miércoles, 21 de abril de 2010

PAN DE LEITE

Aquí estou eu con outra das miñas. Como xa dixen nos bolos de manteiga adícome a investigar partindo da masa do pan de viena, sacando dun ingrediente, engadindo de outro, e tratando que as proporcións de líquido e fariña sean máis ou menos as mesmas, fago cálculos e ou quito ou aumento dependendo que ingredientes queira destacar en cada momento. Xa fixen outras dúas modalidades máis, que irei publicando pouco a pouco para non saturar, tampouco teño moito máis que publicar porque é o único que estou facendo. Sempre quedan moi ben, moi esponxosos, pero cada un ten o seu toque en función do que se lle poña, que de iso se trata ó fin é o cabo.
Xa comentei que tólodos sábados fago destes bolos, para ter para a semana no conxelador, e por non repetir probo combinacións e sabores distintos, así podo elixir cando remate de probar, que non sei cando vai ser porque cada vez me ven unha modalidade nova á cabeza e non sei cando acabarei de discurrir.
Os sábados son panadeiros para min. Pola mañá fago boliños e pola tarde pan coa masa nai. Estou empezando a cansarme e vou ter que parar, aí me paso os sábados pendente das masas, toda a cociña desordenada e chea de fariña e o resto da casa tamén porque a levo nas zapatillas e iso é un escándalo. Xa se está convertindo nun vicio incontrolable, xa non mo plantexo de outra maneira, pero realmente pensándoo en frío é un traballazo, non só por facer o pan senón pola limpeza, que mal o levo.
Tento darlle distintas formas para que non pareza sempre o mesmo, pero xa se me están esgotando as ideas para as formas a ver se vexo algo novo por aí.



Ingredientes
750 grs fariña de forza
75 grs manteiga
450 ml de leite
1 ovo
2 sobres de levadura de panadería maizena
50 grs de azucre
2 culleradiñas de sal




Elaboración (é o mesmo procedemento que o do pan de Viena de Richard Bertinet).
- Sacar a manteiga con tempo para que se vaia abrandando un pouco.
- Xuntar a levadura coa fariña, se fose fresca habería que fregala fariña co fermento coa axuda das xemas dos dedos coma se se estivese preparando unhas faragullas.
- Cortar a manteiga en trociños e fregala tamén coa fariña ata que estea ben integrada.
- Quentar un pouco o leite no micro, so a temperatura corporal.
- Engadir o azucre e o sal e mesturar. Logo engadir os ovos batidos e o leite. Soster o conco cunha man mentres lle dá a volta e mesturar os ingredientes coa outra (pódese usar unha rasqueta para mesturar, pero eu non teño) durante 2-3 minutos, ata que a masa comece a formarse.
- Pasamos a masa á superficie de traballo, sen fariña nin nada. Está pegañenta, pero é perfectamente manexable
- Traballei a masa tal e como nos mostra Richard Bertinet no vídeo. Quedará unha masa homoxénea e manexable.
- Enfariñar lixeiramente a superficie de traballo, colocar a masa encima e formar con ela unha bóla, levando os extremos cara ao centro da masa, presionar ben cara abaixo co polgar e ir rotando a bóla a medida que se traballa. Dar a volta á bóla, estirar e esconder os bordos cara abaixo.
- Seguidamente depositar a bóla de masa no interior dun recipiente lixeiramente enfariñado, cubrir cun pano de cociña e deixar repousar nun lugar ao resgardo de correntes de aire (dentro do forno apagado, por exemplo), ata que dobre o seu volume (unhas 2 horas).
- Unha vez repouse a masa, envorcala sobre a superficie de traballo con suavidade.


- Desgasificar a masa, presionando a masa cara abaixo.
- Cortala masa nos anacos que se queira, depende de como se queiran os pans.
- Darlle forma: Aplanar cada anaco formando un rectángulo. Dobrar a metade da masa cara ao centro presionando cos dedos. Dobrar o outro lado cara ao bordo presionando tamén cos dedos, formando unha especie de rulo. Enrolar sobre si mesmo e logo facer un nó co rulo.
- Deixar repousar por segunda vez ata que volva dobrar o volume (outras dúas horas).
- Pincelar con ovo batido, se se quere, eu neste caso non o fixen.
- Meter no forno prequentado a 180º. Cando os metín dentro baixeino a 170º. Estiveron 20 minutos. Os últimos cinco minutos con papel de prata por encima para que non se tostar de máis.





32 comentarios:

  1. se ven deliciosos!!! yo me llevo el último, ya preparadito con mantequilla y mermelada, jajaja

    Salu2, Paula
    http://conlaszarpasenlamasa.cultura-libre.net

    ResponderEliminar
  2. Que pintaza teñen, ademais quedaronche cunha forma ven coqueta con ese rulo.
    Lévome un para a merenda.

    Bicos

    ResponderEliminar
  3. Si que da traballo facer pan, no só amsar nel, e que despoís hai que limpar, é malditas as ganas que se lle quedan a unha logo de poñerse a tales faenas. Ainda asi, compensa ¿non crees?, mira pra os boliños de leite que xeitosos sairon. Panciño pra toda a semán, e ademaís caseiros que eso si que non ten prezo.
    Gustánme moito, paula é unha golosa jajajaja,eu comformome xa cun par deles tal cúal.

    bicos e felicidades por estos boliños de leite, vense deliciosos.

    ResponderEliminar
  4. Vaya, yo venía pensando en llevarme el último también, pero se me han adelantado, bueno, pues me llevaré otro que no sea el mordido ;))
    Me encantan estos panecillos, además siempre quedan tan buenosssss.
    Besitos wapa

    ResponderEliminar
  5. Uy!! si ya está rpepradito con la mantequilla y la mermeladita... me lo llevo¡¡¡. Gracias preciosa.
    Un beso

    ResponderEliminar
  6. Divinos los pancitos, se ven muy tiernitos. y la forma que les diste esta monísima.
    un abrazo,

    ResponderEliminar
  7. a mí me pasa como a tí... llega un punto que tienes que probar nuevas combinaciones, mezclas un poco con lo que te parece y el resultado casi siempre es genial.
    Con lo de las formas,,, pienso como tú. Se acaban las ideas... le vi el otro día a Hilma del blog "mis recetas favoritas" una forma de trébol muy graciosa que quizá te inspire....
    De todas formas eres una máquina con las masitas de levar.
    besitos

    ResponderEliminar
  8. Que delicia!! Tienen un aspecto inmejorable.
    Un besiño.

    ResponderEliminar
  9. ya q paula se ha llevado el ultimo,me llevo otro y ya lo parto yo y lo relleno..jejejejje

    ResponderEliminar
  10. EEEhhhh no paras!! me vas a matar!! jejeje me gustan tus investigaciones!! besosssss

    ResponderEliminar
  11. Toma outros bolos deliciosos! Como se nota que nos gusta meter as mans na masa eh!
    Fíxome gracia o da zapatilla jajaja imaxinábate andando e deixando as pegadas no chan ains...
    Bicos!

    ResponderEliminar
  12. te comprendo...me pasa lo mismo, a veces mi marido me dice que si me merece la pena y no será mejor que lo compre... le digo que ni loca!!

    me encantan esos bollitos, una delicia con mermeladilla.. besos

    ResponderEliminar
  13. Acabo de chegar a casa, e xa viña con fame, pero despois de ver estes bolos vou ter que ir a meterlle algo dulce...Lástima que non poidan ser eses boliños e se son os recheos mellor.

    Bicos.

    ResponderEliminar
  14. Eres a miña panadeira favorita, non o deises co ben que se te da o tema, e merece a pena limpar se despois saite un pan tan rico, a miga espectacular e a forma moi chula.Besos.

    ResponderEliminar
  15. Hija míaaaaaaaa, pero qué delicia!!!

    Mira, mañana me toca hacer pan y como a mí también me gusta variar, voy a hacer tu receta.
    Me rechifla lo esponjoso que te quedó.

    un biquiño

    ResponderEliminar
  16. Por cierto, me he reído un rato con el relato de tus sábados, jajajjajajaja.

    La verdad es que esto de la cocina puede convertirse en un vicio.

    un bico

    ResponderEliminar
  17. Hola tocaya este pan de viena te ha quedado de pelicula, no hay más que verlo, las masas es lo tuyo tenias que a ver sido panadera guapa, que caracolillos más buenoss y esponjososss.
    Besitosssss guapaaa

    ResponderEliminar
  18. Umm, me encantan los bollos de leche, son tan tiernos y ricos. Sobre todo los suelo comprar para los peques porque son más fáciles de masticar, ahora que tengo tú receta igual me animo y así me ahorro un dinerito.
    Te han quedado estupendos.
    Un besín.

    ResponderEliminar
  19. Te importa si yo me lo relleno de nocilla. Que ricos te han quedado estupendos. Besos

    ResponderEliminar
  20. Cuando montes el negocio de panadería ( porque acabarás dejando la enseñanza para dedicarte a amasar,je,je) cuenta conmigo para las degustaciones de las nuevas especialidades!!! No me canso nunca de ver estas maravillas que nos preparas y creo que no me cansaría de comerlas así recién salidos del horno.
    un biquiño

    ResponderEliminar
  21. Guenooooooo wapi me encanta y con la mermelada encima lo has dejao listo pa desayuna,vaya manicas tienes pal pan pesiosa ,me encantan las formas que le has dao.
    Tu sigue investigando que yo mientras voy copiando toas las especialidades que haces.
    Me marxo toa babaita a busca el peque al cole ,te salvas de que no se puede pilla, que si no no congelas ni el prime.
    Bicos mil wapisimaaaaaaa.

    ResponderEliminar
  22. Qué delicia de panes haces, Mª José!!!!! Riquísimos! Un besito y felicidades!

    ResponderEliminar
  23. ,... que mais da a forma que lle des, vénse todos igual de ricos e tentadores!!! ;-) a éste paso non sei donde vou a gardar tanta receta, e que me gustan todas, tiñas que ver a miña carpeta de "favoritos"!!
    Novamente aproveito para felicitarte, é un gosto pasarse pola túa cociña,...

    Que teñas bó día,..
    un biquiño

    ResponderEliminar
  24. Vaya delicia, Mª José! Eres una auténtica artista de los panes. Un besito y feliz finde!

    ResponderEliminar
  25. que delicia de pan, y con semejante vídeo, te dan ganas de correr a la cocina para poner manos a la obra, felicidades besitos.

    ResponderEliminar
  26. Si están diciendo cómeme, se ven deliciosos, enhorabuena.Un beso

    ResponderEliminar
  27. Hola Caldebarcos, otra receta buena de pan como siempre estupenda, un saludo.
    JUAN

    ResponderEliminar
  28. Hola Caldebarcos, otra receta buena de pan como siempre estupenda, un saludo.
    JUAN

    ResponderEliminar
  29. Qué boa pinta teñen eses boliños!!!

    Bicos

    ResponderEliminar
  30. Que te voy a decir que no te hayan dicho ya...impresionantes! me encantan las formitas que les diste, son preciosos!

    El pan de nueces y pasas hace unos días que me trae por la calle de la "amargura"... menuda pintaza! Eres malaaaaaaa! ajajaj!

    Un saludo!
    Natalia

    ResponderEliminar
  31. Canto poden durar estes boliños metidos nunha lata o serámellorconxelalos. Os quero para orapaz pequeno e o grande (o pai) e so toman 3 o dia...como conservalo?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Conxélaos, en canto enfríen conxelalos, sen problema, quedan moi ben. Mételos en bolsas de conxelar, se queres envólvelos individualmente con film, pero tampouco fai falta, quedan ben en bolsas de conxelar ben cerradiñas (tres ou catro en cada bolsa) e vas sacando según che fan falta, sácalos unha hora antes de usar e listo, ou sácalos pola noite e déixalos na neveira e pola mañá están desconxelados. Eu como son un desastre soio desconxelalos no micro, función desconxelar uns 20 min e listo, así de paso están quentiños.

      Eliminar

Cóntame que che parece

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...