miércoles, 16 de diciembre de 2009

BOLAS ALEMANAS DE NADAL

Pedir disculpas
Sempre estou pedindo perdón, é a miña natureza, non o podo evitar, a culpa está sempre presente en todos os meus actos, teño a culpa de todo, síntome culpable, todo pasa pola miña culpa. Penso que todo o que fago e digno de pedir perdón, que afecta e molesta a alguén. Non vivo para min, vivo para que ós demais non lles falte nada, para que poidan estar ben, pero nunca penso se eu podo estar ben. Sempre me parece que molesto, que son unha pesada, nunca pido favores e se os pido, porque non me queda máis remedio que depender de alguén, por algo que eu soa non podo ou non estou capacitada, sinto un gran peso no meu interior que non sei como quitar, que non sei como pagar, que podo facer eu para pagalo e se non o pago síntome moi mal. Teño que pagalo no momento, non me vale esperar a que o outro necesite algo de min. Ademais o que fago eu non é digno de pagar, o que fago eu non vale nada.
Como di unha amiga miña, neste mundo ten que haber xente para todo e a cada un lle toca o que lle toca.
Pois, este perdón ven a conto de estar ausente estes días. Débese a que o meu ordenador necesitou ser ingresado. Outro favor máis, este porque eu non o podo solucionar, por analfabetismo informático. Pedinlle a un compañeiro se se podía facer algo e estao intentando, pero creo que chegou ó fin dos seus días e que non hai nada que facer. Agora teño un ordenador prestado, outro favor máis, que non sei como vou pagar, nin con que. Debido ó percance do ordenador estiven ausente e nin publiquei, que iso é o de menos, nin comentei como é debido nos blogues amigos.




Dar grazas
Tamén quero dar as GRAZAS a Julycar, a Nytta, a Pami, a Luisa, ós da Cociña Poética , a Marisa e a Nenalinda por pensar en min para facerme partícipe do décimo de lotería que circula por estes magníficos blogues. Só o feito de que pensaran en min xa é unha lotería e das gordas, a min xa me tocou a lotería coñecéndoas a elas e outras máis que circulan neste marabilloso mundo blogueril cociñeiro. Desde logo nunca pensei que a través da rede se puidera coñecer a xente tan fantástica e de que se respirara un ambiente tan agradable, humano e incluso fogareño e familiar. A elas tamén lles quero pedir perdón por non continuar a cadea. Síntome mal por non seguila e tamén me sentiría mal se a seguira. Por non seguila, pois porque non quero que ninguén pense que lle desprezo o ofrecemento, todo o contrario, estou moi agradecida e emocionada por esa mostra de amizade blogueril. E se o sigo tamén me sinto mal porque non participo noutras cadeas de premios e seguir ésta polo feito de ter un premio final non me parece ético pola miña parte. Ademais, creo que lles fago un favor a todos non seguíndoo, porque se eu participo, non toca fixo. Así aínda hai algunha posibilidade.




Unha vez soltado este rollo absurdo, paso coa receita. Esta receita atopeina no blogue “cocinando con amor”. Pareceume perfecta, entre outras cousas porque non leva ovos. Os ovos, para min, son coma un tesouro. Meus pais teñen unha ducia de galiñas por ese valor que lle damos ós ovos. Para nós os ovos non son ovos se non son nosos, se non os collemos nós do galiñeiro e sabemos o que comen as galiñas. Normalmente, todos os doces levan ovos e ultimamente poñen pouco, polo que non quero gastar demasiados.
A gran cantidade de doces que se publican agora mesmo ulen a Nadal. Son tantas, e gustaríame facelas todas, aínda que non vai ser posible, o corpo non poderá resistir tal atracón de calorías. Polo tanto haberá que ir seleccionando. De todos xeitos, téñolle medo ás vacacións de Nadal porque terei demasiado tempo libre para andar fedellando entre cacharros e fariñas.
Cooking love, no seu blogue di que son un doce típico de Nadal en Alemaña e paréceme unha idea estupenda probar receitas doutros países. Canta cultura gratronómica adquirimos nestes blogues.
Teño que dicir que aínda que sexa unha receita de Nadal, creo que vai formar parte do fondo de recetario, están deliciosas e o aroma que desprende a masa cando estás facendo as boliñas dan ganas de comer a masa así crúa xa. DELICIOSAS, grazas pola receita.




Ingredientes
250 grs de manteiga
75* grs de améndoa moída
125* grs de coco
300 grs de fariña
1 cullerada de esencia de vainilla
1 cullerada de azucre vainilla
* Na receita orixinal pon 100 de améndoa e 100 de coco, pero a min só me quedaba 75 de améndoa e púxenlle os 25 grs máis de coco para compensar.



Preparación
- Sacamos e troceamos a manteiga con tempo para que se vaia abrandando.
- Poñemos nun recipiente a fariña, o coco, a améndoa o azucre e a esencia de vainilla.
- Cando vexamos que a manteiga está branda incorporámola os ingredientes secos e mesturamos coas mans ata que se integre ben o conxunto e facemos unha masa manexable.
- Facemos boliñas (a min saíronme 39), máis ben pequenas que imos poñendo nunha bandexa de forno cuberta con papel de fornear e metémolas no forno prequentado, no meu caso a 180º, durante 20 minutos. Isto do forno é orientativo porque cada un débeo adaptar ó seu forno, que cada un ten as súas particularidades. Na receita orixinal di a 200º e 10 minutos. Púxeno na ranura central, pero a medio fornear cambiei a bandexa para a seguinte ranura porque me pareceía que se ían queimar por debaixo.
- Sacámolas boliñas para unha grella mentres arrefrían e espolvorexamos con azucre glass, aínda quentiñas.
- Cando arrefríen metémolas nunha caixa de lata para que se conserven ben durante varios días.



21 comentarios:

  1. ..... por ser a primeira permítome o descaro de coller unha ducia!!!!!!!! que boa pinta María, xa lle tiña botado o ollo e agora nin te conto ;-)
    Podes sentirte culpable da cantidade de "babas" que vas xenerar con ésta boliñas, .. non deixes de "molestarnos" con éstas cousiñas tan ricas!!!

    Ocúrreseme qu seguro que ó que te prestou o pc, quedaría encantado con algunha cousiña das que fas, non crees???

    un biquiño doce

    ResponderEliminar
  2. Que pinta maaaaaaaas guena mae ,espectaculareeeeeeees zi zeño , me pido unos pocos por fiiiii.
    De momento me copio la receta pa hacer pues seguro nos encantan.
    Bicos mil wapa.

    ResponderEliminar
  3. No tienes que pedir perdón por nada, esto de bloguear tiene que ser un desahogo, un hobby no hay que tomarlo como una obligación y si unos días no comentas, pues no pasa nada.
    Y ahora al meollo de la cuestión: las bolitas. Me han encantado, me parece una receta ideal para hacer cantidades industriales y regalarlas a los amigos. Me la apunto.
    biquiños ( y arriba esos ánimos)

    ResponderEliminar
  4. que todos los problemas que tengamos sean un chaperon en el ordenador....y si te lo han prestado:dale unas bolitas y ya veras como te lo agradece y con creces.,seguro....saludines

    ResponderEliminar
  5. Nada muller que favor por favor, invita a unhas cantas de estas boliñas que sin probalas xa sei de sobra que están de morte. Non sei si non poñerme con elas mañá, de momento anoto a receita e si podo con algo de tempiño pra min, o intento a ver que tal resultan.

    biquiños rula :)

    ResponderEliminar
  6. Esas bolas se vienen conmigo!!! besitos y gracias por la receta

    ResponderEliminar
  7. Me habías asustado con tanto pedir perdón!!! jejeje. La verdad es que se te ha echado de menos! Un besito y gracias por tan rica receta.

    ResponderEliminar
  8. a ver.. un par de cosas:
    yo también soy de las que creen que el cambio climático es sólo culpa mía.. pero no es verdad!! y lo sé..
    yo tampoco sé cómo agradecer las cosas, todo me parece poco.. menos mal que la crisis me ha echado una manilla con este tema.. jajaj
    otra cosa.. yo aún no he pedido perdón por no seguir la cadena, y eso que tengo otros tantos como tú.. mira.. en eso me vas ganando!!
    nos parecemos en muchas cosas..y ahora que me leo.. vaya testamento te he dejado.. perdona!!
    eso si... lo que no te perdono es que no me hayas invitado a catar estas bolas... hombre!! eso no se hace... entre compis.. que sepas que está muy feo!!!
    y otra cosa más, antes de irme.. que aquí ni hay que fichar, ni te ponen falta.. así que ya sabes .. a tu ritmo.. eso si, nada de intentar darse de baja..que además es más difícil que hacerlo en telefónica
    jajajja
    mil besos navideños

    ResponderEliminar
  9. No tienes porque disculparte mujer. Estas bolitas alemanas están buenísimas, con tu permiso me pillo una ¿vale?. Te copio la receta, a ver si un día de estos me animo.
    Un besín.

    ResponderEliminar
  10. que ricas bolitas,te han quedado muy lindas, me encanta la repostería alemana, es mi debilidad.
    besitos,

    ResponderEliminar
  11. SE ven buenísimas, y con la cajita tan llena que nos enseñas me parece que vas a tener cola en casa. Te parece bien hoy para hacer un cafetito? jejej
    PTNTS
    Dolça

    ResponderEliminar
  12. Que che vou dicir, que ben te entendo, pásome a vida pedindo perdón, educáronme así, pero así non se vive ben. Será algún tipo de inseguridade non sei xa...O caso que aínda que sepa que non é culpa miña, pois nada eu có perdón na boca :(
    Envieiche a lotería porque me lembrei de ti, pra min tamén é un compromisdo tanto como para facelo como ofrecelo, o caso e que tampouco me apatecía e o final por non decepcionar a ninguén fíxeno(de ahí che digo o do perdón tamén).
    Pois nada polo pc nin te peocupes xa será cando se poda, e polo blog outro tanto do mesmo, ninguén se vai ir porque non poidas estar unhos días, simpremente botarémoste de menos ;)
    Bicoosssss gordossssss!

    ResponderEliminar
  13. Qué parva!! Coas presas nin che dixen da receita, pero bueno xa o sabes : P
    Estas boliñas deben ser de pecado, polos ovos nons te preocupes as galiñas son unhas preguiceiras no inverno jeje
    Bicccoosssss!!!!

    ResponderEliminar
  14. holaaaaa! Si tengo yo que pedir perdón por mis ausencias no me llegan 3 entradas del blog! Todos tenemos épocas en las que por diversos motivos estamos "menos presentes", así que no hace falta que pidas perdón, todos te comprendemos!
    Con respecto a las bolitas.....yo también me comería la masa ya cruda! qué delicia!
    Me encanta el nombre: bolas de nadal. No engañan a nadie, desde luego!

    Un beso, y piensa un poquito más en ti misma! Pero sin olvidarte de tus fans, claro!

    ResponderEliminar
  15. que boa pinta teñen estas boliñas!! véxoas ideais para agasallar... Encántanme e tamén o teu blog. Felicítoche de todo corazón e xa tes nova seguidora.
    Bicos!!

    ResponderEliminar
  16. Hola Caldebarcos, pienso que deberias cambiar el chip...... pero en fin cada uno es como es.... y hay que quererlos tal cual son....y no tienes que pedir perdón por nada, lo de bloguear tiene que ser un desahogo y un hobby no puede ser una obligación y si unos días no se puede comentar, pues no pasa nada, otro dia sera..... el resto de bloguer@s van a estar ahi ......no se van, asi que animo que es navidad....... y las bololitas alemanas una maravilla...anotada queda..... me cojo dos...jejejeje....un besazo guapa.

    ResponderEliminar
  17. Sempre é un gusto pasar por eiquí!! enténdote perfectamente, e teño q dicir q me identifico tamén co tema da culpa, inda q son consciente de q é algo q debo "cambiar" ou intentar mellorar, temos q apreciarnos máis..
    E o dos ovos outro tanto, na miña casa nunca xamáis entrou un ovo de granxa! si oh! preferimos pasar sen ovos hehehe, nós temos galiñas tamén, unhas 24! e ás veces tamén hai épocas baixas (por desgracia, coincidindo cando máis gana de lambonadas teño eu!!) así q cando temos hai q sacarlle bo partido!!
    As boliñas gárdoas no peto, destas festas non pasa sen q as probe, a verdadde é q teñen unha pinta incrible, están pra ferrarlle o dente!!
    Un bico moi grande curriña!!!! e gracias polo teu blog!

    ResponderEliminar
  18. Yo no podría resistir la tentación de probar la masa cruda, con ese olorcillo como tú dices.
    Que ricas, y además con coco, que me encanta.
    Te quedaron perfectas.

    Besos y Felices Fiestas.

    ResponderEliminar
  19. esas bolitas me parecen divinas... ya se las vi a cooking-love y me gustaron, viendotelas a tí..no me va a quedar más remedio que hacerlas.
    Aprovecho este comentario para desearte una feliz navidad en compañía de los tuyos, que disfrutes de estos días
    Zorionak eta urte berri on!!!!

    ResponderEliminar
  20. Se hay que pedir perdón por estar desaparecida non sei que voy facer eu!! Non te preocupes por iso e que conste que te entendo perfectamente.

    As boliñas encantaronme parecenme sinxelas de preparar e deliciosas, xa as teño apuntadas para a próxima merenda.

    Moitas grazas polos teus ánimos.
    Un bico enorme

    ResponderEliminar
  21. Hai que ver! canto me perdín!. As bolas, a crema, o pannetone..... todo estupendo!
    Ah e non sabía que eramos do mesmo clube!, o das culposas!, entenderás o mal que me sentía segundo pasaban os días e non tiña tempo de conectarme!
    Bicos ruliña!

    ResponderEliminar

Cóntame que che parece

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...