martes, 8 de septiembre de 2009

TRONCO DE CREMA CON COBERTURA DE CHOCOLATE

Proba superada. Esta era outra das miñas asignaturas pendentes. Non me atrevía porque miña nai intentouno dúas ou tres veces e sempre lle rompeu, polo tanto, eu xa me fixen á idea de que non me ía saír, xa que miña nai é moi habilidosa, se ela non é capaz eu menos.
É un doce moi bo de facer, pero é curioso a cantidade de dúbidas e dificultades que xorden cada vez que fas algo por 1ª vez e non lle podes preguntar a ninguén se fixeches o correcto. Algunhas cousas falas por intuición ou porque a ti che parece que ten que ser así, pero pode ser que haxa algún truco que che facilitara o traballo. Nas receitas que les por aí só aparecen as fotos moi bonitas, pero só me xurdiron a min esas dificultades? Ninguén conta as peripecias. Eu vou contar as miñas e agradecería, se hai alguén por aí que xa pasara pola experiencia ou que saiba cal é a forma correcta, que me dixeran como debo facer.
















Biscoito
Ingredientes
100 gr. de fariña.
Un chisco de sal.
2 ovos
Outros 2 ovos, dos que se separarán as xemas das claras
110 gr. de azucre lustre (po) (80 gr. para montar as xemas-ovos e 30 gr. para montar as claras)
Realización
- Cun batedor eléctrico de varillas, montamos as claras a punto de neve con 30 gr. de azucre po, que verteremos aos poucos cando a claras estean a medio montar. Reservamos.
- Nun bol grande montamos as xemas cos ovos e 80 gr. de azucre po, batendo cun batedor eléctrico ata que queden perfectamente montadas, moi pálidas, case brancas e aireadas.
- Engadimos as claras montadas aos ovos/xemas montadas, ao principio unha pequena cantidade e despois o resto de modo coidadoso e envolvente, partindo do centro e de abaixo cara arriba.
- Para rematar, incorporamos a fariña en forma de choiva (tamizándoa) e mesturando coidadosamente, de modo envolvente, como anteriormente, coa mesma espátula.
- Estendemos a masa sobre a bandexa cuberta con papel de forno, alisando lixeiramente a superficie, é bastante difícil estender a masa, ademais que te preguntas se será igual de gorda por todo, leva o seu tempo estendela de forma uniforme e por toda a bandexa. Metemos no forno prequentado a 180º durante 15 minutos (depende do forno), ata que pareza que empece a tostarse polos bordos e, sobre todo, ao pulsar co dedo recupere a súa posición orixinal. Retiramos do forno.
- Cubrír o biscoito con papel de forno, previamente pincelado con auga, ata o momento de rechear. Así foi moi sinxelo envolvelo.
- Se non o imos a usar de inmediato reservarémolo cuberto dese papel en todo momento.


Crema pasteleira
Ingredientes
Dúas xemas
3 culleradas de azucre
3 culleradas de maicena
300 ml de leite
Realización
Quentar o leite (se non ferve non pasa nada). Sempre o fago no micro.
Mesturar nun cazo as xemas, o azucre, a maicena e un pouco de leite fría. Remexer ben ata que se mesture todo sen grumos.
Poñer a mestura ao lume, non moi forte (medio alto) e engadirlle inmediatamente o leite. Non todo, a metade. Remexer cunhas varillas ata que vaia espesando. Subirlle a temperatura, pero nunca ao máximo. Cando vaia espesando xa se ve a necesidade de engadirlle máis leite ata conseguir o espesor desexado. Ten que quedar espesiña. Deixámola enfriar un pouco porque así estará máis consistente e traballaremos mellor con ela. Para que non colla costra cubrirémola con film (esto aprendino nas miñas excursións bloguerís, pero non sei onde. Podo confirmar que é certo)

Almíbar para mollar o biscoito
Ingredientes
200 ml. de auga.
100 gr. de azucre.
Un chorriño de ron
Realización
- Fervemos a auga co azucre sen remexer, ata que burbullee e o azucre estea totalmente disolto. Retiramos do lume e vertemos o ron (ou licor). Se non o imos a usar de inmediato pode conservarse no frigorífico.
Para que non se seque, empaparemos o biscoito xusto antes de enrolalo e aplicar o recheo.

Cobertura de chocolate
Ingredientes
200 ml de nata líquida (ao 35% MG)
150 gr. de chocolate de cobertura
1 culleradiña de mel (opcional) (disque da mellor cortar)
25 grs de manteiga
Realización
- Derretemos o chocolate no micro
- Vertemos a nata nun cazo que poida ir ao lume, engadimos o mel, se a usamos, e fervémola. Cando ferva retirámola do lume e engadimos o chocolate e a manteiga. Remexemos cunha espátula de silicona en movementos circulares e desde o centro ata que se incorporetotalmente e forme unha cobertura homoxénea e sen grumos.
A min non me quedou de todo ben, quedoume con grumos, como se o chocolate solidificara. Xa a teño feito outras veces e non me pasou, pero fixen ó revés incorporei a nata ó chocolate. Na receita orixinal non derrete o chocolate no micro, córtao finiño co coitelo, pero eu pensei que así aínda se me ía desfacer menos. Non sei que fallou (aínda que logo ó callar non se notaba). Na receita orixinal tampouco inclúe a manteiga, pero decidín poñerlla porque así lle daba máis brillo.

Montaxe
Aquí empeza o lío e as dúbidas de se fixen o correcto ou non
- Retiramos o papel humedecido que cobre o biscoito, mollámolo co almíbar e cubrímolo coa crema pasteleira, de tal xeito que non chegue ós bordos. Aquí hai que ter coidado, débese arrimar menos ó bordo no que se vai rematar a envoltura porque senón sairase, esto pasoume e saíuse un pouco, debería prevelo, pero non o fixen e a medida que ía enrolando a crema vai avanzando . Enroscámolo con coidado.
Outra dúbida: Por que lado se enrosca? Polo máis ancho ou polo máis estreito. decicín facelo polo máis ancho, pola parte longa, así queda un tronco máis alongado, se o fixera ó outro xeito tería máis voltas, creo que tomei a decisión acertada.
- Mentres preparei a cobertura envolvín o tronco en filme e metino na neveira.
- Para min o peor foi o proceso de cubrir o tronco co chocolate, non por difícil, que non o foi, senón por se o procedemento non foi o axeitado. Teño as miñas dúbidas de que o fixera ben. Coloquei a grella do forno encima dun molde de cristal, cadrado e fondo (de 22x30), cuberto con papel de forno. Coloquei encima da grella o tronco e vertín a cobertura de chocolate por encima, que estaba bastante líquida. Quedou perfectamente cuberta, pero a cantidade de chocolate que quedou no papel, que se fai con el? Paréceme demasiado derroche tirar con todo ese chocolate. se fixera menos non estaría holgada para ir repartíndoo por todo. Logo retireino do papel cunha culler e metino nun bote para outra vez, tentei aproveitalo.
Aquí está a mostra de cómo apliquei a cobertura

- Déixase que arrefríe un pouco (metino na neveira uns 15 minutos) e pódese decorar cun garfo facendo pequenas incisións, debuxando pequenas ondas. Metémolo na neveira para que a cobertura se endureza.
- Outra dificultade que me xurdiu foi cómo manexalo. Como o pasamos da grella a unha bandexa de servir? Non se desparramará todo e adeus a todo o traballo feito? Eu manexeino con dúas espátulas colléndoo con coidado por debaixo e non pasou nada.
A fonte de inspiración foi i-recetas, aínda que non foi un en concreto, collín de varios.




18 comentarios:

  1. Bueno,bueno,bueno, esta vez te has superado a tí misma !! Vaya brazo de chocolate que nos has preparado. Te quedará algún cachiño para mí?
    Yo aunque solo publiqué uno, tengo varios pendientes y reconozco la dificultad del enrollado sin que se rompa. Pero a veces más vale maña que fuerza.
    un bico

    ResponderEliminar
  2. Grazas Pilar, que ese comentario veña de ti é toda unha honra. Ti como máis experta ca min nestes menesteres, cres que fixen o correcto ou hai algo que pulir?
    COn respecto ó dun ananquiño, nin as migallas, na casa somos moi larpeiros e voou case sen darnos conta. Non temos remedio.
    Bicos gordos

    ResponderEliminar
  3. ... babeando que me tes frente a pantalla do pc... confeso que teño unha espiniña clavada con éste doce,.. intenteino facer duas veces, pero foi un desastre, abríaseme por todos lados e ainda que quedou comestible non tiña demasiada boa presencia. aSi que teño que quitarme o sombreiro ante ti... Quedouche perfecto, gústanme moitísimo as ondiñas que lle fixeche.. un 10 para ti!!!

    un biquiño

    ResponderEliminar
  4. Creo que lo único que debes pulir es el parquet,je,je. Lo haces estupendamente bien, yo no soy experta en nada, simplemente me apasiona la cocina y pongo todo mi amor en que las cosas salgan bien. Las tartas no es mi especialidad pues en casa no somos muy lambones, nos va más lo salado.
    biquiños

    ResponderEliminar
  5. María José noraboa polo brazo.... ten unha pinta que xa me podías mandar un cachiño para media tarde.... Eu é algo que aínda non me atrevín a facer... pero un día destes caerá...

    Por certo que menuda pinta ten o teu biscoito de mazá.... Xugosiño de todo...

    Bicos.

    Laura.

    ResponderEliminar
  6. A Laura e a Nytta só dicirvos que se eu o fixen pódeo facer calquera. A min resultoume bastante sinxelo, pero ó mellor era a sorte da principiante e non me sae nunca máis.
    Bicos e grazas polas vosas visitas non vos podedes imaxinar o que me alegran.

    ResponderEliminar
  7. Creo que non vou visitar máis este sitio. ¡Como sufro! Agora que empecei o réxime 1278...(non teño máis remedio, ou teño que operarme da outra rodilla) que pintasssssssss, socorro! Se lograra perder a décima parte do peso que me mandou o traumatólogo, comía un deses pero de metro e medio...Pero non o faría eu, toleo. ¿Sabes quen os fai riquísimos, e é moi cómodo ir por eles:na panadería de Os Muíños!

    ResponderEliminar
  8. Isa mirar a pantalla non engorda, ou si? Creo que eu estou gorda de mirar tantos blogues por aí, vai ser iso, porque comer, comer, pouquiño.
    Oes, os da panadería de Muíños pode que estean moi bos, pero coma os feitos por un, con oviños da casa e con todo o amor, non están que non quero eu. A min gústame tanto facelos como comelos e comelos xa me gusta un rato.
    Vou ter que apuntarme á dieta contigo, non sei que vestir.
    Bicos guapa, xa verás que tipín e logo comemos un destes entre as dúas, soíñas sen que ninguén nos interrompa, eh?

    ResponderEliminar
  9. Impresionante!!. Eu diría que superada con sobresainte.

    ResponderEliminar
  10. Wapaaaaaaaaa te ha quedadoooooo espectacular , tanto el bizcoxo ,como el relleno y la cobertura merecen matricula de honor .
    Has exoo mu bien los deberes, yo siempre lo envuelvo en un paño humedo probare la proxima vez con el papel de horno.
    Bicos mil wapa.

    ResponderEliminar
  11. no puedo contarte mi experiencia porque, no he hecho nunca éste tipo de postres enrollados, igual que a ti, me parece muy difícil y, me dala sensación de que se me va a espachurrar todo, jejejeje
    A ti, te ha quedado estupendamente, en las fotos se ve genial , así que, al natural estaría riquísimo

    Moitos biquiños

    ResponderEliminar
  12. Moitas grazas polos vosos comentarios guapas.
    Nenalinda como é o 1º que fago non sei como vai iso do pano,pero desde logo eu co papel non tiven ningún problema e pareceme máis sinxelo que o do pano.
    Ana decídete a facelo que ó final é ben sinxelo de facer e ademais queda unha moi satisfeita e orgullosa co resultado.
    Bicos

    ResponderEliminar
  13. Ola
    Son aficionada ao blogue de La Cocina de Lechuza e xa fixo unha vez un brazo de xitano para mirar para el. Este non ten nada que envexar.
    Hoxe acabo de descubrir o teu blogue nun descanso entre tradución e tradución e estaba a miralo con calma.
    Sorpréndeme, tanto no teu caso coma no de Pilar, o diícil que vos resulta o bizcoito. Eu non son moi boa cociñeira e vou aprendendo experimentando pero o brazo bórdoo. Non é modestia senón que son de salgado e os postres fainos a meu contrario que ten man así que se digo que este me sae é que ten que seer moi sinxelo.
    Cinco de todo:
    cinco ovos, cinco culleres de azucre, cinco culleres de fariña e unha culleriña de Royal.
    Primeiro a punto de neve as claras, logo o azucre e fas merengue. Engades as xemas batidas e logo Royal e fariña. Untas a bandexa con manteiga e ao forno (a 180). Deben ser dez minutos pero eu vou polo cheiro. Cando cheira a bizcoito está feito. Ten que estar empezando a pintar pero nada máis. Como queda moi baixiño non sube moito, o xusto.
    Sácalo e fas un rolo con el e un trapo de cociña humido. Non rompe, xamais. Queda tan esponxoso que moitas veces non tes que mollalo se non queres. Admite todos os recheos.
    Se o fas salgado botas tres de azucre para que non saia tan azucarado.
    Proba se che sae. Se me sae a min estou desexosa de ver a maravilla que vas facer porque todo ten unha pinta estupenda.
    Un bico e seguirei lendo.

    ResponderEliminar
  14. Ola Rocio, agradezo a túa suxestión, pero non sei onde liches que tiven dificultades co biscoito, máis ben todo o contrario, sorprendeume o fácil que me resultou. NOn creo que este teña pinta de estar roto ou de presentar dificultades, non é por dicilo,pero quedoume estupendo. Dado que era a 1ª vez que o facía pensei que ía ter problemas, pero todo o contrario.
    Sinceramente, penso que coa túa receita, que ó final, ven sendo o mesmo, vai saír un tanto gordecho. Este con 2 ovos xa é considerable, non quero pensar con 5. Ademais a túa receita, tal cual fágoa nas bases de biscoito para tartas, no biscochón (mesma cantidade de ovos que de culleradas de azucre e de fariña, sen necesidade de royal, queda estupendo, sempre que poidamos é mellor evitar químicas), dependendo do gordo que queira o biscoito varío a cantidade. Para enrolalo paréceme mellor a idea do papel de forno mollado, paso de mollar un trapo de cociña. Deume moi bo resultado así.
    Eu sonche unha persoa moi modesta e gústame contar as cousas sempre partindo das dificultades, non das glorias, ademais son moi esixente comigo mesma e busco demasiado a perfección por iso sempre me critico bastante,pero non quere dicir que todo sexa malo.
    Un saúdo

    ResponderEliminar
  15. Ola
    Por suposto que non estaba roto, todo o contrario, tiña unha pinta do máis excelente. O das dificultades poñíalo por túa nai que o tentara e non saira. Con respecto ao de gordo, douche a razón no da química, hei de probar sen o Royal a ver que tal, pero este non sae nada gordo, todo o contrario, e aguanta tenro moito tempo.
    Con respecto ao de modesta, por favor, non o sexas porque o que fas son glorias. Hei de probar unhas cantas das túa receitas porque son todas apetitosas. Só puxen o do biscoito porque, como xa dixen, non son boa coa repostaría e sen embargo esta receta non da problemas. Sempre estou aberta a suxerencias e aprender e probarei o do Royal. Eu fago o biscoito como dis e coma isto pero sexa polo forno ou pola inexperiencia non me sae tan esponsoxo. Xa me dirás o segredo.
    O do papel do forno, unha pregunta, ¿non o humedeces? Eu probei con el pero non queda tan esponxadiño logo, coma se a humidade do pano lle axudara.
    Grazas e que non che pareza mal.

    ResponderEliminar
  16. Bueno hai algúns comentarios que non acabo de entender ben. Pero vou respostar igual a ver se acerto. O biscoito, penso que te refires a este, ó do tronco, sae ben esponxoso e non leva royal. No caso de outro biscoitos coa receita que ti me propuñas e que eu xa usaba, tampouco uso royal e tamén sae moi esponxoso, se les as receitas do biscochón ou de calquera tarta á que lle fixera esa base xa ves como fago. A verdade é que no batido varío un pouco de ti, tamén subo as xemas, esto é bátense co azucre ata que branqueen e dobren o volume, entón estás incorporando aire en todos os batidos tanto no das claras coma dos das xemas. O royal tamén pode ser substituído por bicabornato, que polo menos é menos química.
    O papel que uso para enrolar o tronco e papel especial de forno, e póñollo humedecido, xa o di na receita, pincéloo con auga.
    Creo que respostei a todo. E non me ofendo, só aclaro.
    Un saudo

    ResponderEliminar
  17. Esto no es un trnco, es una obra de arte, ¡me ha encantado! Tiene muy buena pinta ;-)

    ResponderEliminar
  18. ostras piruchi, no te había visto este tronco,,mi ma,,,,un buen truco lo del papel húmedo y no lo enrollas ya en ese momento, esperas a q enfríe para enrollarlo ??es que a mí tb me partió, lo cubrí con el papel de horno le di la vuelta con ayuda por supuesto en caliente y enrolladito lo dejé con un paño húmedo por encima, hasta q enfrió para rellenarlo

    besos

    su

    ResponderEliminar

Cóntame que che parece

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...