sábado, 15 de agosto de 2009

EMPANADA DE BACALLAO CON PASAS

Son unha repugnante para as empanada. As que máis me gustan son as compradas. Como farán esa masa? Pois hoxe conseguín facer unha masa moi similar, riquísima. Esta masa copieina do blogue de Ana ,"Y un toque de pimienta". Sencilliña de facer, pero espectacular de sabor. Aínda que miña nai díxome que xa a fixo varias veces así, o que pasa é que ela case sempre fai as empanadas de peixe e éstas requiren masa de pan, por iso non recordo que fixera esta masa.
Teño que probar outra masa que propón Nenalinda, xa a ía probar hoxe, comprei a cervexa e todo, pero cando vin que había que fritir pan no aceite, cambiei de idea porque non tiña pan, outro día.



Ingredientes
Para a masa
1 vaso de aceite
1 vaso de leite
1 vaso de viño branco (eu puxen albariño)
1 culleradiña de sal
1 kg de fariña, da cal unha terceira parte era de forza ( non sei moi ben por qué a puxen, pero pareceume que ía quedar mellor)
1 sobre de levadura Royal ( este ingrediente non estaba na que copiei, pero púxeno, para probar se podía quedar máis esponxada, e quedou, non sei como sería sen el, pero con el quedou moi ben)
Un ovo para pintar a masa
Do recheo
500-600 grs de bacallao salgado en migas
150 grs de pasas (a gusto)
2 cebolas
3 dentes de allo
Medio vaso de aceite
Elaboración
Da masa
- Mesturamos todos os líquidos co sal
- Imos engadindo a fariña e o sobre de levadura royal, pasándoa por un tamiz, ata que a masa se poida traballar coas mans e non se pegue (en un principio fun remexendo cunha culler de madeira). Amasamos ben, dámoslle uns golpiños. Queda unha mas moi agradable de traballar, brandiña, pero que non se pega. Eu creo que non necesitei o quilo de fariña enteiro, como mesturei e fun engadindo a medida que me pedía, non sei exactamente a que usei. Sobroume, polo que se poderían diminuir as cantidades.
- Deixámola repousar un minutos.
Do recheo
- O bacallao debemos poñelo a desalgar o día antes. Cambiándolle a auga de vez en cando.
- Fervémolo uns cinco minutos. Escorremos a auga, demigámolo ben e xa está preparado para incorporar ó sofrito
- Picamos finiñas as cebolas facemos un sofrito con elas e cos allos. Cando vemos que están pochadiños engadimos o bacallao desmigado. Unimos ben coa cebola e añadimos as pasas. Unhas voltiñas e está listo. Temos que probalo de sal porque pode ser que o bacallao desalgara de máis, como foi este caso, estaba completamente soso. Necesitei salgar como calquera outra comida.


Montaxe da empanada.
- Estiramos a masa para a base. Esta masa estira moitísimo, polo que , podemos facela todo o fina que queiramos. Eu sempre a estiro encima dun papel de forno, así só é metela encima da bandexa (neste caso fíxena na bandexa do forno), estirei a masa e ó introducila na bandexa recortei o que sobresaía.
- Repartimos o recheo encima da masa.
- Por último, estiramos a masa para tapar a empanada co mesmo procedemento da base. Enroscamos ben os bordes unido as masas da base e da tapadeira Fecémoslle un burato no centro e podemos pinchar un pouco cun garfo.
- Se queremos podemos decorar con tiriñas de masa.
- Pintamos toda a superficie con ovo batido.
- Metemos no forno prequentado a 200º durante uns 45 minutos.





8 comentarios:

  1. Ola!!!

    levo uns días sen tempo para poder entrar e todo o que fixeche...ufff!!! teño que poñerme ó día.
    A empanada ten unha pinta estupenda, probarei o do Royal, está máis esponxada que a que fago eu.

    Bo finde. Biquiños.

    ResponderEliminar
  2. A verdade é que estaba de vicio. ésta heina de repetir moitas veces. A tapadeira, que a fixen un pouco máis gorda, estaba esponxadiña sen chegar a ser pan.
    Esta temporada tiven bastante actividade, estamos en época de festas e de compromisos sociais. Pero acabouse a partir de mañá dieta, que o muñeco michelín ó meu lado vai parecer flaco.

    ResponderEliminar
  3. Hace un siglo que no hago empanadas, la que las hacía de vicio , era mi abuela, riquísimas, pero, yo, me he vuelto muy vaga y, las suelo comprar hechas en una tienda de productos gallegos que hay por aquí
    Alguna vez las he hecho con hojaldre, pero, me gustan más con ésta masa de panadería
    Oye, vaya mezcla bacalao y pasas, nunca lo he probado así mezclado en empanada, jejejeje
    Un biquiño

    ResponderEliminar
  4. Esa masa está deliciosa, probarei a poñerlle ryal a ver que resulta, esa empanada entraba ben agora con unha cervexiña ben fresca

    ResponderEliminar
  5. Ana recoméndoche que a fagas porque é moi rápida cómoda de facer, ademais está boísima. A empanada de bacalao con pasas é moi típica en Galicia, e está boísima. Proba e xa verás.
    Bicos

    ResponderEliminar
  6. Acabo de descubrir tu blog y me gusta mucho ...además me encanta en gallego ...

    seguiré pasandome a verte con tu permiso

    ResponderEliminar
  7. Marian me encanta que gente como tú se quede, significa mucho para mi. Gracias

    ResponderEliminar
  8. Pitufa o do royal ocurríuseme porque me parecía que ía quedar máis espoxada, e realmente queda. Proba e cóntame a diferanza, e que a min gustoume tanto así que non me atrevo a probar sin el.
    Bicos

    ResponderEliminar

Cóntame que che parece

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...