Esta receita é moi especial porque os artífices da mesma tamén son moi especiais. Non sei se dixen nalgunha ocasión, creo que non, que son mestra, o son por vocación e por devoción. Paréceme a profesión máis bonita do mundo, pode que non sexa moi obxectiva, pero así o creo, sen menosprezar ningunha outra, que todas son necesarias e bonitas ou interesantes para quen as exerce.
Pois ben, esta receita fíxena no cole, cos meus alumnos, 14 nenos e nenas de 3º de Primaria, realmente encantadores, cheos de ilusión e con moitas ganas de facer cousas. Pásoo moi ben con eles.
O outro día un deles levou para merendar dous bocadillos do que el denominou “paté caseiro”, que fixera a súa nai. Un dos bocadillos era para compartir e que todos puideran probalo. A min tamén me tocou, por suposto. Á maioría gustounos moito, polo cal ó día seguinte repetiuse o ofrecemento. Pregunteille se podía pedirlle á súa mamá a receita e que cando a tiveramos podíamos facela na clase, xa que non implicaba cocción. Así foi, ó día seguinte xa levou a receita. Comprei os ingredientes, invitamos ós de 4º e a facer paté e a untar nas torradiñas. Logo eles tiveron que pensar un pouco e escribir a receita. Vai formar parte do noso receitario, tentaremos facer máis, pois é un exercicio de redacción estupendo e ademais pasámolo ben. Tendo en conta tamén que enchemos o bandullo e facemos unha merendola moi agradable.
Encantoulles, por pouco non nos chega, acabamos as torradas e tivemos que ir buscar pan ó comedor. Sobrou pouquiño e puidemos darlle a proba ó resto dos profes.
Pois ben, esta receita fíxena no cole, cos meus alumnos, 14 nenos e nenas de 3º de Primaria, realmente encantadores, cheos de ilusión e con moitas ganas de facer cousas. Pásoo moi ben con eles.
O outro día un deles levou para merendar dous bocadillos do que el denominou “paté caseiro”, que fixera a súa nai. Un dos bocadillos era para compartir e que todos puideran probalo. A min tamén me tocou, por suposto. Á maioría gustounos moito, polo cal ó día seguinte repetiuse o ofrecemento. Pregunteille se podía pedirlle á súa mamá a receita e que cando a tiveramos podíamos facela na clase, xa que non implicaba cocción. Así foi, ó día seguinte xa levou a receita. Comprei os ingredientes, invitamos ós de 4º e a facer paté e a untar nas torradiñas. Logo eles tiveron que pensar un pouco e escribir a receita. Vai formar parte do noso receitario, tentaremos facer máis, pois é un exercicio de redacción estupendo e ademais pasámolo ben. Tendo en conta tamén que enchemos o bandullo e facemos unha merendola moi agradable.
Encantoulles, por pouco non nos chega, acabamos as torradas e tivemos que ir buscar pan ó comedor. Sobrou pouquiño e puidemos darlle a proba ó resto dos profes.
Ingredientes
1 lata de mexillóns en escabeche (das de 120 ml)
1 lata de atún en aceite (das de 120 ml)
2 terrinas de queixo philadelphia de 200 gr cada unha
Hai outro ingrediente que nós non puxemos, pero si aparecía na receita orixinal: Un chorriño de whisky.
Realización
- Baleiramos o contido das terrinas e das latas nun recipiente apto para batedor eléctrico.
- Batemos todo, cun batedor eléctrico, ata que quede unha masa homoxénea.
- Untamos nas torradas e listo para comer.
NOTAS: Retiramos o aceite do atún. Pareceunos, á miña compañeira e a min, que ía ter demasiada graxa. Persoalmente tampouco engadiría toda a salsa do escabeche.
Que rico , nos coñeciamos a receita de queixo e mexilóns , pero así mezcladiño ten que estar moi bó , animo con eses rapaciños que o que lles estás ensinando non o esqueceran na vida .
ResponderEliminarBicos
Um ... que bo ese pate .. ten un pinta boiiisima.. pero non sei por que decidirme, por que o arroz encantame .. e con berberechos ten que estar de delicioso .. un biquiño ..!!!
ResponderEliminarLa experiencia con los niños en temas culinarios no puede ser más enriquecedora, tanto para nosotros como para ellos. Durante unos meses colaboré con una escuela de cocina que los sábados impartían clases a crios desde los 6 a los 14 años. Nos lo pasabamos pipa y curiosamente los chavalines comían cosas que en casa nunca habían visto ni probado.
ResponderEliminarUn abrazo
Que cousa tan rica, non me extraña que o comérades todillo. Este me parece que o vou facer para o picoteo da fin de semana.
ResponderEliminarBicos
Ten moi boa pinta, apunto a idea...
ResponderEliminarBiquiños.
Poéticos, pero non cambiaredes de nome? Espero que os alumnos, polo menos que aprendan algo,doume por satisfeita.
ResponderEliminarLala de aperitivo o paté e de plato principal o arroz, xa está solucionado o dilema.
Pilar, a verdade que traballar con neno é moi divertido e gratificante en calquera actividade. Temos que contaxiarnos da súa enerxía, da súa alegría e das súas ganas por aprender.
Rakelilla e Ana eu tamén creo que é unha opoción fácil e rica para un aperitivo ou unha merenda.
Bicos para todas
Apúntome. Teño que facer os cálculos da cantidade que necesito. Eu teño 23 rapaces, e son de quinto, e algún ten un saqueeee...Xa teño feito algo dese estilo, e é unha das técnicas estupendas para que aprendan a utilizar os dous puntos e as comas nas enumeracións, e a medida que lles vas decindo taltal coma, tal tal...que aproveite (e xa eles che poñen a coma) :)
ResponderEliminarIsa chégache con esas cantidades. Os nosos eran 24, contando cos de 4º. Comeron bastante, non pasaron falta. Do que pasaron falta foi de pan. Comprei dúas caixas das de torradiñas de canapés e non chegaron, facíannos falta tres ou catro porque fomos buscar pan ó comedor.
ResponderEliminarXa me contarás.
... paréceme e unha idea moi orixinal e imaxino que os nenos quedarían encantados!!!
ResponderEliminarGracias por compartir un anaquiño da túa cotidianiedade...
A receita xa está gardada ;-)
un biquiño
Así me gusta!, creando afición!.Seguro que además de instructivo os lo pasasteis pipa!.
ResponderEliminarun bico,
Un paté moi especial
ResponderEliminarpara unha merenda sin igual.
Os meus rapaces saborearan este paté caseiro meténdono nun pan de pita do que xa levamos algunha proba feita... ¡E mais que faremos... pois non hai mellor lembranza que o reflexo da felicidade e satisfación na cara chea de fariña dun neno e as mans... pringadas!
Un biquiño.
Me ha encantado tu historia, tus alumnos han aprendido a compartir y ademas la receta seguro que estaba buenisima!!! un beso
ResponderEliminarMe encantan estos patés tan rápidos! Yo hago uno con mejillones..., qué te mueres de bueno! Gracias por la receta y feliz domingo.
ResponderEliminarHola, me ha encantado conocer tu bloc "galego" te iré visitando!
ResponderEliminarPTNTS
Dolça
Muchísimas gracias por tu comentario. El traductor del catalán que yo uso nos lo proporciona gratuitamente la Generalitat de Catalunya y la verdad es que fubciona muy bien, a mi me gusta más que los del google.
ResponderEliminarPTNTS
Dolça
Wapa que manera mas bonita de empezar a instruir a los niñ@s en la cocina , seguro que disfrutaron muxo y no solo con la merienda.
ResponderEliminarMe apunto este pate pues yo hago uno con mejillones y atun pero en vez de queso le pongo mayonesa y kechut , este seguro que es mas suave en sabor.
Tampoco le añado el aceite del atun ,ni todo el escabexe sale muy grasiento.
Lo hare en na ya te dire que me ha parecido.
Bicos mil wapa.
Que genial idea, el paté, los niños colaborando, fantástico, comprendo perfectamente que no te llegara el pan.
ResponderEliminarBicos :)
Qué receta más simple y qué rica que está! A veces en la simpleza está la grandeza.
ResponderEliminarGracias por pasarte por mi blog, ¡Un saludo!
A ver si animaste e ves o cole do meu fillo,pra ensinar a facer cousas tan boas como este.
ResponderEliminarEncantame a receita,a veces o mais simple e o mellor.
O que mais me gusta e que conseguín que Alberto me lea alguna das tuas liñas y asin practicamolo os dous,e sigo aprendendo,que es o mellor de todo isto!
Un bico forte,e sigue ensinando tán ben!
(Y de paso me lo corriges,porque seguro que está fatál,gracias!)