350 grs de calabacín, mediano.
200 grs de azucre morena
4 ovos
100 grs de manteiga
1 culleradiña de esencia de limón
1 culleradiña de esencia de vainilla
1 culleradiña de canela
1 sobre de levadura “Royal”
380 grs de fariña
Media culleradiña de sal
100 grs de noces
100 grs de pasas
1 copiña de brandi
Azucre glass para decorar
Preparación
- Poñemos as pasas no brandi a macerar
- Picamos as noces (anacos visibles, o tamaño é a gusto). Eu como o fago na picadora, parte queda case coma fariña e parte en cachiños bastante grandiños.
- Lavamos o calabacín, quitámoslle os extremos e partímolo en anacos. Triturámolo coa batedora. Engadímoslle o azucre, os ovos, as esencias, a manteiga (brandiña ou derretida no micro) e a canela. Mesturamos todo ben coa batedora.
- Incorporamos a fariña a levadura e o sal. Este parte fíxena co batedor de man. Ademais incorporei a fariña tamizada, pouco a pouco.
- Por último, escorremos as pasas e incorporámolas á masa, así como as noces. Intégranse ben coa masa coa axuda dunha espátula.
- Metemos todo o conxunto nun molde, previamente engraxado e enfariñado. No meu caso como era de silicona só o pintei un pouco con manteiga derretida.
- Introdúcese no forno prequentado a 160º. Necesitou 1 hora para estar listo. Na primeira parte da cocción tivo a calor arriba e abaixo, logo pasouse a ventilador. Case sempre fago esta operación cos biscoitos porque teño comprobado que saen mellor.
- Decórase como se queira, neste caso con un pouco azucre glass e un pouco de chocolate rilado. Non estaría mal coa mesma cobertura do biscoito cenoria.
NOTAS
De sabor, boísimo. O único cambio que farei se o fago de novo será poñerlle menos canela, porque disfraza tódolos demais sabores, ao que máis sabe é a canela.
A fonte orixinal é do blogue sabores dulces. Aínda que introducín bastantes cambios.
Ten unha pinta boísima, ademaís venme de marabilla esta receita e a de hojaldre de calabacín xa que agora na horta hai moitisimos calabacíns e xa non sei que facer con eles.
ResponderEliminarParabens María José polo blog! Pareceme que está moi conseguido!
Moitas grazas. A nós pásanos o mesmo cos calabacíns. Non serás Belén?
ResponderEliminarHola Mª José.
ResponderEliminarMe alegro que te haya gustado, a mí me sorprendió muy gratamente. La próxima vez lo haré con tus cambios, me han gustado
Besos
Pois onte ceamos os paquetiños de hoxaldre con calabacín. A presentación non me quedou tan ben como a túa, eu son maís chapuceira! Pero estaban moi bos. Enchen moito, debe ser polo hoxaldre, fixen 4 pero con un por cabeza hai suficiente.
ResponderEliminarAgardamos maís receitas de calabacín, pementos, xudias, ...todo da horta.
Alégrome de contribuir ao teu recetario hortelano, hehehe. Tamén de que che gustaran.Bicos
ResponderEliminarO blog evoluciona a pasos xigantes! E con receitas que incorporan produtos de temporada (na horta de miña nai, os calabacíns tomaron o territorio, jeje).
ResponderEliminarCoido que esta bitácora me vai sacar dalgún que outro apuro culinario. Un bico,
Natalia
Creo que daquí en adiante vai ser cociña temática. Hai que facer algo con eses produtos da horta. Na casa dos meus pais xa nos botaron fóra, non cabemos todos. Agora mesmo calabacíns tomates, mazás, xudias. Vamos que non hai corpo que coma todo iso. Bicos e grazas por visitarme, xa sabes que sempre es ben recibida.
ResponderEliminarSoy una gallega, de Petín (Ourense) que entiende perfectamente el gallego hablado y escrito, pero por desgracia para mi, lo hablo y escribo malamente, aunque leeros a algunos de vosotros me ayuda mucho, pongo todo el interés del mundo.
ResponderEliminarDebo confesar que en casa nadie me llama Margarida, simplemente soy Marga y tan ricamente.
No creas que todos empezamos este mundo siendo maravillosos, ni siquiera ahora lo somos, lo importante es ser honrado con uno mismo y compartir lo nuestro y aprender de los demás, yo siempre estoy aprendiendo ¡palabra! Sin ir más lejos, hoy he aprendido un nuevo bizcocho de calabacín que me parece estupendo.
Me alegro de conocerte y espero que nos sigamos viendo.
Bicos
Hoxe fixen un biscoito de calabacín con chocolate: riquísimo. Este non debe de quedarlle nada atrás: co teu permiso será o próximo. unha receta fantástica!!!!!
ResponderEliminarEstou desexando ver o teu. este está riquísimo, pero con chocolate, ten que ser delicioso
ResponderEliminarQue vecina tengo y sin saberlo que se le da tan bien la cocina y el cocinar...aver si me invitas un dia a un trocito de una tarta,jejeje...E,que hiso tu madre para tu cumple,tiene una pinta bonisima...os felicito. Aaaa, si no escrivo bien, me disculpo...jajajaa!!!
ResponderEliminarUn abrazo desde Caldebarcos.....
Anónimo non podo invitarche se non sei que eres. Que intriga!!!! E eu que qería andar de incógnito e acabades descubrindome os de Caldebarcos, este internet non ten segredos. A verdade é que teño moitas cousas boas que os de Caldebarcos non sabedes, jeje.
ResponderEliminarBiquiños sexas quen sexas.