lunes, 20 de julio de 2009

BISCOITO DE CLARAS

Este biscoito é riquísimo. Lixeiriño. Cando te das conta xa se acabou. É ideal para mollar no café. Só o fago cando me sobran suficientes claras dalgunha crema pasteleira.



Ingredientes6 claras
100 grs de manteiga
150 grs de fariña
100 grs de azucre
1 sobre de levadura Royal
100 ml de leite

Realización1. Batemos as claras a punto de neve forte e reservamos.
2. Derrétese a manteiga, engádeselle o azucre, mesturamos ben. Incorpórase a fariña tamizada coa levadura integrándoa ben. Como vai quedando moi compacta e difícil de manexar engádeselle o leite pouco a pouco a medida que imos incorporando fariña. Esto mestúrase coas claras con movementos envolventes.
3. Introducimos a masa nun molde enmanteigado e enfariñado ou con papel de forno.
4. Metemos no forno prequentado a 180º, durante 20 min.


Notas: Pódeselle poñer un pouco menos de azucre porque sae bastante doce.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Cóntame que che parece

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...