lunes, 4 de enero de 2010

BRIOCHIÑOS DE LARANXA

Adoro a masa brioche. Comeríaa tódolos días e o peor e que non me custa tanto facela, xa a fago de memoria. Creo que é a masa coa que máis experimento e a que podo dicir que fun elaborando eu a base de probar e de ler aquí e acolá. Tampouco creo que teña moito misterio, son todas moi parecidas e cada un quédase co que máis lle gusta.
Pensando, pensando (era mellor que non pensara tanto), ocurréuseme que podía substituir o leite do brioche por zume de laranxa, a ver que pasaba. Prescindín de calquera outro tipo de esencias, só usei a laranxa, zume e raiadura. Que bos están!!!!
Non probei, pero recheos de nocilla ou de nuttela iso ten que ser único. Pero xa non me deu tempo, zampámolos na tarde e a miña intención era conxelalos para ter un caprichiño ó longo da semana, fóronse coma o vento e nin nos demos conta.
Gustáronos máis os de azucre ( o que é larpeiro, é larpeiro), aínda que os outros molladiños no café...



Ingredientes
2 ovos + 1 para pintar por encima
450 grs de fariña de forza (máis ou menos)
2 sobres de levadura de panadería da marca maizena
100 cc de zume de laranxa
75 grs de manteiga
50 grs de azucre
1 culleradiña de sal
A raiadura de dúas laranxas







Elaboración
-Sacar a manteiga da neveira, troceala e deixala a temperatura ambiente mentres se vai facendo o resto
- Tamizar a fariña e agregarlle, a levadura, o azucre, o sal, os ovos batidos, o zume de laranxa, un pouco amornado (10 sg no micro) e a raiadura de laranxa . Mesturar todo ata conseguir una masa homoxénea que non se pegue ás mans nin ao conco. Empecei mesturando coa culler de pao e rematei coas mans. Se non chega a fariña inicial engadiráselle máis. Finalmente engadimos a manteiga a temperatura ambiente e integrámola ben. Custa un pouco, pero hai que ter paciencia, acaba integrándose (cando digo paciencia é paciencia, porque toda a manteiga se desparrama e a masa desfaise, parece que nunca vas conseguir xuntar aquilo, poden dar intencións de tirar todo ó lixo, pero non, hai que continuar porque ó final xúntase todo, prometido, pódese tardar arredor de 15-20 minutos). Este proceso fíxeno coas mans. O final queda unha masa brandiña, parece coma pegañenta, pero non o é, despégase perfectamente da superficie de traballo e das mans.
- Envolvémola masa en película de cociña (film). Envolvémola ben para que non se saia ó fermentar e introducímola na neveira, no meu caso toda a noite (debe estar ben cuberta co film porque senón sairase. O film poñémolo frouxo para que poida medrar). Tamén se podería deixar fermentar a temperatura ambiente, no forno apagado, por exemplo, ata que dobre o volume, unhas dúas ou tres horas.




- Sacala de neveira, retirar o film e darlle forma. Boleamos co tamaño a gusto,hai que ter coidado porque o resultado final pode ser máis do triple.
- Poñemos os boliños encima da placa de forno cuberta co papel de fronear e introducímolo no forno a esperar que medre, podemos esperar de forma natural unhas dúas ou tres horas ou podemos apurar o fermentado tendo o forno un pouco morno, a uns 30º. Deste xeito en media hora ou un pouquiño máis xa vemos como duplicou o volume.
- Unha vez levedados pintámolos con ovo batido.
- Teño que aclarar que a uns cuantos antes de poñelos a fermentar practiqueilles unha pequena incisión no centro. Logo nesa incisión introducinlle azucre humedecido e aromatizado. Para isto necesitei: a raiadura dunha laranxa, unha cullerada de azucre e un chorro de zume de laranxa. Primeiro raiei a laranxa encima do azucre e mestureinos coa xema dos dedos. O azucre toma un color laranxa. Logo deixei caer un chorro de zume de laranxa e así xa quedou humedecido. O resultado é impresinante, dálle moito sabor ó azucre e é moi agradable cando se come. Neste caso só precisei unha cullerada de azucre porque só fixen 5 con azucre, o resto foron sen el. Saíron uns 15 boliños.
- Metémolos no forno prequentado a 170º durante 20 minutos.
















22 comentarios:

  1. pero que pinta maís boa ten iso!!! Danme ganas de poñerme o delantal e encher as máns de fariña e veña a amasar... Teñen que estar de vicio!! Fareinos, fareinos!
    Un bico.

    ResponderEliminar
  2. Mamaiñaaaaaaaaa queridiñaa que cousa mais rica reina ,dan ganas de darlle unha dentella ao monito , creoche cando dis que non duraron na amossss con o sin azucre eu tamen daria boa conta deles.
    A todo isto ainda non che dixen que che sairon espectaculares e que a prosima vez me gardes un.
    A min non se me da moi ben eso de deixar as masas dun dia pra outro asinque fago todo no mesmo dia .
    Fai un ratiño acabo de sacar o roscon de reis do forno e se me descuido queimase , como falo tan pocuco ( amos por sorte as chamadas saemen de balde jajaja ) chamein a miña prima e de repente acordeime do roscon polo olorciño que me estaba chegando jajaja .. este ano ven doradiñooo.
    Si che parece ben como ainda esta quentiño cambioche un cachiño por un boliño.
    Que os reis che deixen moitos agasallos e moita saude amais de felicidade.
    Bicos mil pesiosa.

    ResponderEliminar
  3. Me encantan, yo lo hice una vez pero no me atreví a sustituir totalmente la leche por zumo, pero ya veo que si se puede, son una delicia, y que tiernos se ven !!!

    besos , gracias por tus cariñosas palabras hacia mi. Feliz año

    ResponderEliminar
  4. Esos briochiños están para hincarles el diente ya!
    me llevo unos cuantos calentitos....ummmmm biquiños

    ResponderEliminar
  5. Quedaron perfectos!, e tan redondiños, todos iguais!. Estoume "picando". Pero, as miñas laranxas ainda están verdes ( é como o conto da raposa).
    Bicos!

    ResponderEliminar
  6. Que delicia, estan que se salen de ricos, lastima que no puedo meter la mano, sino alguno seguro que desaparece jajaja besitos.

    ResponderEliminar
  7. ,... ole, ole e ole, pola primeira entrada do ano!!! isto si que é entrar pola porta grande,... xa sabes que eu tamén son de masas, teño que decirche que has bordado os "briochines", teñen que estar de escándalo!! gústame moitísimo as fotos,... Noraboa, vaste superándo con cada entrada que nos pos!!!

    Feliz noite de Reis,... biquiños corazón!!!

    ResponderEliminar
  8. Veo que no has parado durante estos días, la mousse me ha parecido fantástica y ahora estos brioches !!! Te han quedado super tiernos. Mª José, eres una briochera de primera,je,je.
    biquiños

    ResponderEliminar
  9. Que marabilla levantarse pola maña e encotrase con todos estes amables comentarios. Gracias chicas, le dais una pizca de alegría a mi vida.
    Biquiños de ruído para todas

    ResponderEliminar
  10. Hola Caldebarcos, 1º Feliz Año Nuevo, como ves e estado de mini vacaciones, y e vuelto ya....paso a saludarte y me encuentro con un monton de cosas wenas...wenas....wenas.... la mousse de naranja uuummm deliciosa .... y estos brioches .... ya ni me lo imagino....ñamñamñam.... no me extraña que volaran ...menuda pinta..... que pases un buen dia de reyes, que te traigan muchos regalitos.... un besazo guapa...y hasta otro ratito...

    ResponderEliminar
  11. jobar maja,se ven riquisimos..con un cafetito..siempre digo lo mismo pero me encanta tomarme el cafe con algun dulce,,,,jejej

    ResponderEliminar
  12. Ummm, que ricos te han quedado. Los abres por el medio y les untas un poco de mermeralda o mantequilla.... que me pierdo. Como has hecho unos cuantos, te cojo uno pala merienda.
    Un besín.

    ResponderEliminar
  13. Caldebarcos!!! subiooooooooooooo!! la masa madre me quiere jajajajajja aumento, y luego le di de comer y jajajaaj esta enooooorme...esta noche publico. gracias por acompañarme en esta entrega por fasciculos!!! eres un gran apoyo. Un biquiño

    ResponderEliminar
  14. me parece una idea superoriginal, lo de sustituir la leche por zumo de naranja. La próxima vez que prepare alguna masa de brioche, me acordaré de tí y la haré con zumno.
    Tiene un corte fenómeno.... se ve bien mullidita y esponjosa.
    un beso

    ResponderEliminar
  15. July me alegra mucho que hayas vuelto, no era lo mismo sin ti, se te echa en falta.

    Espe, jaja, a mi me pasa como a ti, me gusta mojar todo en un cafetito y estos son ideales.

    Dely, calla, calla, no des ideas, lo malo es que ya no nos dio tiempo a nada, nos los comimos a palo seco.

    Onega, prueba, que está bien probar de todo, aunque solo sea por variar.

    Biquiños gordos

    ResponderEliminar
  16. Caldebarcos, he empezado un pan con "nuestra" masa madre a las 10 de la mañana y termino a las 12 de la noche jjajajajaj ya veremos lo que sale o si le tengo que dar mejor uso tirándolo a la basura..te cuento. Besets

    ResponderEliminar
  17. Vaia pinta tan boa, co que me gustan os brioches, de pecado!!
    Bicos!

    ResponderEliminar
  18. Pois xa sabes rula.... volta a facelos e a probar con nutella... e xa depaso... mándasme un ou dous e che conto......

    Menuda pinta!!!

    Biquiños mil.

    Laura.

    ResponderEliminar
  19. oh dios, dios mío,,te he encontrado por la página de PILAR LECHUZA,no doy crédito, hace más o menos un mes que comencé con mi blog, y estoy alucinando con la cantidad de gente generosa que comparte sus recetas,,espero me permitas ojear tu página,y comentar tb soy gallegiña, pero de la capital (vigo), no la sucursal como tu je,,,,
    menuda pinta tienen los bollos, yo opto por rellenarlos de nutella,,,

    ResponderEliminar
  20. Teñen unhas pintas perfectas. Vou engadir a tua receita á miña lista de receitas que me apetece facer. Acabo de chegar de rebote ó teu blog e encantoume.
    Saúdos!

    ResponderEliminar
  21. Antes de nada, Feliz Ano Novo!!. Espero que tiveses unhas boas festas e recibises o novo ano ás mil maravillas. Moita felicidade pra este que comenza, guapetona.
    Dos briochiños que decir xa que non te dixeran, filliña?, teñen un aspecto riquisimo, ideales pra mollar no cafeiño pola mañán, ainda que si mos pos de merenda non lles direi que non.
    unhas fotos divinas, meten fameeeeeeee :)

    biquiñoss

    ResponderEliminar
  22. Esos briochinos-de-laranxa se ven divinos. A mi me gusta mucho las recetas que llevan naranjas, bananas, mandarinas y coco, pues tengo una siembra de esos frutos y puedo tener ideas de que hacer con ellos.

    un saludo,
    Mari

    ResponderEliminar

Cóntame que che parece

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...