domingo, 19 de julio de 2009

LARPEIRA

A larpeira é un doce moi galego. Un tanto complicada de facer, pero moi grata de comer e moi entretida. Fíxena de varias formas, ao final ven sempre sendo o mesmo. Deliciosa cun cafeiño. Eso si, hai que comela no día, senón ao día seguinte está resesa (hehehe)



FERMENTO
Ingredientes
25 grs de levadura de panadería
Unha pouca auga morna, menos de medio vaso dos pequenos (dos de nocilla)
100 grs de fariña (catro-cinco culleradas)
Unha culleradiña de sal
Realización
Quentar a auga no micro (non máis de 40º), botala nun bol e mezclar a levadura para que se desfaga nela. Engadirlle a fariña. Botar sal. Amasar ata que non se pegue nas mans. Metelo nun bol e tapar con film. Abrigalo ben (cunha toalla, unha mantiña), esto é para que teña caloriña e medre mellor. Levedará toda a noite.
MASA
Ingredientes

500grs de fariña e un pouco máis para ir secando a masa (arredor de 100 grs máis)
50grs de anís (ou unha culleradiña de esencia)
Cinco culleradas de azucre.
Un chorro de esencia de limón ou raiadura dun limón.
3 ovos
1oo grs de leite morna
50 grs de manteiga derretida no micro.
1/2 sobre de levadura royal
O fermento, que se realizou a noite anterior
Realización
Facer un volcán coa fariña tamizándoa (500 grs) e mezclada coa levadura en pó.
1º mezclar o leite co azucre e metelo a quentar no micro (un pouco, amornar). Logo derreter a manteiga e mezclala ao leite co azucre, engadir a esencia de limón (ou raiadura dun limón) e o anís (ou esencia) e remexer todo. Bater os ovos (deixarase un pouco para pintar por encima a masa). Todo este líquido engádeselle á fariña. Mezclar todo. Esta mezcla mellor facela nun bol baixo. Cando está mezclado pasalo ao mármore. Necesítase un pouco de máis fariña para ir secando a masa (non sei a cantidade, ata que a masa non se pegue ás mans). Amasar moito, polo menos 10 minutos, con moita forza e con golpes.
Farase unha bola aplastada e redonda e ponse na placa de forno, encima dun papel de forno enfariñado. Déixase levedar arredor de hora e media, ben abrigada. Mentres leveda faise a crema pasteleira.
CREMA PASTELEIRA
Ingredientes
Tres xemas
4 culleradas de azucre
4 culleradas de maicena
medio litro de leite (ou algo menos)
Realización
Quentar o leite nun cazo (se non ferve non pasa nada)
Mezclar nun cazo as xemas, o azucre, a maicena e un poco de leite fría. Remexer ben ata que se mezcle todo sen grumos.
Poñer a mezcla ao lume, non moi forte (medio alto) e engadirlle inmediatamente o leite. Non todo, a metade. Remexer cunhas barillas ata que vaia espesando. Subirlle a temperatura, pero nunca ao máximo. Cando vaia espesando xa se ve a necesidade de engadirlle máis leite ata conseguir o espesor desexado. Neste caso fai falta todo, ten que quedar espesiña. Métese na manga pasteleira e deixase enfriar nela.
PREPARACIÓN DA MASA ANTES DE IR AO FORNO
Cando xa pasou hora e media máis ou menos e vemos que o volume debaixo da manta aumentou considerablemente, pasamos a preparar a masa para metela no forno. Un pouco antes de destapar a masa encendemos o forno a 200º. Isto fai que a cociña estea máis quente. Cérranse portas e ventás, na cociña ten que facer calor, non pode haber correntes. Destapamos a masa cerca do forno. Facémoslle os cortes, empezando polo medio. A masa vai baixar moitísimo. Deixámola así un anaco (sobre media hora) para que volva a coller volume. Píntase con ovo batido Mentras tanto preparamos nun prato azucre remollado con auga que iremos poñendo nos cadrados e encima uns anaquiños de manteiga. Aínda pode quedar un poco así. A continuación nos cortes introducimos, coa axuda da manga pasteleira, a crema. Bótaselle toda.
Por último métese no forno a 180º-160º. Aos 20 min hai que mirala, se se pon a 160º faille falta 30-35 min. Cando xa estea case lista píntase de novo con ovo e déixase uns minutos.
Mentras a temos no forno preparamos o almíbar
ALMIBAR
Ingredientes
50grs de auga
50grs de anís
50grs de azucre
Preparación
Ponse a ferver tódolos ingredientes uns cinco minutos.
Cando se saca a larpeira pintámola co almibar. e LISTA

1 comentario:

  1. Acabo de ver tu larpeira espero que la mia este tan jugosita por dentro como la tuya ,que se ve deliciosa .
    gracias por tus excelentes recetas galleguiñas
    bicos

    ResponderEliminar

Cóntame que che parece

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...