sábado, 18 de julio de 2009

MARMELADA DE AMEIXAS AMARELAS

IngredientesAmeixas amarelas
½ kg de azucre por cada kg de ameixa limpa

Elaboración- Esterilízanse os frascos nos que se vai meter a marmelada. Póñense nunha pota cubertos de auga e déixase que fervan uns minutos. Logo colócanse, boca abaixo, encima dun pano de cociña ou de papel de cociña para que sequen.
- Pélanse as ameixas (non é necesario) e quítaselles a pebida. Córtanse en anaquiños e vanse metendo na pota na que se van a cocer. Unha vez rematado este proceso, ponse no lume ata que ferva e déixase que cozan ata que se vaian desfacendo.
- Pásanse polo batedor ou polo pasapurés para moer ben a polpa. Pésase e vólvese a meter na pota. Por cada kg de froita cocida engádeselle medio kg de azucre (neste caso eran 1,600 e púxenlle 1 kg de azucre, demasiado).
- Vólvese ao lume ata ferver. Mantense no lume, sempre burbulleando ata que adquira consistencia de marmelada. Pode tardar 2 hrs, tamén depende da forza do lume, canto máis forte, antes collerá a textura. Para comprobar que está feita bótase un pouco nun prato, previamente arrefriado no conxelador, se colle consistencia rápido e que xa está, se escorre polo prato, aínda necesita un pouco máis.
- Énchense os tarros, que deben estar secos. Tápanse cando se remate de enchelos, aínda quentes.
- Cos tarros ben tapados, introdúcense nunha pota con auga, de tal xeito que a auga cubra os botes. Cando a auga empece a ferver déixanse un anaco (10-15 min)
-Tarros de 1/2 kg.........................15 minutos
-Tarros de 1 kg ...........................25 minutos.
- Non é necesario quitlalos da auga onde estiveron fervendo. Poden ir arrefriando nela.

2º intento
Cambios e resultado:- Púxenas coa pel e coa pebida. Ao levar a pel, cando se pon a cocer co azucre, salta bastante. Hai que ter coidado e medio tapalo coa tapa da pota.



Comparación da cor e da textura entre o 1º (a máis escura) e o 2º intento.
3º intento. Paso a paso.
1.- Trocéanse as ameixas. Quítanselle as pebidas e tamén a pel daquelas que saia só con tirar por ela. Déixalle a pel das que están máis verdiñas e non se despega tan ben da polpa. A tona ten pectina e faille ben para para coller consistencia. As froitas máis verdes tamén teñen máis pectina, polo que convén mesturar algunha que outra un pouco máis verde.



2.- Ponse a cocer nunha pota ata que se ve que se vai desfacendo a froita, depende da cantidade de froita, neste caso arredor de 45´. Reméxese de vez en cando.

3.- Móese ben todo co batedor para que quede máis homoxénea, esto vai a gustos, a quen lle guste atopar cachos de froita non é necesario, pero os anacos que se cortan ao principio deben ser máis pequenos. Outra opción é pasalo polo pasapurés, así a masa é un poco máis gorda e grumosa que co batedor.

4.- Pésase a polpa da froita e engádeselle o azucre, sobre 500 grs por cada kg de froita cocida. Neste caso eran 2,750 kg de froita e engadinlle 1,5 kg de azucre (un pouco máis do establecido).

5.- Ponse de novo a cocer co azucre e déixase que colla consistencia (non saltou ao ferver, debe ser porque apenas levou tonas, no 2º intento, con tonas, saltaba bastante). Estivo unha hora e vinte, podía estar 5 min menos.

6.- Unha vez envasada e pechados os tarros en quente, introdúcense nunha pota con auga de xeito que a auga cubra os botes. Estiveron fervendo arredor de media hora (este tempo cóntase a partir de que ferve, logo báixaselle un pouco o lume, pero que siga burbulleando). Déixanse ata que enfría a auga


Unha mostra dos tres intentos (en orde de esquerda a dereita)

- Paseinas polo pasapurés, pero ao final era un lío coas pebidas, non llelas poño máis. Ademais non se daba despegado a carne da pebida. Finalmente aínda lle pasei o batedor para que quedara máis finiña.
- Queda moito máis espesa ao levar as tonas.
- Púxenlle menos azucre, menos de 500 grs por cada quilo de froita cocida.
- Estivo menos, bastane menos, tempo cocéndose co azucre.
- Quedou bastante amarga.
- A textura é máis licuada cá 1ª, ten textura de marmelada.
- Non lle sobraba máis azucre e máis tempo de cocción co azucre.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Cóntame que che parece

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...