martes, 28 de julio de 2009

PÓDESE DICIR MÁIS ALTO, PERO NON MÁIS CLARO

Eu non o diría mellor. Tamén quero darlle as grazas a meus pais por falarme e educarme en galego. O mellor de todo é que cando saio de Galicia tamén sei falar castelán. Teño a sorte de poder comunicarme en dúas linguas.
Non subestimemos a capacidade de aprendizaxe dos nosos nenos e nenas. Os nenos e nenas que falan galego tamén saben falar castelán, pero ao revés xa non estou tan segura. Temos que estar orgullosos da nosa riqueza cultural.

3 comentarios:

  1. É q é moi triste q haxa tanta ignorancia nesta terra nosa, temos unha mincha de 3 meses na casa, o primeiro sobriño q teño, e xa ando tras del pra q o primeiro q diga sexa na nosa lingua... inda lle queda moito, pero está claro q ten q mamalo..
    Nena, penso q é certo q face-lo teu blog en galego sí pode restrinxir o número de visitantes, iso está claro, pero é un pasiño máis pro crecemento da nosa lingua, polo q te felicito de corazón!
    Unha aperta, Lorena!

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas Lorena. O meu blogue só é un reflexo de min mesma. Eu falo e penso en galego, se o fago en castelán xa non son eu. Ademais o blogue 1º é un recopilatorio das miñas receitas para min e logo se lle pode servir a alguén, pois estupendo.
    Un bico gordo.

    ResponderEliminar
  3. Caldebarcos, moitas grazas por visitar o meu espazo para compartir.

    Felicítote pola estupenda e positiva iniciativa que tiveches co teu blog ao expresar os seus contidos nunha lingua tan fermosa como é o galego.

    Confío en que algún día poida expresarme en galego tamén como o fas ti.

    Parabén polo teu traballo.

    Unha aperta.

    Juan Carlos

    ResponderEliminar

Cóntame que che parece

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...