Case nunca como na casa, polo que, poucas veces fago comidas salgadas elaboradas, dignas de ser contadas. Só cando teño invitados, senón con algo cocido, á prancha ou unha ensalada xa paso (logo xa compenso cos pasteis). Cando se fai de comer para un só sempre sobra e a min persoalmente, dame moita rabia. Pola contra, os doces son diferentes porque non hai que comelos na hora e sempre podes levalos a algunha casa achegada para compartir con outros.
Estamos en tempada de recolleita de todo tipo de froitas, verduras e hortalizas. A meu pai, que é moi apañado para esas cousas, acumúlaselle o produto. Polo que, se están empezando a almacenar cantidades industriais de produtos varios. Entre eles o calabacín. Pois ben, o outro día atopei no blogue de poskito cocina unha receita, que se acomoda aos meus gustos e que entre os seus ingredientes inclúe calabacín. Déixase comer, pero o dito, iso de cociñar para un só non me acaba de convencer.

INGREDIENTES (2 persoas)
1 lámina de hoxaldre fresco (refrixerado)
1/2 calabacín (depende do tamaño)
Un chorro de aceite
sal
4 pementos do piquillo
4 lonchas de queixo para fundir. Poñeríalle 8
4 lonchas de xamón cocido
1 ovo (para pintar o hoxaldre)

PREPARACIÓN
- Estiramos a lámina de hoxaldre e cortámola en 4 anacos. Eu fixen dous máis grandes e os outros dous máis pequenos porque os pequenos van facer de base e os grandes de tapadeira. Deixei éstes máis grandes porque teñen que cubrir todo o recheo.
- Cortamos o calabacín en rodaxas finiñas. Farase a gusto de cada un, porque tamén poden ser anacos alongados ou máis gordiñas. Cociñámolo, neste caso tres minutos no microondas con un pouco sal e un chorro de aceite (igual que na receita orixinal). Supoño que se poderá pochar na tixola, facer á prancha (cada un elixe o que lle resulte máis cómodo).
- Mentres se vai facendo o calabacín xa podemos ir poñendo os pementos do piquillo abertos encima da masa, logo unha capa de queixo, outra de calabacín, outra de xamón, outra de calabacín, outra de queixo (neste caso mozzarela rilada), outra de xamón. As capas cada un pódeas poñer como queira. Na receita orixinal non están así. Para o meu gusto incluiría unha máis de queixo (de feito engadín o queixo relado). Na orixinal é: pemento, calabacín, queixo, xamón, calabacín.
- O recheo colocámolo de xeito que non chegue aos bordes para que logo se poida cerrar ben coa tapa.
- Batemos o ovo que nos servirá para pintar. Pintamos os bordes con ovo para que as masa da base e da tapa se peguen ben.
- Tapamos o recheo coa masa que reservamos. Cerramos ben tódolos bordes, facémoslle un cortes na superficie para que poida saír o vapor, pintamos con ovo e metémolo no forno prequentado a 200º durante 20 minutos aproximadamente. Ponse na placa de forno encima de papel de forno.

mmmmm! outra boa idea para facer con calabacín!Unha combinación perfecta!
ResponderEliminarMoitas gracias por deixarme un comentario no blog! viñen lanzada ó teu, e creo que me vou quedar para sempre!
Estou intentando facerme seguidora, pero dame error. Tamén me pasou onte pola noite, con outro blog, terei que chamar a mr blogspot a ver qué pasa!
Polo de pronto gárdote en favoritos! Un bico!