sábado, 31 de octubre de 2009

BRIOCHE RECHEO DE CREMA PASTELEIRA

Non sabía que nome poñerlle. Gústame poñerme un nome inventado por min, non copiado de ningún outro sitio, a esto mesmo creo que o vin co nome de chinois ou algo así, pero cando non sei a procedencia dese nome prefiro non poñerllo e poñer o nome do que se ve e listo.
Facía moito tempo que o quería facer, pero íao pospoñendo e non sei moi ben por qué. Agora que o fixen creo que era mellor que o seguira pospoñendo porque é talmente unha delicia. Tamén teño que confesar a miña debilidade polas masas de levedar, encántame tanto facelas como comelas e se ten crema pasteleira xa non digo nada.
Non podo dicir que o copiara de ninguén porque esta masa foi evolucionando comigo, facendo cambios e agora non sei de onde parte. A verdade é que ésta exactamente non a copiei de ninguén, fun collendo ideas daquí e dacolá e así elaborei a miña propia masa, que non teño pensado perder porque sae deliciosa.
Vamos ó lío que me lío.

Ingredientes para a masa
É a mesma que a do rosco, pero a metade dos ingredientes
2 ovos + 1 para pintar por encima
400 grs de fariña de forza (máis ou menos)
25 grs de levadura prensada de panadería
100 cc de leite
75 grs de manteiga
50 grs de azucre + unha culleradariña para a levadura
1 sobre de azucre vainilla ou unha cullerada de esencia de vainilla
Media culleradiña de esencia de limón (opcional)
Unha culleradiña de aroma de azahar
1 culleradiña de sal
Elaboración da masa
-Sacar a manteiga da neveira, troceala e deixala a temperatura ambiente mentres se vai facendo o resto
- Amornar o leite e desfacer nel a levadura coa axuda dunha culleradiña de azucre. Deixar fermentar arredor de 20-30 minutos tapado con film, ata que triplique o volume.
- Tamizar a fariña e agregarlle o azucre, o sal, os ovos batidos, as esencias e a mestura de levadura, xa fermentada. Mesturar todo ata conseguir una masa homoxénea que non se pegue ás mans nin ao conco. Empecei mesturando coa culler de pao e rematei coas mans. Se non chega a fariña inicial engadiráselle máis. Finalmente engadimos a manteiga a temperatura ambiente e integrámola ben. Custa un pouco, pero hai que ter paciencia, acaba integrándose (cando digo paciencia é paciencia, porque toda a manteiga se desparrama e a masa desfaise, parece que nunca vas conseguir xuntar aquilo, poden dar intencións de tirar todo ó lixo, pero non, hai que continuar porque ó final xúntase todo, prometido). Este proceso fíxeno coas mans. O final queda unha masa brandiña, parece coma pegañenta, pero non o é, despégase perfectamente da superficie de traballo e das mans.
- Envolvémola masa en película de cociña (film). Envolvémola ben para que non se saia ó fermentar e introducímola na neveira, no meu caso toda a noite (debe estar ben cuberta co film porque senón sairase. O film poñémolo frouxo para que poida medrar). Tamén se podería deixar fermentar a temperatura ambiente, dentro do forno apagado, por exemplo, ata que dobre o volume, unhas dúas ou tres horas.
- Sacala de neveira, retirar o film e darlle forma (explícoo máis abaixo).


Ingredientes para a crema pasteleira
É a mesma receita do tronco de crema con cobertura de chocolate
Dúas xemas
3 culleradas de azucre
1 sobre de azucre vainilla
3 culleradas de maicena
300 ml de leite
30 grs de manteiga
Realización

Quentar o leite nun cazo (se non ferve non pasa nada). Sempre o fago no micro
Mesturar nun cazo as xemas, o azucre, a maicena e un pouco de leite fría (dúas culleradas). Remexer ben ata que se mesture todo sen grumos.
Poñer a mestura ao lume, non moi forte (medio alto) e engadirlle inmediatamente o leite. Non todo, a metade. Remexer cunhas varillas ata que vaia espesando. Subirlle a temperatura, pero nunca ao máximo. Cando vaia espesando xa se ve a necesidade de engadirlle máis leite ata conseguir o espesor desexado. Ten que quedar espesiña. Ó final, xa co lume apagado, engadimos os taquiños de manteiga, que xa sacamos cando empezamos a facer a crema para que fora collendo temperatura ambiente. Remexemos ben para que se integre coa crema (esto lino por aí nalgún blogue e decidín probar, queda ben). A crema debe estar fría para cando a usemos. Para que non críe tona podemos cubrir o recipiente, no que está, con papel film.


Montaxe do brioche
Unha vez fermentado dámoslle a forma desexada: Estiramos a masa o máis que poidamos, sobre unha superficie enfariñada, e facemos un rectángulo, ou cadrado (a min saíume máis ben cadrado). Estendemos a crema por toda a superficie. Enroscamos coma se fose un brazo de xitano. Cortamos porcións de uns tres dedos de ancho e colocámolas coa crema cara arriba,nun molde forrado de papel de fornear (molde empregado era de 30 cm de diámetro)
Dexámolo fermentar arredor de dúas horas nun sitio sen correntes, dentro do forno apagado, por exemplo. Antes de metelo ó forno pintámolo con ovo batido.
Introducímolo no forno prequentado a 180º. Deixeino a 180º durante 10 minutos, logo baixeille o calor a 160º e cubrino con papel de prata para que non se queimase ( o meu forno en seguida pon moreno). Deixeino media hora máis.
Ingredientes para o almíbar
Facémolo mentres o brioche está no forno.
Medio vaso de auga
3 culleradas de azucre
Tamén podemos poñer menos auga e máis azucre, así quédanos un almíbar máis espeso
Preparación
Ponse a ferver tódolos ingredientes uns cinco minutos.
Cando se saca o brioche do forno pintámolo co almibar.


29 comentarios:

  1. Que buena pinta tiene este brioche,te lo copio ,dentro de poco lo veras colgado en mi blog.

    Besitos guapa

    ResponderEliminar
  2. Wapi te ha quedao divinooooooo divinooooo ahora mismo me llevaba un caxo ..ummmmm me llega el olorcito que hay en la cocina cuando se esta horneando.
    Yo tambien lo he exo y esta de mueteeeee le he llamao chinois jis..jis.

    http://siguiendoanenalinda.blogspot.com/2009/05/chinois-con-crema-pastelera.html

    Me llevo tu receta pues no es como el que he exo y asin lo vuelvo hace que se me ha antojao.
    Bicos mil y feli finde wapaaaaa.

    ResponderEliminar
  3. Mmmmmm...brioche e crema pasteleira...eu non comía un cacho...comía a metade...jejejeje...qué boa pinta ten...
    Bo finde...biquiños.

    ResponderEliminar
  4. Amara, me gusta que te guste y más que te gustará si lo haces, el aspecto es tan bonito... (ya sé que tú de esto no comes, pero te gustará ver como los demás lo saborean y dicen lo rico que está)

    Nena, el tuyo también te quedó dividno, yo pruebo el tuyo y tú el mío, vale?

    Ana,fago outro e a metade para cada unha, vale?
    Averdade é que estas masas, así esponxadiñas, son tan ricas e se as acompañamos coa pasteleira, cada bocado pide outro porque non te podes crer que estea tan bo.

    Biquiños para as tres

    ResponderEliminar
  5. Hola, hola, esta receta me parece un autentico pecado!!!! Voy a ver si me aclaro con el traductor para ver si acabo de entender algun cosilla que no me queda clara.
    PTNTS
    Dolça

    ResponderEliminar
  6. qué buena pinta... se llama larpeira no?? bueno en plano, pero los ingredientes los mismitos... aunque ta más lucido así!!! me llevo las miguitas que han dejado...porque seguro que es lo queda..!!
    besotes

    ResponderEliminar
  7. Dolça espero que le traductor te aclare tus dudas, en caso contrario puedes preguntarme. Que pena que nuestro traductor no sea tan bueno como el vuestro, yo en tu blog me entero de todo, el traductor es buenísimo.

    Patt, no es exactamente la larpeira, pero,como tú my bien dices, al final es practicamente lo mismo, solo que en la larpeira predomina más el anís y se hace con masa de roscón, esta masa es más de brioche. Aunque yo ahora opto por esta masa para todo, es más esponjosita. No quedan ni las miguitas porque ya es de la semana pasada, pero me dio pereza publicarlo durante la semana y el domingo no tuve tiempo, así que ya hemos hecho la digestión y todo. Para otra te aviso con más tiempo, jeje.
    Bicos para las dos

    ResponderEliminar
  8. desde que contaches que a ibas a publicar xa imaxinaba o rica que me iba a parecer!, non estoú nada decepcionada!. Felicidades!
    Bicos

    ResponderEliminar
  9. ... encántame!!! encántame!!! encántame!!! chámalle X se queres, pero quedouche de verdadeiro escándalo o brioche, chinois....

    Que mans tes mestra...

    un biquiño doce

    ResponderEliminar
  10. Eu quero un pedazo.... ou dous!!!!! O brioche así soliño xa me gusta... pero é que así coa crema... chámame a gritos.....

    Menudo pecado nena.... Que envidia che teño.

    Bicos grandísimos.

    Laura.

    ResponderEliminar
  11. Te ha quedado genial, María José! Gracias por compartirlo! Un besito y feliz semana.

    ResponderEliminar
  12. Ya me lo he copiado, tengo muchas ganas de hacer un brioche y este se ve delicioso, gracias
    un beso

    ResponderEliminar
  13. Que delicia de brioche o como se chame, queda moi bonito e con esa crema polo medio é todo un pecado.

    Bicos

    ResponderEliminar
  14. Marba, Nytta,Laura, Angie, Luisi, Rakelilla, vuestros comentarios me alegraron el día, sois todas unos soletes. Muchas, muchas, gracias. Me encanta que os guste, todo lo aprendo de todas vosotras. Viva el mundo de los blogs gastronómicos!!!!!!!!!!!!!
    Bicos de ruído para todas. Muak

    ResponderEliminar
  15. Ainsss....levo tempo pendente de facelo,...despois de ver estas fotos, non creo que tarde, pero non creo que me saia con esa boa pinta...

    Biquiños.

    ResponderEliminar
  16. Que forma más deliciosa y bonita de hacer un brioche!!Anotadito queda.

    Gracias preciosa.

    Vanesuky.

    ResponderEliminar
  17. Que boa pinta e que blog tan larpeiro. Saúde.

    ResponderEliminar
  18. uuummmm que buena pinta tiene este brioche de crema, anotada queda, ya tengo varias tuyas pendientes.... a ver sin empiezo ya y te cuento que tal me a ido...jejeje...besos ....

    ResponderEliminar
  19. Majes,non a fagas, é un auténtico pecado,non podes parar de comer e tes ganas de facer outro. Vaiche quedar mellor que a min, con esas mans que ti tes...

    Vanesuky, gracias por tu visita preciosa, cuando lo hagas me cuentas, vale?

    Bandullo, o blogue é tan larpeiro como o son eu, delátame bastante,creo que se nota que viviría a doce.

    julycar, como no me cuentes ya verás... Gracias por tu visita guapetona.

    Moitos bicos para vós que me alegrades a existencia

    ResponderEliminar
  20. esto tiene una pinta estupenda, seguro que estaba delicioso, te felicito, besitos desde londres

    ResponderEliminar
  21. Que ricooooo. Me lo comería todo.

    Un abrazo

    ResponderEliminar
  22. Tardé en pasarme ( como siempre) y supongo que ya no quedan ni las migajas. Tengo pendiente de hacer una larpeira y ahora me apunto el brioche que tambien tiene una pinta estupenda.
    un biquiño

    ResponderEliminar
  23. Me encantó, esta receta me la apunto!! Qué pinta!!

    ResponderEliminar
  24. Pero que pinta!!!!!!!!!! Me voy a ir de tu blog con un par de kilos!!!!!!!!!!
    Besos

    ResponderEliminar
  25. Ola! levo tempo pasando por aquí e agora anímome a felicitarte polo blog. Desta semán non pasa sen face-lo brioche, mi máaaa! q pinta máis rica, levaba meses coa idea de facelo así e nunca me poño, e con esta fotiño q nos pos.... hehe, chéghanme os dentes ó chan!;)
    Parabéns! Lorena

    ResponderEliminar
  26. Por favor Lorena non deixes de contarme o resultado, vale?
    Bicos gordos

    ResponderEliminar
  27. Caldebarcos como estas???? hace dias que no pones nada...y sino recuerdo mal andas con un virus.... espero que estes bien...un beso y que pases un feliz puente....

    ResponderEliminar
  28. maría joséeee! tengo la masa en la nevera, mañana horneo, a ver qué tal me sale! ya te contaré! jiji! un beso!

    ResponderEliminar
  29. He probado tu receta del brioche. ¡ Está exquisita! No han dejado ni las migas, lo publicaré proximamente en mi blog , casi no me han dado tiempo a sacarle una foto.
    También quiero atreverme con la larpeira, ya te contaré. Un saludo

    ResponderEliminar

Cóntame que che parece

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...