Esta tarta é moi vistosa e rápida. É desas que poden sacarche dun apuro. Que mañá tes algunha celebración, pois en media hora tarta feita, á neveira e mañá quedas coma unha gran reposteira. Para o meu gusto é un pouco pesada, chega cun anaquiño pequeno, pero como eu non sei comer un anaco pequeno. Como suxestión diría que igual sería máis lixeira se se fixera con leite no canto da nata, ou metade e metade. Probarei outro día. O que sí, poñereille máis profiteroles, case nos pelexamos polos anacos con profiteroles.
Ingredientes
Para a base
1 paquete de galletas María
70 grs de manteiga derretida
1 chorro de leite.
Para o recheo
1 l. de nata
250 grs de chocolate (pode ser negro ou con leite, a gusto)
1 sobre de flan Royal de 8 racións
4 follas de xelatina (opcional)
Profiteroles conxelados, a cantidade a gusto
Realización
Da base
Picamos as galletas, déixanse como se fose fariña e mestúrase coa manteiga derretida e co chorro de leite. Introdúcese nun molde desmontable e exténdese ben no fondo. Métese na neveira ou conxelador. Sacarase cando estea preparado o recheo.
Do recheo
1. Derrétese o chocolate no micro. Remexéndoo cada 30 sg aproximadamente, para que non se queime.
2. Valéirase o sobre de flan nun recipiente, engáselle a nata e mestúrase ben. Ponse ao lume. Cando estea quente engádeselle o chocolate e intégrase ben co líquido do flan. Déixase fever. Débese remexer constantemente. Sacalo do lume e engadirlle a xelatina ben escorrida, que estaba a hidratar en auga fría. (a xelatina é opcional para que quede máis compacta, pero pódese prescindir dela porque xa o flan calla o suficiente)
3. Sácase o molde coa base de galleta e colócanse encima os profiteroles (a cantidade que se queira, mellor cubrir o fondo do molde, separados, pero todos os que caiban, queda máis vistoso). Case sería máis convinte que primeiro se introduza no molde un pouco do recheo e logo os profiteroles, porque tenden a flotar e así pode que queden máis agarrados ao fondo. Os profiteroles pódense poñer conxelados ou deixalos desconxelar un pouco antes ( púxenos conxelados o o resultado foi bo). No caso de que floten cando se verte todo o líquido sobre eles, presiónanase un pouco para o fondo e xa deixan de flotar.
4. Cúbrense os profiteroles co líquido. Déixase enfriar e á neveira. Mellor de un día para outro.
5. A decoración é persoal, pode ser con nata.

Holita!
ResponderEliminarFai uns días descubrín o teu blog e desde ese día a diario inspecciono mirando algunha receitiña...teñen todas unha pintaza, ummmm...e eu que son unha apasionada do chocolate esta de profeteroles ten que estar de morte, jajaja...Noraboa polo blog, sigue así! Por certo, eu tamén son galega e agradezco que haxa algún blog escrito en galego.
Un biquiño e sigue así!