lunes, 20 de julio de 2009

BRIOCHE E AS SÚAS VARIANTES

Cando empecei neste mundo da repostería, fai pouco tempo, aínda non un ano, dábanme moito medo e respeto as masas de levedar. Non sei, parecíanme para profesionais. Un día aventureime. Estaba nunha panadería, deume unha arroutada e pedínlle un kg de fariña de forza e levadura de panadeiro. Tíñao decidido, ía facer unha larpeira. Nada menos que unha larpeira, que atrevida. Xa levaba unha tempada navegando pola rede e buscando a receita. Case todas eran na termomix, aparato que nunca vin diante e que debe ser milagreiro. Atopei un par delas coa elaboración manual, tamén mirei o roscón, que ao fin e ao cabo, é o mesmo. O resultado foi espectacular, non podía estar máis orgullosa da miña obra, e que sabor. Pois a partires de aí as masas con levadura de panadería son as miñas favoritas. Debe ser porque me encanta o pan e por encima cun toquiño doce. O seguinte foi o brioche, que viña sendo o mesmo, pero máis esponxadiño, ummmmm, un deleite para o padal. Pois ben, esa masa de brioche, para min é riquísima e fágoa en calquera momento. De feito, a última larpeira fíxena con ela. Probei varias que vin por aí, incluso unha que ía un tempo na neveira (da cal non teño testimonio), pero esta que vou poñer, para min, é a máis fácil. Non sei de onde a saquei porque como miro tantas despois non sei quen é o autor.
Vou poñer tódolos brioches que fixen, bueno ao mellor falta algún que non retratei, por exemplo da larpeira non quedou nin foto. Algunha ten algún cambio
A masa deume para dúas caracolas destas
Ingredientes
2 ovos (deixar un pouco para pintar por encima)
300 grs de fariña de forza (máis ou menos)
25 grs de levadura de panadería
100 cc de leite
50grs de manteiga
30 grs de azucre + unha culleradariña para a levadura
1 culleradiña de azucre vainilla
Un pouco de esencia de limón (opcional)
1 pizca de sal
Realización
- Derreter a manteiga e deixala enfriar. Mentres tanto amornar o leite e desfacer nel a levadura coa axuda dunha culleradiña de azucre. Deixar fermentar arredor de 20-30 minutos tapado con film.
- Tamizar a fariña e agregarlle o azucre, o sal, os ovos batidos (deixar un pouco para pintar), a manteiga derretida, pero fría, e a levadura. Mezclar todo ata conseguir una masa homoxénea que non se pegue ás mans nin ao cuenco. Pero debe ser branda, incluso algo pegañenta. Se non chega a fariña inicial engadiráselle máis.
- Ponse a fermentar arredor de unha hora e media tapado con film. Sácase a vólvese a amasar dándolle a forma desexada ( estireino co rodillo e relleneino con crema pastelera, logo dobreino e enroleino facendo unha caracola).
- Píntase con ovo batido e deixase levedar de novo na placa de forno cuberta con papel de forno e algo enfariñada. (púxeno a levedar dentro do forno encendido, pero moi baixiño. Pensei que fora un erro porque así non podía metelo no forno prequentado). Despois de media hora ou unha hora métese no forno (como o tiña no forno fun aumentándolle o calor pouco a pouco ata chegar a 180º). Unha vez estivo en 180º fíxose en menos de 10 minutos (7-8).
RIQUISIMO, INCRIBLE

2º intento
Cambios con respecto ao 1º
Ingredientes
3 ovos (deixar un pouco para pintar por encima)
600 grs de fariña de forza (máis ou menos)
25 grs de levadura de panadería
100 cc de leite
100grs de manteiga
5 culleradas de azucre + unha culleradariña para a levadura
1 culleradiña de azucre vainilla
Un pouco de esencia de limón (opcional)
Medio sobre de levadura royal
1 pizca de sal
Procedemento
Igual que no primeiro, só que a manteiga non se derreteu, púxose branda, en último lugar e cando xa se mezclaron os outros ingredientes un pouco.
Preparación
En trenza: Metade da masa estirada co rodillo, poñerlle a crema pasteleira no centro e facer cortes inclinados laterais , logo unilos de forma alterna cerrando encima da crema.
Quedou moi ben, pero para a próxima vez, poñer máis crema, non estirar tanto a masa na base e estirala máis na zona dos cortes.























Outra posibilidade: Facer bolas pequenas coa masa, furala no centro e botarlle crema pasteleira, cerrar coa masa dos laterais. Facer bolas ata rematar a masa. Colocalas facendo forma nun molde cuberto de papel vexetal e deixar levedar. Queda tamén moi bonito.


Fixen os dous (este e a trenza) cos ingredientes que menciono















3º intento
Cambios
Púxenlle máis manteiga, arredor de 200 grs. Primeiro amasei todo e cando estaba case amasado engadínlle a manteiga sen estar líquida, brandiña. Desfacíase a masa, pero engadín máis fariña. Debe levar arredor de 600 grs de fariña.
No final do amasado engadín pepitas de chocolate.
Estirei a masa despois de levedar e púxenlle nocilla. Enrolei, partín en anacos de dous centrímetos e coloqueinos nun molde forrado con papel. Levedou, forno 160º, sobre 20´
NOTA: Non sei por qué a levadura co leite non me subeu coma outros días. Polo cal decidín engadirlle medio sobre de levadura da seca coa fariña. Tamén lle puxen 1 sobre de levadura Royal. Quedou máis seco e duro que os anteriores, non medrou tanto no forno. Estaba rico, pero non se parecía aos outros. Non lle vou a volver a botar tanta manteiga.















4º intento
Igual que o 1º, pero ao final do amasado engadinlle noces picadas, chocolate picado e pasas. Arredor dunha cullerada de cada. Intégrase ben na masa.
Unha vez levedado metino no molde alongado de silicona e volvino a deixar levedar tapado co film sobre unha hora.
Este brioche é o que mellor sae.
Podería admitir máis tropezóns (case non se lle notan)
Estivo no forno 25´ a 160º, situado do medio para arriba. Cando se dorou por encima púxenlle un papel de plata por encima.
Para a próxima mellor non poñelo no molde de silicona porque ao ser blando leveda ao ancho deformando o molde. Mellor un molde máis ríxido.

7 comentarios:

  1. Que boa pinta ten todas as imaxes. Pero para as que somos principiantes, que é fariña de forza?

    E a esencia de limón, onde a mercas?

    ResponderEliminar
  2. AAAAAAAAAAAAAAAHHHHHHHHHHHHH!!!!!!!!!!!!!!! Un comentario no meu blogue, non mo podo crer.
    A fariña de forza é a de panadería, coa que se fai o pan, ao parecer ten máis gluten, debe ser que é máis consistente. Disto saberá a nosa amiga Elda. Sempre se usa fariña de forza cando se usa levadura da de panadería ( que pode ser húmida, que ven en taquiños ou seca que ven en sobres coma a royal)
    A esencia de limón atópala en calquera super, surtidiño, eso sí, pero pódese substituir pola raiadura dun limón, o que pasa é que min me resulta máis cómoda a esencia porque como nunca sei cando vou facer un pastel pois así xa teño tódolos infrediente e non teño que baixar ao super a por un limón e se os tes na casa, pode que se estropeen. Espero terche aclarado o tema. Eu non son ningunha esperta, pero ás veces pásome un bo anaco na sección de repostería dos super e vou aprendendo, entre iso e ler por aí por internete, que hai o demo de cousas...

    ResponderEliminar
  3. Ah a fariña de forza véndese nas panaderías. Podes encontrala en grandes supercies tamén.

    ResponderEliminar
  4. Caldebarcos, graciñas por visitalo meu blog. Acabo de chegar ó teu e vexo que andiveches moi ocupada ultimamente facendo larpeiradas. Tes un blog que promete, non sintas vergoña de enseñalo. O feito de que esté en galego pode facelo un pelín máis dificil para os que non o entenden, pero xa verás que co tempo, terás un montón de visitas e comentarios.
    Benvida a este mundo virtual, no que ainda que non nos vexamos as caras, coñecemos a moita e moi boa xente.
    Desexote moita sorte nesta andaina. Disculpa o meu galego, non o falo nin escribo habitualmente.
    Biquiños mil

    ResponderEliminar
  5. Bueno, bueno, non mo podo crer nada menos que a lechuza opinando no meu blogue. Como non me vai dar vergonza. Ao lado teu son coma unha nena con pañais. Ademais estou empezando a desesperarme coa blogue porque se me resisten algunha cousas. Bueno xa preguntarei, que teño amigas expertas informáticas. Moitas grazas por visitarme
    Por certo, chámome María. O que pasa é que cando fixen o blogue como foi así un ques non ques puxen o nome do meu pobo natal. Terei que cambialo.
    Nunca pidas disculpas por falar o galego, ninguén o fala mal.
    Gracias mil.

    ResponderEliminar
  6. María, si te puedo ayudar en algo, no dudes en decírmelo. Mi correo lo tienes en mi pagina y si quieres algo, no tienes más que escribirme. Te ayudaré en lo que pueda. No soy experta, fuí aprendiendo a base de equivocarme,je,je.
    un biquiño

    ResponderEliminar
  7. Hola, acabo de descubrir tu blog y me ha encantado. Algunas palabras no las entiendo, pero me gusta mucho leer las recetas en gallego. Me parece una lengua preciosa. De todas formas, te agradezco el enlace con el traductor. Con tu permiso, he copiado la receta del brioche con crema. Me gustan mucho los brioches, sobre todo la fase del amasado. Me relaja.
    Gracias y saludos desde Murcia.

    ResponderEliminar

Cóntame que che parece

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...