En agosto fixen un rosco, pero coa masa da larpeira. Na que amasas e amasas ata que che corre a suor pola fronte. Pero a miña intención é que quede máis esponxoso. Polo que tentei facer un híbrido entre a masa de rosco e a de brioche, seguindo ademais certos consello de i-recetas. Cambiei a forma dos levedados porque quería atopar unha fórmula na que puidese facelo de un día para outro, pero que fose fresco do día, ó ler a receita creo que se entenderá o que quero dicir. O resultado non foi o esperado, non me serve este experimento.
4 ovos + 1 para pintar por encima
800 grs de fariña de forza (máis ou menos)
50 grs de levadura de panadería
200 cc de leite
150 grs de manteiga
100 grs de azucre + unha culleradariña para a levadura
2 culleradiñas de azucre vainilla
Media culleradiña de esencia de limón (opcional)
Unha culleradiña de esencia de anís
Unha culleradiña de aroma de azahar
1 culleradiña de sal
Realización
-Sacar a manteiga da neveira, troceala e deixala a temperatura ambiente mentres se vai facendo o resto
- Amornar o leite e desfacer nel a levadura coa axuda dunha culleradiña de azucre. Deixar fermentar arredor de 20-30 minutos tapado con film, ata que triplique o volume.
- Tamizar a fariña e agregarlle o azucre, o sal, os ovos batidos, as esencias e a mestura de levadura, xa fermenteda. Mesturar todo ata conseguir una masa homoxénea que non se pegue ás mans nin ao conco. Empecei mesturando coa culler de pao e rematei coas mans. Se non chega a fariña inicial engadiráselle máis (eu usei os 800 grs, inicialmente foron 600 e logo engadín 200 máis) . Finalmente engadimos a manteiga a temperatura ambiente e integrámola ben. Custa un pouco, pero hai que ter paciencia, acaba integrándose. Este proceso fíxeno coas mans. O final queda unha masa brandiña, parece coma pegañenta, pero non o é, despégase perfectamente da superficie de traballo e das mans.
- Envolvémola masa en película de cociña (film). Envolvémola ben para que non se saia ó fermentar e introducímola na neveira durante 8-10 horas. Podería ser toda a noite. A miña intención ó facer esta receita é elaborar hoxe a masa e os levedados e mañá cocela para que estea recén feita. Eu acabei de facela sobre as dúas e dez de medio día e estivo na neveira ata as 10 da noite.
- Sacala de neveira, retirar o film e darlle forma. Neste caso divido en tres partes, que teñan o mesmo peso aproximadamente e fago unhas tiras longas. Con elas realizo a trenza. Xa a podemos realizar encima da propia bandexa de forno, cuberta de papel de fornear, onde a imos cocer porque logo é difícil collela.
- Déixase fermentar durante unhas cantas horas, ata que se vexa que dobrou o volume, chégalle con dúas ou tres horas. No meu caso levedou toda a noite, metido dentro do forno apagado. Cando o vin levei un susto, case non cabía na bandexa, perdera a forma de trenza e estaba todo desparramado. Mireino cando me deitei sobre a 1 da mañá e estaba perfecto para cocer. Estiven tentada, pero resistinme a ver que pasaba e canto era capaz de medrar. Recordo que cando miña nai conta como facía miña avoa os roscos, di que os deixaba levedar toda a noite, probablemente non tiveran tanta levadura. Terei que seguir experimentando e probar con menos levadura.
- Píntase con ovo batido, pónselle un pouco azucre remollado en auga e métese no forno prequentado a 160º, na parte central, se vemos que se doura moito por encima, cubrímolo con papel de prata. Despois de 5o-55 minutos está listo. O do calor do forno é moi relativo. Eu prefiro poñelo a 160º e esperar máis tempo a que estea cocido, que poñelo a 180º e que se toste por fóra. O que fixen en agosto púxeno a 180º e duróuseme ben por fóra e por dentro non quería estar moi cocido. O truco para comprobar que está cocido é baterlle suavemente coas puntas dos dedos e que soe oco.
BOLIÑOS
Isto fíxeno para poder apreciar as diferenzas, coa mesma masa, de distinto proceso de levedado.
Este último proceso era o que facía habitualmente. Sempre me deu bo resultado, pero cando o facía, ou era o día antes e ó día seguinte non está tan bo, ou era no mesmo día pola mañá, para o cal, tiña que madrugar un montón e andar a cen para chegar a tempo ó lugar onde quedara a comer, sempre chegaba tarde. O que pretendía con este experimento é que cando vou a comer a algún sitio e levo este doce, poder levalo recén feito sen ter que levantarme moi cedo e logo chegar a última e co bolo fervendo e ás veces non ben cocido. Non atopei a solución.
Ola, unhas das receitas que me gustan a min...jejeje...masas...agora mesmo teño unha a levedar;-)É a receita da Rosca de Reis? a min tampouco me quedou ben cando a fixen:-(
ResponderEliminarSobre o que contas do levado, eu amaso a última hora da tarde e deixo toda a noite na "cama" como se di por aquí, pola mañá doulle a forma, se non fai calor, no forno, para que apure un pouco o levado.
Biquiños.
Non é exactamente a masa do roscón de Reis, ten máis manteiga e queda máis branda. Aínda hei seguir esperimentando, non creo que a cousa quede aqui. Non me quedou mal, só que estaba demasiado levado e de sabor tupendo. Se a cocese onte a noite quedaría perfecto.
ResponderEliminarBicos guapa
HOLA MUY BUENO EL ROSCO TIENE MUY BUEN VER Y SE VE MUY ESPONJOSO TIENE QUE ESTAR RICO, JOSÉ LUIS
ResponderEliminarQue envexa!!!!, nunca me atrevin a facer un rosco, nin roscón, nin trenza... si cando me anime me chega a sair como este dou botes!!!
ResponderEliminarun bico
Unmmmmmmmm se ve deliciosoooooooo , me comia un caxooooo ya mismooooo.
ResponderEliminarUma receta y presentacion de 10 points ,los panecillos te han quedao divinos tambien.
Wapa no tendras la receta de la tarta larpeira de Arzua , la he probado hoy y esta de muerteeeee.
Sabes cual te digo ? no tiene crema por encima esta bañada con algun almibar y azucarrrrr ummmmmmm.
Bicos mil y feli domingi wapa.
Nena non sei cal é esa larpeira. A que eu fago é a de pasteleira, pero por encima tamén leva ese almíbar. Téñoa publicada.
ResponderEliminarBicos e grazas polos teus comentarios.
Marba, anímate que isto é coma un vicio, unha vez que entras na "masoterapia",non podes parar.
ResponderEliminarJosé Luís gracias por tu comentario, un cachito virtual pa ti.
Saudiños
Hola!
ResponderEliminarMe gusta todo lo que veo,y además te digo que me viene de perlas el que escribas en gallego porque así lo aprendo,que "entender,entendo pero non o falo moi ben"
Un bico grande!
Eu de masas non entendo nada, de feito me dan bastante respeto e de momento non me atrevín con elas, pero o aspecto do teu rosco é fabuloso, vese realmente tenro e esponxoso.
ResponderEliminarBicos
Vaia rosco e rosquiños ¡Qué textura che quedou, María Jose!!! Non vai haber café que se resista ó acompañamiento de semexante delicia, xa o estou imaxinando... mmmm!!! Cómo me gusta este roscón. (Aquí lle chamamos roscón ao rosco e trenza de roscón á que dis ti... todo ven do mismo...) Un biquiño moi grande.
ResponderEliminar.. xa sabes que éste tipo de doces encantame!!! gústame facelos e tamén comelos... estou intentando imaxinar o bó que ten que estar....
ResponderEliminaranímote a que sigas practicando é un verdadeiro pracer pos sentidos disfrutar dos teus "experimentos"
un biquño
Qué tierno tiene que estar este rosco! delicioso! Un besito y feliz semana.
ResponderEliminarClaudia encantada de verche por aquí. Eu teño máis sorte ca ti,son galego falante de toda a vida e fáloo en tódalas circunstancias, pero defándome perfectamente en castelán, non teño problema nin para falalo nin par escribilo.
ResponderEliminarRakelilla,non sei que dicirche, non sei se animarche a que te inicies ou non,porque se o fas despois é un non parar. Eu tamén lle tiña moito respeto, pero non é para tanto.
Marisa a min tamén me encantan estas masas, precisamente mollado no café,prívame.
Angie, pues si que estaba rico, si.
Bicos de rosco para todas
Nytta grazas polas túas amables palabras. seguirei experimentando. A min tamén me gustan moito estas masa, tanto facelas como comelas.
ResponderEliminarBicos
Wapa ya he visto tu larpeira de crema pastelera y tambien esta divina ,te preguntaba por la de arzua por si la conocias pues esta muxo mas rica que la de crema es mas bien tipo brioche muy esponjadita y aupada que pena no haberle exo la foto.
ResponderEliminarPero indagare hasta dar con la receta esa no queda sin que la hornee y me la coma jis..jis.
Bicos mil wapa.
Nena apoiote na túa pescuda. Cando a consigas eu serei a 1ª en copiala.
ResponderEliminarBicos
Caldebarcos que blog mas original tienes, e visto poco pero bueno seguire visitando con tu permiso lo que e visto muy bueno
ResponderEliminarun saludo
Hola... vengo a hacerte una visita ya que no te conocía , me gusta tu blog, pero las masas levadas son mi perdición... me encantan , cono esta tuya...
ResponderEliminar