sábado, 17 de abril de 2010

PAN DE CENTEO CON PASAS E NOCES

Outro pan coa masa nai. Un pan cunha textura diferente e ben agradable. O toque das pasas e das noces aínda o fai máis gustoso e nutritivo, claro está.
Cada fin de semana me adico a facer pan e paso a semana pensando que pan vou facer. Os domingos pola mañá a miña casa cheira a pan recén feito e é unha auténtica delicia.


Ingredientes
Para a esponxa
200 grs de fariña de forza
100 grs de fariña de centeo
400 ml de auga mineral morna
200 grs da masa nai San Francisco (previamente alimentada con fariña de centeo)
Para a masa
A esponxa
200 grs de fariña de forza
100 grs de fariña de centeo
1 cullerada de sal
2 culleradas de azucre moreno
2 puñados de pasas
1 puñado de noces (a cantidade de noces e pasas vai a gusto)
2 culleradas sopeiras de salvado de trigo


Elaboración
A esponxa
A noite antes de elaborar o pan alimentei a masa nai con un pouco de fariña de centeo, a metade da fariña que empreguei para alimentala era de centeo, a outra metade, coma sempre con fariña de forza.
Nun recipiente grande poñemos todos os ingredientes e mesturámolo con unhas varillas manuais hasta que estea todo ben integrado e non haxa grumos. Cóbrese con un trapo húmido e ponse a repousar nun lugar cálido, unhas 6 horas, no meu caso.


A masa
- A esponxa estaba chea de burbullas, pero para dicir que aumentara de volume, pois non moito, ó meu parecer.
- Engadímoslle 150 grs de fariña de forza, o salvado de trigo e o azucre á esponxa e mesturamos con unha culler de madeira. Para que quede ben integrado úsanse un batedor eléctrico, dos de facer masas, coas varillas (coas que se usan cando se fai un biscoito). Trabállase uns dez minutos a potencia media. Vaise vendo como a masa se vai volvendo moi elástica, parece un chicle.
- Incorpórase o resto da fariña e o sal. Cámbianse as varillas polos ganchos de amasar, durante outros dez minutos a potencia baixa, a potencia alta outros 2 minutos. Ó final do amasado incorpóranse as noces en anacos, feitos coa man, e as pasas.
A masa é moi elástica, pero moi branda e pegañenta,moito máis pegañenta que o pan feito só con fariña branca, por iso se usa a máquina, sería imposible traballala coa man, unicamente con unha culler de pao, pero poderíase un eternizar.
- Bótase fariña no fondo do recipiente no que imos introducir a masa e nas mans porque a masa é tan pegañenta que é imposible tocarlle, hai que empregar moita fariña para manipulala. Tamén se lle bota fariña á masa na superficie e cóbrese con un trapo húmido. Deixase repousar nun lugar cálido e sen correntes durante unha hora.

- Vólcase a masa nunha superficie enfariñada e procedese a facer as dobreces: Primeiro, coas mans ben enfariñadas, estirase a masa formando un rectángulo. Dóbrase pola metade, ese rectángulo que queda dóbrase de novo, un anaco ata o centro e o outro por encima cubrindo o anterior, queda en tres, coma unha carta, coma cando se fai o hoxaldre (vese mellor nas fotos do pan ácido). Vólvese ó recipiente con un pouco de fariña por encima e volvemos a esperar outra hora, así 2 veces máis, é dicir, son 3 veces as dobreces e entre cada dobrez espérase unha hora.
- Dámoslle forma ó pan coas mans ben enfariñadas. Unha barra, estirando un pouco a masa, dóbranse os estremos cara o centro e ponse os pregues cara abaixo, afínanse os extremos e coloqueina na placa de forno, cuberta con papel de forno e enfariñado. Coa outra metade de masa fixen unha bola, arremetendo ben toda a masa cara o centro e facendo unha bóla. Cóbrense con un pano húmido e a levedar. Deixase levedar unhas 4 horas, no meu caso queda toda a noite, unhas oito horas, cuberto con un pano húmido.
- Antes de meter o pan no forno fánselle uns cortes. No meu caso con unhas tesoiras.
- Metín o pan no forno prequentado a 220º durante uns 10 minutos e logo a 180º uns 30 minutos máis. Puxen no fondo do forno un recipiente con auga.

Comentario: O de engadir azucre á masa débese a que así é menos ácido.

35 comentarios:

  1. Encántanme estes pans con froitos secos , é unha delicia ir atopando os tropezóns polo meio , son como gotas de auga no deserto .

    Ten moi boa pinta , levo un pedaciño para almorzar pola mañá .

    Bicos

    ResponderEliminar
  2. Una maravilla de pan. Se ve bestialmente bueno. Me dejas un trocito para mañana desayunar? ;-D
    TOmo buena nota de esta receta.
    Mil besotes y feliz finde.

    ResponderEliminar
  3. Ya me imagino como huele los domingos en tu casa, me encanta el olor del pan horneando, es uno de los mejores. Nos has traído un pan muy rico, me encantan con frutos secos, yo también les pongo alguna cosa siempre. Me lo apunto para probar la semana que viene, que este finde lo tengo liadillo.
    Muchos besitos y buen fin de semana.

    ResponderEliminar
  4. Este pan encantalle a miña nai, teño que facelo un día para sorprendela, quedoute impresionante, como todo o que fas. Eu quero estár na tua casa os domingos pola mañá con ese cheiriño a pan recien feito, que rico!. Bikiños.

    ResponderEliminar
  5. ¡Buenos días! Venga,nos intercambiamos para el desayuno de hoy un trocito de tu pan por uno de mi brioche.¿te parece?
    Un besín y feliz fin de semana

    ResponderEliminar
  6. ala...que rico....si al final me voy a tener que animar a hacer pan..te quedo fenomenal

    ResponderEliminar
  7. Que maravilla de pan tocaya, te ha quedado de lujo, me gusta mucho la miga que te ha quedado y los frutos secos que suavidad y ricura dán al pan.
    este me lo anoto a ver si me queda igual que a ti reina
    besitoss guapaaa
    buen finde

    ResponderEliminar
  8. Que pasada! con esa miguiña que ten unha boa dentellada daballe agora mesmo. A mistura que fixeches cas pasas e cas noces, foi moi boa idea, deben darlle ó pan un saborciño e unha textura deliciosas. Dende logo o pan deste xeito é ben nutritivo como dìs.
    Mellor e maís rico non te podía haber saido, rula.

    Bicos e bon día :)

    ResponderEliminar
  9. Riquisima, verdaderamente riquisima!

    ResponderEliminar
  10. Yo quiero uno para desayunar mañana!!!!! Qué pena me da estar a dieta, sobre todo cuando veo estas cosas en la red, además de oler los que hacen en mi casa. Espero poderlos probar en cuanto acabe de perder el peso que necesito. Me guardo la receta. Un abrazo.

    ResponderEliminar
  11. Se chegas a ser veciña miña che xuro que tódolos domingos estou petando na tua porta suplicando un anaquiño de pan, jajaja.

    Que delicia, esa miga tan suave e con pasas e noces, rico, rico.

    Bicos

    ResponderEliminar
  12. Mmmmmmmmmm! que pinta ten!
    pareceme que me vou ter que atrever coa masa mai

    ResponderEliminar
  13. A miña avoa encántalle este pan pero a min as pasas non me chistan moito. Eu botaríalle dobre ración de noces. Pregunta de ignorante total na materia, podríaselle botar avelás ou améndoas?
    Bicos

    ResponderEliminar
  14. Gracias por todos vuestros comentarios, esto de hacer pan se está convirtiendo en un vicio.
    Artemar si que se pode facer con que queiras,iso é o malo que queres probar con todo e non das acabado, pero bueno é unha forma de estar entretido. Con abelás estame tentando, as améndoas non son moito santo da miña devoción, pasa coma a ti coas pasas, algún defetiño tiñamos que ter, non?
    Biquiños para todas e dos gordos eh?

    ResponderEliminar
  15. Pero que pan más rico, tiene una pinta fabulosa.
    Besitos.

    ResponderEliminar
  16. Y dices que todos los domingos hay pan fresco en tu casa recién horneado?....voy volando!!!
    un biquiño

    ResponderEliminar
  17. Que me dera un cachiño ...!!!Fago un na panificadora con semillas, o próximo engadireille as pasas e as noces, aínda que non será o mesmo que o que ti fixeches amasadiño con tanto mimo...

    Bicos.

    ResponderEliminar
  18. ooooooooooooooooooooooole!!!
    aunque ya estás haciendo el de maiz... que en cuanto salga el sol quiero asar sardinas..jajajja
    así que ya tienes deberes!!!
    por ahora me llevo este.. que el corte es una pasada.. la miga se ve espectacular.. y con lo que me gustan las pasas.... toooooooooooooodo para mi!!
    mil besos wapa

    ResponderEliminar
  19. menudo pan más magnífico te ha salido; con tropiezos en medio, me encanta... el aspecto exterior es rústico y precioso...te estás haciendo una experta panadera...eh???
    besos

    ResponderEliminar
  20. Maeeeeeeeeeee wapi ,peazos panes tas haciendo ,veda que enganxa ,ojala librase todos los fines de semana poque en mi casa tambien oleria a pan recien horneado jis..jis.
    Yo lo he exo ayer que me toco descansar y ya no queda na el ultimo trozo se lo llevo hace un rato mi tia que vino de visita a casa.
    Al final voy a tener que animarme y conseguir un poco de Francisquita ,poque me poneis los dientes largos largos cada vez que veo esas peazo fotos.
    Po cieto aun no te ehe dixo que te ha quedao ESPECTACULAAAAAAAAAR ,las fotos se salen pesiosa, me imagino un caxin mañana pa desayuna y me derrito toitaaaaaa.
    Bicos mil y feli finde wapa.

    ResponderEliminar
  21. Madre míaaaaaaaaaaa, dan ganas de comerse la pantalla, que pintazaaaaaa!!

    No, si al final me pondré a experimentar con la masa madre, a la vista de tus resultados,c ualquiera se resiste.

    un biquiño

    ResponderEliminar
  22. Moito da de si esa masa eh, jejje. Ten unha pinta estupenda...

    ResponderEliminar
  23. wapa, un pan muy rico. Una rebanadita de estas para el desayuno, eso sí que es empezar bien el día ;)

    Salu2, Paula
    http://conlaszarpasenlamasa.cultura-libre.net

    ResponderEliminar
  24. No se que decir, al ver tu receta, se me han agolpado un montón de recuerdos en mi cabeza, mis abuelos maternos siempre hacían pan de centeno en casa y, recuerdo que, a mi, acostumbrada al pan de barra, no me gustaba nada, a escondidas lo tiraba, ainsssss, sólo de pensarlo me pongo mal por el disgusto que les daba a ellos, pero, al final, le cogí el gusto a ese pan y, luego no había quién me lo quitara de delante, jejejeje
    Pasaba siempre los veranos en Lugo con ellos , que recuerdos más bonitos tengo, es una pena que ya estén tan lejos esos recuerdos y que mis abuelos ya no estén
    En fin, que me estoy poniendo muy melancólica y encima te estoy metiendo un rollo de campeonato
    Un besazo y GRACIAS por traerme esos recuerdos y ese olor a pan de centeno recién hecho

    ResponderEliminar
  25. Oleee vaia pan nena!! Encántame os pans enriquecidos, teño pra publicar un con noces tamén :P aínda que vai algo escaso que non tiña moitas! O teu vai perfecto, comía un bo cacho xa cho digo!
    Bueno que, poñemos unha panadería entre as dúas? Jajajaja
    Bicos gordos!

    ResponderEliminar
  26. Pami!!!!!!!!!!! Siiiiiiiii!!!! QUen nos vería ás dúas mano y mano a amasar. Si este está enriquecido, non che conto o que quitei esta mañá do forno, que ganas teño de publicalo, unha auténtica maravilla, aínda que me esta mal dicilo.
    Biquiños para todas.

    ResponderEliminar
  27. ,... aquí me tes cós ollos coma platos, cada pan que publicas enamórame!!!!! éste en concreto eu tomaríalo de postre, despois dunha boa comida de domingo,.. degustando e saboreandoo con tranquilidade,... decirche que é xenial, é pouco,... a corteza, o cor, a miga, a textura,... perfecta!!!!

    un biquiño maestra panadeira ;-)

    ResponderEliminar
  28. Ay como debe de oler tu casa de bien cuando haces estos panes tan ricos... yo de pequeña vivía casi al lado de una panedería y el olor a pan recién hecho es inconfundible.
    Te quedó de lujo el pan de centeno.

    Un abrazo

    ResponderEliminar
  29. MI delirio, el pan con pasas y nueces ... Por todos los cielos, como te ha quedado!!! Que vicio!!!!
    (Este fin de semana estuve de paseo por tu hermosa tierra).
    Biquiños

    ResponderEliminar
  30. Que buena pinta tiene todo, ummm todas tus recetas son muy buenas, tienes un blog estupendo, te sigo, ¡Besos!

    ResponderEliminar
  31. Hola Caldebarcos, se ve que tienes muy buena mano para las masas, todas las que pones estan estupendas, un saludo.
    JUAN

    ResponderEliminar
  32. Que lujazo de pan!!Yo acabo de empezar con mi masa madre. No la había hecho nunca y creo que va por buen camino. Probaré con este pan que se ve delicioso!

    Besinos guapa,

    Vanesuky.

    ResponderEliminar
  33. Mira que me gustan los panes de nueces... este lo hago sin falta. Además el corte es divino.

    Besos.

    ResponderEliminar
  34. Hola Maria Jose ....huuummmm que pinta mas buena tiene este pan ..... te pasa lo que a mi ...no me he comido un pan ...cuando ya estoy pensando en hacer otro ... si es que estan buenisimossssssss....y mas caseritos... un besito guapa

    ResponderEliminar
  35. Madre mia!!!!! estoy viendo unos panes de revista!!! que pasada Caldebarcos, me la anoto ya! que vicio, que viciooooo. espectacular. Besillos

    ResponderEliminar

Cóntame que che parece

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...