jueves, 20 de mayo de 2010

MARMELADA DE AMORODOS

Estamos en plena tempada de amorodos, comentario moi repetido nos blogues cociñeiros ultimamente. Tampouco é ningunha mentira. Meus pais teñen unha pequena plantación, onde están débese formar un microclima ideal para eles porque son realmente productivos, cada semana, durante o mes de maio e parte de xuño, pódense quitar arredor de 6-8 kgrs, aínda así seguen producindo ata agosto, en menos cantidade, pero suficiente para ir disfrutándoos . Seguro que parecen moitos, comémolos todos, non se estraga nada, non da tempo a facer doces con eles nin nada. Cada vez que os vexo alí tan vermellos, todos xuntiños acórdame a marmelada, a miña favorita, e morro de ganas de facela. O outro día despistáronse e colleron moitas xuntas, arredor duns 7 quilos, por moitos que comamos así todos xuntos, son moitos e acabarían estragándose. Esa foi a miña para aproveitar a facer a tan ansiada marmelada e incluso a panna cotta con amorodos e a torta do meu cumpreanos, por fin puiden experimentar con eles na cociña.



É realmente un deleite para os sentidos: esa cor, ese cheiro que desprende cando se está facendo, ese sabor, incluso a textura. O único que paraliza toda esta harmonía sensorial é a cantidade de azucre que se bota. Cando llo estás botando estaste dicindo, “vaia bomba calórica”. Pero total unha culleradiña ó día non fai mal, non? Porque o bote enteiro non o imos comer, ou si? ; )
Nesta receita pasei de informarme por internet, senón toleo con tanta información, quería facer unha marmelada de fresa simplemente, sen máis. Eso si, seguín os consellos da miña compañeira Chelo, unha gran experta na realización de marmeladas e confituras, se é que teño unhas compañeiras de luxo.



Ingredientes
1, 420 grs de fresas xa limpas e troceadas
900 grs de azucre (non pasaría nada porque fose menos, 750-800)



Realización
- Esterilízanse os frascos nos que se vai meter a marmelada. Póñense nunha pota cubertos de auga e déixase que fervan uns minutos. Logo colócanse, boca abaixo, encima dun pano de cociña ou de papel de cociña para que sequen. Ás veces para que queden mellor sequiños métoos un minuto no micro, disque así tamén esteriliza (pois mellor, uso os dous métodos e listo)





- Lavamos as fresas, quitándolle o rabiño verde, troceamos e ímolas depositando na pota onde imos facer a marmelada. Temos que pesalas unha vez listas.
- Incorporamos o azucre e ó lume. Despois de que ferva estará unha hora aproximadamente, con calor medio e sempre burbullando. A media cocción paseille o batedor eléctrico para que non houbera tropezóns de fresa (eu nunca farei unha marmelada con tropezóns). Xa vemos que vai espesado e facemos a proba para comprobar que está feita: bótase un pouco nun prato, previamente arrefriado no conxelador, se colle consistencia rápido e que xa está, se escorre polo prato, aínda necesita un pouco máis.
- Cando vemos que xa vai estando, quitámoslle a escuma que se forma na superficie (que, por certo, non se debe tirar porque está boísima)
- Énchense os tarros, que deben estar secos. Tápanse cando se remate de enchelos, aínda quente.






- Cos tarros ben tapados, introdúcense nunha pota con auga, de tal xeito que a auga cubra os botes. Cando a auga empece a ferver déixanse un anaco (15-20 min)
-Tarros de 1/2 kg.........................15 minutos
-Tarros de 1 kg ...........................25 minutos.
- Deixamos que arrefríe a auga da pota onde os puxemos para retirar os botes.





25 comentarios:

  1. Paréceme que ten unha pinta bárbara!! Unha mermelada a todo luxo!
    Biquiños!

    ResponderEliminar
  2. Se ve riquísima. No hay nada como la mermeladita casera.
    Besitos.

    ResponderEliminar
  3. Me gusta tú mermelada hecha al natural, con ingredientes de la huerta !qué envidia! Besos

    ResponderEliminar
  4. Buenos días, María José! Llego tempranito!

    Pues precisamente esta semana hice yo también unos frasquitos de mermelada de fresa!(este año en la pani, le estoy sacando un partido que no veas)
    Tus botes te quedaron preciosos, con las telitas de cuadros!
    Tienes razón con lo de la espumita, está bueníiiisima! Una salsa de fresas rica rica!

    Yo normalmente le echo menos azúcar, en teoría hay que ponerle la mitad del peso de las fresas, en este caso 750 gr, pero yo siempre le pongo menos, unos 650 para ese peso, y siempre se conserva perfectamente más de un año.

    Otro "consejillo", supongo que lo habrás leído por ahí, se le puede poner también un limón pelado y sin pepitas (sin nada de parte blanca, que amarga mucho). Le queda muy bien, y además es antioxidante.

    Bueno, pues nada más, un beso, y vamos a disfrutar de nuestras mermeladas!
    Natalia

    ResponderEliminar
  5. no lo habia visto nunca..en google me ha parecido ver que tienen apariencia de fresa,de sabor tambien?

    ResponderEliminar
  6. ¡Una mermelada riquísima! Directamente de la planta a la cazuela,eso sí que es un lujo.
    Tengo que hacerla antes de que se acaben las fresas.
    Buen día.
    Besitos

    ResponderEliminar
  7. Que rica la mermelada!! A ver si me decido y la preparo. Menudo desayuno eh... que envidia!!
    Un besiño.

    ResponderEliminar
  8. Mamma mía, yo estoy acostumbra a desayunar tostadas con mantequilla y mermelada de fresa, y por una caserita, estoy babeando ahora. Me encanta, es el mejor desayuno posible, con un buen café.
    Me encantan tus botecitos!

    ResponderEliminar
  9. Espe es que son fresas. EN gallego se llaman amorodos. En otras recetas (comoen la panna cotta y en la tarta de fresas con nata) puse fresas, sin darme cuenta y luego me aparece por ahíalgún tocapelotas (que ya me pasó y me recuerda que en gallego no son fresas que son amorodos y que si escribo en gallego que lo haga bien)
    Biquiños para todas y gracias por vuestros comentarios.

    ResponderEliminar
  10. Natalia, eu co do azucre nunca me aclaro moi ben porque les de todo. A mairía póñenlle a mesma cantidade en peso, de azucre que da froita logo de limpa, a min iso paréceme unha barbaridade, a maioría por tres cuartos do peso da froita (que foi o tentei eu). A miña compañeira, e asesora en confituras, non chega nin a poñerlle a metade. Esta co boa que está non lle dou tempo a que se estropee, a min tampouco me gusta moi doce.
    O do limón xa o vexo en case todas as receitas, pero como non tiña na casa tampouco o crin imprescindible, probarei para o próxima.
    Grazas, biquiños

    ResponderEliminar
  11. Hola ,acabo de descubrirte a través del blog de megauxia y me encanta lo que haces..ya tienes una seguidora mas
    Mi punto débil las mermeladas y esta tiene una pinta tremenda !!!
    (Loli)

    ResponderEliminar
  12. Hola MARYJOSE. Cuanto siento no vengas al curso
    nos reiriamos un pedazo sera divertido. Bueno MIFREDO me dice que estuvo con LOLA y DOMINGO de ASEGUR OPINDO el mundo es cada vez mas pequenito.
    BICOS LA CORUÑA

    ResponderEliminar
  13. encantoume o ben que che quedaron os botiños, da marmelada mellor non digo nada que coa pinta que ten aínda me entra fame outra vez!

    ResponderEliminar
  14. Xa me fixeches espertar, levo un par de días pensado se preparar marmelada de amorodos ou non, teño os tarros, teño tempo e a frutería ó lado da casa (meus pais tamén teñen plantas pero son 5 ou 6 que casi non da para probalas, jajaja) o único que me faltaba eran as ganas, ó ver a tua entrada e esas fotos ya me entraron as ganas.

    Bicos

    ResponderEliminar
  15. Uaaaa qué boa!!! Qué sorte ter unha prantación que da tanto, miña nai!!!
    Bicos!

    ResponderEliminar
  16. Hola Caldebarcos, las mermeladas caseras son buenisimas mi madre tambien las hacia, y esta de fresas si la pillara mi mujer seguro que se pondria mala de tanto comer, es la que mas le gusta, un saludo.
    JUAN

    ResponderEliminar
  17. ,... que envidia da sá esa plantación de fresiñas,... a min encántame e non quero nin pensar si son así de "producción ecolóxica" entón xa é un luzo total,......
    Fíxate a min gústame encontrarlle así anaquiños ;-) non moitos pero algúns si,....

    Disfruta da mermelada caseira, non hai nada que se lle compare...
    Anímote a que probes a facer xelado caseiro ;-)

    Un biquiño, e gracias por ésta delicia!!

    ResponderEliminar
  18. Ummmmmmmmmmmmmm deliciosa wapaaaaaa ,que envidia mas sanota me ha entrao cuando he leido los kg que os dan ..yo aqui esperando a que maduren las que tengo en la terraza como muxoooooo seran 1kg jajaja.
    La verdad es que el sabor de las fresas caseras no se puede comparar ,sean en panacotta , mermelada o en tartas estaran deliciosas.
    Bicos mil wapa.

    ResponderEliminar
  19. Me encanta! especial para el desayuno o la merienda con un rico pan :)
    besos
    Gaby

    ResponderEliminar
  20. Hoal Maria Jose que envidia ...jejeje...pero sana...ehhhh .... tener tu propia plantacion de fresas ... huuummmmm con lo que a mi me gustannnnnnnn ...la mermelada de fresas la mejor con diferencia...yo en esta época me pongo las botas de hacer mermelada de fresas ... la ultima la hice al microondas...jejeje... yo le pongo edulcorante ó fructosa ... así es baja en calorías...un besito guapa y feliz finde....ahhhh los tarros te han quedado muy monos

    ResponderEliminar
  21. que ignoracia tengo por favor...

    ResponderEliminar
  22. Con esas fotos desde luego que el aspecto es riquísimo, M! José!!!!! Te deseo un feliz finde!

    ResponderEliminar
  23. hola!

    Oye, el otro día no sé en qué estaba pensando, no puse bien las proporciones! (Es que hoy estoy haciendo yo mermelada, y cuando me pongo a pesar los ingredientes, me doy cuenta de que te lo puse mal)

    Normalmente lo que tu dices, es la misma cantidad de fruta que de azúcar, y no la mitad, como yo te puse.
    Lo que siempre hago es poner menos cantidad, como tu comentaste, sobre 3/4, aunque con la mitad es suficiente, sobre todo si como dices no le das timepo a estropearse... yo tampoco, por supuesto!

    Un beso, y perdona el error! No se puede ir con prisas!

    Natalia

    ResponderEliminar
  24. A mi también me encantan las fresas en eso coincidimos tambien, te ha quedao estupenda menudo color no me extraña con tú propia cosecha.
    besitoss guapaaaa

    ResponderEliminar
  25. A mermelada de fresa é a miña favorita... así que vou gardar este enlace na lista de receitas pendentes de facer para cando encontre unhas boas materias primas.

    ResponderEliminar

Cóntame que che parece

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...