sábado, 5 de diciembre de 2009

PANETTONE (ou algo que se lle parece)

Aquí estou outra vez con outra masiña desas que tanto me gustan. Tiña o do panettone aí presente desde o ano pasado. Pois púxenme a mirar pola rede a lin varios, coma sempre non é un en concreto, leo varios e logo fago un refundido. En principio ía copiar a receita de “El zurrón de los postres”, pero pasoume algo que nunca antes me pasara e non sei a que se debe. Na súa receita desfai a levadura no leite e deixa que fermente un tempo, logo incorpórao cando fai a masa. Este proceso fágoo sempre co brioche, sen problema, pero hoxe non fermentou. Despois de media hora cando o fun mirar, estaba coma ó principio. Entón tiven que cambiar de plans e usar a levadura en po. Con este inicio, pensei que probablemente non fora o mellor día para facer o panettone, os comezos non prometían e cando as cousas empezan torcidas...
As cantidades que emprego son as que Irmina propón nos seus panettones xardiñeiros, o único que cambiei foi a levadura e o proceso de realización, que foi ó meu xeito.

Tampouco estou moi segura de que esto sexa un panettone, se con ter a forma chega, pois debe ser. A verdade é que a realización da masa é moi parecida, por non dicir igual, cá do brioche, pero bueno eu amaso e listo. Como bo está e estamos en época pre-nadal pois chamámoslle panettone e acabouse. Gustaríame probar outras receitas que vin por aí, pero non sei porque esto de facer masas convértese nun problema para o volume corporal e hai que tentar diminuír a cantidade deste tipo de doces.
Desde logo, teño que dicir que saíu boísimo, esponxado, brandiño, cun sabor exquisito. Vamos unha auténtica delicia. Totalmente recomendable.

Ingredientes
500 grs. de fariña de forza
2 sobres de levadura seca en po, marca maizena
125 cc. de leite
3 ovos
100 grs. de manteiga derretida
100 grs. de azucre
1 cullerada de azucre vainilla
1 cullerada de esencia de vainilla
Unha culleradiña de sal.
Un puñado de chocolate troceado, un puñado de froitas confitadas
Unhas cuantas uvas pasas.
Unha cullerada de manteiga derretida para pintalo por encima antes de ir ó forno


Realización
- Sacar a manteiga e partila en anacos. Queda a temperatura ambiente, para que se vaia abrandando, namentres preparamos o resto.
- Batemos os ovos e mesturámolos cos azucres e coa esencia.
- Temperamos un pouco o leite para quitarlle o frío da neveira.
- Tamizamos a fariña nun recipiente amplo e engadimos a levadura e o sal.
- Engadímoslle á fariña os líquidos e a manteiga e mesturamos. Primeiro coa culler de pao e logo a man ata conseguir unha masa que se despega do recipiente. Arredor de 15 minutos. É unha masa branda que parece pegañenta, pero non se pega.
- Metémola nun recipiente cuberto con film e ben abrigado dentro do forno apagado.Co de ben abrigado refírome a que estea quentiño, eu cubrino con unha mantiña (agora o tempo está máis fresco e na cociña non teño calefacción). Estivo levedando 3 horas (case triplicara o volume.
- Sacamos a masa e estirámola cun rodillo, e metemos no centro do rectángulo as pasas, o chocolate e as froitas confitadas. Dobramos, volvemos a estirar, volvemos a dobrar e tratamos de que os tropezóns queden ben repartidos por toda a masa.
- Boleamos e introducimos a masa no recipiente no que os imos a fornear cuberto con papel de forno. Neste caso empreguei de cristal porque eran os únicos altiños que tiña.
- Volvemos a deixalo fermentar. Tapamos con film ou, eu neste caso, cubrinos cunhas bolsas de plástico e logo tapeinos coa manta, outras tres horas.
- Unha vez fermentado pintamos a superficie con manteiga derretida.
- Metémolo no forno prequentado a 180º. Estiveron 10´a 180º e logo baixeino a 160º durante 50 minutos (con papel de prata por encima, os 10´ foron suficientes para que collera color, de máis, diría eu). Como fixen un máis grande e dous máis pequenos, os pequenos saqueinos antes, ós 45 minutos.

Que pena que os olores non cheguen aínda a través da rede, quen sabe, todo pode ser posible. O olor que abordou á miña pituitaria tan só 5 minutos despois de metelo no forno era un deleite para o sentido do olfato e facía presaxiar o que viría despois, todo ese exquisito olor converteríase nun delicioso sabor.

Creo que me pasei coas fotos, pero é que fixen tantas (e borrei moitas máis) e ningunha me convencía o suficiente que ó final puxen moitas porque non sabía por cal decidirme. Nótase que estou orgullosa da "criatura", verdade?

37 comentarios:

  1. Pues a mi me parece que te ha quedado muy bien! A ver cuándo me atrevo yo.... jeje
    Bs!

    ResponderEliminar
  2. Jolinnnnnnnnnnnnnesssssssssss, pero que pasada de panettone hija, pero si te ha quedado fenomenal por dios.
    María José, voy animarme a hacerlo yo a ver que resulta del experimento ¿que te parece?. Si me sale la quinta parte de bien que a ti ya me daré por satisfecha.

    Te cuento ehhhh, biquiños rula :)

    ResponderEliminar
  3. Guenoooooooooo te ha quedao divinooooooo divinoooooo de la muete y si esta esquisito me llevo la receta que yo he exo uno y no me convence , me ha salido tan xurro que no se si ponerlo jajajaa.
    Pos na wapaaaaaaa me llevo un caxo pa cata y desde luego que tienes que tar orgullosa de la criatura se ve espectaculaaaaaaaar.
    Yo no se si sera culpa del frio que no deja levedar bien la masa a ve si a la tercera va la vencida.
    Bicos mil y feli puente.

    ResponderEliminar
  4. Moi rico , copio a receita e falamos do resultado .

    Bicos

    ResponderEliminar
  5. qué rico Panettone, es algo que está en mi lista de cosillas por hacer.
    Besitos!

    ResponderEliminar
  6. Encántame a receita, teño pendente facelo este ano, a próxima semá verei se teño tempo. A forma quedouche preciosa de verdade ; )
    Bicos!

    ResponderEliminar
  7. como para no estar orgullosa,menuda pinta tiene y el sabor debe de ser riquisimo,con un cafetin,mmmmm

    ResponderEliminar
  8. ... non me extraña que estés orgullosa do panettone!! non é para menos..... tódolos anos fago experimentos có suso dito, non dou acabado de darlle có punto exacto,.. saeme mais seco do que quero!!!! as fotos do corte son sencillamente expectaculares,... que pena que non chegue aquí o cheiriño

    Felicítote por ésta maravilla,...

    biquiñossssss

    ResponderEliminar
  9. Increible panettone, que rico con el chocolate!!!
    Sobre el brioche alemán, le puse 12 gr. de Levadura fresca, se me había pasado, gracias.

    Un besazo guapa y buenas noches,

    Vanesuky.

    ResponderEliminar
  10. Sara atrévete ya verás que contenta quedas con el resultado.

    Merchi,con las manitas que tu tienes te quedará de lujo seguro,mucho mejor que el mío,ya verás.

    Nena puedes llevarte lo que quiera guapa. NO me creo nada de que te haya quedado mal el tuyo. Con lo de los levados en este tiempo tienen que durar más.En otra época en hora y media 2 ya están listos y ahora necesité 3 horas y bien abrigadito con la mantita.Hay que tener más paciencia.

    Poéticos non pasedes sen contarme,eh? Habedes de quedar contentos xa veredes.

    Hilmar, seguro que te queda de maravilla, anímate.

    Espe,solo está bueno, pero con el cafetín ni te cuento.

    Nytta con esas mans que ti tes para ti esto é pan comido. Creo que te esixes de máis

    Vanesuky,gracias por la visita y por la aclaración,tu brioche lo haré, seguro.

    Biquiños para todas.No vos podedes imaxinar o que necesito os vosos comentarios.

    ResponderEliminar
  11. Ummm te ha quedado divino, que esponjoso me cojo un trocín con tu permiso ji
    Un besín feliz puente

    ResponderEliminar
  12. Maria José, te han quedado de lujo, ese corte es genial. Me han encantado.
    Un beso, guapa.

    ResponderEliminar
  13. Hola Caldebarcos por lo que veo estas ya recuperada del todo...jejeje....te a quedado un panettone estupendo y las fotos divinas, te incitan a coger un cachito para mojar en chocolate.....jejeje.....anotada queda...un besito guapa..

    ResponderEliminar
  14. sea o no un panettone... yo quiero tres raciones.. para mi, y otras tantas para el clan..jajaj
    así que me lo llevo todo... la culpa tuya por poner tantas fotos apetitosas.. jaaj
    qué buena pinta!!!
    a ver si yo le meto mano. se me echan las fechas encima y no encuentro ganas para meterme en la cocina... de todos modos.. un panettone y un roscón tienen que salir de mi horno si o si..
    mil besos..

    ResponderEliminar
  15. Anabel,coge,coge, que virtualmente no hay peligro.

    Irmina, tu comentario me alegra mucho.

    July,recuperada, recuperada,no lo estoy del todo, ahora mismo tengo un dolor de estómago fino filipino, creo que me pasé ayer con el panettone y la comidita de mamá,no se puede confiar una,jeje

    Patt,estoy deseando ver cualquier cosa que salga de tu horno. El roscón también me gustaría que saliera de mi horno, espero tu receta.

    Biquiños para todas, vuestros comentarios me hacen mucha compañía

    ResponderEliminar
  16. mmmmm que rico¡¡¡¡ esta tambien la voy a preparar, porque hice el brioche relleno de chocolate y me ha salido muy rico.
    gracias por compartir, besos

    ResponderEliminar
  17. Que rico!!! Yo quiero un poco ¿puedo?

    Besos.

    ResponderEliminar
  18. Hola, encuentro tu blog gracias al de Nenalinda, que lo tiene en el banner de la derecha, y me gustan mucho las recetas que estoy viendo.
    Me hago seguidora tuya para no perderme ni una.

    Ah, te apetecería participar con alguna receta dulce sin azucar en el HEMC de este mes???

    Salu2. Paula
    http://conlaszarpasenlamasa.cultura-libre.net

    ResponderEliminar
  19. hola! qué rico el panetone! Con esos trocitos de frutas...mmm!
    Yo tengo clarísimo por qué te gustan mis platos...tenemos el mismo gusto! Me encantan todos los tuyos! Y las masas, y la repostería...todo, vamos!

    Un beso!

    ResponderEliminar
  20. María José!!!! No sé si será auténtico o no, pero desde luego el aspecto es inmejorable, y por lo que dices, el sabor, también. Te felicito! (y te lo copio) Gracias!

    ResponderEliminar
  21. Mª José, te ha quedado fabuloso, yo siempre lo tomo del comprado( mi suegra se encarga) pero voy a ver si este año y con esta receta tan estupenda, me sale igual de bien que a tí.
    biquiños

    ResponderEliminar
  22. Buenisssimo!!!!! Tiene que estar delicioso...

    Bssss

    ResponderEliminar
  23. Mmmmmm.... que ben cheira por eiquí!!!
    E dis que non se parece? Buff, estoume animando a facelo, despois de ver este, entra un antoxooooooo....
    Biquiños e hasta a volta María José.

    ResponderEliminar
  24. Aaaiiisssss... eu tamén o teño pendente, mmmm, os panettones vólvenme tola, cólloche un cacho!!! inda q claro, xa cheguei tarde :P
    Unha pinta riquísima guapa! como sempre!
    Bicos, Lorena

    ResponderEliminar
  25. Ola, probeino un par de veces dos comprados, e non me gustou demasiado, e iso que era italiano, italiano...jejeje. Pero mirando as túas fotos e a pinta que ten...creo que me vou a animar...
    Moitos biquiños.

    ResponderEliminar
  26. No me extraña nada que estés orgullosa de esta obra de arte. Siempre me han llamado la atención los panettone pero no me atrevería a hacer uno. Me parece super complicadiño.El tuyo está fenomenal.
    Un besín

    ResponderEliminar
  27. Hola Caldebarcos, como estas, supongo que bien, pasate por mi blog, tengo un regalito para ti, claro esta si quieres, un besito guapa y feliz finde

    ResponderEliminar
  28. ¡¡exquisito ¡¡

    se ve de vicio ,yo nunca los he hecho pero en vista de lo bien que os quedan ,tengo que experimentar a ver si me salen ....

    besitos

    ResponderEliminar
  29. Tienes un regalito en mi blog pasa a recogerlo cuando quieras.
    Bicos mil y feli finde wapa.

    ResponderEliminar
  30. Para ser algo que se parece al Panettone te quedó mucho mejor que el Panettone en sí. Se ve delicioso.

    Un abrazo

    ResponderEliminar
  31. Mª jose, pasate por mi blog que te dejo una cosita.
    besos

    ResponderEliminar
  32. Tienes un regalito en mi blog :P
    Besazos!!

    ResponderEliminar
  33. a pesar del problema con la levadura, la apariencia, es buenísima, no se si es un pannetone o no, pero, como que yo me lo comía sin pensarlo, además, con lo rico que te queda todo a ti, desde luego, no dudaría en probarlo
    Bicos

    ResponderEliminar
  34. Te he conocido gracias al blog de Natalia, cocino y disfruto. Me ha encantado, tienes unas recetas maravillosas, te visitaré a menudo.
    Un besín.

    ResponderEliminar
  35. OOOOOOH! es la primera vez que te visito y me recibes con esta maravilla, me encanta el Pannetone y con él acabas de ganar otra seguidora. Tienes un blog encantador. Besitos

    ResponderEliminar
  36. A la Gamela llegó volando
    un presente para ti
    si te pica la curiosidad
    hasta allá has de navegar.
    Feliz Navidad!!!

    ResponderEliminar
  37. Hola... pues yo creo que te ha quedado un panettone digno de los mejores expositores de pastelería. No te menosvalores, porque el corte está divino... se ve esponjoso, esponjoso. A mí, de todas formas el panettone me parece que es un poco seco, perfecto para untar pero un dulce un poco seco. Yo, prefiero las masas de brioche..más blanditas y mulliditas... pero tu panettone..¡¡de 10!!
    besos

    ResponderEliminar

Cóntame que che parece

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...