domingo, 19 de julio de 2009

Tarta tres chocolates




Aí vai a famosa tarta tres chocolates que está en tódolos blogues. Non sei se xa estaba en galego, por se non era así agora xa a temos. Esta, da foto, fíxena para o aniversario do meu pai.



Ingredientes
Para a base
1 paquete de galletas María
70 grs de manteiga derretida
1 chorro de leite.
Para cada capa
150 grs de chocolate (a mesma cantidade de cada un: do negro, do con leite, do blanco)
Azucre (4 culleradas para o chocolate negro, 2 para o con leite e 1 para o blanco)
250 ml de nata
250 ml de leite
1 sobre de “cuajada” Royal
2 láminas de xelatina
Realización
Da base
Picamos as galletas, déixanse como se fose fariña e mestúrase coa manteiga derretida e co chorro de leite. Introdúcese nun molde desmontable e exténdese ben no fondo. Métese na neveira, Sacarase cando estea preparada a primeira capa.
Das capas de chocolate.
O procedemento é igual para as tres capas.
1. Poñemos a xelatina a remollar
2. Derretemos o chocolate no micro. Temos moito coidado de que no se queime, polo cal, hai que miralo cada 20 sg e movelo coa espátula. Cado estea totalmente derretido deixámolo en espera.
3. Dos 250 ml de leite poñemos un poco nun vaso para disolver o contido do sobre de “cuajada”. O resto do leite, a nata e o azucre metémolos nun cazo ao lume, nunca moi forte (7 de 9).
4. Deixamos que se quente un pouco e engadimos o chocolate, remexemos cunhas barillas ata que o chocolate estea totalmente integrado co líquido e comece a ferver. Non deixalo ferver moito, trátase de que ferva suave (unhas pequenas burbullas)
5. Pódese quitar a xelatina para que vaia escorrendo da auga.
6. Á mestura do chocolate engadímoslle a “cuajada” disolta no leite e seguimos remexendo. A temperatura nunca se debe poñer no máis forte, senon máis ben nun medio alto (7-8).
7. Remexemos ata que volva a ferver da mesma maneira que a 1ª vez, Seguimos así un par de minutos (como a forma de ferver non é moi forte pode estar un pouco así, pero sempre remexendo). Sepárase un pouco do lume e continuamos movendo, Volvemos coa mestura ao lume e continuamos remexendo ata que volva a fever. Este procedemento é como indica no sobre de “cuajada”
8. Retiramos do lume. Escorremos ben a xelatina, Endímoslla á mestura e intregrámola ben con ela. A continuación métese no molde. (A xelatina non se pode mezclar cando estea fervendo, introducímola cando xa non faga burbullas)
NOTAS
- O procedemento é igual para tódalas capas.
- Hai que ter moita paciencia, leva arredor de dúas horas facela.
- Lávanse os utensilios e volta a empezar.
- Cando se remata coa segunda capa a primeira xa está un pouco callada. Fánselle unhas delicadas incisións, cun grafo, na superficie, procurando que non se levante parte da fina película que a cobre, porque se é así mestúrase coa seguinte capa. Esto é para que unhas capas se agarren ben ás outras e non se separen cando estea callada e se desmolde.
- No momento en que se introducen no molde, a 2ª e a 3ª capa, hai que ser moi coidadosos e non soltar o líquido directamente do cazo encima da capa anterior porque pode facer un burato e mestúrarse as capas. Débese ir soltando pouco a pouco encima dunha culler para que non caia tan a chorro.
- Por último métese na neveira varias horas. É mellor facela de un día para outro.
- Decórase por encima a gusto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Cóntame que che parece

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...