sábado, 6 de marzo de 2010

EMPANADA DE OURIZOS

A entrada de hoxe é, cando menos, curiosa, con un ingrediente un tanto diferente, agarrado a unha época do ano, ésta, e que non podemos atopar facilmente en tódolos mercados. Tamén pode ser que non sexa agradable á vista de algúns, a súa fisionomía particular fai que non sexa moi popular. Aínda que polo que teño oído e lido ultimamente estase convertendo nun manxar apto para os padais máis selectos e forma parte das cartas dos restaurantes máis prestixiosos.
Na zona na que vivo eu formaron parte da gastronomía popular toda a vida. Nesta época todo o mundo ía á ribeira (así lle chamamos nós a ir á praia, sobre todo cando se vai buscar algo para comer) a buscar o seu cesto de ourizos. Viven en augas pouco profundas, sobre escollos ou en chans areosos ricos en algas. Polo tanto cando baixa a marea vanse buscar. A súa época boa vai de febreiro a abril. Esta época corresponde á anterior á de reprodución polo que crecen as gónadas que constitúen a súa parte comestible.
Como calquera marisco, debe consumirse moi fresco: preferiblemente, o día da súa captura.

Sempre estivo considerado como comida de pobres porque os pobres eran os que tiñan que ir á ribeira buscar algo para poder comer. O bo de todo é que vivindo ó lado do mar comida nunca faltaba, iso é certo. É un alimento baixo en calorías e en hidratos de carbono. É rico pola contra en ferro e proteínas. Achega tamén fósforo, potasio e vitamina A.
Meu pai é un gran afeccionado a este marisco e polo tanto tódolos anos vai buscar para o seu consumo. A min e á miña nai non nos fai demasiada graza, sobre todo porque é bastante desagradable abrilo. Cócense. Logo sempre se monta unha mesa provisional, fóra da casa, con algunha táboa e uns bloques, ábrense con uns paos (rachas) en dúas metades. Dentro atopámonos coas gónadas de cor alaranxado (as máis escuras son femias e as máis descoloridas son machos, sempre máis saborosas as femias) e as tripas. O que se come son as gónadas, cun sabor moi intenso. Todo este proceso é o que resulta desagradable, escoller as gónadas e logo toda a auga que vai escorrendo... Eu en canto como dous ou tres non quero saber máis nada. Ademais cando van arrefriando xa non me gustan. Hai quen os come crus, pero nin idea de como pode saber iso.

(Esta foto é sacada de internet)

O outro día meu pai preguntoume se me apetecían, ó cal, respondín que non, queríaos el e buscara a alguén que o acompañara. Na conversa ocorréuseme dicir que nunha ocasión comera unha empanada de ourizos e que non estaba mal. Tal dixen que ó día seguinte tiña unha gran cantidade deles ós que xa lles quitara as viandas esperando a ser preparados para unha empanada.Tivemos un pequeno debate sobre se sería mellor cocelos previamente ou se sería mellor quitarlle as viandas en cru e facela empanada coas viandas crúas. Ó final concluímos esto último, polo que o pobre pegouse un traballazo dado que é máis difícil quitar as gónadas estando crus. Noutra ocasión farémola coas viandas cocidas e así poderemos valorar a diferenza.
A meu pai gustoulle moito. O primeiro día tiña un sabor moi intenso a ourizo, pero como sobrou, ó día seguinte xa era máis suave. A min particularmente gustoume máis o 2º día.
A masa déronlle defecto, dixéronme que tiña que ser máis de pan, máis gorda. Estireina de máis (defecto meu porque non me gustan as masas gordas), aínda que recoñezo que para este recheo requiría a masa máis gordiña. Queda para outra ocasión que seguro haberá máis e todo é cuestión de ir probando.


Ingredientes
Para a masa

650 grs de fariña de trigo
2 sobres de levadura de panadería marca vahiné
250 ml de auga morna
150 ml de aceite
2 culleradiñas de sal
Para o recheo
1 cebola grande
1 dente de allo
1 allo-porro
Medio pemento verde
1 culleradiña de sal
Ourizos, cantos? Non sei, os que creamos que son suficientes.


Preparación da masa
- Poñemos a fariña (uns 600 grs) nun recipiente e engadimos no centro o sal, a levadura, a auga morna e o aceite. Mesturamos ben. Cando estean tódolos ingredientes amalgamados pasamos ó mármore e formamos a masa (isto é bastante rápido, sobre uns cinco minutos). Pode que necesitemos un pouco máis de fariña. Cando a masa non se pegue ás mans e sexa elástica xa podemos introducila nun recipiente enfariñado e deixámola arredor dunha hora que levede, hasta que dobre o volume.
- Mentres a masa leveda facemos o recheo.

Realización do recheo
- Primeiro hai que conseguir os ourizos e quitarlles as viandas. Esto é o peor e máis desagradable. Eu esta parte non a fixen, fíxoa meu pai. Outra opción é cocelos e logo quitarlles as viandas cocidas, pero nós decidimos facelo en cru. Para outra vez probaremos con elas cocidas.
- Picamos finiñas tódalas hortalizas. Esto eu fágoo na picadora. É unha manía que teño, ten que estar todo moi finiño.
- Pochamos a cebola co allo, cando estea algo dourada engadimos o allo-porro e logo o pemento. Eu esto fágoo moito, queda moi pochadiño, outra manía que teño. Deste xeito non me repite tanto, nin me senta tan mal. Incluso lle poño unha tapa e o deixo un bo anaco que se faga ben.
- Por último engadimos as vaindas dos ourizos e deixámolo ata que estea a masa lista.

Montaxe da empanada
- Partimos en dous a masa (un anaco máis grande co outro) e estirámola base do grosor que queiramos, se queremos que sexa finiña sobrará masa. Eu fíxena nun molde redondo de 30 cms de diámetro, se a fixera do tamaño da bandexa de forno pode que necesitara toda a masa.
- Coa axuda do rodillo introducimos a masa no molde, previamente cuberto de papel de forno, de tal foma que cubra o fondo máis os bordos, se sobresae masa cortamos.
- Introducimos o recheo estendéndoo ben polo fondo. Estiramos o outro anaco de masa e cubrimos o recheo. Selamos os bordos xuntando a masa de arriba coa de abaixo. Fecémoslle un burato central e picamos por encima cun garfo. Tamén podemos facer tiras de masa e decorar a tapadeira.
- Pintámola con aceite e se se quere con ovo batido. Eu esto último non o fixen e recoñezo que queda moito máis bonita co ovo.
- Métese no forno prequentado a 200º durante 40 minutos.


47 comentarios:

  1. Que buena pinta,nunca he probado los erizos,pero algún día tiene que ser y esta empanada es ideal para hacer la cata de los mismos.

    Besines guapa,buen finde

    ResponderEliminar
  2. yo los oricios esos los probe una vez y no me hicieron mucho,pero quizas enla empanada..no se,no se.....

    ResponderEliminar
  3. Esta me la guardo en pendientes porque tengo muchísimas ganas de hacerla.
    Que buena tiene que estrar.
    Besos y buen fin de semana preciosa.

    ResponderEliminar
  4. MMMMM! pues a mi me encantan! Los prefiero cocidos, o en alguna salsita a comerlos crudos, pero mira, tampoco de hago ascos.

    En empanada tienen que estar buenísimos, sabor a mar mar! En casa la hacemos a veces de ostras, cuando nos las regalan, porque no nos van mucho crudas, y está también muy buena.

    Para la próxima puedes probar a poner menos relleno (hacer la empanada más grande, vamos) en vez de poner la masa más gorda (yo también soy de masas finas, jeje)

    Bueno, pues nada, un saludo, y que sepas que me has dejado con ganas de empanada...siempre me apetece todo lo que haces! artista!

    ResponderEliminar
  5. Amara pues tienes que prbarlos que hay que probar de todo. Yo creo que son para gustos.
    Espe, ya digo que a mi tampoco es una cosa loca, jeje
    Curra Si la haces me cuentas, eh?
    Natilia, estoy totalmente de acuerdo contigo. A mi la masa tal cual me encantó, le quitaba un poco de relleno y solucionado. Pero claro mi papá se emocionó y había que usar todos los erizos. Claro otra solución sería hacerla más grande, bueno iré aprendiendo, y tomando bien las medidas, jeje.
    Biquiños guapetonas.

    ResponderEliminar
  6. Interesante receta, nunca había visto erizo en la cocina. Tiene pinta de ricura.

    Un Saludo,
    Mari

    ResponderEliminar
  7. Hoy he descubierto tu blog y ya me he hecho seguidora, me ha encantado
    Un beso
    Amalia

    ResponderEliminar
  8. Maeeeeeeeeee wapa te ha quedao espectaculaaaaaaaar .
    Cuando dices que era la comida de los pobres , me has recordado a mi padre que siempre decia lo mismo del bacalao y mira ahora que precio tiene.
    Seguro que hay quien se los coma crudos ,pero maaaaae yo no puedor de pequeña los comi alguna vez y no me gustaron ,tienen un sabor muy fuerte ,pero vamos tampoco me gustan os percebes ni las ostras asin que supongo que mi opinion no es de muxo contar jajaja.
    Fijate que cuando lei que al dia siguiente estaba mejor me empezo a apetecer ...en fins que aqui es muy dificil verlos en la pescaderia ,pero seguro que si se encargan igual se puden conseguir ,si llego a conseguirlos la hare y ya te contare .
    Como siempre una receta y un post que me ha encantado.
    Bicos mil y feli finde wapa.

    ResponderEliminar
  9. A min os ourizos tampoco me entusiasman, pásame como a ti como dos e xa me chega pero a empanada ten unha pinta impresionante!

    Bicos

    ResponderEliminar
  10. ya me comía yo un trocito de esa deliciosa empanada, de erizos no la he probado nunca, pero viendo la tuya... no dudaría en pedirmela. ¡un trozo para mí, por favor!

    ResponderEliminar
  11. Que buena pinta, y la masa fina y crujiente como a mi me gusta, tengo que provar a hacerla.Besiños.

    ResponderEliminar
  12. Pues tu padre y mi costillo se pueden juntar y hacer una competición a ver quién come más erizos,je,je. Le encantan, todos los años en Baroña junto al castro los toma directamente del mar y es capaz de zamparse 20 en un santiamén.
    Nunca se me había ocurrido hacer una empanada con ellos, a mí me parecen demasiado fuertes, quizás mezclandolos con pescado se suavizaría el relleno.
    En fín, que este verano si puedo, hago la empanada y te cuento.
    biquiños

    ResponderEliminar
  13. Que pinta tiene la empanada, es una de las cosas que más me gustan, pero con erizos no la he comido nunca, es raro verlo en el mercado, al menos en Málaga, aunque en los restaurante si los he comido y me encantan el sabor a mar que tienen.

    Besitosssss

    ResponderEliminar
  14. Esto si que es un lujazo de empanada, nada más y nada menos que de oricios, tiene que estar para chuparse los dedos. Con tu permiso me cojo un trocito.
    Un besín.

    ResponderEliminar
  15. hombre, atractivo no es el erizo, pero si me das la empanada ya hecha me la como sin rechistar :P

    Salu2, Paula
    http://conlaszarpasenlamasa.cultura-libre.net

    ResponderEliminar
  16. Umm os ourizos non me gustan naaaaaaaadiñaa :(
    Joba! Eu quería empanada a ver de qué me fas?
    Bicos preciosa!!

    ResponderEliminar
  17. Que pinta máis boaa!! e que recordos me dan os ourizos!!! esas xornadas gastronomicas!! ourizos cocidos, en empanada, en revolto, en tortilla, de mil formas!! encántame comelos e poñerme perdidiña de auga que soltan e dos pinchos...seguro que si non me mancho así a comelos..non me saben igual!
    Bicoss!!

    ResponderEliminar
  18. Que pinta que rica empanada, se ve de lujo¡¡¡no he probado los erizoss, pero seguro que estan deliciososss.
    besitoss guapaa

    ResponderEliminar
  19. Ya veo que descansastes con una receta pero seguimos con las masas de levedar eh!! jajajaj, asi mejor que yo nunca me animo a hacerlas y un dia tengo que ponerme.

    A mi los erizos me encantan en revuelto, pero creo q en la empanada no tienen nada que desmerecer!!

    Besos

    Vane

    ResponderEliminar
  20. No he probado los erizos, nunca, pero la empanada tiene una pinta deliciosa.
    Besitos.

    ResponderEliminar
  21. Que maravilla de empanada has preparado. Yo nunca he probado los erizos pero esta empanada tiene que ser todo un manjar.
    Un besiño.

    ResponderEliminar
  22. No se yo si me atrevo a comer esos bichejos, la verdad es que la pinta que tienen no es maravillosa que se diga, pero, hay que probar de todo antes de decir eso de "no me gusta", yo, pruebo y, si luego no me gusta, mala suerte, la verdad es que es una empanada espectacular, seguro que si la pruebo y no me dices lo que lleva, me la como encantada de la vida, jajaja
    Biquiños

    ResponderEliminar
  23. ole ole y ole!!! nunca la había visto de erizos!! yo hoy voy a hacer una una de bacalao y pasas que es la que más le gusta a la peque.. pero me guardo esta receta tuya.. por si los veo por aquí!!
    mil besos artista!

    ResponderEliminar
  24. ,... nesta zona creo que non son moi habituais os ourizos, polo menos eu non os teño visto nos mercados,... gustaríame probalos, supoño que sabrán moítisimo a mar, ummmm,.... gústame moito o corte da túa empanada,.. eu son das masas finiñas ;-) unha verdadeira delicia,.. que máns tes María,...

    bo domingo!! un bico

    ResponderEliminar
  25. Como siempre se nota la mano de los gallegos en las empanadas, seguro que esta muy buena y eso que no he comido nunca erizos, un saludo.
    JUAN

    ResponderEliminar
  26. Hola María José, me guardo tu receta y a ver si me animo hacerla en breve.
    Un besín

    ResponderEliminar
  27. Que pinta ten esa empanada, ¡oh miña nai. A min encantanme os urizos, como mais me gustan e asados nas ascuas debaixo do pote.En empanada nunca os comin,eu tamen lle quitaria recheo e deixaria a masa asi de fina.Saludos

    ResponderEliminar
  28. Que boa ten que estar !! Haberá que probala .

    Sacámoste de dúbidas crús saben a iodo , cremos que é o sabor que máis se lle aproxima e sinceiramente para nos máis bos que cocidos , pero é todo cuestión de gustos , que sorte tes co teu pai , horta , pesca , ourizos !!! Unha xoia , un biquiño para os dous .

    ResponderEliminar
  29. Moitas grazas pola vosa visita e polo voso comentario.
    María, grazas por vir a este recunchiño, xa descubrín de onde procedes, paréceme boísima a vosa iniciativa. Nunca os comín asados nas ascuas, haberá que probalos quédome coa recomendación. Na miña zona nunca o oín, será un costume muxián, hehe.
    Biquiños dos gordos

    ResponderEliminar
  30. Probeinos en revolto, hai unhas conservas de ourizo, pero para empanada...necesítanse unhas poucas...e por aquí creo que non hai...
    Biquiños.

    ResponderEliminar
  31. Nunca os probei, pero esta empanada tenche unha pintiña moi boa....

    Biquiños.

    ResponderEliminar
  32. Si antes lo digo, antes los como! Hoy fui a comer a casa de mis suegris, y de primero había "oricios", que es como les llaman aquí en Asturias! Casualidades de la vida!

    Un saludo!

    ResponderEliminar
  33. Nunca he probado los erizos, por aquí no se ven mucho. Pero si me mandas un trocito..., seguro que me gusta! Un besito, guapa!

    ResponderEliminar
  34. Vayaaaaaaaaaaaaaa, pero que idea más original!!!!

    Nunca se me hubiese ocurrido hacer una empanada de erizos pero me parece una idea fantástica.

    Seguro que está riquisísisisima. Me apunto la idea.

    un biquiño

    ResponderEliminar
  35. Hola! los erizos claro que me gustaron! Ya los había comido en Vigo bastantes veces, que tenía un vecicno que hace años nos los cogía y nos traía bastantes veces.

    Otra cosa que se come aquí son las lapas, esas si que ya no me gustan tanto... se llaman "llámpares", y no sé si las probaste, pero son un poco raritas. Raro, raro, raro! No parecen comida de este planeta!

    Un saludo!

    ResponderEliminar
  36. Tiene una pinta estupenda! yo por lo erizos tampoco me vuelvo loca. Los he probado en algún restaurante en revuelto, con grelos, creo recordar. Y creo que los he visto en conserva, puede ser? No te prometo probar la receta, jajaja, pero te ha quedado estupenda! me han gustado mucho las fotos!
    besiños y feliz semana!

    ResponderEliminar
  37. Qué empanada!!! es que casi me emociono!!! adoro los erizos y vaya idea! me chiflaría probarla !
    Yo creo que el grosor de la masa está ideal para ese relleno. Y viéndolo he tenido una idea. La próxima vez que tu padre coja erizos, prepara el relleno añadiendo un poco de tomate, coñac, mételo en el caparazón (con pinchos y todo..) y gratínalo! te queda un txangurro de erizos..ñaamm.Lo probé en un restaurante y me chifló.

    ResponderEliminar
  38. Pero que exquisitez,,mi niña mariajos, me encantan los erizos los he probado en revuelto,,que lujo la empanada tía,,,,hacía tiempo que no apoyaba el culo delante del ordenador y me encuentro con este pedazo de empaná,,oye donde puedo comprar erizos?????

    ResponderEliminar
  39. que buena pinta!!a mi tambien me gusta la masa fina, asi que para mi perfecta, y los erizos,nunca los he probado y tengo unas ganas...


    deliciosa !! besos

    ResponderEliminar
  40. Tiene una pinta buenisima, no he probado los erizos, pero dicen que estan ricos.
    besos

    ResponderEliminar
  41. Aquí en Asturias nos encantan, los llamamos oricios y recuerdo de pequeña que se compraban a paladas directamente de los camiones. Ahora los ponen en los restaurantes. A mí me suenan más a sidrería y a comerlos con la mano, disfrutando en familia... en fin, los tiempos cambian...
    En empanada nunca los había visto. Tiene que estar muy buena.
    Un besín

    ResponderEliminar
  42. Me encanta tu blog. Y descubro hoy que eres de Cee. Mi madre es de Cee y tengo mucha familia allí. Es un lugar hermoso!!! Espero que algún día podamos vernos.
    Un besazo

    ResponderEliminar
  43. Hola Maria Jose muy interesante, curiosa y original receta....nunca he comido erizo y menos en empanadas...... aunque seguro que si la has probado tu y te gusta... esta buena...buena... un besito guapa

    ResponderEliminar
  44. Hola MARYJOSE la empanada me encantan con un vinito ununnnnnnnnnnnn.Una pregunta, ¿es cierto que el erizo de mar recien cogido, es el mejor afrodisiaco,y que sea hembra?
    Gracias espero respuesta
    BICOS

    ResponderEliminar
  45. Me parece una empanada de muerte!!! tiene una pinta tremenda!! me encantan las empanadas y empanadillas, caen todos los sabados .....
    El envio esta hecho!!!!! os mando instrucciones por mail, vale? besossssssss

    ResponderEliminar
  46. Vaya pinta que tiene por diosssss!!! y pensar que he estado a punto de perderme este bocado, no me lo hubiera perdonado nunca.
    Que original, no se me hubiera ocurrido hacerla con erizo, pero debe estar de muerte lenta. Besitos

    ResponderEliminar
  47. Hola guapa,
    yo los erizos directamente sacados del mar, abiertos y "pa dentro" para disfrutar el gusto intenso de mar que tienen. Aquí les llamamos GAROTES.

    Esta empanada tiene que estar riquísima.
    PTNTS
    dolça

    ResponderEliminar

Cóntame que che parece

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...