 moldes de los pequeños y me sobró masa del relleno entonces decidí agregarle un poco de harina y de aceite y hacer un delicioso biscoito. 
Esta receta está copiada de un blog que descubrí hace poco y que me encantan todas sus propuestas y presentaciones, el blog se llama El día más dulce, a la vez también sacó la idea de otro blog de referencia en este mundillo, Food & Cook. Y lo mejor de todo es que cada una, con una idea inicial le damos nuestro toque personal, fantástico este mundillo, no?



Ingredientes
Para a masa:
250 grs. de fariña de trigo
100 grs. de manteiga
75 g de azucre
1 ovo
1 chisco de sal
Para o recheo:
200 gr de azucre de cana
1 cda de maicena
½ cdta de sal
1 cdta de canela (das pequenas de café)
½  culleradiñade xenxibre
A punta do coitelo de noz moscada e de cravo
400 gr de puré de cabaza
3 ovos
200 ml de nata




En castellano
Ingredientes
Para la masa:
250 grs. de harina de trigo
100 grs. de mantequilla
75 g de azúcar
1 huevo
1 pizca de sal
Para el relleno:
200 gr de azúcar de caña
1 cda de maicena
½ cdta de sal
1 cdta de canela (de las pequeñas de café)
½ cdta de jengibre
La punta del cuchillo de nuez moscada y de clavo
400 gr de puré de calabaza
3 huevos
200 ml de nata



Elaboración
Masa
- Mesturar a fariña co azucre e o sal. Incorporar a manteiga fregando cos dedos ata que se forme unha textura areosa. Agregar o ovo e formar a masa. Métese na neveira durante 30 minutos a 1 hora ( ou uns 15-20 min no conxelador, así é máis rápido)
- Unha vez un pouco endurecida a masa estírase. Eu fágoo encima dun papel de fornear.
- Colócase a masa, coa axuda do papel de fornear nun molde engraxado e enfariñado. Pasamos o rodete polos bordos do molde e retiramos a masa sobrante, coa que podemos facer unhas galletas ou cubrir unhas tarteletas máis pequenas. Picamos a masa cun garfo.
Neste punto quero facer unhas puntualizacións: A masa logo de pasarlle o rodete parece que está moi grosa no bordo, déixase así, porque se se deixa máis fina é moi difícil de despegar, só se retiran ben os restos de masa. O molde ideal é un molde baixiño, estriado e de metal e se é antiadherente mellor.
- Cubrimos a masa con papel de fornear e encima colocamos uns garavanzos.
- Introducimos no forno prequentado a 180º durante 15 minutos. Nos últimos 5 minutos retirei o papel cos garavanzos.


Recheo
O primeiro que faremos será o puré de cabaza. Partiremos a cabaza pola metade e limparemos, quitando as pipas. Nunha bandexa con papel de aluminio colocarémolas dúas metades boca abaixo. Introducirémolas no forno previamente quentado a 160º, durante 1 hr., hai que ter en conta o tamaño da cabaza, a que utilicei era de algo máis dun quilo. Unha vez fría, sacaremos a polpa con axuda dunha culler.
Para o recheo: mesturamos os ovos co azucre, cando estean ben integrados, engadimos a maicena, o sal e as especies. Para rematar engadiremos o puré de cabaza, e mesturaremos coas variñas e iremos engadindo a nata aos poucos ata que quede unha mestura homoxénea.
Estenderemos o recheo encima da masa crebada e fornearemos a 180º na parte inferior do forno entre 30 e 45 minutos (debemos comprobalo con una aguja, cuando salga seca es que estará listo).



En castellano
Elaboración
Masa
- Mezclar la harina con el azúcar y la sal. Incorporar la mantequilla frotando con los dedos hasta que se forme una textura arenosa. Agregar el huevo y formar la masa. Se mete en la nevera durante 30 minutos a 1 hora ( o unos 15-20 min en el congelador, así es más rápido)
- Una vez un poco endurecida la masa se estira. Yo lo hago encima de un papel de hornear.
- Se coloca la masa, con la ayuda del papel de hornear en un molde engrasado y enharinado. Pasamos el rodillo por los bordes del molde y retiramos la masa sobrante, con la que podemos hacer unas galletas o cubrir unas tarteletas más pequeñas. Pinchamos la masa con un tenedor.
En este punto quiero hacer unas puntualizaciones: La masa después de pasarle el rodillo parece que está muy gruesa en el borde, se deja así, porque si se deja más fina es muy difícil de despegar, solo se retiran bien los restos de masa. El molde ideal es un molde bajito, estriado y de metal y si es antiadherente mejor. Yo lo hice en un molde de cristal.
- Cubrimos la masa con papel de hornear y encima colocamos unos garbanzos.
- Introducimos en horno precalentado a 180º durante 20 minutos. En los últimos 5 minutos retiré el papel con los garbanzos. Cuando vemos que los bordes están dorados, retiramos y dejamos enfriar.



Relleno
Lo primero que haremos será el puré de calabaza. Partiremos la calabaza por la mitad y limpiaremos, quitando las pipas. En una bandeja con papel de aluminio colocaremo las dos mitades boca abajo. Las introduciremos en el horno previamente calentado a 160º, durante 1 hr. hay que tener en cuenta el tamaño de la calabaza, la que utilicé era de algo más de un kilo. Una vez fría, sacaremos la pulpa con ayuda de una cuchara.
Para el relleno: mezclamos los huevos con el azúcar, cuando estén bien integrados, añadimos la maicena, la sal y las especies. Por último añadiremos el puré de calabaza, y mezclaremos con las varillas e iremos añadiendo la nata poco a poco hasta que quede una mezcla homogénea.
Extenderemos el relleno encima de la masa quebrada y hornearemos a 180º en la parte inferior del horno entre 30 y 45 minutos (para estar seguros lo comprobamos con una aguja, si sale seca es que está listo)


BISCOITO DE CABAZA
A primeira vez que fixen o pastel sobroume masa do recheo e decidín incorporarlle 200 g de fariña, unha cullerada de fermento royal e 50 g de aceite de xirasol. Mesturar ben. Meter no forno prequentado a 180º durante unha media hora e resultou un biscoito do máis rico. De todos xeitos dentro dos meus plans está facer un biscoito.
BIZCOCHO DE CALABAZA
La primera vez que hice el pastel me sobró masa del relleno y decidí incorporarle 200 g de harina, una cucharada de levadura royal y 50 g de aceite de girasol. Mezclar bien. Meter en el horno precalentado a 180º durante una media hora y resultó un biscoito de lo más rico. De todas maneras dentro de mis planes está hacer un biscoito.




sábado, 4 de diciembre de 2010

GALLETAS DE AMORODOS

GALLETAS DE FRESAS
Andá, pero se eu tiña un blogue no que ía anotando as miñas comidiñas e experimentos. Olvidado teño o mundo blogueril.  Por falta de tempo?? Pode ser, pero as máis das veces é por falta de ganas. Ultimamente nin visito as cociñas amigas, levo algo máis dunha semana case totalmente desconetada. Cociñar aínda cociño e disfruto de algún que outro manxar, pero cada vez odio máis o das fotos e o de redactar. Se teño que empregar o tempo prefiro facelo en cociñar, pero claro, o obxectivo deste blogue, que era ter todas as receitas ben ordenadas e anotadas, xa non se cumple. E por encima por aí hai uns blogues cunhas fotazos tan chulas coas que morro de envexa que se me quitan as ganas de quitar fotos.
Estas galletiñas namoreime delas en canto llelas vin a Natalia de Cocino y disfruto (ultimamente case non preciso blogue podo usar o seu de cabeceira, xa son dúas receitas seguidas as que lle copio). Un día entrando no carrefur vexo na entrada un expositor con froitas deshidratadas, como unha posesa póñome a miralas e comprei as fresas e as cereixas. Aquí non había fresas deshidratadas en ningún super, se as quería tiña que ir a algún mercadona. As galletas tíñaas reservadas para cando conseguira as fresas e resulta que a última vez que fun ó mercadona  non as había. Así que é de supoñer a miña alegría cando as vin alí tan tentadoras, pero tamén tan caras... Logo descubrín que tamén as teñen no Gadis a mellor precio e máis sabrosas. Agora xa non teño desculpa para facer cousiñas con estas delicias.
As galletiñas eu denomínaríaas de delicatesen. Para o meu gusto son algo doces de máis, quitaríalle azucre, co doce do chocolate branco e das fresas xa ten bastante.



En castellano
Andá, pero se yo tenía un blog en el que iba anotando mis comiditas y experimentos. Olvidado tengo el mundo blogueril. Por falta de tiempo?? Puede ser, pero las más de las veces es por falta de ganas. Últimamente ni visito las cocinas amigas, llevo algo más de una semana casi totalmente desconectada. Cocinar aún cocino y disfruto de algún que otro manjar, pero cada vez odio más lo de las fotos y lo de redactar. Si tengo que emplear el tiempo prefiero hacerlo en cocinar, pero claro, el objetivo de este blog, que era tener todas las recetas bien ordenadas y anotadas, ya no se cumple. Y por encima por ahí hay unos blogs con unas fotazos tan chulas con las que muero de envidia, que se me quitan las ganas de quitar fotos.
De estas galletitas me enamoré de ellas en cuanto se las vi a Natalia de  Cocino y disfruto (últimamente casi no preciso blog puedo usar el suyo de cabecera, ya son dos recetas sucesivas las que le copio). Un día entrando en el carrefur veo en la entrada un expositor con frutas deshidratadas, como una posesa me pongo a mirarlas y compré las fresas y las cerezas. Aquí no había fresas deshidratadas en ningún super, si las quería tenía que ir a algún mercadona. Las galletas las tenía reservadas para cuando consiguiera las fresas y resulta que la última vez que fui al mercadona no las había. Así que es de suponer mi alegría cuando las vi allí tan tentadoras, pero también tan caras... Luego descubrí que también las tienen en el Gadis a mejor precio y más sabrosas. Ahora ya no tengo disculpa para hacer cousitas con estas delicias.
Las galletitas las denomínaría de delicatesen. Para mi gusto son algo dulces de más, le quitaría azúcar, con el dulce del chocolate blanco y de las fresas ya tiene bastante



Ingredientes
250 gr de manteiga
70 gr de azucre glass
260 gr de fariña de repostería
Unha cullerada de nata líquida
1/4 cucharadita de sal
100 gr de chocolate branco
240 gr de fresas deshidratadas
En castellano
Ingredientes
250 gr de mantequilla
70 gr de azúcar glas
260 gr de harina de repostería
Una cucharada de nata líquida
1/4 cucharadita de sal
100 gr de chocolate blanco
240 gr de fresas deshidratadas



Elaboración
- Sacamos a manteiga con tempo para que se vaia abrandando.
- Batemos a manteiga co azucre glass ata fomar unha pasta.
- Engadimos a fariña (eu funa tamizando e incorporando aos poucos), a nata e o sal.
- Mesturamos ben ata que estea ben homoxénea a masa.
- Na receita orixinal fala de pingas de chocolate, pero eu como no pobo non encontro pois pico o chocolate branco ben finiño na picadora.
- Deixamos de bater e incorporamos o chocolate e as fresas deshidratadas troceadas, mesturándoos ben para que se repartan por toda a masa.
-A masa queda bastante branda e pegañenta. Teremos que metela na neveira para poder cortala. O mellor é estirala entre dous papeis para que cando a saquemos da neveira xa estea en forma de placa e poidamos facer as formas directamente. Debemos deixala bastante gorda diría que de case un par de cms. No meu caso estivo unhas tres horas na neveira, faille falta bastante tempo para estea ben dura.
- Unha vez que a masa está ben dura pasamos a cortala con un cortapastas, mellor cunha forma sinxela e facer rápido o proceso de cortado para que a masa non se abrande. A medida que as imos cortando depositámolas nunha praca de forno forrada con papel de fornear. Non está de máis volver a bandexa coas galletas á neveira mentras se quenta o forno.
- Prequentamos o forno a 160º, e xusto antes de metarlas baixámolo a 150º. Forneámolas uns 30 minutos. Saberemos que están listas cando empecen a dourarse os bordos.
- Apagamos o forno e deixámolas 5 minutitos dentro coa porta entreaberta.
- Cando as saquemos, é importante non sacalas da bandexa nin tocalas, xa que son moi moi brandiñas.

A ter en conta:
- Cortar a masa tirando a gordita senón vai espallando perde forma. O dobre do que queiramos que teña despois de grosor.
- O da temperatura é moi importante.
- A masa hai que metela na neveira logo de darlle forma, imprescindible



En castellano
Elaboración
- Sacamos la mantequilla con tiempo para que se vaya ablandando.
- Batimos la mantequilla con el azúcar glass hasta fomar una pasta.
- Añadimos la harina (yo la fui tamizando e incorporando poco a poco), la nata y la sal.
- Mezclamos bien hasta que esté bien homogénea la masa.
- En la receta original habla de gotas de chocolate, pero yo como en el pueblo no encuentro pues pico el chocolate blanco bien finiño en la picadora.
- Dejamos de batir e incorporamos el chocolate y las fresas deshidratadas troceadas, mezclándolos bien para que se repartan por toda la masa.
-La masa quedaa bastante blanda y pegajosa. Tendremos que meterla en la nevera para poder cortarla. LO mejor es estirarla entre dos papeles para que cuando la saquemos de la nevera ya esté en forma de placa y podamos hacer las formas directamente. Debemos dejarla bastante gorda diría que de casi un par de cms. En mi caso estuvo unas tres horas en la nevera, le hace falta bastante tiempo para esté bien dura.
- Una vez que la masa está bien dura pasamos a cortarla con un cortapastas, mejor con una forma sencilla y hacer rápido el proceso de cortado para que la masa no se ablande. A medida que las vamos cortando las depositamos en una placa de horno forrada con papel de hornear. No está de más volver la bandeja con las galletas a la nevera mientras se calienta el horno.
- Precalentamos el horno a 160º, y justo antes de metarlas lo bajamos a 150º. Las horneamos unos 30-40 minutos. Sabremos que están listas cuando empiezan a dorarse los bordes.
- Apagamos el horno y las dejamos 5 minutitos dentro con la puerta entreaberta.
- Cuando las saquemos, es importante no sacarlas de la bandeja ni tocarlas, ya que son muy muy blanditas.

A tener en cuenta:
- Cortar la masa tirando a gordita sino se va desparramando y pierde forma. El doble del que queramos que tenga después de grosor.
- Lo de la temperatura es muy importante.
- La masa hay que meterla en la nevera después de darle forma, imprescindible.




Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...