jueves, 31 de diciembre de 2009

TORTA MOUSSE DE LARANXA

Dáme por facer doces con laranxa porque na casa hai un laranxeiro cargadiño e é unha pena non aproveitar as laranxas ecolóxicas e riquísimas.
É a mesma receita que a torta mousse de limón só que cambiando o limón pola laranxa. Non sabía que cobertura poñerlle e decidín facer un experimento con zume de laranxa e xelatina, a verdade é que foi un bo experimento, o resultado é magnífico.
Nestes días de tanta festa e de tanto comer sempre dicimos que nos apetece unha sobremesa fresca e lixeira, enseguida pensamos nunha mousse deste estilo, pero de lixeira ten pouco, non nos enganemos. Estamos de acordo en que é máis fresca e menos empalagosa se cabe, pero lixeira, non. So con mirar a cantidade de nata que leva xa temos que cambiar de opinión, pero bueno autoconvencémonos e enchemos máis o bandullo.
Realmente quedou rica porque ademais non leva demasiado azucre e cómese ben, o malo e cando se remata.

Como se pode prever esta vai ser a sobremesa de fin de ano. Chegou o momento de facer balance e poñerse as pilas para o novo ano. Sempre que remata un ano é coma se rematara unha etapa e facémonos moitos propósitos para o vindeiro ano. Pero..., pensemos un momento, non é mañán? Igual que hoxe foi o mañán de onte e non nos fixemos ningún propósito, só era mañán. As cousas van seguir igual ca onte e pode que algún cambio chegue en agosto ou en marzo, ou chegou antonte. As dietas de xaneiro non dan resultado, nin deixar de fumar, nin apuntarse ó ximnasio, é o mesmo facelo en xaneiro que en marzo. Se pensamos o contrario estámonos enganando a nós mesmos.

Así que a empezar cada novo día como se fose un novo ano e que todo o que queremos o día 31 de decembro tamén o queiramos o 24 de marzo, ou e 6 de maio ou o 19 de setembro.

FELIZ ANO 2010 PARA TODOS AQUELES E AQUELAS QUE ADICAN UN MOMENTO A ESTE HUMILDE BLOGUE!!!!

MOITAS GRAZAS POR TODAS AS VOSAS VISITAS E COMENTARIOS QUE ME DAN ALEGRÍA E EMOCIÓN!!!!

Cando empecei con este blogue, aló polo mes de xullo, non tiña ningunha pretensión, nin sigo téndoa, pero o menos que me imaxinei foi que a estas alturas tivera algo máis de 10.000 visitas e 74 seguidores. Un blogue en galego con receitas de andar por casa, que o que realmente estou facendo é aprendendo e experimentando. Empecei por ter as receitas todas xuntas e porque me daban envidia algúns blogues que vía por aí. Aínda que non lle chego nin a sola do zapato, síntome moi ben formando parte deste mundiño onde tiven a sorte de coñecer, aínda que sexa de xeito blogueril, a un montón de xente fantástica. Este blogue dame alegrías cada día cando vexo que alguén lle adicou un momentiño do seu tempo a facer un comentario ou simplemete a ollar algunha receita. Moitas,moitas grazas.


Ingredientes
Para a base de biscoito
2 ovos
2 culleradas de azucre
1 ½ culleradas de fariña
½ cullerada de cacao puro
Para o almíbar
200 ml de líquido (zume de laranxa e contreau, 100 de cada)
3 culleradas de azucre
Para a mousse de laranxa
1/2 litro de nata
4 ovos
6 culleradas de azucre
7 follas de xelatina
200 ml de zume de laranxa (esto vai un pouco a gusto)
A raiadura da pel de dúas laraxas
Para a cobertura de laranxa
250 ml de zume de laranxa
6 culleradas de azucre
3 follas de xelatina


Elaboración
Da base de biscoito

- Prequentar o forno a 180º.
- Separar as xemas e as claras dos ovos
- Bater as xemas co azucre ata que blanqueen (axudados das varillas dun batedor é máis fácil)
- Bater as claras a punto de neve forte
- Mesturar as claras e as xemas con coidado (con movementos envolventes)
- Incorporar a fariña e o cacao en forma de chuvia, tamizándoa. Con coidado e con movementos envolventes.
- Engraxar e enfariñar ou cubrir o fondo con papel de fornear, dun molde desmontable. Esta masa non estende ben, polo que debemos estendela axudándonos dunha espátula ou lingua, tamén damos uns golpiños contra algunha superficie para que quede mellor estendida por todo o fondo do molde.
- Introducir no forno 10 minutos.
- Cando estaea frío mollámolo co almíbar
Do almíbar
- Poñemos nun cazo a quentar tódolos ingredientes durante 3 minutos.
- Remollamos a base de biscoito

Da mousse de laranxa
- Batemos as 4 claras a punto de neve forte e engadímoslle 2 culleradas de azucre.
- Batemos a nata e engadímoslle 2 culleradas de azucre
- Poñemos a remollar a xelatina en auga fría 5 minutos.
- Batemos as xemas coas 2 culleradas de azucre que quedan ata que blanqueen.
- Quentamos o zume de laranxa e disolvemos nel a xelatina, xa escorrida.
- Mesturamos o zume-xelatina coas xemas e mesturamos ben (o zume non debe estar moi quente).
- Integramos ben todo: primeiro integramos a nata e logo engadimos as claras, todo con movementos envolventes e suaves de abaixo arriba. É mellor ir incorporando estes dous últimos ingredientes en pequenas tandas para que se integren ben uns cos outros.
- Incorporamos a mestura encima da base de biscoito nun molde desmontable.
- Metémola na neveira, mellor toda a noite.


Da cobertura de laranxa
- Quentamos nun cazo o zume de laranxa co azucre. Deixámolo uns 15 minutos a calor medio e burbulleando. Ímoslle quitando a escuma que se lle vai fomando. Apátase do calor e cólase para que quede máis limpo.
- Poñemos a remollar a xelatina durante 5 minutos en auga fría. Escórrese e incorpórase ó zume quente, pero non fervendo. Remexemos e integramos ben o conxunto. Deixamos que amorne e cando así sexa poñémolo por encima da mousse.
- Eu rilei unha pouca tona de laranxa e engadinlla ó conxunto de zume e xelatina.
- Deixamos na neveira ata que a xelatina de laranxa calle.














No blogue de Pami, Uno de dos hai unha torta parecida, pero ben feita, canto teño que aprender!! ou iso non se aprende? Algunha xente ten maxia nas mans.

21 comentarios:

  1. Qué tarta tan boa pra cerrar ó ano, eu teño unha igual no meu blog : )
    Espero que teñas boa noite e que comeces un bo ano en compaña de todos teus seres queridos ; )
    Bicos e Feliz Ano!!!! : *****

    ResponderEliminar
  2. Grazas Pami, é todo un cumprido que ti me digas iso porque a miña ó lado da túa é unha chapuza, pero bueno unha fai o que pode... Noutra ocasión tentarei facer a túa a ver se me sae tan presentable coma a túa, aínda que non creo.
    Biquiños mil e feliz ano.

    ResponderEliminar
  3. Pois eu vexo a túa tarta ben rica, non ten nada que envexar xa cho digo eu!
    Eiquí comezou a chover, vaia merda outro fin de ano chovendo, qué extraño jaja
    Máis bicos ;)

    ResponderEliminar
  4. Wapaaaaaaaa la tarta se ve espectaculaaaaaar y seguro esta guenisimaaaaaaaa , guardame un caxiño .
    Los polvorones seguro que ya no quedan ¿ VEDAAAAAAA ? poqueeeee tamien te han quedao de muerteeeee y seguro estaban divinoooooos.

    Si tienes un sueño incumplido, tendrás una meta por alcanzar.
    La felicidad es la mezcla de sueños y realidades.
    Que el 2010 multiplique tu capacidad para soñar!

    Coloca tu mano derecha sobre tu hombro izquierdo y tu mano izquierda sobre tu hombro derecho.
    Acabas de recibir un abrazo a distancia.

    ¡Feliz Año Nuevo! y bicos mil wapisisimaaaaaa.

    ResponderEliminar
  5. feliz año...y que pintica tiene la tarta.se ve muy esponjosa y el saborcito de la naranja..mmm...riquisimo....

    ResponderEliminar
  6. Te ha quedado una textura envidiable!! me encanta la foto del corte. es estupenda la tarta....
    Un beso y feliz año, que sigamos viendonos asi en este que empieza. Un beso

    ResponderEliminar
  7. Feliz Año!!!! Ya veo que diste por cerrado el 2009 con una tarta...exquisita!!! Te deseo un nuevo 2010 lleno de cosas ricas como las que me enseñas!!!
    Bicos

    ResponderEliminar
  8. Grazas Nena, Espe, Lola y Raquel, gracias por vuestros comentarios guapetonas. Feliz año nuevo para todas vosotras.
    Ah! La tarta estaba buenísima, un exitazo, no duró nada.
    Biquiños

    ResponderEliminar
  9. Madre mía vaya pinta más buena que tiene esta tarta. Sólo con verla ya se te deshace sóla en la boca,tiene una textura muy ligera.
    Un besín y feliz 2010.

    ResponderEliminar
  10. Pues no te equivocas nada, Dely. Además baja sin esfuerzo,no es nada empalagosa, es muy suave, un bocado pide otro.
    Biquiños preciosa

    ResponderEliminar
  11. ¡¡Feliz Año Nuevo!!, que venga lleno de mucha felicidad para ti y tu familia, como bien se dice, salud, dinero y amor, aunque yo, antepongo el amor al dinero, jejejejjeje
    Oyeeee, pedazo de tarta de naranja te has marcado, madre mía, y eso que estoy llenísima de comida pero, la cataría ahora mismito, jajajaa
    Un besazo grandote y, que el año entrante sea estupendo

    ResponderEliminar
  12. Que torta encantadora :D Que blog tão saboroso :D
    Tudo me encanta aqui...Feliz 2010 :*

    ResponderEliminar
  13. Quedouche espectacular a tartiña! xa quisera eu probar un pedaciño dela. Felicítoche o ano novo, e xa quiséramos moitos... ter un blog como o teu.
    Un biquiño enorme.

    ResponderEliminar
  14. ummmmmm,.. vaia delicia!!! as fotos falan por si mesmas,... a do corte tenme coa boca aberta!! estou imaxinando o seu sabor, textura,... despois de tanto dulce contundente esto ven de maravilla,..
    Felicítote!!!
    A sorte é nosa por contar contigo,..

    biquiños domingueros

    ResponderEliminar
  15. Feliz 2010!!
    En primer lugar felicitarte por la tarta, porque se ve una mousse buenísima, a mí me están entrando ganas de meter la cuchara en la pantalla del ordenador.
    En segundo lugar, no estoy de acuerdo contigo con lo de los propósitos del nuevo año. Yo, tal que un dia uno de enero de 2006, fumé mi último cigarrillo y ya nunca más he vuelto a fumar, llevo 4 años sin probar el tabaco y fué un propósito del 1 de Enero.
    Quizás sea la excepción que confirma la regla, pero en mi caso ha sido así.
    un beso

    ResponderEliminar
  16. me parece estupendo, esoso bocados pero mas grandes se lo daba yo ahora mismo, feliz año guapa.

    ResponderEliminar
  17. Mimadriña que cantida de comentarios! que cantidád e visitas e seguidores! arrasas nena!!
    e eso que seguro que non probaron as túas delicias! :)
    Pásome a saudar, a cheirar as túas creacións reposteiras...a comer un pouco cos ollos e a avisar de que che copiei o do tradutor ;)
    bikasoss!!

    pd. y lo dicho, visita "tu mai jaus"+cosa rica= curso de fotografía jejeje

    ResponderEliminar
  18. Hola, uy se me hizo agua boca la boca de sólo ver esta tarta. Se ve riquísima, toda cremosita, mmmmm...
    Un abracito,

    ResponderEliminar
  19. Hola, guapa! Me alegro que hayas empezado el año con esta tarta tan rica! Espero que lo hayas pasado bien y poco a poco se vaya iluminando el color de las cosas (y tú lo veas!) Un beso fuerte y me llevo la receta!!!!

    ResponderEliminar
  20. Angie, me encantan tus visitas, unos días con color otros en blanco y negro, sobreviviremos.

    Hilmar, con las cosas ricas que tu haces..., se me hace la boca agua a mi.

    Ru!!!!!!!! Que alegría verche por aquí. Tes palabras de poeta. Teño que facer unha hora para pasarme pola túa casa, o malo que ti estás pouco, juili fó, que es coma juili fó. Xa vin o do tradutor, creo que é millor o da xunta, aínda que é ten escandaloso...

    Marisita, bocados virtuales se pueden dar los que se quieran, ojalá engordaran así los que metemos en la boca.

    Onega, feliz 2010, para ti también. Me alegro de que el inicio de año para ti fuese productivo, ojalá me pasara a mi con alguna dieta, pero creo que las buenas intenciones tienen que estr todo el año y por que no hacer que el 20 de abril sea año nuevo?

    Nytta, guapísima, ti sempre coas túas palabras tan amables. A verdade é que a tartiña baixa soa, foi vista e non vista.

    Kanela, dirás tu con ese peazo blog que tienes y esas superrecetas. Feliz año guapa.

    Mesa para 4, encantada de que te pases por aquí.

    Aniña!!! Feliz ano para ti tamén,guapa. A tartiña entra aínda que esteas cheo, dígocho porque comemos dúas racións despois de comer e nin as notamos.

    Biquiños fortes e grazas por adicarlle un pouco do voso tempo a pasarvos por aquí, sodes a unha marabilla.

    ResponderEliminar
  21. Qué ben che saén as mousse!!!!!!, como todo, claro! non ia ser unha excepción!
    Bicos guapísima!

    ResponderEliminar

Cóntame que che parece

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...