Ingredientes
5 ovos
1 terrina de queixo de untar de 200 grs
1 brick de nata de 200 ml
2 medidas de azucre
4 medidas de fariña
1 cullerada de azucre vainilla
1 puñado de noces (cantidade a gusto)
100 grs de chocolate (tamén cantidade a gusto)
Azucre glass
1 sobre de levadura Royal
5 ovos
1 terrina de queixo de untar de 200 grs
1 brick de nata de 200 ml
2 medidas de azucre
4 medidas de fariña
1 cullerada de azucre vainilla
1 puñado de noces (cantidade a gusto)
100 grs de chocolate (tamén cantidade a gusto)
Azucre glass
1 sobre de levadura Royal
Realización
1º Troceamos as noces e o chocolate ( a cantidade é aproximada, a gusto de cada un. O tamaño dos anacos tamén a gusto). Reservamos nun plato.
2º Separamos as xemas e as claras dos ovos. Montamos as claras e reservamos.
3º Batemos as xemas e incorporamos o queixo, mesturando ben.
4º A terrina de queixo valerá de medida. Incorporamos dúas medidas de azucre e integramos ben (pódense poñer tres medidas de azucre, depende dos gustos doces de cada un). Neste punto podemos engadir unha cullerada de azucre vainilla.
5º Engadimos a nata e batemos.
6º A continuación incorporamos a fariña e a levadura tamizadas. Imos engadindo cada unha das medidas por separado, cando a primeira estea ben integrada incorporamos a 2ª ata rematar.
7º Cando toda a fariña estea ben integrada engadimos as noces e o chocolate.
8º Por último engadimos as claras e mesturamos con movementos envolventes.
9º Cando a masa estea hoxénea, metemos nun molde enfariñado e enmaiteigado ou forrado con papel de forno. Introducímolo no forno prequentado a 160º durante 55-60 minutos (primeira parte da cocción con calor arriba e abaixo e logo co ventilador).
10º Espolvorexalo con azucre glass unha vez emplatado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Cóntame que che parece