lunes, 17 de mayo de 2010

GALLETAS TIPO ALEMÁN. LETRAS GALEGAS

Outra receita da miña compañeira Puri. Cando lle pedín a receita das galletas de avea tróuxome esta tamén, e como non, fantástica, como todas as recomendacións que ela fai. Non cabe dúbida que se é selección dela é unha boa selección. Creo que debería ter ela o blogue e non eu, pero bueno farei o posible por poñer as máis receitas súas posibles e así a blogosfera poderá disfrutar do seu bo criterio e da súa boa selección de receitas e dos seus consellos



Ingredientes
200 grs de manteiga branda
150 grs de azucre moreno
150 grs de azucre branco (só puxen 50 grs, non me gustan demasiado doces)
2 ovos batidos
1 pizca de sal
200 grs de fariña
100 grs de pasas
80 grs de noces
80 grs de orellóns picados
80 grs de coco rilado
1 culleradiña de levadura química en po (royal)
120 grs de copos de arroz



Realización
- Picamos as noces (eu fágoo na picadora, quedando anacos visibles) e os orellóns.
- Batemos a manteiga co azucre ata que quede unha crema, engadimos os ovos batidos pouco a pouco e o sal. Integramos ben o conxunto.
- Noutro recipiente mesturamos a fariña, a levadura, as pasas, as noces, os orellóns e o coco.
- Unimos os ingredientes secos coa mestura de manteiga, azucre e ovos. Por último incorporamos os copos de arroz. Amalgamamos a mestura (eu acabei metendo a man para mesturalo ben), quedará unha masa densa.



- Facemos bólas, aplástamolas un pouco coas palmas das mans.
- Depositámolas nunha placa de forno cuberta con papel de fornear e algo separadas, puxen 14 en cada fornada.
- Introdúcense no forno prequentado a 180º un pouco máis de 15 minutos (16-17, depende dos fornos), cando as meto no forno baixo a 170º
- Collémolas con coidado porque están brandiñas e depositámolas nunha grella para que arrefríen.
- Saen unhas 40 galletas.


17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS


Hoxe é o día das letras galegas. O único que me gustraría dicir é que non deixeimos morrer a nosa lingua, que é signo de riqueza cultural, non sabemos o afortunados que somos por ter dúas linguas. Non desprecemos o galego, non o deixemos morrer. A aquelas personas que din "E para que serve o galego?" (que son moitas, por desgraza), diríalles que serve para o mesmo que as outras linguas: para comunicarnos. Ós que din que co galego non imos a ningunha parte, preguntaríalles a cantas partes foron elas, cantas veces ó ano, ou ó longo da súa vida, cantas veces saíron de Galicia?(e moitas delas seguro que fóra de España, e non lles preocupou o do idioma). Ademais temos a fortuna de que cando imos polo resto de España sabemos falar castelán. O castelán está por todas partes, tódolos días da nosa vida e polo feito de falar, de comunicarnos en galego, non imos perder o castelán nin deixar de saber falalo. Todos sabemos falar galego, e falar galego non é falar o galego dos libros, nin o normativo, nin o da tvg, falar galego é o de tódolos días, cheo de castelanismos, si, por que non? Con seseo, con gheada. Isto foi o que mantivo vivo o galego, o galego que se fala nas aldeas, o galego dos nosos avós, o galego que usamos para comunicarnos, ó fin. O que non queira USAR O GALEGO que non o faga, somos libres, pero NON O DESPRECEMOS, NON O TEÑAMOS A MENOS!!!!


Este ano adíacaselle o día das letras a Uxío Novoneyra













33 comentarios:

  1. Unas galletas estupendas para un día tan importante!!!
    Mil besotes guapa.
    Ah! Me llevo una galletina para celebrarlo. ;-D

    ResponderEliminar
  2. que pinta máis boa, e iso que a min os orellóns non me gustan moito, pero encántanme as noces e o coco e as pasas.. e as galletas do mellor que hai neste mundo! que vicio ejeje

    dicirche que che vou comentar sempre en galego, porque é unha lingua preciosa e non quero esquecela estando lonxe.

    disfruta deste luns de festa ;)

    ResponderEliminar
  3. Según mi opinión el tema de la lengua debería estar normalizado, asumido por todos y asimilado por quien así lo decida, es una pena que aún en la época que estamos tengamos días dedicados a la lengua de nuestra tierra. La riqueza que dan las lenguas no se puede comparar con nada, que la gente se comunique es lo importante, no en qué lengua lo haga. Cada persona tiene derecho a identificarse con una lengua. Bueno, mejor dejo este tema, que me animo.... ;-))
    Las galletas te han quedado divinas, una explosión de sabores, entre el coco, las pasas ummm otras que probaré, tengo ya una lista laaaaarga, pero todo lo pruebo.
    Besitos

    ResponderEliminar
  4. manda, gracias preciosa y te puedes llevar las quieras que no engordan, así virtualmente, digo.
    Ale grazas por vir e por comentar.
    Carmen. Yo pienso que cuando se le dedica un día a algo es porque no está conseguido. También me enciendo con este tema y prefiero no opinar mucho, tristemente, en Galicia, cada vez menos niños hablan en gallego. En mi generación somos menos los que hablamos gallego que en la de mis padres y en las nuevas generaciones son menos que en la mía, una pena. Es raro ver en ciudades y pueblos a niños hablando en gallego, si uno lo hace es como un bicho raro. Tengo una amiga que ha decidido educar a sus hijos en gallego, en el colegio todos sus compañeros hablan en castellano y el propio niño de 3 años le dijo a sus padres por qué ellos no hablaban en castellano (todo es porque se siente diferente). es una tristeza que renunciemos de nuestra porpia lengua como si fuese algo despreciable y apestoso.
    Biquiños para todas.

    ResponderEliminar
  5. Hola Mºjosé, (creo que te llamas asi).
    Me gusta la receta de estas galletas, son parecidas a unas que hago de avena, pero con algunos cambios. Por supuesto que me anoto tu receta, quiero probarlas, tienen una vista fantástica.
    Respecto a lo que comentas de las lenguas, yo soy valenciano parlante y me defiendo en castellano. Soy lo que se dice bilingue y es precioso, poder hablar dos lenguas, me encantaría poder hablar más...Lo que no entiendo es los nacionalismos, eso no lo entenderé jamas.
    Podemos convivir perfectamente con estas riquezas culturales, todos juntos sin extremismos.
    Un biquiño

    ResponderEliminar
  6. Adela estoy de acuerdo contigo en que los nacionalismos estropean un poco la cosa, solo se trata de convivir y te aseguro que es posible, yo misma soy gallego hablante, pero no tengo ningún problema ni ninguna dificultad al hacerlos en castellano. Aquí en Galicia, desgraciadamente, a los que hablamos en gallego se nos tacha de aldeanos o de nacionalistas, ambas coas peyorativamente.Lomires por donde lo mires, no es querido. Aunque yo estoy muy orgullosa de ser aldeana.
    Gracias Espe
    Biquiños

    ResponderEliminar
  7. Maravillosas galletitas :)
    Besitos

    Norellys

    ResponderEliminar
  8. Ah!!!! Ale. Os orellóns non se notan case nada, danlle un toque ben bo e dígocho eu que tampouco me convencen se os teño que comer así sos. Como non me gustan demasiado, piqueinos moi miúdos e confésote que me gustaba cando atopaba un anaquiños, así misturado con todo.
    Biquiños

    ResponderEliminar
  9. Ya decía yo esta mañana: ningún blog gallego le va a dedicar una recetilla al día festivo que es hoy?
    Me ha alegrado ver la tuya. Fijate que yo no soy gallega, pero también defiendo y entiendo que las lenguas no deben perderse, sería una pena; es cultura, es tradición...

    Estupendas las gallegas, y estupendo tu texto, feliz día!!! (y qué raro que el tiempo nos ha sonreído tan gratamente, vaya día luce!!)

    ResponderEliminar
  10. Jeje, Alcantarisa, la receta muy gallega no es que digamos, debí poner una más típica, aunque lo de aunar culturas tampoco está mal, no?
    Biquiños

    ResponderEliminar
  11. As galletas da túa compañeira Puri fascínanme. O outro día fixen as de avea e foron boas.

    O teu blog é delicioso!

    Estou de acordo contigo. O galego é a lingua de Galicia e se os galegos non o falades, quen o falará?

    Discrepo co tema dos castelanismos. Pensa que cada xeración que pasa di máis e máis castelanismos no galego (e no meu caso, no catalán de Valencia) e chegará un punto que non saberá se é unha cousa ou outra.

    De todas as maneiras hónrache que defendas así o que é teu. O que é de todos os galegos. A vosa lingua.

    Felicidades!

    ResponderEliminar
  12. Grazas Xavier polas túas palabras, facíname poder ler a un valenciano en galego, non se é obra do tradutor ou é so obra túa, pero está moi ben.
    Os castelanismos son inevitables, paradóxicamente toda a xente que fala castelán está invadida de galeguismos, son dúas linguas en convivencia que se invaden sen remedio, e unha non ten porque ser mellor que a outra, so por circunstancias históricas, que os máis descoñecen, e que fan que o galego non estea ben valorado. Eu seguirei sendo unha galega que fala galego, con un montón de castelanismos, pero é o galego que me ensinaron meus pais e meus avós, cando escribo tento evitalos, pero cando falo, falarei a variante dialectal fisterrá con seseo (típico da zona de costa) e con gheada (aspiración do son g) e con castelanismos. O galego de Caldebarcos que foi onde nacín e me criei.
    Biquiños

    ResponderEliminar
  13. Que galletitas mas requetebuenas!!!! La que tiene el bocadito me ha hecho una gracia....
    Me apunto la receta, pues galletas así, de este tipo, no tengo ninguna. Espero que me salgan tan buenas como a ti!!!
    Un beso.

    ResponderEliminar
  14. As galletiñas maravillosas e moi nutritivas, pero o que mais me gustou da entrada tua de hoxe e o orgullo co que defendes a nosa lingua, estou dacordo contigo 100%, eu teño que reconocer que non se falalo moi ben pero o intento ainda que as veces moitos compañeiros do traballo rinse das pifias que meto, pra rematar unirme o grito, ORGULLOSOS DO NOSO, ORGULLOSOS DO GALEGO!. Moitos bikos guapa.

    ResponderEliminar
  15. estas muy galletera! menudas galletas tan fantasticas..yo tambien tengo una fiebre ahora.... que tal la camara, viste algo?

    ResponderEliminar
  16. Me parecen fantásticas estas galletas y se les ve una pinta extraordinaria.
    Besitos

    ResponderEliminar
  17. sí que se les ve buena pinta, me encantan este tipo de galletas!
    besos

    ResponderEliminar
  18. Moi boa maneira de celebrar un día coma hoxe. Estou totalmente de acordo contigo. Cada vez síntome máis extranxeira escoitando a tvg, a mitade das palabras non as entendo, porqué non respetamos o galego que se fala nas ruas? e si está cheo de castelanismos tampouco é tan malo, é fruto da convivencia das linguas. Chámame a atención que cada vez o galego se achega mais ó portugués, pero non o galego das rúas, o galego de "academia".
    Despois diste rollo, encántanme as túas galletas!!!
    Bicos

    ResponderEliminar
  19. Que delicia de galletas!! Yo las pruebo todas y estas no van a ser menos con la pintaza que tienen.
    Un besiño.

    ResponderEliminar
  20. Ummmmmmmmmmmmmm seguro que estan de muete lentaaa wapa , a ve si consigo os copos de arroz e poñome a elas.
    Unha entrada moi xula ,a min pasouseme totalemte nombralo na entrada pois dexeina programanda ,estes dias traballein de tarde e apenas teño tempo de naaaaa.
    Como ves ben ou mal hoxe escribin en galego ainda que xa acabase o dia.
    Bicos mil e boa semana wapa.

    ResponderEliminar
  21. Hola wapa, aquí vengo de nuevo para animarte a que hagas hojaldre, aquí te dejo a Su, ella lo explica estupendamente y muy fácil:
    http://webosfritos.es/2009/01/mi-hojaldre/
    Pruébalo, merece la pena, la satisfacción de hacerlo, ver como se va transformando y cómo no, a la hora de comerlo, su sabor es fantástico y con un crik.crik que no se acaba.
    Espero haberte dado ganas de probar ;-))
    Besotes

    ResponderEliminar
  22. Unhas galletas estupendas pra o té da tarde. Poucas veces falo ou escribo en galego, non por nada, é que criéime falando castelán e costame un pouquiño. Leín moito en galego por eso me defendo algo. Queres creer que recibín insultos no meu blog por publica-la poesía de Novoneyra? Hai xente pra todo...Bicos

    ResponderEliminar
  23. Hola Maria Jose no puedo traducirlo asi que dentro de lo que yo puedo entender ... estas galletas tienen que estar muy ricas...creo que los orellóns son orejones??? ..aunque yo si las hago no le pondre ni pasas ni orejones ... no me gustan aunque al costi siiii ...jejeje.... un besito guapa

    ResponderEliminar
  24. Carmen gracias, eres un solete, pero ya probé, precisamente con el de SU, para mi es el mejor. Luego probé otras técnicas que no me dieron tan buen resultado.
    Pilar, non podo crer que exista xente tan mesquiña, é ben certo que neste mundo ten que haber xente para todo. E digo eu canto tempo teñen para andar insultando.
    Biquiños para todas guapetonas

    ResponderEliminar
  25. Gústanme, vaya se me gustan!! ainda non tiven tempo a poñerme coas de avea, ando bastante líada últimamente,... pero vounas facer , xa che contarei xq o aspecto es soberbio!!!

    Ti vaia poñendo cousas ricas, vai, .. vai.. ;-)

    un biquiño,...

    ResponderEliminar
  26. Me llevo una antes de que vuelen!!!! como dice mi hijo: DELICIOUS! Besitos.

    ResponderEliminar
  27. As galletas de avea riquísimas e a túa reflexión sobre a nosa lingua é moi fermosa dado que a nosa lingua é unha oportunidade máis para compartir o mellor de nós cos demais.

    Las galletas de avena riquísimas y tu reflexión sobre nuestra lengua es muy hermosa dado que nuestra lengua es una oportunidad más para compartir lo mejor de nosotros con los demás.

    ¿Gallego y castellano?;¿castellano y gallego?, lo verdaderamente importante es la comunicación y en este sentido, nadie puede dudar que vuestra merced es muy generosa.

    Querida paisana,unha aperta;¡un abrazo!; ¡un bico!;¡un beso!dende A Coruña

    ResponderEliminar
  28. Hola Caldebarcos, con tres o cuatro galetas y una copita de moscatel merendaba como un señor, que te perece, un saludo.JUAN

    ResponderEliminar
  29. Ya me has tentado nuevamente con estas magníficas galletas, la operación bikini al garete.

    Besos.

    ResponderEliminar
  30. Holaaaaaaa!!

    No doy hecho contigo, estuve enferma y me atrasé un poco con la elaboración de platos pendientes, así que ahora que he conseguido comprar la avena y ya tengo todo para hacer tus galletas, llego aquí y tienes esta ricuraaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaa.

    Empezaré por lo primero.

    biquiños

    ResponderEliminar
  31. a mi me parece estupendo que se defiendan las lenguas como el gallego.
    Yo hablo valenciano y además, como digo siempre, pienso en valenciano, pero.. por desgracia y por esa manía de tachar de aldeanos que antes había, me cuesta muchísimo expresarme en la escritura con mi lengua materna, sé pensar en valenciano pero no escribirlo bien.
    Mis hijos son bilingües, asi lo quisimos, y saben escribir en valenciano perfectamente bien.

    bueno y las galletas.... las galletas son para ponerlas un piso !! y como decimos los valencianos ...
    che que bo!!!

    besitos

    ResponderEliminar
  32. Xa volvín!!
    Vaia galletiñas máis ricas, e de avea ademáis, ti ben sabes o que me gusta!
    Encantoume o video de youtube do galego, é unha pena que a xente pense que os que utilizamos a nosa lingua tan bonita sexamos "paletos", vaian a merda!
    Mil bicos!

    ResponderEliminar

Cóntame que che parece

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...