jueves, 29 de abril de 2010

PAN TRES CEREAIS E FROITAS SECAS

O que se ve pola rúa
Hai cousas que non son capaz de entender, debo ser diferente ó resto da humanidade, debo ser “a rara” porque vexo máis actitudes das persoas ó revés ca o dereito. O edificio no que vivo está situado na estrada principal do pobo, a ambos lados da estrada hai aparcadoiros e unhas amplas beirarrúas. Os domingos hai feira, mercadiño e polo tanto, moita xente e tráfico. Miro pola ventá e vexo unha parella, de mediana idade, collidos do brazo, camiñando decididos pola rúa, evidentemente, ata aí podíamos chegar, pola beira, como se foran pola beirarrúa, coa súa conversa animada, relaxados. Os coches fan un pequeno xiro, desviándose cara o medio da estrada, senón levaríanos por diante, e eles seguen enganchados polo brazo, facendo gala do seu consolidado amor. E digo eu, non hai unhas fermosas beirarrúas? Por que van por aí? Logo, curiosamente, este tipo de xente son as que máis protestan e se enfadan se se atopan no caso contrario. Debo ser eu que son rara. Dáme a impresión, de que moita xente da que nos rodea, e penso que máis da metade, considera que só ten dereitos, que os deberes non forman parte da súa forma de vida. Se non temos deberes non estamos respectando os dereitos dos demais. Se todos respectaramos as normas mínimas de convivencia todo sería máis sinxelo. Este tipo de historias indígnanme profundamente, non o podo evitar. Recoñezo que non é o peor que se pode ver pola rúa, pero penso que todo empeza por aí pola falta de respeto ós demais, coa consideración de todos os dereitos como propios.

Vamos con outra receita de pan coa masa nai. Un pan realmente enriquecido, case é un doce, está moi bo aínda que é contundente. Ten unha textura parecida á boroa, cunha miga apretada.



Ingredientes
Para a esponxa
100 grs de fariña de forza
100 grs de fariña de centeo
100 grs de fariña de millo
350 ml de auga mineral morna
200 grs da masa nai San Francisco (previamente alimentada con fariña de centeo)
Para a masa
A esponxa
1oo grs de fariña de forza
100 grs de fariña de centeo
100 grs de fariña de millo
1 cullerada de sal
2 culleradas de azucre moreno
2 puñados de pasas
1 puñado de noces
Figos secos ou pasos
Cirolas de california pasas (as cantidades das froitas e das noces vai a gusto)
2 culleradas sopeiras de salvado de trigo
Ron para poñer a remollo as froitas secas.


Elaboración
A esponxa
Teño unha parte da masa nai alimentada con fariña de centeo, metade de centeo e metade de forza cada vez que a alimento. Para este pan empreguei esta masa nai, que lle podemos chamar de centeo.
Nun recipiente grande poñemos todos os ingredientes e mesturámolo con unhas varillas manuais hasta que estea todo ben integrado e non haxa grumos. Cóbrese con un trapo húmido e ponse a repousar nun lugar cálido, esta vez estivo 5 horas.
- No medio do proceso de repouso da esponxa poñemos a remollar en ron as froitas secas (esto se se quere, tamén pode ser outro licor)

A masa
- A esponxa non tiña demasiadas burbullas, pero non podía esperar máis.
- Engadímoslle a metade das tres fariñas fariña, o salvado de trigo e o azucre á esponxa e mesturamos con unha culler de madeira. Para que quede ben integrado úsanse un batedor eléctrico, dos de facer masas, coas varillas (coas que se usan cando se fai un biscoito). Trabállase uns dez minutos a potencia media.
- Incorpórase o resto da fariña e o sal. Cámbianse as varillas polos ganchos de amasar, durante outros dez minutos a potencia baixa, a potencia alta outros 2 minutos. Ó final do amasado incorpóranse as noces en anacos, feitos coa man, e o resto das froitas: figos, pasas e cirolas, os figos e as cirolas corteinos en anaquiños.


A masa é moi pegañenta e moito menos elástica que noutros casos, xa que a fariña de millo non fai liga coma a de trigo. É imposible traballala coa man. Falando coa miña nai sobre o pegañenta que era a masa no pan de centeo, díxome antes a xente para traballar con estas masas, tanto de millo coma de centeo, facíao coa man mollada e así o fixen, deste xeito é posible tocarlle e traballala sen que che quede todo pegado.
- Bótase fariña no fondo do recipiente no que imos introducir a masa. Tamén se lle bota fariña á masa na superficie e cóbrese con un trapo húmido. Deixase repousar nun lugar cálido e sen correntes durante unhas tres ou catro horas.


- Dámoslle forma ó pan coas mans ben enfariñadas ou húmidas. Fixen unha bóla. Cóbrense con un pano húmido e a levedar. Deixase levedar unhas 4 horas, no meu caso queda toda a noite, unhas oito horas, cuberto con un pano húmido.
- Antes de meter o pan no forno fánselle uns cortes. No meu caso con unhas tesoiras.
- Metín o pan no forno prequentado a 220º durante uns 10 minutos e logo a 180º uns 40 minutos. Puxen no fondo do forno un recipiente con auga.



31 comentarios:

  1. Que che parece????? me parece el sumum del pan. Tiene que estar de muerte. Me gusta, me gusta....te veo experta panadera.
    un beso

    ResponderEliminar
  2. Que pasada de pan!!! Hay que ver como le pegas a esto de las masas eh... De escándalo!!
    Un besiño.

    ResponderEliminar
  3. Saíu o meu comentario?Non sei que sucede que mos borra!!!!

    ResponderEliminar
  4. O das beirarrúas é de adorno, muller. ¿Seique non o sabías?. Pois si, logo protestamos e colgamos pancartas de farola en farola, ou nos pontes da vía do tren, pedindo nelas. Tanto da que sean amplas ou estreitas, eu xa estou por pensar que están por estar...asi que mira.
    Filliña de todo hai nesta vida, e seguramente como ben dís, se fose ó revés..quen os vería protestando.
    En fin, imos ó lio da receita ¿pareceche?.
    Esta miguiña, ainda non sabes ben o que me gosta, asi apretadiña, xuntiña, que pillas un tramanco e xa vas farta rabiar jajajajaja.
    Non se pode negar que ti e as masas casades ben, os teus pans son unha maravilla rula.

    Bicos :)

    ResponderEliminar
  5. Tocaya menudo pan te ha quedado con frutos secos estuptndo a mni el pan de centeno me encanta, pero la harina se compra en herbolarios?
    Besitoss guapaaaa

    ResponderEliminar
  6. Encantame o centeo nas masas de pan, pero e unha fariña moi dificil de conseguir polo menos onde vivo eu. Quedoute estupendo coma sempre. Bikiños.

    ResponderEliminar
  7. Como te entiendo... justo ayer mis vecinos se ponian a hablar en la escalera (con lo que retumba) a contarse sus cosas a altas horas de la noche....la convivencia y sus normas...si yo pudiera poner una multa cuando viera estas cosas... me haria rica!
    el pan, se ve contundente como un pan aleman de nuecs y pasas...seguro que esta delicioso con el desayuno, asi me lo imagino. te ha quedado muy bonito con la cruz...veo que estas aprovechando la masa nai como tu le llamas...sabes que me lo leo primero en tu idioma madre para saber si me entero de algo??;)

    ResponderEliminar
  8. Nai do amor hermoso!!!!!!!!!!!!!!!!!!! ése pan eu tomaríao de postre así directamente, dende logo que o voy facer, ...a miña nasa nai é a de Eric Kaiser e ten xa ano e medio, supoño que será parecida a túa non??? non creo que influya no resultado final,.. de tódolos xeitos xa che contarei ;-) a cada pan que publicas gústame maís có anterior e mira que é difícil ehhh ;-)

    En cando o das beirarruas, onte mesmo case levo por diante a unha avoa cóa sua o que fora, cruzando nunha curva, e elas mais anchas que nada aisssss, e non lle digas nada ehhh, q inda levas,... paciencia, din que é a nai de tódalas ciencias ;-)

    bo día, bonita

    smuackss

    ResponderEliminar
  9. Otra delicia, Mª José! Eres una auténtica artista del pan! Un besito y feliz finde!

    ResponderEliminar
  10. Hay gente que piensa que las normas no van con ellos, pero igual que te gusta que te respeten, también tu has de respetar las normas sean éstas escritas o no.
    Estás haciendo un máster en masas y en todas tienes matrícula, eres una crak ;-)) Otro pan que me guardo. Besitos y buen fin de semana.

    ResponderEliminar
  11. Da xente incivilizada que che vou contar? me poñen dos nervios e cada vez mais, será cousa da idade.

    O pan fabuloso, menuda pinta, ese corte coas noces e as froita... unha maravilla. Esto si que da trabajo, facer a esponxa, deixar repousar, estar pendente dos levedados...uff non sei cando me armarei de valor.

    Bicos

    ResponderEliminar
  12. Hola Maria Jose estas hecha toda una panadera .... este pan se ve divino.... plas...plas...plas... te doy un sobresaliente...y con lo de rara ...nada ...pues ya somos dos....jejeje... estoy de acuerdo contigo ... un besito guapa y feliz finde ....

    ResponderEliminar
  13. Hai que ver como che saen os pans!!!!

    ResponderEliminar
  14. Hola!!! Madre mía, pero si ese pan ya sirve de comida y postre!!!

    Me encanta la textura porque me rechifla la boroa, pero me asusta un poco el curro que da.

    En fin, que habrá que inspirarse porque el resultado es buenísimo y lo has explicado genial.

    un biquiño, guapa

    ResponderEliminar
  15. Está claro que mucha gente, se crea sus propias normas o , mejor dicho, no tienen ninguna norma, yo me enfado mucho con ese tipo de cosas pero, da igual, la gente sigue haciendo las cosas a su aire, en fin
    Nunca he comido pan con pasas, pero, con nueces, me encanta, queda buenísimo, menuda pinta tiene más riquiña
    Besotes

    ResponderEliminar
  16. Maeeeeeeeee wapi que cosas mas ricas nos pones ,no veas de que guena gana me comia un caxo de ese pan ahora mismo,seguro que estaba de muete lenta.
    Solo de pensar lo rico que esta me babo toitaaaa po dioooooos ,la proxima vez me guadas un caxin pofiiiiiii plis.
    Respecto a la gente que mas se puede deci que no hayas dixo en el post ,ayer yo cogi un cabreo impresionante cuando al entrar en el portal nos encontramos con la caca de un perro el cual no tiene la culpa sino el guarro de su amo que no se molesta en recogerlo como deberia hacer y no sera poque no le hayamos llamado la atencion ,no es la primera vez que lo pillamos infraganti algun vecino pues el animalillo de vez encuando se lo hace aqui mientras el amo espera paciente a que termine.
    Bicos mil y feli finde potita miaaaaa.

    ResponderEliminar
  17. Hola, María José. Lo primero, que "raras" somos millones de personas, lo que ocurre es que juegan con nuestra tolerancia. Es más la prudencia que la insensatez, y de ello se aprovechan los irrespetuosos con los demás.
    ¡Ay, menuda parrafada me ha salido!
    El pan, qué te voy a decir... de diploma de experta.
    Un besíño... o un biquiño?
    ...e bon fin de semá???

    ResponderEliminar
  18. MªJose con lo que me gusta el pan..... y con esos frutos, que rico¡¡¡
    Las fotos muy buenas
    buen fin de semana
    un beso

    ResponderEliminar
  19. ¡Madre mia cómo me gusta este pan!Tiene una pinta bárbara.
    Que pases un buen fin de semana.
    Besos

    ResponderEliminar
  20. Ostras menuda pinta!! que buen pan para el desayuno, me encanta!!! eres única para las masas!!

    besitos

    ResponderEliminar
  21. Creo que con tanto ingrediente rico y contundente, con una rodaja de este pan y un buen vaso de café, tengo para varias horas. Me han encantado las galletas de avena. No las tomé nunca pero la pinta es de "cómeme, cómeme".
    un biquiño

    ResponderEliminar
  22. Tiene muy buena pinta!Me acordaste del pan que hice con mosto ya se lo ricos que son con pasas, nueces... y la has hecho con harina de maiz!
    Besitos!

    ResponderEliminar
  23. Gracias por todos vuestros agradables comentarios. Así da gusto hacer pan.
    Algunas preguntais por la harina de centeno. NO es nada difícil conseguirla, a veces pensamos que es difícil conseguir un ingrediente y lo tenemos más cerca de lo que pensamos. Aquí en el pueblo hay un herbolario en el que casi lo puedo encargar todo. Cosa rara que leo en alguna receta, cosa rara que me consiguen ellas. Además todo ecológico, una maravilla. Supongo que como en este herbolario (de pueblo al fin y al cabo)se podrá conseguir en otros, eso sí hay que encargarlo con antelación, en un par de días, como mucho una semana suelen tener mis encargos.
    Biquiños gordos

    ResponderEliminar
  24. Hola Caldebarcos, me parece que eres una maestra en lo que se refiere a la panaderia, cada vez que haces un pan o algo que lleva masa haces una receta de lujo, todas buenismas, un saludo.
    JUAN

    ResponderEliminar
  25. Carai, menuda pintaza ten ese pan. Estás feita toda unha profesional. Levo tempo sen pasar por aqui, e a entrada de hoxe tenme abraiada. Eu de maior quero ser coma ti,jejeje!! Noraboa

    Bicos

    ResponderEliminar
  26. Ma. José, te has vuelto una experta. te ha quedado genial este pan. Me encantan las combinaciones de harinas.
    besitos, y feliz domingo,

    ResponderEliminar
  27. Hola MARYJOSE si ves a Coruña, un pancillo nos caera? as nenas queren facer un curso de tortas

    Gustariame conocerte.
    BICOS RIQUIÑOS.

    ResponderEliminar
  28. Olá!
    Son fan de fazer pam na casa! E eu creo que este pam é delicioso!

    Eu fun um admirador do seu blog!

    ResponderEliminar
  29. Pero que pan mas bueno, se me cae la baba solo de verlo, haber si algun día llego a hacer estas hogazas tan deliciosas, besitos.

    ResponderEliminar
  30. Que rico!!!! o problema que ten este tipo de panes é que eu empezo a comer neles e non paro... e como pan con pan.... gustanme tanto...

    Aínda non me animei coas masas nai... pero ei de facelo.

    Bicos mil rula.

    Laura.

    ResponderEliminar

Cóntame que che parece

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...