Se me tivera que definir cunha cor, sería co gris. Penso que di todo de min. Son gris. Tamén, se teño que identificarme con algunha estación é co outono, a miña estación preferida, foino sempre desde nena, desde que eu teño acordos.
Pois ben, neste día gris e sábado de outono dispóñome a facer das miñas. Hai moitas mazás, estamos no tempo delas. Que menos que facer unha empanada de mazá. Como xa comentei, tamén, ando na procura da empanada de mazá perfecta. Pensei en facela con hoxaldre, pero.. que mérito ten comprar o hoxaldre? Hai que facelo. Ardua e difícil tarefa. Mirei en varios blogues e detívenme máis en i-recetas e en webos fritos, ámbolos dous blogues de auténtico luxo e categoría. En i-recetas faino de varias maneiras (hoxaldre, hoxaldre rápido e moitos outros porque ten moitas receitas feitas con hoxaldre), dá varios consellos, pero no de webos fritos fai un paso a paso espectacular. Quedeime con este último, aínda que tamén puxen en práctica algún consello de Pepinho.
Total que eu intento seguir cada paso rigorosamente, pero non me sae, acábame saíndo a manteiga polos arredores. Algo teño que facer mal, pero o caso é que non sei o que. Debe ser que este tipo de receitas son para persoas con mans especiais e as miñas non saíron preparadas para tales especialidades.
Nesta receita vou relatar as miñas andanzas, pero para o proceso da elaboración do hoxaldre en si farei un enlace directo ó de webos fritos porque non creo que ninguén o poida explicar mellor. Ademais a reportaxe fotográfica coa que nos deleita é inmellorable. De todos xeitos pedinlle permiso a ela para poder facelo e aínda non mo concedeu porque estes días non debe conectarse, pero non podo esperar máis para publicar a receita, espero que non lle pareza mal. Si, creo que son importantes as miñas percepcións durante o amasado porque así alguén que domine máis o tema pode, incluso, asesorarme e dicirme en que estou fallando.
O hoxaldre ten a fama de ser algo moi complicado, realmente non me parece complicado, nin laborioso, si, ó mellor, un pouco prolongado no tempo, pero todo o proceso é ben sinxelo, o malo é cando se empeza a saír a manteiga...
A pesar de todo saiu hoxaldre, hoxaldre de verdade, dese que ó trincar se desfai, coma o da tenda, pero con un sabor espectacular, moito máis saboroso có da tenda. Despois desta experiencia creo que vou facelo sempre, non é para tanto. O único que levo mal e ter que limpar despois. Cando o meto no forno e miro ó meu redor é cando me pregunto quen me mandaría meterme nisto? Tendo en conta, ademais, que vou recollendo e limpando a medida que vou facendo, pero sempre queda.
Animo a todo o mundo a que faga hoxaldre, a que probe polo menos unha vez, seguro que logo non se queda nunha vez, non custa máis traballo, nin é máis revirado ca facer un roscón ou unha larpeira
Ingredientes
Para a masa
500 grs de fariña de repostería
250 ml de auga do tempo
1 cullerediña de sal
60 grs de manteiga derretida
350 grs de manteiga fría, en bloque (usei president)
Para a compota
Algo máis dun quilo de mazás
6 culleradas de azucre
1 culleradiña de canela
Para a preparación da masa antes de ir ó forno
1 ovo batido
1 cullerada de azucre cunha pouca canela mesturada
Preparación
Da masa de hoxaldre
Para isto seguín ó pé da letra os pasos que nos ofrece Su no seu blogue webos fritos.
Eu creo que o problema máis grave que teño é o calor da miña cociña. Como xa dixen é un día gris, fresco, duns 18º, 20º no exterior. Pero a miña cociña é moi quente, a pesar de que tiven a ventana aberta todo o día para que fixera fresco, penso que a temperatura é demasiado alta para facer hoxaldre
Vou ir comentando o que me aconteceu en cada paso, que non sei se é normal ou non.
1 . Na elaboración da masa, á cal ela lle chama plastón, non tiven ningún problema. É máis, é unha masa moi boa de facer, case non te pringas, faise rápido.
2 . Estirar a masa facendo a cruz tampouco houbo problema, faise ben, con facilidade.
3 . Facer o paquete coa manteiga e masa tampouco ten maior complicación. Tentei apretar ben a masa á manteiga porque Pepinho di que non debe coller aire, que non deben facerse burbullas cando estiramos a masa.
4 . No 1º estirado da masa foi cando empezaron as dificultades. 1º deille os golpes e logo no estirado empezaron a saír burbullas, que pinchei con unha agulla e seguín. Pero saía manteiga polos bordos. Seguín para diante e fixen as primeira dobrez. Na 2ª pasou o mesmo. para remediar o da saída da manteiga tentei taponalo con fariña, este consello dáo Pepinho. Logo para a neveira. Baixei a temperatura da neveira ó máximo. Estivo na neveira arredor dunha hora.
5 . Nos dous seguintes estirados da masa non pasou tanto o de saírse a manteiga, pero si, ó levantar a masa, o mármore quedaba impregnado de manteiga. De feito, entre volta e volta metina 10 minutos no conxelador porque me daba a sensación de que xa estaba demasiado branda.
6 . Unha vez dadas as 6 voltas e pasado un tempo na neveira procedo a estirala para facer as pranchas para a empanada. Aquí non sabía moi ben como facer porque en toda a explicación di que se estire nun sentido e que se lle dea golpes. Pero agora eu quería estirala ben, así que, procedín a estirala o máis que puidera en tódolos sentidos. Estirou moi ben, creo que aínda podería estirar máis, pero dábame medo, preguntábame “ a ver como a quito de aquí, vaime quedar pegada ó mármore”. Neste paso xa non hai rastro de manteiga visible, está integrada na propia masa.
8 . O gran erro foi que deixei o outro anaco da masa, alí no mármore esquecido mentres montaba a base e introducía a compota de mazá ( que fixen coma a da última empanada de mazá, poño a elaboración máis abaixo). Cando fun a coller a outra pancha de masa, estaba demasiado branda e fíxoseme bastante difícil despegala. A pesar de todo conseguino. Para o próxima o que teño que facer e metela na neveira se fago outras cousas.
9 . Cos recortes de masa fixen unhas rudimentarias palmeiras, que estaban riquísimas. Éstas quiteinas antes do forno e a miña expresión cando as metín na boca foi “ummm, é hoxaldre de verdade”
Montaxe da empanada
- Ponse a prancha de masa que fará de base sobre un papel de forno. Picar un pouco a masa cun garfo.
- Pintei o fondo cun pouco de marmelada (neste caso marmelada de ameixa caseira, ver receita aquí)
- Introducir a compota de mazá. Non a ía meter toda, pero logo envorqueina toda e listo, demasiada para o meu gusto.
- Poñer a tapadeira. Picar cun garfo a masa. Pintar con ovo batido e espolvorexar azucre mesturado con canela. A cantidade, disto último,vai un pouco a gusto. Do azucre e a canela, por encima, pódese prescindir, dado que o azucre requimase e da un aspecto pouco presentable, que non afecta para nada ó sabor.
- Metelo no forno prequentado a 200º e logo baixalo a 180º. Estivo arredor dunha hora no forno. Creo que quedou un pouco cru por dentro (aínda que cando facemos algocon hoxalder sempre qeda algo apelmazada a parte que está en contacto con algo húmido,como neste caso a compota. Non teñomoi claro se foi iso ou foi que necesitaba cocer máis). Para a próxima teño que controlar máis o forno.
- As palmeira paseinas polo ovo e reboceinas en azucre, estaban de medo.
Preparación da compota
Pícanse finiñas as mazás e engádeselle o azucre e a canela. Eu voulle engadindo o azucre despois de picar cada unha das mazás para que non se oxiden. Métese no micro durante 15 minutos, dándolle voltas de vez en cando e esmagando as mazás cun garfo, cando vemos que xa é puré estará lista.
COMENTARIOS: Penso que si vale a pena facelo, é toda unha experiencia. para min, moi agradable (menos limpar, claro). É certo que o proceso é moi longo. Trátase de estar pendente da masa durante bastante tempo, pero tempo de elaboración en si non é moito. Ademais os tempos de espera non teñen por que ser exactos e permítenche seguir coas tarefas diarias sen ningún problema.
As fotos non dan creto ó resultado, nin ó sabor. Ademais tiven certo percance (telefónico) durante a cocción que non me deixou estar o suficientemente pendente.
Teño que probar esta mesma receita, pero con láminas de mazá.
A entrada é moi extensa, pero a receita o merece.
GRAZAS SUSANA POR COMPARTIR CON TODOS A RECEITA E ESE MAGNÍFICO PASO A PASO QUE POSIBILITA QUE TODOS POIDAMOS FACER ESTA MARABILLA
Na miña casa devoramos a masa de follado con cousiñas ricas dentro, especialmente mazá. Así que se aínda tes un anaco, gárdanolo que estamos aí en menos que canta un galo.
ResponderEliminarBiquiños
ainss qué hambre em está entrando... y es que la pinta es de diez.. con este té em venía al pelo.. pena que estamos lejos..jaaaj
ResponderEliminarespera..que tengo manzanas ... a qué me pongo???
bueno, pues no será hoy que en casa quieren tortas de aceite..ya ves, dos meses aquí y la enana ya es adicat al pan con aceite..y demás gastronomía andaluza.. menos mal que viva la dieta mediterránea que sino..jajaj
me quedo con la receta, pa la próxima..
bicos
Pilar eu invitábache, pero xa non queda nin unha miaguiña. Somos tragóns dos que gañarían un premio,comémola de postre, de repostre, de merenda e un anaquiño para a cea. Aló vai toda. Outro día avísote con tempo.
ResponderEliminarfargopatt alégrome de que che gustara, anímate que é moi entretido e fácil. O mellor é a satisfacción e rogullo que se sente cando se mete na boca. É sorprendente o rápido que se adaptan os nenos a todo, non?
Biquiños gordos para as dúas
Muy rica la receta!
ResponderEliminarSiempre es toda una experiencia elaborar uno mismo las masas,verdad?
Lo mejor siempre es probarlas,jejeje!
Un besito.
Que rica esa empanada de mazá, eu este fin de semana tamén fixen un hoxaldre con mazá, pero o meu e do conxelado para non buscarme complicacións. Quedouche perfecto.
ResponderEliminarBicos
Claudia estoy de acuerdo contigo las masas son todos satisfacciones, yo ya le llamo "masoterapia", una vez que empiezas con ellas te preguntas por qué no abrás empezado antes.
ResponderEliminarRaquelilla xa vin a túa receita,encantoume o recheo. Anímate coas masas, bueno ou non porque logo é un non parar. Eu estou enganchadísima.
Biquiños para as dúas
que rica,yo siempre compro el hojaldre porque no me atrevo a hacerlo pero si se hace como tú dices,lo intentare
ResponderEliminarEspe anímate, ya verás que satisfactorio. Eso si, si se te sale la mantequilla no te desesperes, sigue y tapónala con harina o mételo un tatito en el congelador. YO pensé que no iba a salir nada y ya ves.
ResponderEliminarBiquiños
María,.... IMPRESIONANTE!!!! de dez!!!! se dis que as fotos non lle fan xusticia, non quero nin imaxinar o ben que ten que saber.... porque ata se aprecia perfectamente as distintas capas do hoxaldre...
ResponderEliminaracabas de deixarme abraiada....
Quizá nalgunha ocasión atrévame...
un biquiño doce
Tes que ateverte Nytta, que ti as masas bórdalas e esta non ía ser menos. Se te atreves eu creo que non compras máis masa de hoxaldre, seguro.
ResponderEliminarEu penso facer, meter no conxelador para cando faga falra.
Moitos bicos,guapa
Qué valiente!!!. Si o de roscón xa me parecía difícil, esto.....
ResponderEliminarSempre me divirten os teus comentarios, véxome perfectamente retratada, soio que.. son poucas as vces que me sinto con forzas para meterme neses líos.
Como xa vin que non te queda tereime que apañar ca do lidl!!
Bicos
Como que o do lidl?, xa ves que o pode facer calquera. Por moi bo que estea o do lidl (vou acabar comprándoo, porque leo moitos comentarios positivos), nunca estará coma este. O día que empeces coas masas xa verás...
ResponderEliminarBiquiños
Wapaaaaaaaaa ese corte se ve espectacular y seguro estaba de muerte lenta cada pedacito de tarta ,me acuerdo de cuando era pequeña y nuestra vecina lo hacia ummm que sabor maeeeee y el olor que habia en casa era todo un placer.
ResponderEliminarLo unico el trabajo que da pues hay que estar pendiente de ella ,a ver si algun dia puedo hacerlo pues el paso a paso esta mu bien como dices y ayuda bastante.
Enhorabuena por haber echo una tarta totalmente artesana ,sin desmerecer el hojaldre del lidl del cual soy adicta , esta tarta es la repanochaaaa.
Bicos mil wapisimaaaaaa.
uummm que rica tiene que estar esta empanada de manzana, con tu permiso me la copio, un beso guapa...
ResponderEliminarHolaaaaaaaa
ResponderEliminarMe alegro mucho que me hayas escrito, he disfrutado mucho cómo cuentas tu experiencia, lo único que te puedo decir es que tienes que trabajar sobre una superficie un poco más fria, pásale a tu encimera algo helado del frigorífico y trabaja rápido y en ambiente fresco...
Por lo demás la experiencia te va diciendo, lo que puedes hacer para mejorar tus fallos.
Felicitarte por tu trabajo, es muy importante que el mundo de los blogs de recetas tengan su espacio, y lo mejor de esto...los tuyos seran bien felices,no hay nada mejor que los "biencomidos"
Un beso con todo mi cariño de este equipo de webos-fritos
esta empanada me parece una delicia y si encima haces tú misma el hojaldre, elevas la receta a la categoría de -espléndida e inigualable-. Me ha encantado. Tengo problemas con el traductor (en mi ordenador , por lo menos, no funciona) pero más o menos, he entendido todo.
ResponderEliminarun beso
Como medra isto, vaime levar un cachiño ollar todo o perdido na tempada que estiven ausente.
ResponderEliminarQue ben che quedou o hoxaldre...dan gañas de poñerse a probar sorte...
Como estiven fora uns días, non che informei onde podes atopar o agar-agar, está nos estantes de productos dietéticos.
Biquiños.
Nenaaaaaaaaa. Anímate y ya verás. De todas formas no paso sin probar el del lidl.
ResponderEliminarJulycar gracias por venir y por quedarte. Si haces ya me contarás
Susana que honor tu visita, gracias por los consejitos,los tendré en cuenta la próxima vez.
Onega,que rabia con el traductor, eso que tengo 3. El último de la xunta me pareció bastante bueno y me iba bien. Lo siento, los gallegos en estos aspectos estamos bastante a la cola, los blogs en catalán tienen traductores buenísimos,pero yo en gallego no encuentro ninguno decente.
Biquiños para todas
Maria José menudo post de dez tes hoxe. Eu co hoxaldre caseiro ainda non tiven coraxe dabondo.... pero é algo que teño moi en mente...
ResponderEliminarPor certo... lendo todo o que me perdín durante as vacacións direiche que me encanta esa receta de paté que puxeche (eu fagoo de mexillóns só con philadelphia e unha latiña de mexillons) e que me alegro moitisimo de que sexas feliz traballando. Iso é unha verdadeira fortuna.
Biquiños mil guapa.
Laura.
Bufff, estas tartas de manzana, bufff este hojaldre (una de mis muchas asignaturas pendientes) y bufff esas fotos ¡Exquisito!!! Un biquiño María José.
ResponderEliminarTodavía no me he atrevido a hacer el hojaldre en casa!!!!! Qué envidia me da! Te ha quedado genial. Te hago un huequito en mi mesa cuando quieras.Un besito, guapa.
ResponderEliminarMajes, gracias guapa por acordarte, yo casi me había olvidado. Anímote a que te animes co hoxaldre
ResponderEliminarLauriña que agradable atoparche por aquí, xa vin que fixeches unha viaxe de luxo, quero mirar con máis calma, só mirei as fotos e xa quedei abraiada.
Marisa anímate que seguro aprobas esa asignatura pendente.
Pues nada Angie, tienes que atreverte, podemos con el, si pude yo puede cualquiera y tú con lo artistaza que eres lo tienes chupao.
Biquiños pa toas.
Wapa te he dejado un regalico en mi blog pasa a recogerlo cuando quieras.
ResponderEliminarBicos mil.
Hola caldebarcos, pasate por mi blog tengo un regalo para ti, besos muacccc
ResponderEliminarQue gracia!, vas ter traballo dabondo. Eu tamén teño un regaliño para ti!!.
ResponderEliminarBicos.
Muchas gracias nenalinda, julicar y marba. Un honor que no me merezco. Esto de los premio es algo nuevo para mi, nunca me imaginé que nadie pensara en mi para otorgarme un premio. No voy a cumplir con las bases porque serían 30 blogs los destinatarios y por falta de tiempo veo que no va a ser posible. El premio se lo otorgo a todos esos blogs fantásticos que me sirven de inspiración.Muchas gracias
ResponderEliminarBicos gordos para las tres.
guau que ricaa!! vou probar a facela pronto. ^^
ResponderEliminarQué pinta ten...comía un cachiño agora mesmo...seguro que non queda nada? jejeje
ResponderEliminarBiquiños.
este es de los dulces que más me gustan a mí.
ResponderEliminarencima hiciste el hojaldre tú, que artista!
:)