sábado, 3 de octubre de 2009

BISCOITO DE VAINILLA E CHOCOLATE

Encántanme os biscoitos e a verdade é que non fago moitos. Sempre se fan cousas máis sofisticadas porque hoxe quero probar isto, mañá o outro. Levo uns días que me apetece moito e non me puiden resistir máis. Total que se fan rapidísimo. Aínda, así e todo quixen darlle un toque diferente e saiu isto. A improvisación é unha boa aliada.



Ingredientes
1 iogur de vainilla. O vaso de iogur usarase de medida
2 medidas de azucre
1 sobre de azucre vainilla
1 cullerada de esencia de vainilla
½ medida de aceite
3 ovos
3 medidas de fariña de repostería
1 medida de maicena
1 sobre de levadura Royal
2 culleradas de sobremesa de cacao puro valor

Elaboración
Mesturar o iogur co azucre, o sobre de azucre vainilla e a cullerada da esencia, mellor cun batedor eléctrico. Engadir os ovos, mesturar. O aceite, mesturar. E por último a fariña coa levadura e a maicena, cada medida por separado, tamizada. Cando estea ben incorporada a 1ª engadimos a 2ª e logo a 3ª... A fariña xa a mesturei co batedor de man. Cando estea ben mesturado, separamos algo menos da metade da masa para outro recipiente e engadímoslle o cacao e mesturamos ben.
Enmateigamos e enfariñamos un molde (neste caso dos alongados de ), introducimos a masa amarela e logo con coidado no centro incorporamos a de chocolate.Podemos facerlle debuxos cun coitelo.
Métese ó forno prequentado a 180º durante 20 minutos logo baixase a 160º con ventilador durante 30 minutos. Para saber se está cocido pinchámolo cunha agulla, coitelo.. e se sae seco está listo. Esta comprobación nunca debemos facela antes de levar media hora no forno.



NOTAS: O chocolate acabou no fondo porque pesa máis ca outra masa, debido a que é máis compacta polas dúas culleradas de cacao.Se queremos que teña a mesma densidade e non afonde, debemos engadir a mesma cantidade de fariña á masa sen cacao.


16 comentarios:

  1. Que rico, co que me está apetecendo algo doce... a min tamén me encantan os biscoitos e de feito o biscoito mármore é un dos meus favoritos. Quedouche fantástico.
    Bicos

    ResponderEliminar
  2. Que bó truco !! , nos sempre que fixemos un mixto destes o chocolate ía para o fondo , gustoso que da igual pero de presencia é máis bonitiño puidendo crear efectos polo médio . E nos que pensabamos que a pouca cantidade de cacao non se ía notar ...Ai!!! as densidades !!!
    Aledámonos moito de que nos descubriras o porque .

    ResponderEliminar
  3. Alucino cos teus bizcochos!!, qué pintaza!. xa me gusta así co chocolate no fondo pero non sabía que era pola densidade.
    Bicos

    ResponderEliminar
  4. Te ha quedado muy chulo!! Además con el sabor a vainilla tiene que estar delicioso. Yo cuando lo hago, a la parte del cacao le pongo menos harina, o sea, sustituyo parte de la harina por el cacao. No sé si quedó muy claro...
    un bico

    ResponderEliminar
  5. Grazas a todas polos vosos comentarios. Outro día hei de facer outro, engadíndolle fariña á parte clara e así quedará co choco arriba.
    Biquiños gordos

    ResponderEliminar
  6. se me hace agua la boca.

    Saludos

    Olguis.

    ResponderEliminar
  7. Wapa el bizcoxo te ha quedao espectacular ,las veces que he exo uno asin de dos sabores no me gusto como me salia ,este esta precioso con el xoco en el centro y tiene que estar rico ricoooo.
    Bicos mil.

    ResponderEliminar
  8. Hola, a mi también me encanta hacer bizcochos. Hago uno bicolor como el tuyo pero la receta es muy diferente, probaré este tuyom pues me parece espectacular!
    PTNTS
    Dolça

    ResponderEliminar
  9. ... outro doce para ter de fondo de receteiro!!! rápido, sinxelo e cun aspecto inmellorable... felicítote, cousa que fas cousiña que bordas....

    un bico

    ResponderEliminar
  10. Vainilla e chocolate...todo para min...jejeje...eu facía un pero era con manteiga e leite, probarei éste.
    Biquiños

    ResponderEliminar
  11. con este bizcocho has dado en el clavo para qeu no pueda despegarme del ordenador. Así son como me gustan a mí los bizcochos. Grandes, tiernos, doraditos y con un corte de lujo!!

    ResponderEliminar
  12. Hola muy buen bizcocho se ve muy esponjoso tiene que estar muy bueno, pasa por mi blog de premio hay uno para tu blog, un saludo de José luis

    ResponderEliminar
  13. Ola a todos e moitas grazas polos vosos amables comentarios. Perdoade se non vos contesto individualmente, pero é que cada vez teño menos tempo e como me apetece comentar nos vosos blogues, prefiro esa opción a estar contestando aquí. Perdoádesme verdade?
    Biquiños gordos para todos e tamén para os que non comentan.

    ResponderEliminar
  14. Un bizcocho riquísimo, Caldebarcos! Te lo copio con tu permiso. Un besito y feliz finde!

    ResponderEliminar
  15. vaia cousa rica!! arestora co té víñame que ni pintado... copiamos receta co teu permiso, e logo seguirei cotilleando ó teu blog..
    de seguro que repito moitas veces mais..
    bicos

    ResponderEliminar
  16. uhmmm todos tus postres son deliciosos, pero este jugoso bizcocho esta riquisimo.

    Besos.

    ResponderEliminar

Cóntame que che parece

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...