sábado, 19 de diciembre de 2009

CREMA DE LARANXA

(Ou como non se debe facer)
Isto é unha crónica de como non se debe facer unha crema de laranxa. Ou o que é o mesmo, unha crónica dun fracaso absoluto. Pero necesito publicalo porque teño pensado volver a facela e non quero que me pase o mesmo.
A crema viña a conto dunha sobremesa que quero facer para o día de Nadal e así xa me quedaba feita. A ver se aproveito algo.



Ingredientes
250 grs de azucre glass
4 ovos (pena deles)
200 ml de zume de laranxa
A raiadura dunha ou dúas laranxas
120 grs de manteiga.




Preparación
Para a preparación andivenme documentando, pero xa fai tempo, entón recordei que nun blogue que á súa vez se remite a outro daba unha preparación moi sinxela. Claro!!! Como eu de vaga para arriba o que se queira pois alá que me vou. Ámbalas dúas fixérona na Termomix, fantástico aparello, pero á vez din como facelo de forma manual: Poñer tódolos ingredientes nun cazo, a remexer e listo, sempre a lume baixo sen que ferva. Sinxelo, moi sinxelo. Púxenme mans á obra, pero eu non fixen algo ben. Nunca me ferveu, pero debín poñer demasiado calor ó principio porque parte do ovo callouse e tiña certas partículas en suspensión un tanto desagradables. Remexín canto puiden, a lume baixo, eso si, no catro ou tres e medio, e pouco a pouco foi adquirindo textura de crema, pero coas susoditas partículas. Esto teño que salvalo como sexa!!!!! (máis que nada polos ovos). Decidín coalo. A crema resultante era máis fina e máis agradable, pero pareceume que non era moi consistente, que era bastante líquida para o que eu a quería (sempre tendo en conta que ó enfriar espesa).
A seguinte decisión foi desfacer unha cullerada, das de sobremesa, de maizena nun poco zume de laranxa (un dedo). Volvín a crema ó lume e agregueille o zume coa maizena diluída. Remexín enérxicamente. Nunca chegou a ferver, pero si fixo algunha burbulla. Creo que outro erro dentro do remendo que quería facer. Quedou como algo cortada e algunha partícula aínda ten (moi pequena, pero tena)
Metina en dous tarros e ben sabe, pero non ten ese aspecto que teñen algunhas por aí, cremoso e liso. Penso que a pesares de todo se pode aproveitar.
Para a próxima tentarei non ser tan cómoda e facer doutra maneira, en primeiro lugar creo que o mellor xeito é a baño María e logo convénceme máis a proposta de Pepinho de i-recetas e a de Penny de el rincón de la mariposa, que son practicamente iguais. Os ovos ten que estar batidos antes de introducilos á mestura, ademais estes ovos da casa son máis densos que os de granxa e non se desfán facilmente se non se baten antes.

10 comentarios:

  1. Te comprendo perfectamente, a mi, me ha pasado un montón de veces y es un fastido, pero por lo menos lo pudiste aprovechas yo lo tengo que tirar a la basura.
    De todas formas te ha quedado muy bien, igual no tiene la finura deseada, pero seguro que está buenísima.
    Un besín.

    ResponderEliminar
  2. De los errores también aprendemos, verdad????? Por lo menos pudiste aprovecharlo. Un besito, guapa!

    ResponderEliminar
  3. Reinaaaaaaa pos mandamela por mp , poque por mas que la he mirao y remirao yo no le he encontrao naaaaaaa de naaa y la he visto perfectaaaaaa por no contar que seguro esta guenismaaaaaa.
    Amos despues de mi fracaso con el panettone , esto no es naaaaaaa.
    Tengo pendiente hacer el limon curd asi que tendre en cuenta tos tus consejos a ve si me queda la mita de gueno que tu crema de naranja.
    Bicos mil y feli finde wapa.

    ResponderEliminar
  4. Cuanto siento que no te saliera, pero parece que esta muy buena, no siempre salen las cosas como queremos, yo no consegui hacer las trenzas, no te preocupes a todas nos pasa.
    besiños

    ResponderEliminar
  5. Pues dirás que es un fracaso, pero yo metía la cuchara ya mismo.

    ResponderEliminar
  6. No siempre salen las cosas como deseamos, pero delos errores se aprende más que de los aciertos, así que no te preocupes y adelante que a tod@snos pasa.

    Feliz Navidad

    Besitos

    ResponderEliminar
  7. Bueno no te preocupes, ya saldrá mujer. No tiene que quedar todo perfecto al primera vez (a ver si me aplico el cuento ja!)
    Bicos e Feliz Nadal

    ResponderEliminar
  8. ,... o que contas faiseme coñecido,.. a min pasoume non fai moito exactamente o mesmo , pero en lugar de crema de naranza foi con limón, ... aproveitouse pero bueno, non era o resultado esperado!! e o fin de semán pasado intentei facer xema confitada, e tres pares do mesmo,....
    có sinxelo que é amasar un boliño!!!!! jejejejej

    Estou desexando ver para que o empleas,...

    un bico doce

    ResponderEliminar
  9. Paréceme moi ben que, ainda que os resultados non fosen os que ti querías, tivera-la presenza de ánimo de contalo.

    Hei de intentar face-la crema para encher unhas orellas feitas en redondo e botareilles un pouco ovo fiado por riba e mais monda de laranxa confitada e azucre glas que queda moi bonitiño.

    Felicidades polo teu galego, atópo que é moi bó.

    Leli

    ResponderEliminar

Cóntame que che parece

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...