lunes, 12 de abril de 2010

ROSCA RÁPIDA

Que pasa cando é día da pascua e ti non tes rosca? Apetéceche rosca e os que che esperan para comer esperan que contigo vaia unha rosca. Como fago se non teño tempo? Xa son as 10 da mañá e á unha e media tes que marchar. Agora non me da tempo a facer unha rosca. Encéndese unha luz, lin por algún sitio que hai xente que fai este tipo de masas con un só levedado, pois vou probar. Resultado, estupendo. Por que nos damos o palizón de tantos levedados? Teño publicado varias roscas, de feito en Nadal fixen dúas versións, con e sen masa nai, contemplando a posibilidade de facela con tres levedados, pero por que non con un só?


Xa dixen en máis ocasións que non entendo de todos os procesos de levedados e demais, do único que entendo é de resultados e neste caso houbo bo resultado. Ademais estou en proceso de experimentar coas masas e probar incluso coa mesma masa de diferentes formas para ver as diferenzas.
Con esta rosca o que pasou foi que me recordou moito ás comerciais, con máis sabor, pero a miga recordoume moito ás comerciais, unha miga pouco aireada, apretada, pero moi esponxada e branda, unha gozada para o café ou para un cacao, chocolate ou similar.



Ingredientes
500 gr de fariña de forza (chega con 450, quedou con demasiada fariña para o meu gusto)
70 gr de manteiga fundida
100 gr de azucre
Medio vaso de anís (dos de nocilla)
1 culleradiña de esencia de limón
1 cullerada de esencia de vainilla
1 ½ sobres de levadura de panadería en po (vahiné)
2 ovos (un para a masa e outro para pintar a rosca)
Un vaso de leite morna
unha culleradiña de sal.
Para a decoración
100 grs de azucre e unhas gotas de anís para remollar o azucre
Unhas améndoas picadas


Realización
- Tamizamos a fariña nun recipiente amplo. Nun principio puxen 350 grs de fariña, pero en vista de que despois de poñer os líquidos quedaba unha masa moi pegañenta engadín máis fariña e co enfado foime de máis, por iso digo que chega con 450 grs porque con 500 grs quedoume un pouco dura a masa.
- Engadimos a levadura e mesturámola coa fariña. Logo o azucre e integrámolo coa fariña.
- A continuación engadimos os líquido: a manteiga derretida, o anís, as esencias, o leite e o ovo. Mesturamos todo un pouco e engadimos o sal.
- Pasamos todo o conxunto ó mármore e amasamos, moito, moito. Eu amaso durante uns 20 minutos, co método Bertinet.
- Formamos unha bóla e deixamos repousar, tapada, a masa, durante 20 minutos. Logo dámoslle forma aplanado un pouco a bóla e metendo a man polo centro facendo un burato e deslizando as mans por toda a rosca, o burato debe ser ben grande porque logo encolle. Métese na bandexa de forno cuberta por papel de fornear e poñemos algo no burato para que non se cerre de todo (pode ser unha cunca forrada de papel de forno).

- Deixamos levedar unhas dúas horas. Pero se queremos acelerar o levedado metémola no forno a temperatura mínima. Eu encéndoo a temperatura mínima e logo apágoo e déixoo coa luz encendida. Deste xeito en unha hora ya duplicou o volume.
- Quitamos a rosca do forno e encendémolo a 180º, mentres tanto preparamos a decoración da rosca: pintámola con ovo batido e poñémoslle azucre remollado en anís por encima.
-Metemos a rosca no forno, baixamos a temperatura 170º,en 25 minutos estará lista. Se vemos que se tosta moito por encima poñémoslle papel de prata.

29 comentarios:

  1. Ummmmmmm, que rosca más rica con ese saborcito de anís!!!! y si encima es rápida, mejor que mejor. Besitos

    ResponderEliminar
  2. Mira que siempre digo que eres la reina de las masas, y no me equivoco en nada, a cada cuál está mejor hecha y con un resultado sorprendente, me encanta la rosca pero reconozco que no tengo paciencia con las masas
    Moitos bicos, neniña

    ResponderEliminar
  3. Menuda rosca has hecho, se véw divina y al corte que esponjosidad, por no hablar de los ingredientes, un saborrr que me puedo imaginar increiblee; Vamos que tener que hacer una hucha entre todosp para comprate una amasadora jjajaja.
    Mandame un trocito guapa.
    BESITOSSSS

    ResponderEliminar
  4. Debe dar gusto convidarte a xantar se sempre apareces cunha rosca ou similar debaixo do brazo. Ten unha pinta ben rica, non me viña mal un anaquiño,

    Bicos

    ResponderEliminar
  5. ,...de verdade que me sorprende o resultado con tan pouquiño tempo de levado,... o resultado paréceme boísimo, digno de facelo!!!

    Aproveito para felicitarte pola calidade das túas entradas,... non sei si o notarás pero a fotografía e a presentación mellora notablemente, si cabe ;-)

    un biquiño

    ResponderEliminar
  6. Acabo de alucinar co do método ise para amasar, eu sempre amaso igual, jejje. Canto aprendo cos vosos blogs. :-)

    ResponderEliminar
  7. Maeeeeeeeee wapi ,te ha quedado de lujo ,pa que luego digan que los niños vienen con una hogaza de pan bajo el brazo ...amoooos... tu apareces con un roscon de lujo.
    Me tienes alucinaita de toooooo ,no hay masa que se te resista ,todas las bordas y sin duda tenia que estar de vicioo que corte po dios, seguro que con el cafe con lexe ,el xocolate o hasta sola era una delicia.
    Seguro que en casa te harian la ola.
    Bicos mil wapa.

    ResponderEliminar
  8. pues aparte de rápida tiene pinta de buenísima... miga pretita pero seguro que ideal para mojar en la leche.
    un beso

    ResponderEliminar
  9. Pedazo de rosca que te ha salido!!! Es mi desayuno preferido. Espectacular eh.
    Un besiño.

    ResponderEliminar
  10. Una maravilla de rosca! Se ve deliciosa y preciosa y super apetecible, jooo...que pintaaa...
    Besotes mil.

    ResponderEliminar
  11. Una rosca estupenda y muy espojosa. Te ha quedado espectacular.
    Un besín.

    ResponderEliminar
  12. Noraboa nena, porque menuda rosca fixeches. Pasame igual que a ti, non entendo moi ben porque tantos levados, e mais, fixen por Nadal un roscón con un só levado que durou toda a noite. O dìa seguinte fixen o roscón e quedou de perlas. O teu ten unha pinta bárbara, gustame o corto que non vexas. Como di Cristina(Kanela y Limòn) pra o desayuno un bon anaquiño cun cafe con leite, e pedazo desayuno.
    De dez Maria Xosé!! :)

    bicos ruliña

    ResponderEliminar
  13. María José, yo quiero!! :)) Muy apetitosa esta rosca.... cada vez que veo cosas así te deliciosas, me dan ganas de prepararlas...
    un abrazo,

    ResponderEliminar
  14. Guardame un trocito caldebarcos! menuda rosca tan deliciosa se ve! son de las de mojar y vaciar el tazon, a que si? besisss

    ResponderEliminar
  15. Yo no suelo preparar roscas pero viendo esta tuya, creo que la voy a preparar. Además si no hay que esperar a que suba tres veces, me parece genial, no tengo paciencia para tanta espera.
    un biquiño

    ResponderEliminar
  16. ohhhh que pintaza!!! se parece mucho a las toñas o monas que hacemos por alicante, al final todas estas recetas están relacionadas!!!
    besitos!

    ResponderEliminar
  17. me la imagino mojando en un buen bol de cafe con leche..mmmmm....

    ResponderEliminar
  18. habrá que probar esta receta con menos cantidad de harina como indicas ;)

    Salu2, Paula
    http://conlaszarpasenlamasa.cultura-libre.net

    ResponderEliminar
  19. Pois pra ser rápida a rosca xa che digo que ten unha pintaza...
    Eu penso que pra según qué cousas si fan falla 3 lévedos ou os que sexan, e nótase ben na masa sen dúbida! Pero pra un caso de presas penso que tamén vale o que fixeches por suposto ;)
    Bicos!!!

    ResponderEliminar
  20. As fotos dan gañas de comelas!!! Qué boa pinta!
    Bicos

    ResponderEliminar
  21. Pues yo pienso igual que los demas, muy buena y rapida que mas queremos, un saludo.
    JUAN

    ResponderEliminar
  22. Que rica¡¡¡ con lo que me gustan estos bollos con sabor a anis. Ademasnada complicada.
    besos

    ResponderEliminar
  23. Eh, que bien está esta receta! Menuda maravilla una rosca (aunque no sea como las de más levados) en tan poco tiempo!
    La pinta es buensíma, ideal para mojar, como tu dices!

    Un beso!
    Natalia

    ResponderEliminar
  24. Si, si rápida y de rica ¿qué? Creo que no hay nadie que pueda resistirse a no comer un pedacito.

    Besos.

    ResponderEliminar
  25. Hola MARYJOSE gracias por pararte en mi blog.
    Pues si, nos vamos unos dias con los yankis.
    Me gustan mucho tus ricos.
    BICOS QUERIDIÑA.

    ResponderEliminar
  26. Mmmm.... encántame a idea dun solo levedado e si por riba temos o teu resultado.... fantástico!!!
    Unha rosca moi apañada y ráaaaaaaaaaaapida!!!
    Un abrazo e ata a volta.

    ResponderEliminar
  27. nena.... si está buena, el corte sale así de espectacular y además sólo necesita un levado... qué más se puede pedir??? yo me apunto...
    mil besos artistaza...

    ResponderEliminar
  28. Pues niña, rápida será, pero tiene una pinta deliciosa. Yo también probé a hacer una estos días usando una receta de Cris "kanela y limón" que originalmente era para bollos suizos, jejeje. Me ha encantado esta, me la apunto.
    Biquiños

    ResponderEliminar
  29. Hola Maria Jose una rosco muy rica... lastima que llego tarde para probarla....pero cuando la vuelvas hacer me avisas.. que yo pongo el chocolate...jejeje....ahhhh muchisimas gracias de corazón por tu apoyo incondicional y por poner el logo de la tienda en tu blog .... eres una gran persona y con un gran corazon ... un besito guapisima

    ResponderEliminar

Cóntame que che parece

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...