"Padre he vuelto a pecar". Volvín a facer das miñas. Eso que estou a dieta, levo case un mes para perder catro míseros kilos. Dixen que non facía máis nada salvo en datas sinaladas, pois..., ala. Onte pola tarde entroume a tentación de facer galletas, pero resistinme. Hoxe puido máis comigo e cando me dei conta xa estaba coas mans na masa. Teño unha espiña cravada co das cookies. A ver por qué non me han de saír a min. Onte estiven vendo, por casualidade, uns videos de cómo se facían (americanos, nada menos). Tiveno que ver varias veces para ir captando algo. Total que decidín probar de novo. Quedaron mellor que das outras veces, se as repito, desde logo, deste xeito, pero aínda non acaban de ser...
Algunha que vexo por aí son tal cual as chips ahoy, cuarteadiñas por encima. Éstas parécense algo, pero fáltalles o cuarteado. Para a próxima póñolle máis fariña. Supoño que terá que ser a masa máis compacta. Fun engadindo ingredientes según me parecía, trapallando un pouco.
Ingredientes
Partín pola metade unha peza de manteiga de 250 grs, polo que ,125 grs de manteiga
5 culleradas sopeiras de azúcre morena
5 culleradas sopeiras de azúcre blanca
1 ovo
1 cullerada de sobremesa de esencia de vainilla
3 tazas de fariña (de té)
1 culleradiña de bicarbonato sódico
2 culleradiñas de levadura royal
9 onzas de chocolate negro (de marca eroski)
Un puñado de noces
Preparación
- Trocéase o chocolate ou bótase xa do que ven en bolsiñas. Neste caso troceei 9 onzas de chocolate negro de repostería (do de eroski). Fíxeno na picadora, polo que uns anacos quedaron grandechos e parte do chocolate quedou en pó.
- Machácanse nun morteiro un puñado de noces (ou na picadora)
1º Trocéase a manteiga e métese nun bol a temperatura ambiente durante unha hora.
2º Engadéselle o azucre. Mestúrase ben coa batedora (eu fíxeno coas cuchillas, non sei como sairá coas barillas ou con algún outro aparato que mesture).
3º Cando se forme unha masa homoxénea engádeselle o ovo previamente batido e mesturado coa culleradiña de vainilla. Intégrase ben.
4º Incorporar, pouco a pouco, e tamizándoa, a fariña, a levadura e o bicarbonato sódico. Isto xa o fixen con unha espátula de silicona (unha lingua). Fun engadindo fariña según ma pedía a masa. Aínda lle podía botar máis.
5º Por último, engadir o chocolate e as noces, integrándoos ben co conxunto da masa.
6º Métese un pouco, a masa, na neveira, para poder manexala mellor. Aínda que esta vez non fixen boliñas redondas coma das outras veces. Collín montiños cunha culler e funos depositando na bandexa de forno, cuberta con papel de forno. Separados, eso si, para que cando a masa se desparrame non se toquen unhas coas outras.
6º Metémolas no forno prequentado a 160º arredor duns 20 minutos. Colocadas na ranura do medio para arriba.
Fixen tres fornadas.
Vou mellorando. Algún día sairán perfectas
Algún día? Pero si ya estan perfectas!! Creo que te exiges demasiado a tí misma. Estas están en mi lista de "recetas que no puedo dejar de hacer".
ResponderEliminarun biquiño
A verdeade teño que confesar que de sabor, riquísimas. A pesar de que son os mesmos ingredintes que das outras veces, están boísimas. O truco que está no forneado, menos temperatura, máis tempo. Hai que ir aprendedo a convivir co forno de cada un, que che son moi caprichosos.
ResponderEliminarCuruxa "desocupada" ofrécese como degustadora. Estás que te saes, Mariquiña...
ResponderEliminar