Betanzos, 1998
Quen non se acorda daquela serie?, “Las chicas de oro”(os máis novos seguro que non, pero os que pasamos de trinta, si). A que máis me gustaba era Sofía, a maior de todas, que sempre empezaba as súas historias como eu empecei esta, Sicilia, 19...
Corría o ano 1998 e aquela rapaza que empezaba a súa andaina como mestra substituta de pobo en pobo pola xeografía galega, chegou a Sada. Alí atopou a outras dúas rapazas nas mesmas condicións ca ela, unha delas chegou ó colexio o mesmo día e como aquel destino quedaba lonxe dos seus fogares tiveron que buscar onde quedarse a vivir. A protagonista desta historia tiña unha actitude negativa, borde e distante, producida por unha circunstancia acontecida na súa vida había pouco, un tanto desagradable e que a facía desconfiar ata da súa sombra.
Aquelas tres rapazas atoparon un piso agradable nun ático do centro do pobo. Pasada unha semana de convivencia o estado de mal humor desapareceu totalmente. As tres mozas empezaron a conxeniar como se se coñeceran de toda a vida e os días empezaron a ser unha aventura. A gargallada, a alegría e o bo humor pasaron a formar parte do seu día a día. Foi unha tempada realmente bonita e sobre todo divertida.
A aquel grupo de tres uniuse un rapaz da zona que era coñecido dunha delas, dunha substitución anterior, e que lles mostrou a zona, ensinándolles lugares sobre todo para comer. Aportou ó grupo o punto de pementa xusto para que todo se convertera nun motivo de diversión.
As excursións, paseos e comidas e ceas fóra empezaron a ser habituais. Nunha desas ceas foron a parar a unha pequena e un tanto lúgubre pizzería de Betanzos, rexentada por italianos e con unha decoración anos oitenta ou setenta case, con pouca luz, asentos de escai granate e outros detalles que daban ó local un aspecto triste e de película antiga, como de Sophia Loren. Pero iso si, con unas pizzas riquísimas. Cando chegou o momento da sobremesa ofrecéronlles uns doces caseiros e variados, cada un dos comensais elixiu unha variedade para poder ir probándoos todos. Entre eles estaba o tiramisú, palabra nova para aquela inocente rapaza, nunca antes oíra falar do tiramisú, pobriña tampouco saíra moito ó mundo.
Cal dos catro doces lles gustou máis a todos? O tiramisú. A partir daquel momento non lle esqueceu nunca e sempre que pode o pide onde vai.
Quen non se acorda daquela serie?, “Las chicas de oro”(os máis novos seguro que non, pero os que pasamos de trinta, si). A que máis me gustaba era Sofía, a maior de todas, que sempre empezaba as súas historias como eu empecei esta, Sicilia, 19...
Corría o ano 1998 e aquela rapaza que empezaba a súa andaina como mestra substituta de pobo en pobo pola xeografía galega, chegou a Sada. Alí atopou a outras dúas rapazas nas mesmas condicións ca ela, unha delas chegou ó colexio o mesmo día e como aquel destino quedaba lonxe dos seus fogares tiveron que buscar onde quedarse a vivir. A protagonista desta historia tiña unha actitude negativa, borde e distante, producida por unha circunstancia acontecida na súa vida había pouco, un tanto desagradable e que a facía desconfiar ata da súa sombra.
Aquelas tres rapazas atoparon un piso agradable nun ático do centro do pobo. Pasada unha semana de convivencia o estado de mal humor desapareceu totalmente. As tres mozas empezaron a conxeniar como se se coñeceran de toda a vida e os días empezaron a ser unha aventura. A gargallada, a alegría e o bo humor pasaron a formar parte do seu día a día. Foi unha tempada realmente bonita e sobre todo divertida.
A aquel grupo de tres uniuse un rapaz da zona que era coñecido dunha delas, dunha substitución anterior, e que lles mostrou a zona, ensinándolles lugares sobre todo para comer. Aportou ó grupo o punto de pementa xusto para que todo se convertera nun motivo de diversión.
As excursións, paseos e comidas e ceas fóra empezaron a ser habituais. Nunha desas ceas foron a parar a unha pequena e un tanto lúgubre pizzería de Betanzos, rexentada por italianos e con unha decoración anos oitenta ou setenta case, con pouca luz, asentos de escai granate e outros detalles que daban ó local un aspecto triste e de película antiga, como de Sophia Loren. Pero iso si, con unas pizzas riquísimas. Cando chegou o momento da sobremesa ofrecéronlles uns doces caseiros e variados, cada un dos comensais elixiu unha variedade para poder ir probándoos todos. Entre eles estaba o tiramisú, palabra nova para aquela inocente rapaza, nunca antes oíra falar do tiramisú, pobriña tampouco saíra moito ó mundo.
Cal dos catro doces lles gustou máis a todos? O tiramisú. A partir daquel momento non lle esqueceu nunca e sempre que pode o pide onde vai.
Aquí queda a miña historia co tiramisú. Nin siquera sei o nome desa pizzería, pero non esquecerei nunca ese momento. O tiramisú dese lugar non é coma todos, curiosamente non lle poñen cacao por encima e preséntano sobre una cama de nata líquida. O certo é que é exquisito e en ningún sitio o comín tan rico. De feito, o grupo do que estou falando reunímonos tódolos anos e imos alí a comer pizza e tiramisú. Cabe sinalar que este último ano o dono quixo obsequiarnos con un licor despois de comer e nós dixémoslle que non éramos moi afeccionados ó licor, e que se quería obsequiarnos con algo que o fixera con outra ración de tiramisú, así foi e ese día tomamos ración dobre.
Fai un par de anos entráronme as ganas de facer eu mesma o tiramisú e busquei multitude receitas pola rede. Collendo de aquí e de acolá elaborei a miña propia receita. Teño que dicir que está moi bo e que estou moi contenta con ela, seguro que non se parece en nada ó tiramisú de verdade. Cada un dálle o seu toque persoal e o meu é poñerlle viño doce no canto do amaretto. Desde logo o toque de sabor é ben diferente, pero ben agradable.
Esta é a 1ª vez que lle poño xelatina e gustoume moito a textura que lle queda, poñereilla sempre.
Esta é a 1ª vez que lle poño xelatina e gustoume moito a textura que lle queda, poñereilla sempre.
Ingredientes
250 grs de mascarpone
200 ml de nata para montar
4 ovos
4 culleradas de azucre
5 follas de xelatina.
1 dedo de leite nun vaso
1 taza de café
1 vaso de viño doce (Aníval, por exemplo)
16-20 biscoitos de soletilla
Cacao en po
Preparación
- Separamos as xemas das claras e montamos as xemas con 3 culleradas de azucre ata que branqueen.
- Montamos a nata con unha cullerada de azucre.
- Montamos as claras.
- Poñemos a remollar en auga fría as láminas de xelatina durante 5 minutos.
- Mesturamos o mascarpone coas xemas.
- Desfacemos a xelatina nun dedo de leite que temos quente e integrámolo ben coa mestura de xemas e mascarpone.
- Á mestura de xemas e mascarpone engadímoslle a nata e logo pouco a pouco as claras, con coidado e movementos envolventes para que non se baixe.
- Nun molde colocamos os biscoitos de soletilla previamente remollados en café e viño doce que temos mesturados nun prato. Hai que ter coidado porque enseguida se enchoupan e logo rompen, é necesario que queden mollados, pero que non rompan. Cubrimos toda a base do molde e por encima poñemos a metade da crema de mascarpone.
- Encima da crema de mascarpone poñemos outra capa de biscoitos remollados.
- Cubrimos coa crema que queda.
- Espolvoxamos un pouco cacao en po por encima e listo. Moita xente ponlle o cacao no momento de servir, pero a min non me gusta atopar o po cando como, entón se se lle pon cando se remata o cacao está máis húmido e non é tan desagradable ó comelo.
Esta receita voulla adicar a unha amiga miña e mellor persoa, M.G.L., á que aínda que fai pouco que a coñezo, pouco máis dun ano, quéroa como se a coñecese de toda a vida e sempre será unha persoa especial. Ela xa sabe por qué, Mariquiña o que te perdeches.
En mi casa es un clásico para nochevieja. Mi familia me lo pide todos los años!!!! Hay muchas recetas, y a cual más buena. Te felicito por lo bien que te ha quedado, y por tu historia. Feliz finde!!!!!
ResponderEliminarHOLA, QUE TAL?
ResponderEliminarTiramisú ao pracer, tan suave ao padal e que te fai feliz
Cada coller que poñer na súa boca, CLOSE YOUR EYES
E ti ve o ceo
PETONETS SUSANNA
qué receta más bonita, qué bien explicada, y qué historia tan entrañable, me ha encantado!
ResponderEliminarMe gustan las recetas con historia, porque hija, tiramisús hay muchos, casi todos estupendos, pero saber lo que hizo que naciera éste, es lo que más me apasiona de cada una de estas recetas.
Además, como sabes, leerte me gusta doblemente, pues aprendo.
Se ha acercado por aquí mi novio y al ver lo que leía me ha mirado extrañado "y tú qué haces leyendo en gallego?" :)
Si me dicen hace 2 años que voy a estar leyendolo, e intentando hablarlo, me parto de risa, las vueltas que da la vida!! Cada 2x3 le digo, "háblame en gallego, por favor, que tengo que aprender"! Lo dicho, las vueltas que da la vida...
De la receta nada que decir, porque las fotos hablan: rico rico.
Un beso!
Mi madriña, esas fotos atravesan a pantaia! gárdame un anaco por fa
ResponderEliminarEncantoume a tua historia e o mellor de todo e que a mín me acaba de traer moitos recordos. Esa pizzería da que falas chámase Sinuessa e leva unhos 25 anos en Betanzos. Ahí probei unha pizza de verdade por primeira vez, que pizzas tan saborosas eu adoitaba ir coas amigas do instituto pero curiosamente do tiramisú non me lembro, pero as pizzas e os macarróns os teño frescos na memoria.
Bicos
MªJose, me ha gustado todo, lo que nos has contado y ese resultado.
ResponderEliminarRico, rico.
Besitos.
Que bonito wapa , sabes que me encantan tus recetas pues son todas fantasticas , pero tambien me encantan las entradas que haces ..siempre me saben a poco cuando terminas y pasas a la receta me sabe a poco.
ResponderEliminarUna historia muy bonita ,seguro que aquellos años fueron maravillosos .
Hay miles de recetas de tiramisu ,pero lo mejor es dar con la que te gusta asique si esta es la tuya no se hable mas ,yo tambien he encontrado la mia y personalmente me gusta con el licor de amaretto si no para mi ya no es tiramissu.
Una que es rarita vedaaaaa , desde luego tu tiramisu se ve de lujo y seguro que esta rico ,hasta me comia esa racion jis..jis.
Bicos mil y feli finde wapaisisimaaaaaaaa.
Gracias por vuestras palabras, me reconfortan.
ResponderEliminarAlcantarisa, cuanto me alegra poder ayudarte aunque sea un poquito,me alegra mucho que te interesa nuestra lengua, teniendo en cuenta que muchos de aquí la desprecian sin remordimientos, siempre pienso que la valorais más los que venís de otros lugares y que valorais que tener dos lenguas es riqueza cultural.
Rakelilla, puxéronseme os pelos de punta ó ler as túas palabras, nós sempre nos sentamos na mesa da esquina, entrando á esquerda, se algún día entráramos e a atopáramos ocupada creo que nos iríamos e todo. Por fin sei o nome do sitio, son un desastre, e como e ala nin o nome miro. Que pizzas tan ricas verdade?
Non andiven mal co da decoración, eh? aínda que non é por nada pero parece que é máis antiga. Se modificasen o local perdería o seu encanto.
Biquiños de ruído
,...que bonita historia, de esas entañables das q nos acompañan de por vida!!! o tiramisú boísimo, xa escoitara o de botarlle a xelatina, ainda q nunca o probei,.. se me dis que queda bó non mo penso para a próxima vez,...
ResponderEliminargracias por compartir un pouquiño da túa vida,..
un biquiño
A mi la que más me gustaba era blanch, la más "ligerita" de todas. Adoraba esa serie!! Al igual que adoro el tiramisú, me encanta este postre y cada receta es diferente pero seguro que todas ellas igual de deliciosas. El tuyo tiene una pinta sensacional y con el vino dulce ya se convierte en sublime. Me encanta tu receta. La probaré en la próxima ocasión.
ResponderEliminarUn besiño.
Que boa pinta Caldebarcos , e que bo que xa teñas a tua receita , esa que para ti o fai diferente oa resto , nos todavía estamos buscando XD .
ResponderEliminarBonita historia e bonito final , así deberían ser todas .
Bicos
Encantabame esa serie da que falas, encantame leerte a ti nas túas introduccións, e encantame o tiramisú que preparaches. !!Comese cos ollos, filliña!!.
ResponderEliminarbicos e feliz fin de semán :)
Una historia entrañable y que nos hace conocerte un poco mas...el tiramisu espectacular...hay un par de fotos del corte que me han hecho picar el monitor...sabes? mi proxima entrada, que sera el postre del equinoccio tb es un tiramisu! esta vez hemos coincidido. un besillo
ResponderEliminarMaria José, durante los 5 años que duró mi noviazgo con el Sr.D. íbamos todos los sábados a Betanzos, pero lamentablemente no conozco esa pizzería. Solíamos ir por la zona de vinos con la panda y luego acabábamos en Sada y era donde solíamos cenar. Qué tiempos aquellos....
ResponderEliminarBueno el tiramisú es uno de mis postres favoritos. Desde que lo descubrí, lo preparo siempre en las reuniones familiares. Me encanta ese saborcito a café y la cremosidad del mascarpone.Ummmm....
un biquiño
sigo sin haber probado el tiramisu a mis 36 años, a ver qué día me animo, pero hay tantas recetas pendientes... jajaja
ResponderEliminarSalu2 y buen fin de semana, Paula
http://conlaszarpasenlamasa.cultura-libre.net
Eu vivo en Betanzos e creo que esa pizzería é a Sinuessa. Antes solía ir moito, agora vou a outro que se chama a Píccola e no que se come tamén bastante ben.
ResponderEliminarSe vés de visita, avisa e lévote a rememorar vellos tempos, jejeje.
Apuntome a receta.
la verdad es que la cocina italiana es una delicia...te quedo genial..me anoto lo de la gelatina
ResponderEliminarQué boa pinta o tiramisú!
ResponderEliminarA min tamén me trae bos recordos da miña época de estudiante en Santiago. Cando tíñamos algunha celebración ibamos a un restaurante italiano que había no Ensanche, creo que era en República Argentina. O mellor eran os postres, o meu preferido o tiramisú, ou como o bautizamos alí, o "tiratetú", jajaja! Qué bos tempos!!
Bicos e bo finde
genial chica!me ha encantado la historia! Y el tiramisú ni te cuento! es un vicio!!
ResponderEliminarFeliz semana santa!
besitos
te sales... jajaj !!
ResponderEliminarme encanta el tiramisú, auqnue el que se vuelve loko en casa por este postre es el jefe del clan... siempre hago la misma receta, pero la próxima vez, probaré esta, que tiene una pinta de categoría!!
besotes
Qué bueno se ve este tiramisu... ricoooo. Es uno de los dulces que siempre me ha llamado la atención, pero que nunca he hecho.
ResponderEliminarun abracito,
Me encantó la historia, pero ese tiramisú me ha emocionado. Tiene una pinta deliciosa, además es un postre que siempre triunfa. Besitos y buena semana santa.
ResponderEliminarQue bonita la historia, y el tiramisu estupendo, con lo que me gusta, las fotos hablan por si solas.
ResponderEliminarbuen fin de semana, un besiño
Preciosa y sabrosa historia!!! Nos podemos olvidar de algunos nombres, pero no de los olores y sabores que forman parte de nuestra vida. Ahora vuelvo a releer la sabrosa receta de tiramisú, que hoy tu relato se quedó con toda mi atención.
ResponderEliminarUn abrazo y hasta la vuelta.
No se si quedarme con el tiramisú o con tu preciosa historia, me llevo un poquito de cada , porque, los recuerdos son maravillosos pero, el tiramisú , también lo es
ResponderEliminarBiquiños
Preciosa historia , y la vista lo hace todo, así que este tiramisu esta que se sale, te felicito.
ResponderEliminarVaia historia tan bonita, gústame que vos xuntedes aínda cada vez pra facer o mesmo!
ResponderEliminarDende logo sexa ou non a tradicional receita, encantoume, cópiocha todiña ;)
Bicos!!
Hola Maria Jose ... ya siento no haber pasado por aqui en estos dias ...he estado unpelin liada ... yo nunca hice tiramisu ...y comerlo lo he comido dos veces .... y mira que tengo unos cuantos ñaitos..jejeje... de la serie me acuerdo ...pero como era muy ...muy ...niña ...no mucho...jajajajaja.....en fin bromas a parte...se ve divino y con tu permiso me llevo tu receta a ver si me animo y lo hago ... lo que pasa que con la dieta que llevo no puedo comer...fisfis ... un besito guapa
ResponderEliminarEl tiramisú es uno de esos postres, que cuando lo pruebo en algún sitio siempre me enloquece, pero que nunca me he atrevido a hacerlo. Después de ver el tuyo, que tengo que decirte que es una DELICIA, tengo que atreverme, no me queda otro remedio, jejeje.
ResponderEliminarUn besazo!!
Qué historia máis bonita!!!...as receitas que probei de tiramisú, ningunha me gustou o suficiente como para repetila, probarei a túa, porque ten unha pinta que convida a meterlle o dente...
ResponderEliminarBiquiños.
Hola maria josé , perdoname que no te visite, me cuesta horrores entrar en los blogs, tengo la conexión como en la edad de piedra,pero aqui estoy.
ResponderEliminarEl tiramisú me gusta mucho, muchísimo, pero la historia me ha encantado, e incluso enganchado!!
besos!
creo q sé a qué pizzeria te refieres...si es la misma en la que estoy pensando se llama sinuessa y siguen haciendo unos postres buenisimos.
ResponderEliminara pizzeria se chama sinuessa, e pra min o mellor postre que dbana ali era a tarta de cafe...unha especie de rollito con mascarpone por detro....pra morir de rico!
ResponderEliminarA pizzería e Sinuessa, e sigue sendo o mellor tiramisú do mundo :D
ResponderEliminar